Sentencia Administrativo ...re de 2008

Última revisión
19/11/2008

Sentencia Administrativo Nº 762/2008, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 16501/2008 de 19 de Noviembre de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Administrativo

Fecha: 19 de Noviembre de 2008

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 762/2008

Núm. Cendoj: 15030330042008101015

Resumen:
ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

Encabezamiento

T.S.J.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00762/2008

PONENTE: D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

RECURSO NUMERO: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 16501/2008

RECURRENTE: PISCILOR,S.A.

ADMINISTRACION DEMANDADA: XUNTA SUPERIOR DE FACENDA -CONSELLERIA ECONOMIA E FACENDA

NO NOME DO REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a seguinte

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ Y DIAZ CASTROVERDE

FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, dezanove de novembro de dous mil oito.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 16501/2008, ANTES TRAMITADO NA SECCIÓN TERCEIRA COMO PO

NÚM. 8170/2006, está pendente de resolución ante esta Sala, e que foi interposto pola entidade PISCILOR,S.A., representada

polo procurador don CARLOS GONZALEZ GUERRA, e dirixida polo letrado don FRANCISCO QUINTAS GONZALEZ, contra

ACORDO DO 31-03-06 QUE DESESTIMA RECLAMACIONS CONTRA LIQUIDACIONS DO CANON DE SANEAMENTO,

RECLAMACION 3923-C-05/04 E ACUMULADAS. É parte a Administración demandada a XUNTA SUPERIOR DE FACENDA -

CONSELLERIA ECONOMIA E FACENDA, representada polo LETRADO DA XUNTA DE GALICIA.

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO.- Tras se admitir a trámite o presente recurso contencioso-administrativo, practicáronse as dilixencias oportunas, e unha vez recibido o expediente, déuselle traslado del á parte recorrente para formular a oportuna demanda, o cal se fixo por medio dun escrito no que, tras expoñer os feitos e fundamentos de Dereito que se estimaron pertinentes, se acabou suplicando que se ditase unha sentenza pola que se declare non axustada a Dereito a resolución impugnada neste procedemento.

SEGUNDO.- Conferíuselle traslado á parte demandada, quen solicitou o rexeitamento do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de Dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Non se recibiu o asunto a proba e declarouse concluso o debate escrito na contestación da demanda.

CUARTO.- Na tramitación do recurso observáronse as prescripcións legais. A súa contía é de 162.540?58 euros.

Fundamentos

PRIMEIRO.- O acto que se recorre é o acordo de 31.03.2006 da Xunta Superior de Facenda que rexeita a reclamación contra as liqudiacións do canon de saneamento dos anos 99 (agás do mes de xaneiro), 2000,2001, 2002,2003, 2004 e 1º e 2º trimestre do ano 2005.

SEGUNDO.- O recorrente alega: a) prescricion do dereito a determina-la débeda tributaria dos anos 99 e 2000 (agás de novembro e decembro) b) nulidade dos actos ditados ó abeiro do Decreto 27/1996 ( sentenza 22.07.2004 TS ), c) incompetencia de Augas de Galicia; d) falta de motivación e nulidade dos resultados.

Pola evidente transcendencia que ten é obrigado muda-lo orde do debate, e entrar, en primeiro lugar, a avalia-la competencia ou non do ente Augas de Galicia para face-la liqudiacion do canon; o recorrente sostén que a piscifactoría está situada no rio Lor que é afluente do Sil, que pertence á confederación hidrográfica do Sil, de competencia estatal.

Sostén que concorre unha dupricidade impositiva e falta de competencia; non podemos acoller ningunha destas pretensións; non acredita que faga o pagamento do canon de saneamento á confederación hidrográfica do Sil e, en todo caso, é xurisprudencia deste Tribunal que, nestos supostos, existe competencia de Augas de Galicia para liquida-lo canon. Así o estableceu na sentenza de 18.06.2004 -PO 7739/01 - onde o recorrente discutía a resolución núm. 150/007/1 de 10.09.99 que determinou a aplicación e liquidación do canon de saneamento na modalidade de carga contaminante. E alegaba a falta de competencia da administración autonómica.

Rexeitamos, polo tanto, este motivo.

Verbo da outra causa de nulidade: nulidade do Decreto 27/96 , de acordo coa STS 22.07.2004 ; nada podemos opor a este motivo, agás de dicir que as liquidacións que se recorren ditaronse ó abeiro do Decreto 08/99 de 21.01 , polo que non poden estenderse os motivos da citada sentenza o presente caso, e nada se alega sobre a validez e eficacia do Decreto 08/99 . Dado que este entrou en vigor o día seguinte da súa notificación, a súa eficia abrangue os períodos impositivos liquidados.

Tampouco concorre a falta de motivación que se denuncia; non só as liquidacións cumpren coas esixencias do artigo 17.2 Decreto 08/99 senón que -e esta cuestión se anoa co outro motivo que se alega- unha vez determinada a carga contaminante, a liquidación do canon resulta da aplicación dunha simple formula matemática, polo que, o recorrente non ten dificultade ningunha para deducir de onde sae a cantidade a pagar.

Verbo da carga contaminante, e dado que a base da liquidación -determinación dos parámetros- quedou firme, o confirma-lo TSX Galicia o acordo de 10.09.99, en sentenza de 18.06.2004 , non é posible entrar a considera-los motivos que se alegan sobre a toma de mostras, laboratorio ... debedo subliñar que o recorrente ten (e tiña) a súa man a posibilidade de rectifica-los resultados; O recorrente limítase -dende un inicio, dado que incumpre a esixencia do artigo 21 e 23- a unha actitude pasiva, cando o Decreto 08/99 atribúelle facultades suficientes para enerva-los datos que obtén a administración; así, pode determinarse a carga contaminante a súa instancia, e inclusiva pode resultar da súa propia declaración- art. 29. Pode solicita-la revisión (cunha nova medición)- art. 28.1,.. e nada insta ó respecto.

Verbo do último dos motivos; o recorrente sostén a prescrición do dereito a liquida-lo ano 1999 e 2000 (agás dos meses de novembro e decembro).

A administración sostén que se paralizou o prazo polo auto de suspensión de 19.11.2001 do TSX Galicia (recurso 7739/2001 ) como polo recurso suscitado contra o acordo denegatorio da suspensión da resolución 150/007/01 e que rexeitou o TSX en sentenza de 06.02.2004.

Debemos darlle a razón o letrado da Xunta, dado que, unha vez denegada a suspensión -en vía administrativa- o recurso contencioso administrativo suscitado para revisar este acordo ten efectos de paraliza-lo prazo de prescrición. Resulta lóxico que, se a simple petición de suspensión ante os tribunais dun acto administrativo impide a administración executalos seus actos (en tanto o tribunal non resolve), outro tanto acontece cando o recurso versa sobre o que é unha medida cautelar: a denegación da suspensión, polo que non podemos falar de prescrición.

Polo dito, rexeitámo-lo recurso.

TERCEIRO.- A non se apreciar temeridade ou mala fe, non procede efectuar pronunciamento en orde á imposición das costas procesuais, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

VISTOS os artigos citados e demais de pertinente aplicación,

Fallo

Que REXEITÁMO-LO recurso contencioso-administrativo interposto por PISCILOR SA contra a resolución de 31.03.2006 da XUNTA SUPERIOR DE FACENDA (liquidación canon de saneamento; reclamación 3923-C-05/04 e acumuladas). Sin efectuar pronunciamento en orde á imposición das costas procesuais.

Notifíqueselles ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION.- A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA ao estar celebrando audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, dezanove de novembro de dous mil oito.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.