Sentencia Administrativo ...ro de 2012

Última revisión
09/04/2014

Sentencia Administrativo Nº 27/2012, Juzgado de lo Contencioso Administrativo - Ourense, Sección 1, Rec 305/2011 de 30 de Enero de 2012

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Administrativo

Fecha: 30 de Enero de 2012

Tribunal: Juzgado de lo Contencioso Administrativo Ourense

Ponente: DE COMINGES CACERES, FRANCISCO

Nº de sentencia: 27/2012

Núm. Cendoj: 32054450012012100019


Encabezamiento

XDO. CONTENCIOSO/ADMTVO. N. 1

OURENSE

SENTENCIA: 00027/2012

E2D1E9E6

N11600

PLZA. CONCEPCIÓN ARENAL, S/N (ANTIGUA CÁMARA PROPIEDADE) 1º

N.I.G:32054 45 3 2011 0000661

Procedimiento:PROCEDIMIENTO ABREVIADO 0000305 /2011 /

Sobre:ADMON. AUTONOMICA

De D/Dª: Pedro , Isidora

Letrado:ADOLFO DIZ DOMINGUEZ, ADOLFO DIZ DOMINGUEZ

Procurador D./Dª:,

Contra D./DªCONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE

Letrado:

Procurador D./Dª

Asunto: Urbanismo. Multa coercitiva en execución de orde de derruba de edificación ilegal.

Contía: 10.000 euros.

SENTENZA

Número: 27/2012

Ourense, 30 de xaneiro de 2012

Visto por D. Francisco de Cominges Cáceres, maxistrado-xuíz do Xulgado Contencioso-Administrativo 1 de Ourense, o PROCEDEMENTO ABREVIADO305/2011promovido por D. Pedro e Dª Isidora , representados pola Procuradora Dª Inés Fernández Ramos e asistidos polo Letrado D. Adolfo Diz Domínguez, contra a AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA da XUNTA DE GALICIA, representada e asistida polo Sr. Letrado dos Servizos Xurídicos da Xunta de Galicia.

Antecedentes

1º.-D. Pedro e Dª Isidora interpuxeron Demanda pola vía do Procedemento Abreviado fronte á Resolución de 18 de abril de 2011 da Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística desestimatoria do recurso de reposición presentado contra a anterior resolución do 24 de febreiro de 2011 que lles impuxo unha multa coercitiva (8ª) por importe de 10.000 euros en execución forzosa dunha orde de derruba da vivenda construida en DIRECCION000 , no termo municipal de Lobios (Ourense) - expte. NUM000 -.

No 'Suplico' da demanda solicitou a declaración de nulidade das resolucións impugnadas, con expresa condena en custas á Administración demandada.

2º.-No día 26 de xaneiro de 2012 celebrouse o acto da vista oral. Nél a Administración demandada (Xunta de Galicia) opúxose á demanda, solicitando a súa íntegra desestimación. Practicouse proba documental e trámite de conclusións, quedando o xuízo visto para sentenza.

3º.-A contía do litixio é de 10.000 euros.


Fundamentos

I.-Constitúe o obxecto deste Procedemento Abreviado a Resolución de 18 de abril de 2011 da Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística desestimatoria do recurso de reposición presentado por Dª Isidora contra a anterior resolución do 24 de febreiro de 2011 que lle impuxo unha multa coercitiva (8ª) por importe de 10.000 euros en execución forzosa dunha orde de derruba da vivenda construida en DIRECCION000 , no termo municipal de Lobios (Ourense) -expte. NUM000 -.

Expoñen os recorrentes na súa demanda, en síntese, que non procedía executar forzosamente -mediante multas coercitivas- a devandita orde de derruba por canto a mesma se atopaba impugnada nun proceso contencioso-administrativo no que solicitaran como medida cautelar a súa suspensión. Engaden que, ademais, contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que confirmou a mencionada orde de demolición interpuxeron recurso de casación perante o Tribunal Supremo, que foi admitido a trámite e se atopa todavía pendente de sentenza. Invocan asímesmo numerosos precedentes do propio TSXG e dos Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense que anularon as anteriores multas coercitivas derivadas da mesma orde de demolición. E, por último, a infracción do principio de proporcionalidade, por resultar excesivo o importe da multa coercitiva impugnada, considerándose que, trala anulación das anteriores non se pode valorar como agravante a reiteración das multas.

Fronte á pretensión da parte actora alega a Administración autonómica demandada, que a multa coercitiva en cuestión se impuxo despois de concluida -en sentido desestimatorio- a peza de medidas cautelares tramitada no proceso no que se impugnou a orde de demolición, polo que esta última mantén a súa eficacia. Engade que a sentenza dictada polo TSXG confirmou a validez desa orde de demolición e que o recurso de casación interposto fronte a ela non suspende a súa executividade. Insiste finalmente na proporcionalidade do importe da multa á gravidade da infracción cometida.

