Última revisión
11/10/2013
Sentencia Civil Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3467/2011 de 02 de Mayo de 2013
nuevo
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Texto
Relacionados:
Voces
Jurisprudencia
Prácticos
Formularios
Resoluciones
Temas
Legislación
Tiempo de lectura: 48 min
Orden: Civil
Fecha: 02 de Mayo de 2013
Tribunal: AP - Pontevedra
Núm. Cendoj: 36057370062013100335
Resumen:
RESOLUCION CONTRATOS
Encabezamiento
Resumen:
RESOLUCION CONTRATOS
Idioma:
Gallego
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00311/2013
CIVIL
Rolo:3467/2011
Procedemento de orixe: Ordinario 1324/2010
Órgano de procedencia: Instancia núm. 11 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, Presidente Dña Magdalena Fernández Soto e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA NUM.311/2013
Vigo, dous de maio de dous mil trece
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 1324/2010 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 11 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3467/2011, nos que aparece como parte apelante e demandado- reconviniente D. Jose Carlos , representada polo/a procurador/a D./D.ª Ana Pazo Irazu e asistida do/da letrado/a D./D.ª Ana Fernández Alonso, e como parte contra da que se apela e demandante-reconvenido D./D.ª Ángel Jesús e Anibal , representada polo/a procurador/a D./D.ª Marta Barreiro Carrillo e asistida do/da letrado/a D./D.ª Josefa Lozano Lage.
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm.11 de Vigo, con data do 1/9/2011, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva: 'Que estimando la demanda interpuesta por Ángel Jesús Y Anibal contra Jose Carlos , DEBO DECLARAR Y DECLARO la resolución del Contrato privado de compraventa de fecha 2 de octubre de 2009, celebrado entre las partes, y relativo a la vivienda sita en DIRECCION000 , NUM000 , NUM001 de Vigo, con sus plaza de Garaje nº NUM002 y Bodega nº NUM003 ; CONDENANDO al demandado a la entrega de los citados inmuebles, con todo su mobiliario, en el plazo de un mes desde la notificación de la presente sentencia, así como al abono de la cantidad de 50? ,por día desde el 4 de octubre de 2010, hasta la total entrega de los inmuebles objeto de litis.Con condena en costas del demandado.Que desestimando la demanda reconvencional interpuesta por Jose Carlos contra Ángel Jesús y Anibal , DEBO ABSOLVER Y ABSUELVO a los demandados, de las pretensiones ejercitados frente a los mismos, con condena en costas del reconviniente.' Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Ana Pazo Irazu en representación de D./D.ª Jose Carlos , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 25/4/2013.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro: A través de escritura pública de data 2 de outubro de 2009 os irmáns, Ángel Jesús e Anibal , como compradores, e Jose Carlos , como vendedor, celebran contrato de compravenda sobre a vivenda NUM001 do edificio número NUM000 da DIRECCION000 desta cidade de Vigo -máis unha praza de garaxe e un trasteiro- polo prezo de de 110.000 euros, totalmente desembolsado, non existindo proba suficiente que revele que o prezo efectivamente pagado for o de 120.000 euros, tal como afirma o Sr. Jose Carlos inconsistentemente.Ese mesmo día se outorga documento privado de 'contrato de arras', do que destacamos as seguintes estipulacións: A) Os irmáns Anibal Ángel Jesús , por unha banda, e Jose Carlos , por outra, 'formalizarán' en escritura pública o contrato de compravenda (cláusula primeira). B) O prezo da 'futura compravenda' é de 143.000 euros, mais os gastos derivados da compravenda formalizada naquela primeira escritura pública (cláusula segunda). C) A totalidade do prezo satisfarase o día do outorgamento da escritura pública, que se indica na estipulación seguinte (cláusula segunda). D) A parte compradora -é dicir, o Sr. Jose Carlos - 'resérvase o uso da propiedade ata a data da sinatura da escritura pública' (cláusula terceira). E) As partes contratantes 'se obrigan a elevar a escritura pública o contrato de compravenda definitivo antes do día 2 de outubro de 2010' (mesma cláusula). F) Chegada a anterior data 'se o comprador non exercita a compra pagando o importe estipulado, os vendedores recuperan o uso do fundo descrito, quedando sen efecto esta compravenda sen ningún tipo de dereito ou indemnización por iso hacia a parte vendedora' (cláusula terceira). G) Se a parte compradora non eleva a escritura públca a venda na data tope do 2 de outubro de 2010, 'ten que entregar a vivenda aos vendedores no estado que a recibe no día de hoxe, incluindo niso o mobiliario' (cláusula terceira). H) 'A parte compradora recoñece unha débeda de 50 euros diarios por cada día que exceda en realizar a entrega do pleno dominio á parte vendedora dende dita data' (cláusula terceira).
Chegado o día límite do 2 de outubro de 2010 o Sr. Jose Carlos non comparece ante Notario para outorgar a escritura pública, por máis que foi requerido a tal efecto polos irmáns Anibal Ángel Jesús .
