Última revisión
07/07/1999
Sentencia Civil Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 407 de 07 de Julio de 1999
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Civil
Fecha: 07 de Julio de 1999
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Fundamentos
S E N T E N C I A
Pontevedra, a sete de xullo de mil novecentos noventa e nove. A Sección Cuarta da Audiencia Povincial desta capital, formada polos Ilmos. Sres. Maxistrados Don Hipólito Hermida Cebreiro (Presidente), Don José Juan Ramón Barreiro Prado e a Maxistrada Suplente Dona Carmen Boveda Soto, viu en segunda instancia os autos de Menor Cuantia, tramitados co Núm. 0478/97, perante o Xulgado de Primeira Instancia nº 9 dos de Vigo, a instancia de Dª GRETCHEN y ADRIAN, representados nesta instancia pola procuradora Sra. Alonso Mendez e defendidos pola letrada Sra. García Gonzalez, contra "J. …CONSTRUCCIONES, S.L.", representada nesta instancia pola procuradora Sra. Cabido e defendida polo letrado Sr. Bueno Rey e "PREFABRICADOS …, S.A." representada polo procurador Sr. López López e defendida polo letrado Sr. Tábora Sanchez ós que se acumularon os seguidos có nº 710/97, do mesmo Xulgado, cos mesmos demandantes e contra D. PEDRO representado nesta instancia polo procurador Sr. Soto Santiago e defendido polo letrado Sr. Griño Pascual de Bonanza, sobre reclamación de cantidade, como consecuencia dos recursos de apelación formulados polos demandados. (Rolo nº 0407/98).
ANTECEDENTES DE FEITOS
Acéptanse os da Sentencia recorrida, e
PRIMEIRO.- 0 Xulgado de Primeira Instancia nº 9 dos de Vigo, dictou Sentencia de data trece de mayo de mil novecentos noventa e oito. Na parte dispositiva da mesma consta o seguinte e literal: "Que estimando en parte la demanda formulada por Gretchen actuando en su propio nombre y ademas en representación de su hijo menor Diego y por Adrian representados por la Procuradora Dª Beatriz Garcia Gonzalez contra la entidad mercantil "J. …Construcciones S.L.", representados por los procuradores D. Manuel y D. Manuel Rey y defendidos por los Letrados D. Carlos Bueno Rey y D. Luis respectivamente y estimando igualmente en parte la demanda formulada por Dª Gretchen en su nombre y en representación de su hijo menor Diego y Adrian, con la misma defensa y representación contra D. Pedro representado por el Procurador D Gloria Quintas y defendido por el letrado D. Juan, debo declarar y delcaro que los expresados demandados son responsables de los daños ocasionados a la parte demandante por el fallecimiento de D. Jose Manuel, condenándoles solidariamente a abonra a Dª Gretchen en concepto de indemnización la suma de 13.095.811 pesetas a D. Adrian en el mismo concepto la cantidad de 5.800.000 pesetas y a Diego la suma de 5.000.000 de pesetas, cantidades a las que se aplicara desde la fecha hasta su abono el interés resultantes de incrementar en dos puntos el legal del dinero y debiendo cada parte abonar las costas causadas a su instancia en la tramitación de ambas demandas acumuladas y las comunes por mitad..."
SEGUNDO.- A parte demandada formulou recurso de apelación fronte á devandita Sentencia, que lle foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que, tras as partes teren sido emprazadas remitirónse os autos a esta Audiencia Provincial.
TERCEIRO.- Despois de os autos teren sido recibidos e as partes se presentaren concédeuselles ás mesmas un prazo de seis días a que atinxen os artigos 705 e 707 da Lei de Axuizamento Civil, tras ter transcorrido o devandito prazo déuselle traslado ao Maxistrado Relator, así como ás partes, e sinalouse data para a celebración da vista que tivo lugar na data de onte, solicitándose polos apelantes a revogación da sentencia recorrida e que se dicte outra desestimando a demanda e pola apelada a confirmación da devandita sentencia.
CUARTO.- Na tramitación deste recurso observáronse as prescricións legais.
Foi Maxistrado Relator o Ilmo. Sr. Don José Juan Ramón Barreiro Prado.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
PRIMEIRO.- Como consecuencia do pronunciamento adoptado na instancia, os tres demandados recorren agora en apelación perante esta instancia, e dos tres só un insiste na invocación dunha das excepcións que expresamente foron rexeitadas pola Xulgadora a quo.
Tanto por parte da entidade "Prefabricados … S.A." (Prefasa) como por parte do tamén demandado don Pedro Manuel a tíñase argüido, nas súas respectivas contestacións, a excepción de falta de litisconsorcio pasivo necesario por canto que á litis non fora chamada a entidade promotora "Edificaciones … S.A." da que, precisamente, o falecido don José Manuel (marido e pai dos actores) fora socio fundador e conselleiro delegado. Pois ben, pola sentencia da instancia expresamente foi rexeitada tal excepción e, sorpresivamente, agora o único demandado que non a tiña invocado (a entidade "J. … S.L." só alegou a falla de litisconsorcio pasivo necesario pola non chamada a autos do arquitecto técnico don Pedro Manuel que logo foi subsanada mediante a formulación da oportuna demanda acumulada) alegou no transcurso da vista do recurso de apelación a súa suposta existencia.
