Sentencia Civil Audiencia...io de 2002

Última revisión
15/07/2002

Sentencia Civil Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 2062 de 15 de Julio de 2002

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 15 min

Orden: Civil

Fecha: 15 de Julio de 2002

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL


Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEXTA

SEDE EN VIGO

 

CIVIL

Rolo: 2062/02

Procedimento de Orixen: MENOR CONTIA 1351/00

Organo de Procedencia: Xulgado de 1ª Instancia n 6 VIGO

 

A SECCION SEXTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON SEDE EN VIGO, composta polos Ilmos. Sres. Maxistrados D. JAIME CARRERA IBARZABAL, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO E DÑA. MAGDALENA FERNANDEZ SOTO, Pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

A seguinte

 

SENTENCIA

 

En Vigo a 15 de xullo de dous mil dous

 

VISTO en grado de apelación ante a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuicio Menor Contia 1351/00, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia núm. 6 de VIGO, os que correspou o rolo 2062/02, nos que aparece como Demandante D. A................ DÑA. M...............DÑA. C................Y D. J.............. representados pola procuradora DÑA. AUXILIADORA RUIZ SANCHEZ e asistido do letrado D. MANUEL IGLESIAS e como Demandado DÑA. M................ representada pola procuradora DÑA. Mª JESUS NOGUEIRA FOS e asistido do letrado D. MANUEL CARPINTERO ALVAREZ D AMADOR VAZQUEZ RODRIGUEZ representado por la procuradora DÑA. MARTA BARREIRO CARRILLO e asistida da letrada EMMA ALONSO MENDEZ y DÑA. E................. declarada en rebeldía procesal e sendo o Maxistrado ponente o Ilmo. Sr. D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

 

I ANTECEDENTES DE FEITO

 

PRIMEIRO.- Polo Xulgado de 1ª Instancia num 6 de VIGO, con data dezasete de novembro de dous mil dous dictouse sentencia co seguinte Fallo:

"Que estimando la demanda promovida por D. A................DÑA. M.................... DÑA. C............. Y D. J.................... contra DÑA. M..................... D. A.............. y DÑA. E...................

1.- Debo declarar y declaro valido y eficaz el contrato de compraventa que el 17 de septiembre de 1.999 autorizara en Vigo el Notario D. Mariano Vaqueiro Rimbao y por el que D. A.................. enajena a sus mandantes y estos, a partes iguales, compraron los derechos que aquel tenía en la herencia indivisa de Dña. S..............y en la sociedad de gananciales que el aludido vendedor tuvo con esta última.

2.- Declaro que es nula e ineficaz la partición que el 17 de febrero de 2.000 realizó D. A......................en su calidad de Comisario-Contador-Partidor de la herencia de Dña. S.............

3.- Declaro que en fase de ejecución de sentencia procede:

a)Liquidar la sociedad de gananciales que formaron los esposos D. A................... y Dña. S..............., de tal manera que los bienes singulares y concretos que sean atribuibles a D. A............. se reconozcan como de la propiedad exclusiva de los actores.

b)Partir la herencia indivisa de Dña. S..................., de tal manera que los bienes singulares y concretos que sean atribuibles a D. A..................... se reconozcan como de la propiedad exclusiva de los actores.

c)Entregar a los actores la posesión libre y pacífica de los bienes singulares y concretos que se le reconozcan tras las particiones y liquidaciones de las comunidades ya indicadas.

Todo ello con expresa imposición de las costas causadas en la instancia a los demandados.

 

SEGUNDO.- Contra dita Sentencia, pola procuradora Dña. Mª Jesús Nogueira Fos en representación de Dña. M............., formulouse recurso de apelación que foi admitido en ambos efectos, consonte ao disposto no amigo 455 da Lei de Axuizamento Civil.

 

TERCEIRO.- Na tramitación desta instancia cumprironse todalas prescripcións e termos legais.

 

II. FUNDAMENTOS DE DEREITO.

 

PRIMEIRO.- A primeira cuestión a examinar e resolveré a relativa a se o contrato de cesión, plasmado na escritura notarial de 17 se setembro de 1.999 ( folios 8 e seguintes ), e do que os actores traen causa do cedente, A......................., é plenamente válido e eficaz, ou pola contra, e como sostén a parte demandada, existe un vicio do consentimento na persoa do cedente, ou é un contrato simulado pola inexistencia de causa. Cuestión que faise merecente dunha resposta negativa.

