Sentencia Administrativo ...io de 2008

Última revisión
11/06/2008

Sentencia Administrativo Nº 363/2008, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15789/2008 de 11 de Junio de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Administrativo

Fecha: 11 de Junio de 2008

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 363/2008

Núm. Cendoj: 15030330042008100200

Resumen:
ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

Encabezamiento

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00363/2008

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 15789/2008

RECURRENTE: C.T.V., S.A.

ADMINISTRACION DEMANDADA: TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos. Sres. D.

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, once de xuño de dous mil oito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15789/2008, ANTES TRAMITADO NA SECCIÓN TERCEIRA COMO PO

NÚM. 8982/2005, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto pola entidade C.T.V., S.A., representada pola

procuradora dona DOLORES VILLAR PISPIEIRO, e dirixida polo/a letrada dona DELFA LOSA GARCIA, contra ACORDO DO 21-

07-05 QUE DESESTIMA RECLAMACION CONTRA OUTRO DA AXENCIA ESTATAL ADMINISTRACION TRIBUTARIA DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA SOBRE LIQUIDACION PROVISIONAL POLO IMPOSTO SOBRE SOCIEDADES, EXERCICIO

2000 E RECTIFICACION DECLARATIVA RELATIVA AO I.V.E. 15/1629 E 2154/2002. É parte a Administración demandada o

TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REXIONAL DE GALICIA, representado polo AVOGADO DO ESTADO.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO.- Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO.- Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO.- Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 22.385?72 euros.

Fundamentos

PRIMEIRO.- O acto que se recorre é o acordo de 21.07.2005 do TEAR que rexeita a a reclamación contra a liquidación do Imposto de Sociedades do ano 2000 e rectificación da declaración do IVE exercicio 99.

Segundo resulta do expediente, CTVSA presentou a declaración do último trimestre do IVE do ano 1999 (modelo 300) e a declaración resumo anual (modelo 390), da que resultaban 73.247.164 ptas de cotas deducibles.

O 18.02.2000 achegou novas declaracions -modelo 300 e 390, dos períodos indicados- corrixindo a cantidade correspondente as cotas deducibles: 76.703.164 ptas (diferencia de 3.456.000 ptas; cantidade que fora ingresada).

O 17.01.2001 a AEAT desestima a solicitude que resulta destas novas declaración.O recurso de reposición rexeitanllo o 30.05.2002. O motivo foi: non acredita-lo ero de feito.

Na declaración do IVE do ano 2000 figura como compensación de cotas do exercicio anterior a cantidade de 3.456.000 ptas. Proposta de liquidación de 14.02.2002 q ue non admite a compensación. Rexeitan as alegacions e confirman a proposta o 30.04.2002: o motivo tamén foi que non se acreditou o erro de feito.

SEGUNDO.- O recurso baséase na: a) falta de congruencia do TEAR, b) rectificación de erro e c) dereito subxectivo á deducción.

A pesares do que sostén o letrado do Estado, resulta evidente a incongruencia do TEAR, na súa fundamentación xurídica, o introducir como motivo de desestimación unha cuestión nova que non resultaba dos acordos da AEAT: razoa que estamos -de resultar probados os feitos, cousa que rexeita- ante un ingreso non debido e non ante unha compensación, cando, como quedou indicado a AEAT só recolle que non se acredita o erro na autoliquidación.

A pesares de esta incongruencia non estamos ante unha causa de nulidade, dado que, por unha banda, o TEAR tamén confirma que non se acreditou o erro e, por outra, o recorrente puido - e así o fai- facer alegacións no proceso xudicial sobre a cuestión suscitada.

Entrando a resolver sobre a cuestión relativa o ERRO DE FEITO na autoliquidación do IVE do cuarto trimestre do ano 1999 -e na declaración resumo anual-; o recorrente o 31.01.2000 presentou a declaración do 4º trimestre do ano 1999, resultando unha diferencia a ingresar de 10.097.923 ptas; o 18.02.2000 presenta unha nova declaración -que cualifica de sustitutiva- na que a cantidade a ingresar é de 6.641.923 ptas.

No recurso ante o TEAR achegou un informe pericial, dun economista auditor, quen, tras o exame dos libros contables e do IVE, sinala que o erro deriva da factura 2178 de 30/12/1999, onde figura como IVE a cantidade de 3.840.000 ptas e, porem iso, na declaración trimestral se reflicte a cantidade de 384.000 ptas, é dicir, un cero menos.

No proceso xudicial achega, ademais, a propia factura -de RADIOTELEVISION COMPOSTELA SL-.

Fronte a esta proba a administración adopta unha actitude pasiva: o letrado do Estado limítase a indicar que, de acordo co artigo 114 LIVA, só seria posible a compensación de existir unha factura rectificadora.

Non discute, realmente, a existencia do erro e só opón que o mecanismo para evita-lo enriquecemento inxusto da AEAT utilizado polo recorrente non foi o correcto.

Entendemos plenamente acreditado o erro de transcrición: reflictiron como IVE soportado a cantidade de 348.000 ptas cando a correcta era a de 3.480.000 ptas.