II.-Centrados así os termos do debate, procede estimar en parte o recurso, polas seguintes razóns:

II.1.-Da documentación aportada na Demanda e da que figura no expediente administrativo constátase que os agora demandantes solicitaron a suspensión cautelar da orde de derruba en cuestión no recurso cont.-ad. 4502/2005 que interpuxeron contra ela perante o TSXG. Tamén que dito Tribunal desestimou esa solicitude en senllos autos de datas respeitivas 24/01/2006 e 21/03/2006, contra os que interpuxeron o recurso de casación núm. 3900/2006.

Posteriormente, no 12/06/2008 o TSXG dictou sentenza desestimatoria no devandito proceso, a cal foi recorrida no Tribunal Supremo no recurso de casación 4285/2009 , que todavía se atopa en trámite.

De seguido, o 03/11/2008 o Tribunal Supremo dictou un auto na peza de medidas cautelares dese proceso, declarando rematado, por perda de obxecto, o recurso de casación interposto contra a desestimación da suspensión solicitada polos recorrentes, ao que antes se aludiu.

Destes datos incontrovertidos alcánzase a conclusión de que no día 24 de febreiro de 2011, cando se emitiu a multa coercitiva de 10.000 euros eiquí impugnada, xa eran firmes os autos do TSXG que denegaran a suspensión cautelar da orde de derruba. Razón pola cal dita orde era nese momento plenamente eficaz i executiva ( arts. 56 e 57 Lei 30/1992, do 26 de novembro ).

O dilatado prazo de tempo transcorrido dende a data de peche da peza xudicial de medidas cautelares (03/11/2008) ata a de imposición da multa coercitiva (24/02/2011), sen que os demandantes executasen por sí mesmos a orde de derruba da vivenda, xustifica suficientemente a utilización pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) dos medios de execución forzosa regulados no art. 209.6 da Lei 9/2002 , do 30 de decembro, de Ordenación Urbanística de Galicia (LOUGA).

Esta conclusión non se contradí cos precedentes xudiciais invocados na demanda (ad. ex. S TSXG do 02/11/2011 -rec. 522/2011-, 01/10/2009 -rec. 4683/2007-, 23/07/2009 -rec. 4437/2007-, 04/06/2009 -rec. 4438/2007-), porque se referían a multas coercitivas impostas en data anterior ao 03/11/2008 na que concluiu a referida peza xudicial de medidas cautelares.

Por outra banda, o feito de que se atope todavía en trámite un recurso de casación perante o Tribunal Supremo contra a sentenza do TSXG que confirmou a validez da orde de demolición, non constitúe por sí causa de suspensión da dita orde. Na hipótese de que o Alto Tribunal estimase a casación e anulase a orde de derruba, disporían no seu caso os recorrentes dun dereito indemnizatorio fronte a Administración autonómica para resarcirse dos danos e prexuízos que a execución da demolición lles puidese ocasionar ( arts. 139 e ss. Lei 30/1992, do 26 de novembro ).

II.2.-Con independenza e sen prexuízo do sinalado no epígrafe anterior, o certo é que o importe da multa coercitiva impugnada, de 10.000 euros, que é o máximo permitido no art. 209.6 LOUGA, infrinxe o principio de proporcionalidade recoñecido no art. 53.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro .

Consonte co sinalado na demanda, a anulación xudicial das anteriores multas coercitivas impide que se poidan tomar en consideración para calcular o importe da 8ª multa, impugnada neste litixio, como así fai a resolución impugnada. Procede por elo anular a multa coercitiva únicamente no que se refire a contía imposta, que no lugar de 10.000 euros (máxima posible), se fixa en 5.000 euros, no punto intermedio da banda establecida no devandito art. 209.6 LOUGA.

III.-Non procede realizar imposición de custas ( art. 139.1 da Lei Reguladora desta orde Xurisdiccional).

Fallo

1º.-Estimar en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por D. Pedro e Dª Isidora , contra a Resolución de 18 de abril de 2011 da Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, desestimatoria do recurso de reposición presentado contra a anterior resolución do 24 de febreiro de 2011 que lles impuxo unha multa coercitiva (8ª) por importe de 10.000 euros en execución forzosa dunha orde de derruba da vivenda construida en DIRECCION000 , no termo municipal de Lobios (Ourense) -expte. NUM000 -.

2º.-Anular eses actos administrativos, únicamente no referente ao importe da multa coercitiva, que se fixa en 5.000 euros.

3º.-Sen imposición de custas.

Notifíqueselle esta resolución ás partes, coa indicación de que contra ela non cabe interpór Recurso de Apelación ( art. 81.1.a/ da Lei Xurisdiccional 29/1998 , modificado por Lei 37/2011 do 10 de outubro).

4


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.