PRIMEIRO. - Que polo Ilmo. Sr. Maxistrado Xuiz do Xulgado de Primeira Instancia nº 1 de Arzúz, con data 23 de decembre de 2021, dictouse sentenza cuxa parte dispositiva di como segue:
"ESTIMO la demanda interpuesta por Jose Luis, representado por la Procuradora María Teresa Pernas Grobas, frente a Tomasa, representada por la Procuradora Belén Casal Barbeito, y en consecuencia ACUERDO las siguientes medidas:
I.- La guarda y custodia de las hijas menores Eva María y Adelina será compartida por ambos progenitores, a falta de otro acuerdo, por periodos semanales, realizándose el intercambio de las menores los domingos a las 20:00 horas. El progenitor que corresponda recogerá a las menores en la puerta del domicilio del otro, y trasladará a las menores a su domicilio para tenerlas en su compañía y a su cargo durante ese periodo, Es decir, será la madre quien recogerá a sus hijas en el domicilio del padre y será el padre quien recogerá a sus hijas en el domicilio de la madre. En el supuesto de que cualquiera de los dos progenitores no pueda llevar o recoger a sus hijas, designara una persona de su confianza para hacerlo, bajo su responsabilidad, y previa comunicación al otro progenitor.
II.- El progenitor que durante esa semana no tenga la guarda de las menores, podrá estar con las mismas una tarde intersemanal y durante un plazo máximo de tres horas, que, en defecto de acuerdo entre las partes, será el miércoles desde la salida del centro escolar o actividad extraescolar, debiendo el progenitor reintegrarlas, una vez finalizada esa duración máxima de tres horas, al domicilio del progenitor custodio.
III.- Jose Luis y Tomasa podrán comunicarse por cualquier medio telemático o telefónico con su hijas los lunes, jueves y sábados a las 20:30 horas, debiendo Jose Luis y Tomasa facilitar dicha comunicación.
IV.- Los periodos de las vacaciones escolares de Navidad, Semana Santa y otros (a excepción de los meses de julio y agosto) se repartirán a falta de otro acuerdo de los padres, como tienen acordado en la sentencia de 12 de septiembre de 2016. Las vacaciones escolares de julio y agosto se distribuirán en periodos de quince días y de la siguiente forma:
1º periodo: desde el 30 de junio a las 20:00 horas al día 15 de julio a las 20:00 horas.
2º periodo: desde las 20:00 horas del día 15 de julio a las 20:00 horas del día 31 de julio.
3º periodo: desde el 31 de julio a las 20:00 horas hasta el 15 de agosto a las 20:00 horas.
4º periodo: desde las 20:00 horas del día 15 de agosto a las 20:00 horas del 31 de agosto.
A falta de acuerdo, los años pares la madre estará en compañía de las menores los periodos 1º y 3º, y el padre los periodos 2º y 4º, invirtiéndose el orden en los años impares en los que corresponderá al padre estar con las menores los periodos 1º y 3º, y a la madre los periodos 2º y 4º.
V.- Cada progenitor atenderá los gastos ordinarios de alimentación y vestido de sus hijas cuando se encuentren a su cuidado.
Los gastos ordinarios de educación, tales como de enseñanza reglada, comedor, autobús escolar, seguro, asociación de padres de alumnos, excursiones o actividades escolares ordinarias fuera del centro, libros de texto y restante material escolar, uniformes, vestuario y accesorios de uso escolares, serán sufragados por ambos progenitores, por mitad.
Los gastos extraordinarios serán abonados por ambos progenitores por mitad. El concepto de gasto extraordinario, por su propia naturaleza, es indeterminado, inespecífico y su cuantía ilíquida, necesitando predeterminación y objetivización en cada momento y caso; lo que presupone para exigir su pago y en su caso, presentar demanda ejecutiva, que los progenitores actúen con transparencia y de mutuo acuerdo; solicitando, en otro caso, autorización judicial, salvo casos de urgencia.
En todo aquello que no sea contradicho por los puntos anteriores, quedan plenamente subsistentes las medidas aprobadas por la Sentencia de este mismo Juzgado, de 12 de septiembre de 2016, que puso fin a la primera instancia de los autos de Modificación de Medidas de Mutuo Acuerdo con número 246/2016.
