Última revisión
28/05/2008
Sentencia Administrativo Nº 324/2008, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15704/2008 de 28 de Mayo de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Administrativo
Fecha: 28 de Mayo de 2008
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 324/2008
Núm. Cendoj: 15030330042008100162
Encabezamiento
T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4
A CORUÑA
SENTENCIA: 00324/2008
PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 15704/2008
RECURRENTE: VIDISCO, S.L.
ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA
NO NOME DO REI
A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte
SENTENZA
Ilmos. Sres. D.
JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE
FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO
A CORUÑA, vinte e oito de dous mil oito.
No recurso contencioso-administrativo que, co número 15704/2008, ANTES TRAMITADO NA SECCIÓN TERCEIRA COMO PO
NÚM. 7702/2006, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto pola entidade VIDISCO, S.L., representada
polo procurador don MIGUEL VILARIÑO GARCIA, e dirixida polo letrado don LUIS ENRIQUE RODRIGUEZ OTERO, contra
ACORDOS DO 21-12-05 QUE DESESTIMAN RECLAMACIONES CONTRA OTROS DE A.E.A.T. DE GALICIA SOBRE
LIQUIDACIONS POLA DECLARACION RELATIVA AO CONCEPTO RETENCIONS E INGRESOS POR RENDEMENTOS DO
TRABALLO. 54/1100,1101 E 1102/2002. É parte a Administración demandada o TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO
REXIONAL DE GALICIA, representado polo AVOGADO DO ESTADO.
É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.
Antecedentes
PRIMEIRO.- Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.
SEGUNDO.- Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.
TERCEIRO.- Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.
CUARTO.- Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 10.135?88 euros.
Fundamentos
PRIMEIRO.- O acto que se recorre é o acordo de 21.12.2005 do TEAR que rexeita a reclamación contra a liquidación do recargo do 10%, por presentar fora de prazo e sen requirimento, a declaración de retencións-Grandes Empresas.
Ámbalas dúas partes aceptan os feitos: a) o 12.02.2001 incríbise no Rexistro Mercantil a fusión de 6 sociedades, pasando a absorbente VIDISCO SL a tela consideración de Grande Empresa; b) presentación o 20.07.2001 do modelo 110 correspondente o segundo trimestre do ano 2001 e ingreso de 101.359,01 euros; c) presentación, o 21.08.2001 de solicitude de ingresos non debidos e rectificación de declaración trimestral, pedindo que as cantidades ingresadas fosen asignadas os períodos mensuais correspondentes, con achega do modelo 110 e datos necesarios para face-lo cálculo, d) presenta o 23.08.2001 do modelo 036, e) presentación o 14.11.2001 dos modelos 111 dos meses de abril-maio e xuño, f) acordo de 26.11.2001 da AEAT: acolle a solicitude de ingreso non debido e imputa as cantidades as declaracións mensuais; g) acordo de 25.02.2002: compensación de créditos; h) imposición do recargo do 10%, tomando como dies ad quem o de 14.11.2001.
O recorrente sostén que debe partirse do día do ingreso da débeda - 27.07.2001- e non o de presentación dos modelos 111, co que, o recargo sería do 5%.
O letrado do Estado opón que o diez ad quem é o da presentación dos modelos 111, dado que así resulta do artigo 61.3 LXT en relación cos artigo 87.1 Lei 40/1998 e 101.5 RD 214/1999 que imponen o uso dos modelos correspondentes (e non de outros) e, ademais, no foi ata o 26.11 cando se lle recoñeceu o dereito á compensación.
SEGUNDO.- Un suposto semellante ó actual resolveuno a STSX ESTREMADURA 12.04.2007: La tesis de la empresa demandante es que los ingresos se practicaron el día 22 de abril de 2002, fecha en que fueron presentadas las declaraciones trimestrales, por lo que hasta esa fecha debe practicarse la liquidación por el recargo del artículo 61.3 LGT . La empresa vincula la imposición del recargo no a la fecha de presentación de la declaración complementaria que regulariza la situación tributaria sino a la fecha en que efectúa el ingreso correspondiente a los modelos 110 y 300.
Tercero.