Interesan estes últimos, a través da demanda reitora deste preito: A) A resolución do contrato privado de compravenda. B) Que se ordene ao demandado á entrega da vivenda -e praza de garaxe e trasteiro-. C) Que se condene ao demandado ao pagamento dos cincuenta euros diarios estipulados, dende o día 4 de outubro de 2010 ata a entrega da vivenda.
O demandado se opón a esas pretensións, e formula demanda reconvencional, solicitando: A) Que se declare a nulidade dos contratos de compravenda instrumentalizados nas escrituras, notarial e privada, antes reseñadas, por estimar -dito resumidamente- que o verdadeiro contrato foi un préstamo con garantía real. B) Que se declare que referido contrato de préstamo, disfrazado con aqueles outros dous contratos, non resulta apto para transmitir a propiedade a prol dos reconvidos. C) Que se declare que o contrato de préstamo é usurario por leonino e por aplicar uns xuros notablemente superiores ao normal do diñeiro, o que acarrea igualmente a nulidade do préstamo. D) Finalmente, e sendo usurario o préstamo, que se declare que só ven obrigado a devolver aos reconvidos o principal recibido (120.000 euros na súa postura).
Os actores reconvidos se opoñen a eses pedimentos, negando a tese do contrato fiduciario, e afirmando a realidade, tanto do contrato de compravenda a favor deles, formalizado na escritura notarial de 2 de outubro de 2009, como do outro contrato -de opción de compra, como logo veremos-, instrumentalizado no documento privado do mesmo día, e á postre non levado a cabo ante o aquietamento do Sr. Jose Carlos .
A sentenza ditada en primeira instancia estima a demanda inicial e rexeita a reconvención. O argumento esencial desa resolución para tomar esa doble decisión estriba, e o citamos literalmente, en que 'a realización dunha operación de financiamento foi estudada, no se caso, polo demandado -é dicir, o reconvinte- e unha entidade de financiamento que actuou como intermediaria do contrato, pero non consta que esa vontade for trasladada dun xeito inequívoco á outra parte do contrato... antes ó contrario, as comunicacións entre a entidade financieira e a parte compradora poñen de relevo a súa inequívoca vontade de adquirir a titularidade do citado inmoble... a responsabilidade dunha posible discordancia entre o declarado e o querido únicamemnte pode se atribuir á parte responsable de devandita discordancia, neste caso o demandado' (fundamento de dereito primeiro).
En definitiva, toda a controvesia vai xirar sobre cal foi a verdadeira vontade das partes contratantes -é dicir, actores iniciais e reconvinte-, ora a de celebrar sendos contratos, de compravenda e de opción de compra, ora dun contrato de préstamo con garantía real, sendo os dous contratos anteriores meros instrumentos xurídicos, realmente disimulados ou ficticios, para conseguir esa finalidade de garantía do préstamo (en tese do demandado reconvinte).
A controversia ten que analizarse e resolverse lóxicamente á luz das probas achegadas aos autos. Máis antes de entrar nesa valoración probatoria debemos facer dúas consideracións de utilidade, unha, sobre a natureza e alcance do contrato plasmado no documento privado de 2 de outubro de 2009, e a outra, sobre o negocio fiduciario.
Segundo: Respecto da primeira cuestión, a calificación dun contrato debe realizarse fuxindo da súa literalidade, e da súa denominación polas partes contratantes, e buscando o seu contido prestacional e a súa verdadeira finalidade. Tal como proclama a sentenza do Tribunal Supremo de data 14 de maio de 2001 'los contratos son lo que son y la calificación no depende de las denominaciones que le hayan dado los contratantes ( SS. 26 Ene. 1994 ; 24 Feb . y 13 Nov. 1995 ; 18 Feb ., 18 Abr ., y 21 May. 1997 , y 7 Jul. 2000 , entre otras), pues para la calificación, que constituye una labor insertada dentro de la interpretación ( SS. 30 May . y 15 Dic. 1992 y 9 Abr. 1997 ), habrá de estarse al contenido real, es decir, que habrá de realizarse de conformidad con el contenido obligacional convenido y el protagonismo que las partes adquieren (entre otras Sentencias las de 20 Feb ., 4 Jul . y 30 Sep. 1991 ; 10 Abr ., 20 y 23 Jul. 1992 ; 26 Ene . y 25 Feb. 1994 , y 9 Abr. 1997 ), con prevalencia de la intención de las mismas sobre el sentido gramatical de las palabras (S. 22 Abr. 1995), al tener carácter relevante el verdadero fin jurídico que los contratantes pretendían alcanzar con el contrato (S. 4 Jul. 1998)'.
Terceiro: Polo que fai ao negocio fiduciario, este instituto, ao carecer de regulación legal especifica, resulta ser creación -fundamentalmente- da doutrina científica e xurisprudencial. Traemos entón a colación varias sentenzas de interese do Tribunal Supremo.