No procede hacer manifestación en cuanto a las costas causadas en atención a la naturaleza de los intereses en litigio. "
SEGUNDO. - Notificada dita sentenza ás partes, interpúxose contra a mesma en tempo e forma recurso de apelación pola representación procesual de DOÑA Tomasa que foi admitido en ambos efectos, e remitidas as actuacións a este Tribunal, e realizado o trámite oportuno, sinalouse para deliberar a Sala o día 27 de febreriro de 2023, data na que tivo lugar.
TERCEIRO. - Na substanciación do presente recurso observáronse as prescricións e formalidades legais.
Acéptanse os da resolución recorrida, no que non contradigan aos seguintes
PRIMEIRO.- A sentenza obxecto de recurso no presente procedemento estima a demanda de modificación de medidas definitivas fixadas nos autos seguidos no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Arzúa, baixo os números 447/2012, 225/2014 e 246/2016. De modo acorde co solicitado polo actor imponse un novo réxime de garda e custodia compartida con respecto ás fillas menores comúns Eva María e Adelina, por períodos semanais, en consonancia co ditaminado polo equipo psicosocial do IMELGA, e co solicitado polo Ministerio Fiscal.
Fronte a esta resolución álzase a demandada, agora apelante, alegando, en esencia, unha cuestión previa que é a existencia de prexudicialidade penal, ao existir un proceso penal aberto cuxa resolución pode ser de interese para a presente causa sen terse respectado o sinalado no art. 40 LAC e, en relación co fondo do asunto, a non existencia dunha modificación das circunstancias que xustifiquen a variación do réxime de garda e custodia, e erro na valoración da proba, ao terse baseado a sentenza de instancia unicamente no informe psicosocial, prescindíndose de outros elementos probatorios, así como que o interese das menores recomenda a non modificación da situación existente. Por último alégase tamén erro na apreciación da proba no relativo ás necesidades económicas das menores e a fixación dos alimentos.
SEGUNDO.- Procede en primeiro lugar pronunciarse sobre a posible existencia de prexudicialidade penal. Do contido dos autos despréndese que o día 13 de decembro de 2021 preséntase denuncia por parte de Dna. Tomasa, demandada no procedemento de orixe e apelante no presente recurso, contra D. Jose Luis, demandante nos autos de instancia e apelada nos presentes, polos delitos de coaccións e maltrato no ámbito familiar. No acto da vista, celebrada o día 14 de decembro, a letrada de Dna. Tomasa introduce estes feitos no proceso e solicita a súa consideración a efectos de prexudicialidade civil, solicitando a suspensión do prazo para ditar sentenza ata a resolución deste procedemento penal, en virtude do art. 40 LAC. A resultas da denuncia presentada, incóanse dilixencias previas 407/2021, que foron sobresidas o día 20 de decembro, día no que tamén se ditou auto por parte do Xulgado de Primeira Instancia desestimando a petición de suspensión por prexudicialidade penal. Dito auto foi recorrido en reposición e o anterior relativo ao sobresemento da causa penal en apelación diante desta Audiencia Provincial, estando pendente de resolución no momento de ditarse a sentenza de instancia.
O art. 40 LAC sinala que " Cando nun proceso civil se poña de manifesto un feito que ofreza aparencia de delito ou falta perseguible de oficio, o tribunal civil, mediante providencia, porao en coñecemento do Ministerio Fiscal, por se houbese lugar ao exercicio da acción penal.
2. No caso ao que se refire o apartado anterior, non se ordenará a suspensión das actuacións do proceso civil senón cando concorran as seguintes circunstancias:
1ª. Que se acredite a existencia de causa criminal na que se estean investigando, como feitos de aparencia delituosa algún ou algúns dos que fundamenten as pretensión das partes no proceso civil.
2º. Que a decisión do tribunal acerca do feito polo que se procede en causa criminal poda ter influencia decisiva na resolución sobre o asunto civil".
Ao respecto de como debe ser interpretada esta norma, o Tribunal Supremo en Sentenza 24/2016 de 3 febreiro sinala que " Cando se pretende obter a suspensión [por prexudicialidade penal], para que poda prosperar é preciso razoar de que xeito o pronunciamento penal poderá condicionar a decisión do proceso civil (auto de 24 de novembro de 1998), pois só obriga a suspender a "exclusividade" expresada, e non a valoración penal que podan ter algúns dos elementos de convicción traídos ao proceso civil ( Sentenza de 10 de maio de 1985 ).
