Última revisión
24/01/2008
Sentencia Administrativo Nº 21/2008, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 2, Rec 4360/2004 de 24 de Enero de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Administrativo
Fecha: 24 de Enero de 2008
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 21/2008
Núm. Cendoj: 15030330022008100650
Encabezamiento
T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2
A CORUÑA
SENTENCIA: 00021/2008
Procedimiento ordinario nº 4360/2004
NO NOME DE EL-REI
A Sección Segunda da Sala do Contencioso administrativo do Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte
SENTENZA
ILMOS. SRS.
D. JOSE ANTONIO MENDEZ BARRERA- PTE
D. JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ
D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.
A Coruña, vinte e catro de xaneiro de 2008.
O recurso contencioso administrativo núm. 4360/2004 pendente de resolución nesta Sala, presentado por SISTEMAS
DELFIN S.L. , representado polo procurador D. Pardo Fabeiro e asistido do letrado D. López Ferreiro , contra o acordo de
30.03.2004 da Consellería de Política Territorial . É parte demandada a CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL ,
representada e asistida polo letrado da Xunta .
A contía do recurso é indeterminada .
Antecedentes
PRIMEIRO.- Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO.- Déuselle traslado á parte demandada e a Administración opúxose á súa pretensión.
TERCEIRO.- Trala proba e mailo trámite de conclusións o proceso quedou rematado para sentenza.
CUARTO.- Os trámites e mailas formalidades legais cumpríronse.
É ponente o maxistrado D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.
Fundamentos
PRIMEIRO.- Segundo resulta do expediente e dos escritos das partes, o 13.10.1999 ESTRELLA DEL KIT SL e SISTEMAS DELFIN SL solicitaron a autorización autonómica para a construcción de dúas naves industriais en solo rústico- Quintas de Soutomaior -. Denegáronlla o 07.12.1999.
En visita de inspección de 11.10.2002 comprobaron a construcción de dúas naves de, arredor, 70x24 m - en total 3.360 m2 - para o que foi preciso un desmonte e a construcción dunha pista dende a estrada a Ribó. Non conta con licencia municipal.
Xuntaban informe fotográfico e de valoración. Acordo de inicio de 21.04.2003, con notificación de 24.04 e alegacións de 08.05. Trámite de audiencia e informe técnico municipal. Proposta de resolución e acordo de 20.11.2003 declarando ilegalizables as construccións e ordenando a súa demolición. Notificación de 25.11 e recurso de reposición que lle rexeitan o 30.03.2004. notificación de 06.04.
Multa coercitiva de 01.07.2004, notificada o 08.07.
O recorrente, como fixera na vía administrativa, alega que a necesidade de amplia-la actividade da empresa, xunto coa ausencia de solo industrial, e a información facilitada polo Concello - sobre a futura cualificación do terreo como de uso industrial- levouno a construir a nave nun terreo de 36.000 m2 , e que foi a entrada en vigor da Lei 09/2002 a que impediu a transformación do solo.
O 01.09.2004 asina un convenio urbanístico de planeamento e xestión co Concello de Taboadela para permiti-la construcción da nave no futuro PXOM.
Sostén que a actuación da COTOP é desproporcionada -é posible a legalización futura- e contraria á boa fe, ademais de que entende aplicable a previsión da DT 5ª.
O letrado da Xunta opónse a estas pretensións.
Son datos incontrovertidos que a cualificación de terrero, tanto cando se solicitou a autorización autonómica - ano 1999- como trala entrada en vigor da Lei 09/2002 , é de SOLO RÚSTICO de PROTECCIÓN ORDINARIA, que a COTOP denegoulles o 13.12.1999 a autorización para face-las naves, e que estas non contan con licencia municipal.
Partirmos destos datos - que non se negan polo recorrente - e é obrigado rexeita-lo recurso.
Non estamos no suposto previsto na DT 5ª Lei 09/2002 , nin na súa redacción orixinaria nin na redacción dada pola Lei 15/2004 . Na primeira por non ser posible a legalización ó contar coa denegación da autorización autonómica.
No presente caso a autorización autonómica xa fora denegada de xeito expreso - de conformidade coa Lei 01/1997 que ofrecía mayores posibilidades de construcción en solo rústico - e o informe do Concello - art.58.3 Decreto 28/1999 - é concluinte sobre a imposibilidade - actual- de legaliza-la construcción, xa que o artigo 36 Lei 09/2002 prohibe expresamente os usos industriais en solo rústico.
