Sentencia Administrativo ...ro de 2016

Última revisión
21/09/2016

Sentencia Administrativo Nº 33/2016, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15070/2015 de 10 de Febrero de 2016

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Administrativo

Fecha: 10 de Febrero de 2016

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 33/2016

Núm. Cendoj: 15030330042016100003

Resumen:
SEGURIDAD SOCIAL

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00033/2016

-N56820

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G: 32054 45 3 2013 0000341

Procedimiento: AP RECURSO DE APELACION 0015070 /2015

Sobre: SEGURIDAD SOCIAL

De D./ña. Elias

Representación D./Dª. IGNACIO PARDO DE VERA LOPEZ

Contra D./Dª. TESORERIA GENERAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL

Representación D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, once de febreiro dous mil dezaseis.

No recurso de apelación que, co número 15070/2015, pende de resolución ante esta Sala, presentado por Dº Elias , representado polo procurador D , dirixido polo letrado Dª García Lorenzo, contra a sentenza 130/2015 do Xulgado do contencioso núm.2 de Ourense. É parte a demandada a TXSS, representada e asistida polo letrado dos seus servizos xurídicos.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -O 04.05.2015 o Xulgado do Contencioso núm.2 de Ourense ditou unha sentenza que NON ADMITÍA parcialmente o recurso contencioso contra a resolución de 14.03.2013 da TXSS que rexeitaba a revisión de oficio contra a resolución de 15.12.1998 e REXEITABA no demais o recurso.

O Sr. Elias formulou un recurso de apelación.

SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na oposición á apelacion.

TERCEIRO.- Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 213.403,83 EUROS.


Fundamentos

PRIMEIRO.-A sentenza de instancia non admite - parcialmente- o recurso contencioso ó entender que concorre a causa do art. 69.c Lei 29/1998 : o recorrente formulara o 08.06.2005 un recurso extraordinario de revisión contra a resolución de 15.12.1998 que non lle admitirán en acordo de 30.06.2005 e o recurso contencioso administrativo rexeitouno a sentenza do TSX Galiza de 13.03.2008 . O xuíz de instancia constata que os motivos alegados o 08.06.2005 coinciden cos que fundamentan a actual solicitude de revisión polo que considera que existe cousa xulgada.

Figura no expediente que o 05.05.2005 o Sr. Elias formulara petición de revisión de oficio - ó abeiro do art. 102 Lei 30/92 e 47 RD 1415/2004 - alegando a falta de competencia da TXSS. Rexeitáronllo en acordo de 16.05.2005 notificado o 24.05.2005.

O recorrente discrepa do criterio do xulgador de instancia ó entender que non concorre COUSA XULGADA dado que as dúas sentenzas ditadas na materia obxecto de debate, unha é dun recurso extraordinario de revisión ( sen que a sentenza entre sobre o fondo da controversia ) e outra verbo do embargo de gananciais, polo que non concorre a debida identidade de pretensións e fundamentos.

Concordamos coa recorrente en que, propiamente non se pode falar de COUSA XULGADA, dado que a vía procesual utilizada o 08.06.2005 - recurso extraordinario de revisión- limitaba a extensión de debate, cinguíndoo á concorrencia ou non dos motivos do art. 118 Lei 30/92 , e ningún deles ten concordancia cos motivos de nulidade do artigo 62 Lei 30/92 ou cos motivos de revisión do artigo 47 RD 1415/2004 , polo que non existe identidade de fundamentos.

Unha cousa é que o recorrente os insirira no debate, alegándoos coma fundamento da súa petición por vía do recurso extraordinario de revisión, e outra que a sentenza ditada - que non podía entrar a avaliar a súa concorrencia - impida reproducilos pola vía procedente.

O que acontece é que a opción asumida polo Sr. Elias o 08.06.2005 - recurso extraordinario de revisión- ten unha explicación: o 05.05.2005 formulara petición de revisión de oficio - ó abeiro do art. 102 Lei 30/92 e 47 RD 1415/2004 - alegando a falta de competencia da TXSS. Rexeitáronllo en acordo de 16.05.2005 notificado o 24.05.2005.

