Última revisión
07/02/2008
Sentencia Administrativo Nº 61/2008, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 2, Rec 4471/2004 de 07 de Febrero de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 12 min
Orden: Administrativo
Fecha: 07 de Febrero de 2008
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 61/2008
Núm. Cendoj: 15030330022008100658
Encabezamiento
T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.2
A CORUÑA
SENTENCIA: 00061/2008
Procedimiento ordinario nº 4471/2004
NO NOME DE EL-REI
A Sección Segunda da Sala do Contencioso administrativo do Tribunal Superior de
Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte
SENTENZA
ILMOS. SRS.
D. JOSE ANTONIO MENDEZ BARRERA- PTE
D. JOSE MARIA ARROJO MARTINEZ
D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.
A Coruña, sete de febreiro de 2008.
O recurso contencioso administrativo núm. 4471/2004 pendente de resolución nesta Sala, presentado por Dª Alejandra , representado polo procurador D. Guimaraens Martínez e asistido do letrado D. Izar de la Fuente ,
contra a desestimación - por silencio - por parte da Consellería de Política Territorial da solicitude presentada o 20.12.2002. É
parte demandada a CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, representada e asistida polo letrado da Xunta .
A contía do recurso é de 487.338 euros.
Antecedentes
PRIMEIRO.- Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.
SEGUNDO.- Déuselle traslado á parte demandada e a Administración opúxose á súa pretensión.
TERCEIRO.- Trala proba e mailo trámite de conclusións o proceso quedou rematado para sentenza.
CUARTO.- Os trámites e mailas formalidades legais cumpríronse.
É ponente o maxistrado D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.
Fundamentos
PRIMEIRO.- Segundo resulta do expediente, o 20.12.2002 a Sra. Alejandra presentou, na dirección xeral de obras públicas, un escrito solicitando a supresión do novo raiado na estrada C-641, no KM 11,5 e a súa devolución o seu estado primitivo e, dun xeito subsidiario, iniciar un procedemento indemnizatorio de responsabilidade patrimonial. Tralo informe da Dirección Xeral de obras públicas - xustifica o cambio de sinalización en aplicación do artigo 72.3 RD 1812/1994 , Orde 16.12.1997 e Orde circular 02/94-, rexeitáronlle a solicitude o 21.10.2003. Notificación de 28.10.
Figura no escrito de 20.12.2002 que o cambio de sinalización - de raia discontínua a raia contínua- aconteceu a primeiros do ano 2002.
O recorrente sostén que o cambio de sinalización realizouse sen audiencia e carecendo de cobertura legal a actuación da administración, , de xeito arbitario e discriminatorio, existindo outras posibilidades técnicas e invadindo o dominio privado e mediuse incorrectamente a Intensidade Media diaria. Desta modificación da sinalización derivouse a perda de clientes - nun 50% - procedendo o peche do negocio, causándole uns prexuizos de 487.338 euros.
O letrado da Xunta sostén que non é admisible a petición de indemnización - no existiu, en realidade, unha reclamación previa en vía administrativa -, é de aplicación a normativa técnica estatal de estradas; a modificación da sinalización é un acto de execución e o que formula o recorrente é un dereito de petición, ademais de que o cambio de sinalización é correcto, o igual que o expediente.
Resulta transcedente para resolve-la controversia a indicación que realiza o letrado da Xunta sobre a pretensión da parte actora: exercicio dun dereito de petición ( e non o exercicio dun auténtico recurso administrativo contra o inicial cambio de sinalización ).
Como recoñece o parte actora no escrito inicial do expediente, a actuación material da administración de cambio da sinalización - de raia discontínua a contínua - aconteceu a primeiros do ano 2002, en tanto que a Sra Alejandra só reacciona o 20.12.2002.
En ningún momento se alega - xa que resultaría imposible de crer- que descoñecía o cambio de sinalización, senon que, coñecendo esta non formula oposición ata transcurridos case 12 meses.
Este lapso temporal impide acolle-la pretensión de que se deixe sen efecto o cambio de sinalización - con reposición o estado anterior- dado que este cambio é un acto firme e consentido, fronte o que non se reaccionou en tempo e forma. O recurso diríxese contra a denegación dunha petición nova: cambio da sinalización.
Tódalas cuestións relativas ó cambio de sinalización realizada a primeiros do 2002: competencia, intensidade media diaria, arbitrariedade .... non poden ser obxecto de debate ó referirse a un acto firme.
Polo dito, a discrepancia debe trasladarse a se a recorrente tiña dereiro a instar un cambio na sinalización dunha estrada u non.
Neste punto debemos comparti-lo criterio da administración de que a recorrente realiza unha petición e carece de dereito ningún a imporlle a administración o cambio na sinalización da estrada - cambio efectuado por razóns de seguridade viaria.