A prexudicialidade penal vén determinada polos feitos obxecto do proceso, non pola súa valoración. A sentencia do Tribunal Constitucional 192/2009, de 28 de setembro , declarou:
Este tribunal ten reiterado que a existencia de pronunciamentos contraditorios nas resolucións xudiciais dos que resulte que uns mesmos feitos ocorreron e non ocorreron non só é incompatible co principio de seguridade xurídica ( art. 9.3 CE ), senón tamén co dereito á tutela xudicial efectiva ( art. 24.1 CE ), pois non resultan compatibles para a efectividade de dita tutela e a firmeza dos pronunciamentos xudiciais contraditorios (por todas STC 60/2008, de 26 de maio . Igualmente, tense salientado que na realidade histórica relevante para o dereito non pode admitirse que uns feitos existen e deixan de existir para os órganos do Estado, pois a isto se opoñen principios elementais de lóxica xurídica e extraxurídica, agás que a contradición derive de terse abordado uns mesmos feitos dende perspectivas xurídicas diversas (por todas STC 109/2008, de 22 de setembro )".
Os tribunais civís deben partir dos feitos declarados probados polas resolucións firmes ditadas por tribunais da xurisdición penal e, en especial, non poden basear a súa decisión na existencia duns feitos que unha sentenza penal declarase inexistentes. Pero isto non impide que en cada xurisdición haxa de producirse un axuizamento e unha cualificación no plano xurídico de xeito independente e con resultados distintos se isto resulta da aplicación dos criterios de valoración propios dunha e outra xurisdición e dos diferentes principios que informan o proceso civil e o proceso penal ou, máis exactamente, o exercicio privado dos dereitos e o exercicio do ius puniendi".
Pola súa banda, a sentenza 596/2007 de 30 maio, establece que a prexudicialidade penal ha " de ser de interpretación restritiva (Sentenza de 11 de xuño de 1992), esixe que a sentenza civil haxa de fundarse exclusivamente no suposto de existencia dun delito (Auto de 24 de novembro de 1998, e sentenzas de 30 de setembro de 1940 , 3 de abril de 1954 , 10 de maio de 1985 , entre outras). O fundamento non é exclusivo cando a resolución civil non depende da decisión penal ( Sentenzas de 11 de xuño de 1992 e 7 de xullo de 1995 )", polo que non existe prexudicialidade penal cando en ningún caso a sentenza civil deba fundarse na existencia dun delito.
No presente caso non se chega a establecer a necesidade de agardar á decisión penal para poder emitir unha resolución no proceso civil. Dende logo, o feito que se alega como delituoso non é un feito constitutivo da demanda nin un feito extintivo, excluínte ou impeditivo, primeiro suposto no que sería necesaria a suspensión. Non é preciso, pois integrar o suposto de feito das normas aplicables á resolución deste asunto coa resolución penal que se puidese ditar no proceso sobresido e que se atopa en trámite de apelación no momento de ditarse a sentenza.
Tampouco pode considerarse que se trate de un feito que poda ter unha "influencia decisiva" na causa civil. Se D. Jose Luis presionou ilexitimamente a Adelina e a Eva María e se esta presión tivo influencia na exploración realizada polo equipo técnico do IMELGA, así como se tal exploración foi determinante das conclusións incluídas no informe deste, foi valorado como parte da proba pola xulgadora de instancia, con independencia do carácter típico ou non das condutas referidas, e xunto con outras probas presentes no preito, entre elas a propia exploración pola xulgadora a quo das menores. Neste sentido, non se trata dun feito ao que o art. 40 LAC dea a consecuencia xurídica de suspender necesariamente o proceso civil, máxime se temos en conta que a xurisprudencia anteriormente referida afirma que este precepto debe ser interpretado restritivamente. En consecuencia, os motivos de apelación relacionados coa prexudicialidade penal deben decaer.