La tesis de la parte actora no puede prosperar puesto que la posibilidad del artículo 61.3 de la
La finalidad del artículo 61.3 LGT se mantiene en la nueva Ley General Tributaria de 17 de diciembre de 2003 , que parte del contenido del artículo 61.3 LGT de 1963 , conforme a la última redacción dada por la
La justificación del artículo 61.3 LGT de 1963 se encuentra en el comportamiento espontáneo y de buena fe del obligado tributario dirigido al cumplimiento de sus obligaciones que no se limitan al pago de la deuda tributaria sino que incluyen el cumplimiento de las obligaciones de carácter formal que son impuestas por la normativa propia de cada tributo como es la obligación de presentar declaraciones y autoliquidaciones en la forma y plazos fijados legal y reglamentariamente, obligaciones formales cuyo cumplimiento exacto tienen una importancia fundamental en el sistema tributario moderno ante el carácter masivo de los hechos tributarios y el régimen de Autoliquidación que es la forma habitual del cumplimiento de la obligación tributaria principal.
Aplicando estos principios ó caso de autos, resultaría que a declaración presentada o 21.08 non tiña eficacia para regulariza-la situación tributaria do recorrente dado que non se xuntaban os modelos 111, senón que se limitaba a recoñece-lo erro (solicitaba a devolución de ingresos non debidos) e a trasladarlle á AEAT a obriga formal de face-las liquidacións mensuais (achegaba os datos oportunos), cando esto lle correspondía facelo ó recorrente.
Tampouco, e seguindo a sentenza citada, o pagamento realizado o 20.07.2001 tería o efecto liberador pretendido, xa que é insuficiente o pagamento (irregular) se non se anoa co cumprimento das formalidades que impón a lexislación - utilización dos modelos previstos.
Mailo dito por esta sentencia, esta Sala considera excesivamente formalista este criterio, que prescinde do feito indubidable do pagamento correcto das cantidades e dalle unha importancia excesiva o uso dun ou outro impreso.
É un principio xeral que o pago produce a extinción da débeda e como indica a STSX Cantabria de 22.12.2006: la jurisprudencia, tanto del Tribunal Constitucional como del Supremo y Salas de lo contencioso que se han pronunciado acerca del recargo, lo hacen atendiendo al momento en que se efectúa el pago (ver en este sentido TC Pleno, n.º 164/1995, de 13 de noviembre, fundamento jurídico segundo in fine, SSTS, Sala 3.ª, Sección 2.ª, de 2 de marzo de 2005, rec. 372/2000 (f.j. 2.º) y 3 de junio de 1995, rec. 3778/1991 (último f .j.).
Por su parte y aun cuando es cierta la función eminentemente disuasoria que reconoce el Tribunal Constitucional al recargo previsto para «pagos tardíos» (ver sentencia citada), tal afirmación se hace a efectos de no considerarlo sanción en sentido estricto y permitir la no aplicación de los artículos 25.1 y 24.2 de la Constitución . Así, se dice que « con el recargo cuestionado se consigue, pues, un doble fin: estimular el pago puntual de la deuda, en evitación de las dificultades de tesorería y los daños que puede provocar a la Hacienda Pública el retraso masivo en el pago de los tributos, y, además, estimular que, una vez producido el retraso, el pago, aunque tardío, se efectúe de manera voluntaria, evitando así la puesta en marcha de los mecanismos de inspección y sanción de la Administración tributaria» ( STC 141/1996, de 16 de septiembre ). Difícilmente puede cumpliría esta finalidad en los supuestos en que el pago es puntual y tan sólo se ha cometido un error.
No caso presente é evidente o erro do recorrente - cousa que non se nega pola administración - e, asemade que actuou de boa fe - alega e non se nega que actuou asesorado pola Unidade Rexional de Xestión de Grandes Empresas - e que, tras face-lo ingreso o 20.07.2001, dun xeito dilixente, o 21.08 achegou os datos necesarios para corrixi-lo defecto - agás da entrega dos fomularios 111.
Entendemos que, se ben existe un atraso no pagamento das liquidacións mensuais que xustifica o recargo do 5%, non é posible descoñece-lo pagamento realizado o 20.07.2001 (e entender, como fai a administración, que é cando se presentan os formularios 111, o 14.11.2001cando se completa a regularización), polo que acollemos o recurso neste punto.
TERCEIRO.- A non se apreciar temeridade ou mala fe, non procede efectuar pronunciamento en orde á imposición das costas procesuais, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional.
VISTOS os artigos citados e demais de pertinente aplicación,
Fallo
Que ACOLLÉMO-LO recurso contencioso-administrativo interposto por VIDISCO SL contra resolución de 21.12.2005 do TEAR (recargo do 10%, expeds 54/1100, 1101, 1102/2002), rebaixando o recargo o 5%. Sin efectuar pronunciamento en orde á imposición das costas procesuais.
Notifíqueselles ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACION.- A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA ao estar celebrando audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, vinte e oito de dous mil oito.