A única autoridade competente para adoptar decisións sobre unha estrada de titularidade autonómica é a Xunta de Galicia - art. 27.8 EA de Galicia e 27.2 da Lei 04/1994 - carecendo os particulares de participación ningunha no establecemento da sinalización.
A petición de modificación - de acordo coa LO 04/2001 - só impoñía que a administración lle contestase ( art. 11.3 ), sen que esta contestación tivera que ser positiva.
Dado que o cambio de sinalización é un acto firme e consentido e que a pretensión da recorrente de volver á sinalización orixinaria non vinculaba á administración ( a pretensión doutras posibilidades técnicas - raqueta - non se suscitou en vía administrativa ) , os presuntos prexuízos que provocaron o peche da estación de servicio no son imputables - en termos xurídicos - o actuar da administración.
SEGUNDO.- Esta conclusión obviaría a necesidade de entrar a considera-los diversos motivos alegados; nembargantes e co ánimo de esgota-lo debate compre facer unhas precisións.
IMD.
Tal e como resultaba da medición da Intensidade media diaria, do artigo 72.3 RD 1812/1994 , da Orde 16.12.1997 e da Orde circular 02/1994, o cambio da sinalización era obrigado, dado que temos unha IMD de 7.361 vehículos/día.
O recorrente indica que esta medición é incorrecta.
.
Verbo da medición do IMD, existe unha ( aparente ) contradición entre o contido do informe que figura nos autos, é relativo ó KM 11,1 ( a estación de servicio está no KM 11,5 ) onde indica que a IMD é, nese punto, de 7.361 vehículos/día, e o que achega o recorrente coa demanda, onde figura que os sistemas de medición do tráfico situáronse nos puntos quilométricos 1,2 e 19,8 da estrada C-641, polo que parecería aventurada facer unha declaración - tan precisa - como a que se contén no informe.
O que acontece é que esta contradición non existe; non só o recorrente non acredita que no tramo do Km 1,2 ó Km 19,8 existen varios desvíos e incorporacións, que poden modificar de xeito substancial a IMD entre, por exemplo o Km 11,1 e 19,8,m ou entre o 1,2 e o 11,1. Aínda que alega que existe un tramo urbano - o informe do Concello non é moi claro ó respecto: o arquitecto municipal non é quen de determinar en que Km remata o termo municipal, en tanto que o arquitecto técnico precisa que o casco urbano de Vilalva se inicia no Km 19,8- non se proba cal é a incidencia concreta deste feito na medición da IMD. Tampouco acredita que a incorporación á autopista inflúa na determinación dunha IMD incorrecta.
Ademais, e o que é máis transcendente, chega con observa-las datas dunha e outra actuación, para observar que trala medición da IMD entre os días 23 e 29.01.2002, que deron lugar á modificación da sinalizacion horizontal, , a administración procede a facer unha nova medición da IMD - durante os días 4 a 10.06.2002- e, neste caso, nas inmediacións da estación de servicio, constatando que a IMD é de 7.361 vehículos/día, polo que non existe incorrección ninguna, nin datos controvertidos, derivados da actuación da administración.
COMPETENCIA
Tamén debemos acolle-las alegacións do letrado da Administración sobre a aplicación do RD 1812/94 ( art. 72.3 ), da Orde 16.12.1997 e Orde circular 02/1994.
De acordo co artigo 13 Lei 04/1994 , tódolos proxectos redactaranse con suxeición as normas técnicas aprobadas pola Administración competente, particularmente no que se refire á sinalización e o balizamento de estradas ...
A competencia para confecciona-la normativa técnica en materia de sinalización é da Administración do Estado, de acordo co RD 3317/1982 e DA 2ª Lei 25/1988 e art. 40 RD 1812/94 , polo que é de aplicación ó caso presente o artigo 72.3 Rd 1812/94 e normativa que o desenvolve.
TRÁMITE DE AUDIENCIA.
Aínda que o RD 1812/94 non establece - expresamente - a necesidade de darlle audiencia ós interesados cando se modifica a sinalización dunha estrada - non estamos no suposto do artigo 72.1.2 RD citado, xa que non se mudan os termos da autorización a prol da estación do servicio, dado que esta non inclúe a posibilidade de facelo xiro, por parte dos vehículos que circulan en sentido contrario ó da estación , cruzando a estrada - esta é unha esixencia implícita, derivada do artigo 84 Lei 30/1992, cando falarmos dunha afectación máis intensa que a que sufre calquera usuario da estrada.
A administración autonómica non podía descoñece-los efectos - indirectos- que podía telo cambio de sinalización na estación do servicio da recorrente, e debeu darlle audiencia antes de proceder a face-lo cambio físico da sinalización.