TERCEIRO.- En canto á posibilidade de instar un cambio de medidas, o artigo 775 LAC establece que " os cónxuxes poderán solicitar do Tribunal que acordou as medidas definitivas, a modificación das medidas convidas polos cónxuxes ou das adoptadas en defecto de acordo, sempre que variasen substancialmente as circunstancias tidas en conta ao aprobalas o acordalas". Pola súa banda o art. 90.3 CC vén a dicir que " as medidas que o xuíz adopte en defecto de acordo ou as convidas polos cónxuxes xudicialmente, poderán ser modificadas xudicialmente ou por novo convenio aprobado polo xuíz, cando así o aconsellen as novas necesidades dos fillos ou o cambio das circunstancias dos cónxuxes". Tal e como afirma a STS de 346/2016 de 24 maio " esta redacción vén a recoller a postura xurisprudencial que daba preeminencia ao interese do menor na análise das cuestións relativas á súa protección, garda en custodia, considerando que as novas necesidades dos fillos non terán que sustentarse nun cambio "substancial", pero si certo".
A decisión recorrida entende que este cambio si existe, en canto a evolutiva das menores recomenda un maior contacto con ambos proxenitores, ademais de terse extinguido a condena penal que pesaba sobre o pai e que dificultaba os contactos entre eles. En todo caso, tendo en conta o sinalado polo Código Civil e a interpretación xurisprudencial mencionada, a procedencia da modificación debe fundamentarse no interese do menor e non no relevante do cambio de circunstancias, que existen polo mero transcurso do tempo. En consecuencia, sendo o interese das menores o relevante para dilucidar tanto a cuestión de se procede unha modificación de medidas como de que medidas concretas deben ser adoptadas, remitímonos para a xustificación deste primeiro aspecto, ao que se dirá a continuación.
CUARTO.- Polo que respecta á modificación do réxime de garda e custodia das fillas comúns ás partes do presente procedemento, debe partirse do sinalado no art. 91 CC, o cal establece que " nas sentenzas de nulidade, separación ou divorcio (...) a autoridade xudicial, en defecto de acordo dos cónxuxes (...) determinará conforme ao establecido nos artigos seguintes as medidas que haxan de substituír ás xa adoptadas con anterioridade en relación cos fillos". Pola súa banda, o art. 92.2 CC sinala que " o xuíz, cando deba adoptar calquera medida sobre a custodia, o coidado e a educación dos fillos menores, velará polo cumprimento do seu dereito a seren oídos e emitirá unha resolución motivada no interese superior do menor sobre esta cuestión". O exercicio compartido da garda e custodia dos fillos procederá, segundo o art. 92.5 CC " cando así o soliciten os pais na proposta de convenio regulador ou cando ambos cheguen a este acordo no transcurso do procedemento", ou ben, de acordo co art. 92.8, cando sen darse o acordo entre as partes, excepcionalmente, se fundamente polo xulgador que só deste xeito se protexe axeitadamente o interese superior do menor.
Certo é que o Tribunal Supremo ten matizado a excepcionalidade legal desta medida establecendo a seguinte doutrina, referida en múltiples sentenzas, entre elas a recente STS 404/2022 de 18 maio, na cal se afirma que " no caso de separación física dos proxenitores, o interese superior dos menores esixe adoptar a mellor solución posible para que a ruptura da unión entre os pais non produza efectos negativos nos fillos e podan estes desfrutar dunha racional adaptación á nova situación sen detrimento das súas personalidades en formación.
Na súa apreciación, é reiterada a xurisprudencia que sostén en consonancia cos coñecementos e estudios que nos brinda a psicoloxía, que a garda e custodia compartida non é unha medida excepcional, senón normal e mesmo desexable, en tanto en canto permite que sexa efectivo o dereito que os fillos teñen a relacionarse con ambos proxenitores aínda en situacións de crise, sempre que isto sexa factible e en canto o sexa.
Preténdese con isto aproximar, na medida do posible o novo modus vivendi (modo de vida), derivado da ruptura das relacións persoais entre os pais, ao previamente existente de convivencia común no fogar familiar, ao tempo que garante aos proxenitores a posibilidade de exercer os dereitos e obrigas inherentes á patria potestade de que son titulares, así como participar, en igualdade de condicións, no desenvolvemento e crecemento dos seus fillos, de xeito tal que non se perdan, nin se desvanezan os vínculos afectivos e seguros cos seus proxenitores cara á súa ulterior integración no mundo dos adultos, e a importancia que os modelos paterno e materno teñen para o desenvolvemento da personalidade dos nenos". (No mesmo sentido SSTS 86/2014, de 2 de xullo; 393/2017, de 21 de xuño; 311/2020, de 16 de xuño; 559/2020, de 26 de outubro e 175/2021, de 29 de marzo).