Por unha banda, e tal como razoa a sentencia apelada, non existe proba - e esa carga probatoria incumbe aos demandados - daquel vicio consensual, pois si ben é certo que o cedente viña padecendo unha enfermidade maligna, na sua fase terminal, que determinou o seu falecimento poucos días despois do outorgamento daquel contrato, non é menos certo que ningunha anomalía de orde psíquica ou afectante a sua capacidade aparece acreditada, ainda que fora de xeito mediato, indiciario ou colateral, sen que sexa elemento de proba bastante a suministración de sustancias opiaceas que se lle daba ao cedente para paliarlle na medida do posible o dor, tratamento que non tiña que implicar necesariamente a perda da conciencia. Moi pola contra, o, Notario autorizante da cesión da fe da capacidade de obrar daquél. .E non debe en todo caso esquecerse que nos distintos informes médicos que obran nos autos, así como se fai referencia as suas importantes limitacións e disfuncionalidades físicas, ningunha mención conteñen sobre supostas deficiencias das suas facultades intelectivas, e se cabe deducir algo nese senso dos devanditos informes, escudriñando neles, é que o paciente atopábase consciente e orientado ( folio 726 ). E ainda que ese informe é de data 9 de xullo de 1.999, e polo tanto de mais de dous meses antes de que tivera lugar o óbito do cedente, ten relevancia no senso de que nel exprésase tanto o seu estado físico, como psíquico, co que ven porse de relieve que a non mención de deficiencias de capacidade non é producto dun esquecemento, senón de que non existían.

Tampouco existe, en segundo termo, proba da simulación contractual. Pénsese, dunha parte, que ningún vencello (parental, de amizade... ) aparece demostrado que existira entre cedente e cesionarios, nin ningún motivo espureo nin de calesquera outra índole parece ocultarse baixo aquela apariencia contractual. E polo que fai ao precio, e ainda que os actores non lograron xustificar plena e directamente a entrega dos dez millóns de pesetas, existen elementos indiciarios de que houbo tal entrega, como é o feito de que aparece un ingreso da conta do cedente, aorredor das datas da celebración do contrato, de mais de catro millós de pesetas, sen que se ofreza outra explicación alternativa a ese feito. Tolo elo sen obviar que o propósito de vender xa fora manifestado polo cedente en épocas anteriores, e concretamente no acto de conciliación que intentou coa sua filia o día 13 de maio de 1.997 (folios 51 e 52 ).

 

SEGUNDO.- A Sala comparte na sua esencia a argumentación da sentencia apelada, e na que, tamén en esencia, se declara a nulidade da partición feita polo contador demandado, A.............., desinado pola causante, S................., no seu testamento notarial de data 13 de agosto de 1.981 ( folios 5 e seguintes ). E sen abandonar esa argumentación, se engade que esa ineficacia particional derívase de que non se fixo unha previa e completa liquidación da sociedade de gananciais existente entre aquela causante, e o su consorte viudo; e de que, en liña co anterior, non se deu cumprimento, á vontade da causante, ao non terse en conta na relación de bens inventariados todolos fundos existentes na povoación de Sober ( Lugo ).

A doctrina científica e xurisprudenial é contexte ao exixir a liquidación, da sociedade de gananciais preexistente como presuposto da validez da partición. Neste senso o T. S. ten declarado na s de 8-6-99, nun suposto sustancialmente idéntico a presente, e despois de decir que " la cuestión relativa a la prohibición de la intervención judicial en los espacios de la partición y distribución de bienes hereditarios, cuando dichos actos son efectuados por el testador o se atribuyen al contador partidor, se admite, en general, como valida en la doctrina científica, pero si la partición adoleciera de algún vicio de nulidad o lesionase derechos de los legitimarios, puede ser impugnada, pues lo contrario conculcaría el ordenamiento sucesorio "; engade, que " como ocurre en este caso, donde obra acreditado la falta de la liquidación de la sociedad de gananciales habida entre don F........... y doña D........... y, sin embargo, los bienes de la misma se han incorporado a la partición efectuada ".