Esto non se fixo; nembargantes, non é causa de nulidade dado que a recorrente foi coñecedor - outra conclusión é imposible de facer- tanto dos traballos preparatorios do cambio de sinalización como do feito mesmo do pintado da sinalización na estrada e nada alegou ó respecto, deixando pasar case doce meses antes de presenta-la solicitude de volve-la sinalización o estado previo. E no expediente que se tramitou logo da súa solicitude tivo pleno acceso ós datos da IMD utilizados pola administración, o que lle permitiu a plena defensa dos seus dereitos.
Polo mesmo motivo non é causa de nulidade o feito de que o cambio de sinalización non figurara como actuación expresamente prevista no proxecto de obras de conservación da C-641.
Na memoria do proxecto figura como unha das actuacións a: sinalización reflexiva do eixe das estradas mencionadas.. sendo posible que ó abeiro desta actuación, e dado que estamos ante unha obriga da administración - art. 72.3 Rd 1812/94 - se procedera a cambia-la sinalización, xa que se acreditou unha IMD superior ós 5.000 vehículos/día.
Denuncia o recorrente a ARBITRARIEDADE ( e discriminación ) na actuación da administración, por non face-lo cambio de sinalización noutras estacións de servicio.
Non é admisible que se lle impute á administración actuar ó ditado de REPSOL - feito IV da demanda- se esta alegación non se sostén con proba ninguna, sendo insuficiente a estos efectos as sospeitas da recorrente.
Deixando esto apuntado, tampouco se acredita arbitrariedade nin discriminación.
A proba documental que se achega- actas notaríais - nada acredita, xa que o recorrente tería que demostrar que as outras estacións de servicio están situadas en tramos cunha IMD superior os 5.000 vehículos/hora, ou que concorren circunstancias de seguridade vial que impoñerían o cambio de sinalización e nada proba ó respecto.
Non é posible deducir a concorrencia de ningún destos requisitos das palabras ( e fotos ) das actas notaríais, e tampouco consta que concorrendo estas circunstancias e sabéndoo a administración, eluda o cumprimento da obriga que impón o artigo 72.3 RD 1812/94 .
O non concorre-las mesmas condicións na estación de servicio da recorrente e nas recollidas nas actas non é posible falar de discriminación, e tampouco de arbitrariedade, dado que o cambio de sinalización o impón o artigo 72.3 RD 1812/94 .
Dado que o cambio de sinalización foi correcto non procede indemniza-la recorrente; como indica a STS 28.06.2004 : y tomando en consideración la doctrina del Consejo de Estado según la cual «no son indemnizables las pérdidas de expectativas que se produzca como consecuencia de variaciones en el trazado de carreteras, indemnizándose por el contrario únicamente en aquellos casos en que se priva de acceso a los inmuebles a consecuencia de tales obras» ( sentencia de 18 de diciembre de 1990 [RJ 19909639 ]), y que la responsabilidad objetiva que regula el marco jurídico de la responsabilidad patrimonial aparece fundada en el concepto técnico de lesión, entendido como daño o perjuicio antijurídico que quien lo sufre no tenga el deber de soportar, este requisito no concurre cuando el reclamante, como ocurre en el supuesto enjuiciado, carece del derecho a que la carretera transcurra por el mismo lugar y a que el acceso a la misma mantenga su configuración ( sentencias del Tribunal Supremo de 18 de abril de 1995 [RJ 19953230] y de 17 de abril de 1998 [RJ 19983829 ]), y el nuevo trazado no obedece a circunstancias injustificadas o fundadas en la precipitación -circunstancia que bajo ningún concepto se infiere de autos-, sino al interés general ligado a la construcción de una nueva vía en mejores condiciones de tránsito y seguridad». Principios plenamente aplicables ó caso de autos, aínda que neste caso o cambio de sinalización tiña consecuencias máis febles, dado que só impediu o xiro dos vehículos que circulaban en sentido contrario.
Polo dito, rexeitámo-lo recurso.
TERCEIRO.- Non se fai declaración das custas ( art. 139 LXCA ).
Polo dito
Fallo
REXEITAMO-LO recurso contencioso administrativo do procurador Sr. Guimaraens Martínez, no nome de Dª Alejandra contra a desestimación - por silencio - do recurso de alzada presentado contra o acordo de 20.10.2003 do Director Xeral de Urbanismo da CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E URBANISMO. Non facemos declaración das custas.
Notifíquesllela ás partes coa advertencia de que teñen un recurso de casación do artigo 86 LXCA, que deberán preparar mediante escrito que deben presentar nesta Sala no prazo de dez días.
Unha vez firme, remítase o expediente administrativo ó Centro de procedencia, xunto coa certificación e comunicación.
Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACIÓN.-
Lida e publicada a anterior sentencia polo maxistrado ponente D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA, en audiencia pública o día da súa data, do que, eu, Secretaria, certifico.