Pero o certo é que como di o Tribunal Supremo, a custodia compartida atópase condicionada, como todas as medidas referentes aos nenos e nenas, á satisfacción do seu primordial interese, e que deben valorarse as circunstancias individuais de cada caso, seguindo como criterios " a práctica anterior dos proxenitores nas súas relacións co menor e as súas aptitudes persoais; os desexos manifestados polos menores competentes; o número de fillos; o cumprimento por parte dos proxenitores dos seus deberes en relación cos fillos e o respecto mutuo nas súas relacións persoais; o resultado dos informes esixidos legalmente e, en definitiva, calquera outro que permita aos menores unha vida axeitada, aínda que na práctica poda ser máis complexa que a que se leva a cabo cando os proxenitores conviven" ( SSTS 242/2016, de 12 de abril; 369/2016, de 3 de xuño; 545/2016, de 16 de setembro; 559/2016, de 21 de setembro; 116/2017, de 22 de febreiro; 311/2020, de 16 de xuño e 175/2021, 29 de marzo, entre outras). E aínda que " a estabilidade que ten o menor na situación de custodia exclusiva da nai cun amplo réxime de visitas do pai, non é xustificación para non acordar o réxime de custodia compartida" ( SSTS 9/2016, de 28 de xaneiro; 166/2016, de 17 de marzo; 433/2016, de 27 de xuño e 175/2021, de 29 de marzo), e que non se " esixe un acordo sen fisuras entre os proxenitores", sen que " a existencia de desencontros propios da crise de convivencia xustifique per se que se desautorice este específico réxime de comunicación", dado que " sería preciso que existise proba de que ditas diferencias ou enfrontamentos afectan de xeito relevante aos fillos menores, causándolles un prexuízo". ( STS 433/2016, de 27 de xuño); o certo é que si é precisa unha " actitude razoable e eficiente en orde ao desenvolvemento dos menores, así como unhas habilidades para o diálogo que se deben supoñer concorrentes" ( SSTS 545/2016, de 16 de setembro; 559/2016, de 21 de setembro; 23/2017, de 17 de xaneiro, entre outras). En definitiva, " a custodia compartida leva consigo como premisa a necesidade de que entre os pais exista unha relación de mutuo respecto que permita a adopción de actitudes e condutas que beneficien ao menor, que non perturben o seu desenvolvemento emocional e que pese á ruptura afectiva dos proxenitores se manteñan un marco familiar de referencia que sustente un crecemento harmónico da súa personalidade".
A Sentenza de 23 de decembro de 2021 recorrida neste procedemento establece un réxime de custodia compartida. Concorda nisto co recomendado polo informe do IMELGA de 2 de xuño de 2021, que o fai en base ás seguintes conclusións:
" Dende unha perspectiva psicosocial, considérase que nas circunstancias actuais cúmprense as seguintes condicións:
- Estilos educativos semellantes en ambos ámbitos.
- Existencia da necesaria capacidade de comunicación entre os proxenitores.
- Proximidade entre os domicilios (aproximadamente 7 km).
- Presenza de vínculos afectivos sólidos na contorna materna e paterna.
- Disposición de apoios importantes por parte das familias respectivas".
Aínda que existe coincidencia entre a resolución recorrida e a recomendación do equipo técnico non pode afirmarse, porén, como o fai a recorrente que a xuíza non valorou a restante proba existente. Especificamente sinálanse na sentenza recorrida as aptitudes de D. Jose Luis como pai e a súa vinculación coas nenas, así como as conclusións extraídas da exploración das menores que, máis alá de deixar clara a súa preferencia por continuar convivindo principalmente coa súa nai, reflicten unha boa relación co pai e coa familia paterna. A xuíza afirma que a opinión das nenas aínda que deba ser tida en conta, non debe ser o único elemento determinante para que os órganos xudiciais tomen as súas decisións, co que esta Sala concorda, xa que de facerse así se estaría trasladando unha responsabilidade demasiado grande para unhas nenas de 9 anos, cun evidente conflito de lealdades con respecto aos seus dous proxenitores. Tamén se valora o informe da psicóloga Carmela, aínda que non se lle dea a relevancia probatoria que se pretende pola apelante.