Partirmos deste feito, e debemos acolle-lo recurso; non só a interpretación do TEAR -e do letrado do Estado- é excesivamente formalista (fai fincapé no artigo 99.5, cando o aplicable é o artigo 99.3), senón que é contraditoria coa posición da propia AEAT; no acordo de 17.01.2001 do administrador do AEAT (folio 16) que rexeita a solicitude de rectificación da declaración do

4º trimestre do ano 1999 e declaración resumo anual, se indica expresamente: Considerando que el artículo 99.tres de la ley 37/1992 del Impuesto sobre el valor añadido señala que el derecho de deducción podrá ejercitarse en la declaración liquidación relativa al período de liquidación en que su titular haya soportado las cuotas deducibles o en las de los sucesivos, siempre que no hubiera transcurrido el plazo de cuatro años, contados dende el nacimiento del derecho, no habiendo ejercitado en derecho de deducción en la declaración liquidación correspondiente al período en que se soportaron las cuotas, procede ejercitar ese derecho en los períodos sucesivos con el limite del plazo indicado y no la rectificación de las declaraciones anteriores.

Polo tanto, a propia AEAT indícalle que debe deducir/compensar a cota no período seguinte, como fixo o recorrente; Polo demais, e como se dixo, a factura (e IVE) estaba recollida na contabilidade e libros do recorrente, e como sinala a STSX Castela-León de 02.05.2006 recolle: Conviene precisar que si la recurrente consignó erróneamente en el ejercicio 2000 unas cuotas de IVA soportado por importe de 6.619,20 ?, cuando la cantidad soportada real y consignada en sus libros de contabilidad ascendía a 16.997,72 ?, debió o solicitar la rectificación de su propia declaración del ejercicio 2000, o bien efectuar una declaración complementaria de dicho ejercicio, lo que en modo alguno efectuó, no siendo correcto trasladar sin más esos datos a la declaración del ejercicio 2001 sin haber justificado documentalmente tal actuación ( pola indicada falta de xustificacion rexeita a posibilidade de compensación).

A STS 16.07.2003 é un exemplo da necesaria flexibilidade nesta materia para evitar resultados inxustos; así sinala: debe llegarse a la conclusión de que, lejos de ser imposible -como arguye la Administración recurrente- la corrección a posteriori, después de solicitada la deducción o devolución de las cuotas del IVA, de los posibles defectos de las facturas al efecto emitidas, cabe, fuera de todo formalismo excesivo y, al respecto, inadecuado, distinguir entre el derecho a la deducción y/o devolución del IVA y el ejercicio de ese derecho, superando, así, los obstáculos que impidan deducir o instar la devolución del IVA soportado en facturas defectuosas o incompletas..... No hay duda alguna, pues, de que los errores en las facturas son plenamente subsanables, de tal modo que cuando se proceda a la correspondiente rectificación puede el sujeto pasivo ejercitar el derecho a la deducción correspondiente, en las declaraciones-liquidaciones que presente a partir de ese momento, siempre que no haya transcurrido el plazo de cinco años.»

a) La neutralidad del IVA quedaría contradicha por la ruptura de un eslabón de la cadena estructural del Impuesto, con distorsiones tanto para quien no siendo consumidor esté indebidamente soportando el tributo como para la Administración que recibe el impuesto doblemente (de quien lo ha soportado y del consumidor a quien éste le repercute finalmente la carga).

b) La omisión de cualquier requisito no priva a la factura de efectos fiscales y no impide en todos los casos el ejercicio del derecho a la deducción o devolución de las cuotas soportadas, pues la factura es la expresión documental de la ejecución de un contrato y su valor probatorio es equiparable al del resto de los documentos privados (que, aun siendo incompleto o incorrecto, no tiene por qué carecer de relevancia cuando mediante otros medios se corrobora su contenido, en virtud de la llamada apreciación conjunta de la prueba).

c) No permitir la deducción o devolución de las cuotas soportadas del IVA, cuando no existen razones de peso para ello, implica, en realidad, una doble imposición (cuando es así que el formalismo excesivo es contrario al principio de proporcionalidad y, especialmente, al de neutralidad que caracteriza al IVA).

Polo dito, e sendo posible a rectificación da factura, con maior razón o que é un simple erro de transcipción, que se corrixe dilixentemente coa achega de novas declaración, debe orixinar o dereito á compensación a exercitar na seguinte declaración liquidación.

Polo dito, acollémo-lo recurso.

TERCEIRO.- A non se apreciar temeridade ou mala fe, non procede efectuar pronunciamento en orde á imposición das costas procesuais, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional.

VISTOS os artigos citados e demais de pertinente aplicación,

Fallo

Que ACOLLÉMO-LO recurso contencioso-administrativo interposto por C.T.V. SA contra a resolución de 21.05.2007 do TEAR (exped. 15/1629 e 2154/2002) anulándoo por contrario a dereito. Sin efectuar pronunciamento en orde á imposición das costas procesuais.

Notifíqueselles ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION.- A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA ao estar celebrando audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, once de xuño de dous mil oito.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.