Continúa a decir a devandita resolución que " la liquidación no supone solo distribuir y adjudicar bienes, sino que debe dejar resuelto el destino de las obligaciones pendientes de ejecución y, sobre todo, ha de determinar la ganancia partible, habida cuenta de que solo a través de ella cabe establecer el haber líquido sometido a partición, lo cual supone la formación de los inventarios, el avalúo y la tasación de los bienes, la determinación del pasivo de la sociedad y el establecimiento de las operaciones precisas para su pago, la fijación del remanente líquido y su distribución, así como la adjudicación de bienes para su pago ..., en definitiva, era obligada la liquidación de la sociedad de gananciales como presupuesto previo a la práctica de las operaciones particionales, cuya omisión, valorada debidamente por la resolución de instancia, provoca el perecimiento de estos motivos ". E en igoal sentido as ss de 17-4-43, 14-2-68, 2-4-96 e 23-10-97.

Pois ben, partindo dos postulados precedentes, é obrigado decretar a nulidade da partición realizada polo contador, pois este último non liquidou previamente a sociedade de gananciais, ou dito doutro xeito, procedeu a unha liquidación da devandita sociedade de maneira incompleta.

Por unha banda, omite no capítulo do activo desa sociedade unha serie de bens inmobles, e concretamente os dezasete fundos existentes da localidade de Sober ( Lugo ), que alcanzan o valor de 6.186.100 pesetas ( informe pericial aos folios 509 e seguintes ), bens que ainda sendo privativos da causante, S............, o usufructo dos mesmo correspondía ao seu viudo, reducindo nese xeito o activo ganancial por él reseñado no correspondente cuaderno particional, constituido polos predios e nichos nel relatados, o valor dos cales ven ascender a 11.600.000 pesetas (informe pericial dos folios 518 e seguintes ).

Por outra, non se lle adxudica ao esposo da causante a mitade que lle correspondería no patrimonio ganancial, que segundo o cuaderno ascendería esa mitade a 3.811.737 pesetas, de tal xeito que sendo intanxible esa suma para o viudo, non se outorga ao mesmo, quen ve reducida conseguintemente a sua participación a tan só 143.724 pesetas ( folio 70 ), sen que sexa aceptabel, pola sua extemporeaneidade, " o complemento " de partición que fai o contador demandado co seu escrito de contestación á demanda ( folio 136 ), e sen que poida falarse dun simple erro ou omisión cometido naquel cuaderno particional, xa que, si así fora, adxudicaríanse para pagamento da cuota que correspondería ao viudo bens suficientes ata acadar as duas sumas, de 3.811.737 pesetas, pola mitade do patrimonio ganancial, e de 143.724 pesetas pola lexítima estricta, o que non se fai, dado que como única cantidade a percibir como cuota do viudo se fixa esta última, a que ten que ser pagada en metálico pola herdeira, a quen se adxudica a totalidade dos bens hereditarios, incluidos os gananciais.

En último termo, non se establece se existen débedas da sociedade de gananciais, ou o que é o mermo, se as cincocentas mil pesetas que nesa partición se reseñan é a única existente, ou pola contra, existían outras, o que parece palmario ao terse procedido pola filla demandada a vender certas propiedades ( con unha curmá ) da causante, que ainda privativos desta última, corespondíalles o usufructo - insistimos - ao viudo.

En conclusión, e xa para rematar, debe accederse ás peticións dos demandantes, a primeira, de que se declare a validez da cesión de dereitos hereditarios feita a traverso do documento público de 17 de setembro de 1.999, e a segunda, de que se decrete a nulidade da partición feita polo contador na data de 17 de febreiro de 2.000, debendo procederse a efectuar outra, precedida de todalas operacións inherentes á liquidación da sociedade de gananciais.

 

TERCEIRO.- O Tribunal é consciente de que a estimación desas duas pretensións da parte actora, e hoxe recorrida, non soluciona nin pon fin á litixiosidade entre as partes. En efecto, existen cuestións de fondo tales como, entre outras, se o legado que a testadora fai a prol do seu esposo ( cláusula cuarta do testamento, ao folio 5 volto ), é da propiedade plena, ou soamente do usufructo; se entendido o legado no senso da atribución da propiedade sería válido ou non por poder afectar á lexítima da filla; ou se debe estimarse que houbo ou non intervención xudicial pola promoción polo viudo do xuicio de testamentaría, á postre sobreseido, todo elo aos efectos do xogo da cláusula sexta do testamento, que reduce nese caso os dereitos hereditarios á letítima curta ou estricta ( folio 6 ). Cuestión todas elas, que ademáis da complexidade xurídica e probatoria que revisten, teñen unha indudable trascendencia económica para os litigantes, mais non poden ser decididas neste trámite por impedilo os principios dispositivo e de congruencia da sentencia.