Certamente, a capacidade das partes para a comunicación en beneficio das menores pode ser cuestionada tendo en conta a proba practicada durante o proceso e os eventos postos en coñecemento deste tribunal con posterioridade á sentenza. Chamadas á policía, intercambios conflitivos das menores, realizados a través de persoas interpostas e do Punto de Encontro de DIRECCION000, así como o incumprimento reiterado do réxime de custodia compartida durante os primeiros meses de vixencia da sentenza recorrida así o demostran. Porén, este nivel de conflitividade non debe entenderse como suficiente para evitar o réxime de custodia compartida. En primeiro lugar, porque, como se sinalou na xurisprudencia anteriormente citada, o que é relevante é o interese das menores e que este foi suficientemente valorado na sentenza de instancia, cando se sinala que " resulta incuestionable que é esencial o referente paterno - ao igual que o materno - e que a garda e custodia compartida propicia o reforzamento afectivo entre os proxenitores e os seus fillos, o que á postre - en supostos de normalidade como é o de autos - constitúe sempre un beneficio para as menores (...). Resulta totalmente aconsellado a modificación pretendida, nunha etapa evolutiva en que ambas figuras do pai e da nai son fundamentais, podendo ante a ausencia dunha deles sufrir desaxustes, problemas de adaptación persoal, familiar e social, pois ningún prexuízo para as menores se acreditou polo establecemento dun sistema de garda e custodia compartida", palabras que esta Sala fai súas. Debe terse en conta, ademais, que tales conclusións están tamén avaladas pola postura que mantivo a representación do Ministerio Fiscal durante o proceso.
En segundo lugar, porque a mala relación probada entre os proxenitores non pode ser óbice para tomar a mellor decisión posible en interese das menores. O contrario podería implicar favorecer unha actitude obstativa ou que pretendese elevar o conflito por parte do proxenitor ou proxenitora que se opuxese ao cambio no réxime de garda e custodia. Certamente, no sistema vixente ata a sentenza de decembro de 2021 esta mala relación xa estaba a ter consecuencias para as nenas e non pode entenderse que o cambio de réxime vaia contribuír necesariamente a agravar a situación. O réxime de custodia compartida, ademais, semella estarse cumprindo dende hai uns meses con certa normalidade e, en ausencia dunha razón poderosa para deixalo sen efecto, inclinámonos por manter a decisión impugnada.
En definitiva, non se aprecia por esta Sala que a xulgadora de instancia tomase unha decisión na súa sentenza contraria ao interese das nenas. A sentenza de instancia razoa con rigor e valorando de xeito correcto a proba practicada en autos, sen que se poda atopar por esta Sala un erro evidente, groseiro ou manifesto que poda levar a unha conclusión diferente, como tampouco se atopa ningunha decisión que poda prexudicar o superior interese das menores involucradas. Naturalmente a recorrente presenta no seu recurso unha valoración probatoria diferente, máis acorde cos seus intereses o que é lexítimo en termos de defensa, pero que non chega para demostrar a incorrección da realizada pola xulgadora de instancia, que debe ser confirmada no que se refire á modificación do réxime de garda e custodia.
QUINTO.- En canto ás consecuencias económicas da sentenza, a recorrente entende que a sentenza impugnada non ten en conta a proba practicada nin individualiza a súa decisión, ao limitarse a establecer unha cláusula de remisión á xurisprudencia sen aplicala para o caso en cuestión. O certo é que a sentenza recorrida afirma que non se acreditou unha desproporción entre os ingresos económicos dun e doutro proxenitor, polo que cada un debe atender os gastos ordinarios de alimentación e vestido das súas fillas cando se atopen ao seu coidado, establecéndose tanto os gastos ordinarios de educación como os extraordinarios por metade. Tampouco aquí pode apreciarse por parte desta Sala unha valoración probatoria incorrecta por parte da xulgadora a quo. Certamente non pode entenderse, coa proba practicada en autos, que exista unha desproporción entre o que ambos proxenitores perciben, dado que non se practicou proba ao efecto, máis alá de que se sementasen dúbidas sobre a veracidade do afirmado por D. Jose Luis, ano non constar presentadas as contas anuais da súa empresa nos últimos exercicios. Mais isto non acredita, por si só cales son os ingresos de D. Jose Luis, como tampouco o fan os datos de facturación da empresa, dado que estes non se poden facer coincidir cos ingresos efectivos do demandante.
SEXTO.- En atención aos intereses en litixio, non procede facer expresa mención en canto aos custes procesuais do presente recurso.
En consecuencia, vistos os preceptos sinalados e demais de pertinente aplicación ao caso,