Con todo, e aínda deixando á marxe o anterior, de ningunha razón se ve asistido a parte recorrente que de tal peculiar xeito invoca a excepción de falta de litisconsorcio pasivo necesario, pola potísima razón de que o estarmos en presencia da concorrencia de varios axentes na producción dun único resultado sen de entrada enxergarse a concreta cota de responsabilidade que a cada un lle pode acaer, rexe o principio de solidaridade nas responsabilidades daqueles e, xa que logo, o prexudicado ben libre era de dirixirse contra un ou, varios ou tódolos hipotéticos responsables, sen prexuízo, despois, das relacións internas que entres estes se puidesen dar ós efectos de entre si repetirse aquelas cantidades ó pagamento das cales non se considerasen obrigados máis que fronte ó prexudicado, en aplicación así dunha doutrina e xurisprudencia que se amosa de inútil cita por de sobras cohecida.
SEGUNDO.-O suplico das acumuladas demandas remataba por recoller que se declarase que os demandados eran responsables dos danos ocasionados pola morte de don José Manuel Santos Rodríguez, e fosen condenados a pagar os actores, en concepto de indemnización, as cantidades que se determinasen en execución de sentencia.
Máis tarde, sen embargo, no acto celebrado a teor do disposto nos artigos 691 e seguintes da Lei de Axuizamento Civil, a parte actora aproveitou para facer unha serie de alegacións entre as que se atopaban as de que se cifraba en 41.000.00 de pesetas os danos e prexuízos provocados á esposa e fillos pola morte do Sr. Santos, así como se instaba a introducción dunha modificación nos suplicos das senllas acumuladas demandas, do literal xeito que obra ós folios 344 e 345 das presentes actuacións, e que expresamente foi ratificado a presencia dos procuradores das partes en litixio e dos avogados da actora e codemandado Sr. Valverde ( folio 346).
A tacha que pola defensa deste último apelante se ten efectuado verbo da non estricta congruencia da sentencia apelada carece tamén da toda razón de ser unha vez examinados os suplicos das acumuladas demandas (e as súas modificacións) e o definitivamente resolto na instancia pola Xulgadora a quo.
TERCEIRO.- No que atinxe ó fondo do asunto, a verdade é que abonda con reparar na exhaustividade da sentencia apelada no exame das probas, para se decatar de que este Tribunal non pode por menos que á mesma remitirse, canto máis que os recorrentes non negando nin discutindo a cita, referencia, e resultado que dos elementos probatorios fixo a Xulgadora a quo na súa resolución, únicamente combaten a avaliación negativa dada ós mesmos en contra dos respectivos intereses por eles defendidos que non resultaban seren outros que, ou ben a libre absolución, ou ben, a fundamental participación do falecido no desgraciado evento, e a conseguinte minoración porcentual das súas responsabilidades.
Pois ben, tamén neste particular é mester confirmar a resolución da instancia, pois, abondando ó respecto no sinalado na sentencia apelada, as responsabilidades dos demandados colíxense ben nidiamente de todo o actuado e, resumidamente, pola plena asunción que este Tribunal fal dos razoamentos xurídicos explicitados pola Xuíz a quo, o certo é que se o accidente tivo lugar foi debido á notoria deficiente entrega e subministro que dos materiais (bovedillas) se efectuaba pola demandada "…" (apartados g), m) e q) do Fundamento de Dereito Terceiro da apelada sentencia), posta de relevo coa adopción posterior de meirandes garantías de seguridade pola propia amentada demandada ( apartados q), m) e h) do devandito apartado da sentencia), asemade que en boa medida tamén contribuiron á causación do evento tanto a constructora "J. …" (apartados l),11), o), e p), como a conducta omisiva do arquitecto técnico ( apartados h), i), j), e l), sen que verbo deste último cumpra deterse de se obriga profesional súa era estar tódolos días no obra vixiando a execución da mesma, dende o momento no que el mesmo manifesta que, de sobras constándolle como vihan os palets coas bovedillas, a forma de suxeicción destas con tan só un flexe na fileira do seu cumio era a común e frecuente nas obras nas que el participaba, amosándose despois por el mesmo a insuficiencia de tal suxeicción coa adopción das medidas e cautelas xa aludidas nesta nosa resolución pola remisión efectuada á da instancia.
Por último, e no que atinxe á porcentaje de participación que no desgraciado accidente tivo o propio falecido, resulta esta unha avaliación que non debe ser obxecto de revisión ó non albiscarse na apreciación da Xulgadora a quo a máis mínima discordancia ou falla de proporcionalidade para coa omisión ou neglixencia observada por parte de cada un dos intervintes na causación daquel e, deste xeito, a imprudencia á que tampoco foi alleo o paí e esposo dos actores correctamente cifrada se atopa nun vinte por cento 1
CUARTO.- Ó abeiro do disposto no artigo 710 da Lei de Axuizamento Civil ó mester impoñer as custas da presente instancia ós recorrentes en apelación
VISTOS os citados artigos e demais de aplicación.
D E C I D I M O S
Que debiamos desestimar e desestimamos os recursos de apelación interpostos por "Prefabricados Arosa, S.A.", D. Pedro e "J. … Construcciones, S.L.", fronte á sentencia dictada polo Ilmo. Sr. Maxistrado-Xuíz do Xulgado de Primeira Instancia nº 9 dos de Vigo, nos autos de Menor Cuantia nº 478/97 (acumulados o nº 710/97 do mesmo xulgado), e, debemos confirmar e confirmamos a referida resolución xudicial, con expresa imposición das custas da presente instancia ós apelantes.
Con testemuño desta resolución, devolvánse as actuacións ó Xulgado de procedencia.
Deste xeito, por esta SENTENCIA nosa, da que se unirá certificación ao rolo da Sala, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
P U B L I C A C I O N
A devandita Sentencia foi lida e publicada polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator, Don José Juan Ramón Barreiro Prado, na audiencia pública da Sección, no día da súa data. Dou fe.