O acordo non se recorreu en tempo e forma deixándoo acadar firmeza, e é esta firmeza a que impide poder reproducila pretensión cunha nova solicitude de nulidade, do que se deriva que a consecuencia final é a mesma: se ben o recurso contencioso administrativo é admisible ( en sentido procesual ) debe rexeitarse xa que é obrigado confirmalo criterio da TXSS de que a petición de revisión non é admisible xa que se rexeitou outra substancialmente idéntica ( polo que, mais que rexeitar deberon non admitir a trámite a solicitude ).

A esto non é posible opor que engade outros motivos:prescrición, débeda incorrecta,... coma indica correctamente o xulgador de instancia, estas causas xa existían ó tempo da 1ª solicitude de revisión por acto nulo e, en todo caso, non son causas de nulidade do artigo 62 Lei 30/92 . Coma indica a STS 02.12.2009 : Acoutado o verdadeiro sentido e finalidade do procedemento, non cabe outra conclusión que a de desestimar o recurso, xa que as infraccións que se denuncian, á marxe de que orixinariamente concorresen, deberon facerse valer con ocasión dos recursos administrativos e xurisdicionais que a lei facilita para a revisión dos actos administrativos anulables, sen que os recorrentes tivesen utilizado tales mecanismos impugnatorios postos á súa disposición cando puideron facelo. Polo demais, nin a invocada prescrición é unha infracción que, concorrente ou non, poida conducir á nulidade de pleno dereito -que é excepcional en Dereito Administrativo, a diferenza do que sucede no campo do Dereito privado- nin cabe recorrer validamente ao artificio de que a falta de apreciación da prescrición, mesmo de oficio, entrañaría unha infracción procedemental, que non substantiva, de especial significación e gravidade, sendo así que con iso se vén a denunciar a perda dun dereito como consecuencia da indebida aplicación ou omisión das normas, non a concorrencia de defectos in procedendo .....

Do dito resulta que tamén era posible que a TXSS non admitira o recurso ( verbo das causas novas que s eengaden ) ó non basearse en ningún dos motivos do artigo 62.1 Lei 30/92 .

SEGUNDO.- Verbo da ausencia de informe do Consello de Estado.

Compre resolver con carácter preferente se dito informe é ou non esixible, dado que a TXSS considera que o RD 1415/2004 é unha norma especial, de aplicación preferente á Lei 30/92, e non menciona o informe do Consello de Estado.

Os artigos que dan a solución ó problema son ou artigo 46.1 RD 1415/2004 : Artigo 46 Impugnación dos actos de xestión recadatoria

1. A salvo das especialidades establecidas no texto refundido da Lei Xeral de Seguridade Social e neste regulamento, contra os actos de xestión recadatoria da Tesourería Xeral da Seguridade Social, ditados tanto en período voluntario como en vía de présa, poderán interpoñerse os recursos administrativos de alzada, reposición e revisión, e o recurso contencioso- administrativo, nos supostos, forma, prazo e cos efectos previstos na lexislación común sobre procedemento administrativo e na lexislación reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ou artigo 47 establece: Artigo 47 Revisión de oficio

1. Os actos declarativos de dereitos que poidan ditarse no ámbito da xestión recadatoria non poderán revisarse de oficio en prexuízo dos seus beneficiarios. Cando a Tesourería Xeral da Seguridade Social pretenda a revisión dos devanditos actos, deberá acudir á xurisdición contencioso-administrativa.

2. Non obstante o disposto no apartado anterior, a Tesourería Xeral da Seguridade Social poderá revisar de oficio os seus actos declarativos de dereitos cando a revisión fúndese na constatación de omisións ou inexactitudes nas declaracións dos beneficiarios.