En efecto, a xeralidad do suplico da demanda, por unha banda, e a postura da parte demandada, por outra, instando que se rexeite a demandasen mais, pero sen formular pretensións por vía reconvencional, impiden a este Tribunal decidir sobre aquelas cuestións, e sobre outras que podan xurdir e que estean vencelladas a élas.

Dunha parte, é verdade que a demandada, M.........., contestou á demanda dun xeito que podía levar ao entendimento de que estaba formular unha reconvención implícita, ao pedir, non só o rexeitamento da demanda, senón tamén que se declarara a nulidade do contrato de cesión de 17 de setembro de 1.999, e que se declarara a validez da partición feita polo contador o 17 de febreiro de 2.000. Mais advertida esa circunstancia, o Xulgador, de maneira atinada, solicitou á demandada que clarexase a sua postura procesual, contestando este litigante que non formulaba pola sua banda demanda reconvencional, sendo a sua estratexia puramente defensiva folios 173, 174, 175, 176, 180 e 181 ). Conseguintemente, todas as suas consideracións e afirmacións ( legado de simple usufructo, perxuicio da sua lexítima se o legado entendérase de propiedade plena e exclusiva a prol do seu pai, ou contenda xudicial deste último, poe exemplo ), non poden verse resoltas e reflexadas na presente resolución xudicial por mor dese posicionamento procedimental exclusivamente defensivo, de que se rexeita a demanda sen mais.

E doutra parte, tampouco as peticións dos actores facilitan nin habilitan un pronunciamento xudicial sobre devanditas cuestións, xa que estos contendentes limítanse pedir, ao carón da validez do contrato de cesión, e a nulidade da partición efectuada polo contador demandado, que se declare que procede " liquidar la sociedad de gananciales ..de tal manera que los bienes singulares y concretos que sean atribuibles a ... se reconozcan como de propiedad exclusiva de mis comitentes ", así como que procede " partir la herencia indivisa de tal manera que los bienes singulares y concretos que le sean atribuibles a ..se reconozcan como de propiedad exclusiva de mis comitentes ", expresións que pola sua xeralidade, ambigüidade e inconcreción constitúen un obstáculo infranqueable para pronunciarse sobre se o legado era da propiedad ou do usufructo, se naquel primeiro caso se estaba a afectará lexítima da filla, coas consecuencias que delo se poideran derivar, ou se houbo intervención xudicial, inconcreción daquela demanda que non se superou na comparecencia previda no art° 691 da L. A. C. de 1.881 ( folio 173 ), e que se ben poderíase salvar - insistimos - se a parte demandada plantexara esas cuestións polo canle reconvencional, non foi posible ao non formalizar este último litigante reconvención.

En definitiva, e tal como advirte atinadamente a parte demandada, e agora apelante, na sua alegación terceira, in fine, do seu escrito de recurso ( folio 817 volto ), a litixiosidade das partes ten que perdurar, mais elo é debido as suas posturas procesuais, de xeralidad dos actores, e simplemente de defensa da demandada, que impiden, en último termo, atender á petición que sete último contendente fai nese escrito, de que se concreten as causas ou razóns polas que decrétase a nulidade da partición realizada polo contador, mais aló das causas específicamente expresadas na sentencia que se dicta

 

CUARTO.- A complexidade xurídica e probatoria observada neste pleito, engadido elo á xeralidade da demanda e á postura procesual da parte demandada, levan a non facer unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias.

 

III. Por todo o exposto, e pola Autoridade que a este Tribunal outorgan a Constitución e o Povo españois,

 

DECIDIMOS

 

Que rexeitamos en esencia o recurso de apelación formulado por DÑA. M................ contra da sentencia dictada por Xulgado de 1ª Instancia núm. 6 de Vigo o día dezasete de novembro de dous mil un sen facer unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias.

 

Ésta é a nosa sentencia, que asinamos, e que redáctase en galego consorte ao establecido no art° 5.1.,2.e 3 do Estatuto de Autonomía para Galicia, aprobado pola Lei Orgánica 1/1981 de 8 de abril; e art°s 1,2,6,3, e 7.2.e da Lei 3/1983, de 15 de Xuño da Comunidad Autónoma de Galicia de Normalización Lingüística.

 

Notifíquese as partes facendolles saber que contra a presente non cabe recurso ordinario ningún.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.