Trala reforma da lei 15/2004 non se cumpriría o requisito 1.a): que no momento da entrada en vigor da lei 09/2002 xa transcorrera o prazo legalmente establecido sen que a administración adoptara medidas de restauración da legalidade urbanística.
Polo tanto, non estamos ante construccións que poidan legalizarse -sen prexuízo do que resulte do novo PXOM- polo que é absurdo tramita-lo procedemento da DT 5ª parágrafo segundo. .
Tampouco a actuación da administración autonómica resulta desproporcionada ou contraria á boa fe.
Estamos - o expediente de reposición da legalidade urbanística- ante unha actuación obrigada da Administración autonómica - art. 214 e 3.5.b lei 09/2002 - sen que a medida de demolición - dunha construcción sen licencia municipal e para a que lle denegaran a autorización autonómica - sexa desproporcionada, dado que é a única posible - art. 209.3 a) Lei 09/2002 . Como indica a STS 30.04.2005 : El tercero y último motivo de casación se asienta en el principio de proporcionalidad para eludir la demolición. Las sentencias citadas se refieren a casos de aplicación de los artículos 184 y 185 de la Ley del Suelo Texto Refundido de 1976 y aplican tal principio, aunque, lógicamente con la prudencia requerida. Pero en el caso que nos ocupa ya hemos adelantado que no hay posibilidad alguna de legalización de lo construido ni tiene cabida la aplicación de dicho principio ante la clara y firme protección y defensa que hace el legislador de 1976 y mantiene la Ley 8/1990 de 25 julio (RCL 19901550, 1666 y 2611) en su Título I Capítulo II y el Texto Refundido de 26 junio 1992 (RCL 19921468) en los artículos 15, 16 y 17, del suelo no urbanizable, y la doctrina jurisprudencial absolutamente constante ( Sentencias de 3 julio 1990 [RJ 19906013], 30 enero, 19 febrero, 6 marzo y 2 octubre 1991 [RJ 1991611, RJ 1991959, RJ 19797613], 27 abril y 11 noviembre 1993 [RJ 19936368 y RJ 19938501], 27 julio 1994 [RJ 19946522], 6 marzo y 25 septiembre 1995 [RJ 19951948 ]).
A única actuación contraria á boa fe é a do recorrente que inicia e conclúe unha construcción sen solicitar licencia municipal - non é sostible que confiara nas informacións verbais do Concello- e contra o parecer- expreso- da administración autonómica e nun terrero que -legal e a simple vista- era rústico.
O que debe selo curso normal - e legal - das cousas e solicitar previamente as licencias e autorizacións oportunas, e unha vez as obtén, inicia-la construcción, e non, construir con base nun PXOM que está en trámite - sen solicitar autorización ningunha- e logo alegar que foi o cambio legislativo ou a desidia municipal a responsable da ilegalidade da construcción.
Polo dito, debemos rexeita-lo recurso, sen prexuízo de subliñar que, quizabes, a problemática do recorrente teña solución co PXOM de Taboadela en tramitación, que incorpora o convenio urbanístico de 01.09.2004 que da cumpridaq satisfacción os intereses da sociedade SISTEMAS DELFIN SL. En todo caso, esta é unha cuestión que deberá suscitarse en trámite de execución de sentencia.
SEGUNDO.- Non se fai declaración das custas ( art. 139 LXCA ).
Polo dito
Fallo
REXEITA-LO recurso contencioso administrativo do procurador Sr. Pardo Fabeiro, no nome de SISTEMAS DELFIN SL contra a resolución de 30.04.2004 da Consellería de Política Territorial. Non facemos declaración das custas.
Notifíquesllela ás partes coa advertencia de que teñen un recurso de casación do artigo 86 LXCA, que deberán preparar mediante escrito que deben presentar nesta Sala no prazo de dez días.
Unha vez firme, remítase o expediente administrativo ó Centro de procedencia, xunto coa certificación e comunicación.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACIÓN.-
Lida e publicada a anterior sentencia polo maxistrado ponente D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA, en audiencia pública o día da súa data, do que, eu, Secretaria, certifico.