3. Os órganos da Tesourería Xeral da Seguridade Social poderán revogar en calquera momento os seus actos de gravame ou desfavorables, sempre que tal revogación non constitúa dispensa ou exención non permitida polas leis, ou sexa contraria ao principio de igualdade, ao interese público ou ao ordenamento xurídico.

A revogación só será posible mentres non transcorrese o prazo de prescrición.

4. A Tesourería Xeral da Seguridade Social poderá rectificar en calquera momento do procedemento recadatorio, de oficio ou a instancia de persoa interesada, os erros materiais ou de feito e os aritméticos contidos nos seus actos.

O artigo 46 e 47 autorizan a entender que ós supostos do artigo 102 LPAC se engaden os previstos no artigo 47, que amplia as garantías dos particulares ( os actos declarativos de dereito, aínda que concorran en causa de nulidade, deben impugnarse pola TXSS ante a xurisdiccion contenciosa, nunha sorte de recurso de lesividade ) co matiz do núm.2 ( no que se volve ó réxime xeral ) e no nas restrinxe; o que acontece é que o artigo 47 non establece normas de procedemento o que carreta que deban aplicarse as da Lei 30/92 coma impón o artigo 46 e, entre elas, o informe do Consello de Estado se a pretensión supera o filtro da admisibilidade.

Dito esto, e verbo do procedemento do artigo 102 LPA. A xurisprudencia destaca que a canle regulada no art. 102 LRJPAC ten como obxecto facilitar a depuración dos vicios de nulidade radical ou absoluta de que adoecen as actuacións administrativas, co inequívoco propósito de evitar que o transcurso dos breves prazos de impugnación daqueles a instancia de parte derive na súa inatacabilidad definitiva. Persegue, pois, ampliar as posibilidades de evitar que unha situación afectada por unha causa de nulidade de pleno dereito quede perpetuada no tempo e produza efectos xurídicos a pesar de adoecer dun vicio de tan relevante transcendencia ( STS 3ª 7ª 19.12.01 ).

Atopámonos, en suma, cunha especie de cláusula de salvaguardia do ordenamento, mediante a cal vén a impedir que o eventual fracaso ou a inaplicación dos mecanismos ordinarios de control administrativo poida devir na consolidación definitiva de actuacións lastradas con vicios xurídicos tan graves como a súa nulidade radical ou de pleno dereito, declaración de nulidade que debe ser realizada, inclusive, de oficio pola propia administración. Carácter este ratificado pola xurisprudencia, que tamén se manifestou en prol da devandita natureza imperativa do exercicio da potestade revisoria (vgr. STSJ A Rioxa 18.9.00, STS 3ª 7ª 22.3.05 ).

O que acontece é que a propia Lei 30/92 non esixe o esgotamento do trámite cando é evidente que non concorren as causas do art. 62.1 Lei 30/92 , e coma quedou dito, a controversia verbo da competencia da TXSS no pode reproducirse o ser rexeitada previamente e a prescrición do dereito ( e os demais motivos de legalidade ordinaria ) non é un suposto reconducible ó artigo 62.1, o que carreta que era posible NON ADMITILO recurso e, en consecuencia, era innecesario o ditame do Consello de Estado, o que leva a confirmala sentenza e o acordo da TXSS aínda que ámbolos dous incorren en defectos ( aplicación da causa de inadmisión: cousa xulgada polo xuíz de instancia, e rexeitamento da solicitude de revisión cando era inadmisión: TXSS ).

CUARTO.-Impoñenselle as custas ó apelante ata a contía máxima de 1.000 euros para cubrilos custos de asistenza xurídica de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

VISTOS os artigos citados e demais de pertinente aplicación,

Fallo

Que REXEITÁMOLO recurso de apelación presentado polo Dº. Elias contra A SENTENZA 130/2015 do Xulgado do contencioso núm.2 de Ourense. . Impoñenselle as custas da 2ª instancia ó apelante ata a contía máxima de 1.000 euros.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución non teñen recurso ordinario ningún.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION.-A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar celebrando audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, once de febrero de dous mil dezaseis.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.