A sentenza do T. S. de data 8 de marzo de 1988 di que '... de cuanto se lleva dicho se desprende que nos hallamos ante unas ventas en garantía, ante el pactum defiducia cum creditore, que ya la S 19 May. 1982 de esta Sala definió como negocio en virtud del cual una persona (fiduciante) transmite en plena propiedad un determinado bien o derecho a otra distinta (fiduciario) para garantizarle el pago de una deuda, con la obligación por parte de ésta de transmitirlo a su anterior propietario cuando la obligación asegurada se haya cumplido (pactum fiduciae), sin que, por tanto, pueda motejarse de contrato ficticio aparente o simulado o disimulado, sino real y existente y querido por las partes contratantes que lo elaboran mediante un acto formal mixto e integrado por dos independientes, como enseña la S 8 Mar. 1963, pero de finalidad unitaria, uno de naturaleza real por el que se transmite el dominio, y otro de carácter obligacional que constriñe la devolución de lo adquirido para cuando la obligación crediticia, que el primero asegura, se haya saldado, constituyéndose en su conjunto en un contrato causal, conforme al art. 1274 CC , en el que la causa fiduciae no consiste en la enajenación propiamente, sino en la garantía o afianzamiento del débito a que la relación obligatoria responde, siendo justamente en la causa del contrato fiduciario donde hay que alojar la limitada eficacia real de la venta en garantía, que, no pudiendo oponerse al fiduciante por no haberse operado una verdadera transmisión del dominio interpartes, se revela de cara o frente a terceros, de todo lo cual concluye que la actora, propietaria formal, no puede obtener más que la devolución de lo garantizado, pero sin que acceda a su patrimonio de modo definitivo el derecho de propiedad, al no ser esa la finalidad perseguida, que sólo quiso la garantía, sin voluntad de comprar o vender'. Y, abundando en lo dicho, la S 2 Jun. 1982, recoge que la teoría científica más reciente se aparta del «doble efecto» y prescinde de la sustantividad de la causa fiduciae como comprendida en el art. 1274, no obstante lo cual la titularidad formal habrá de desplegar su eficacia conforme a lo convenido y el fiduciante respetar la situación anómala creada ( arts. 1255 y 1296 CC ) y la validez de lo acordado entre las partes, asistiéndole al fiduciario, en tanto no se produzca el cumplimiento, un ius o títulus retinendi que no permite se le imponga la restitución, al no haber un simple prèstamo, sino un contrato que entraña mayores efectos, pues ocasiona una transmisión basada en la buena fe. con efectos vinculantes para fiduciante y fiduciario, sin que procedan la nulidad de la escritura de compraventa y la cancelación del asiento registral, una vez descartada la simulación absoluta (en el mismo sentido la S 6 Abr. 1987, más reciente, y, en relación con el mandato, la S 9 Oct. 1987)'.
En termo similares, a sentenza de 26 de xullo de 2004 proclama que a teoría do doble efecto 'ha evolucionado en un sentido que viene a descartar aquella concepción de la fiducia que, en sistema, como el de nuestro ordenamiento jurídico, resulta de difícil adecuación dada la relevancia de la causa en los contratos, de forma que se ha llegado, no sin críticas de orden conceptual, a entender que el fiduciario ostenta sobre los bienes una titularidad formal, o una titularidad que se califica de fiduciaria o de dominio impropio, como si se produjera una especie de división del dominio en una parte formal y otra material, conservando el fiduciante la titularidad real y material de los bienes, quedando aquella formal del fiduciario en estricta dependencia de los pactos que la originan y con el alcance de ellos derivado. Abundante doctrina jurisprudencial reitera que en el negocio fiduciario se transmite una titularidad formal y aparente, válida y eficaz frente a terceros de buena fe y por título oneroso... con una limitada eficacia que no puede oponerse al fiduciante por no haberse producido una verdadera transmisión del dominio ( SS. de 28 de diciembre. 1973 , 2 de junio de 1982 , 9 de octubre de 1987 , 8 de marzo de 1988 , 19 de marzo de 1989 , 5 de julio de 1989 , 30 de enero de 1991 , 30 de abril de 1992 , 5 de julio de 1993 ... etc.), de tal modo que, aunque eficaz frente a esos terceros de buena fe y por título oneroso, entre las partes obliga a reconocer la titularidad real que conserva el fiduciante ( SS. 9 de octubre de 1987 , 8 de marzo de 1988 ), pues entre ellos no puede prevalecer la apariencia creada por el negocio directo (S. 19 de mayo de 1989 )'.
Pola súa banda, a sentenza de 4 de decembro de 2002 declara que 'en definitiva, en el caso de autos, se trata de venta en garantía de un prèstamo, pues la 'causa fiduciae' no es propiamente la enajenación llevada a cabo, sino el afianzamiento que se pretende del débito mediante una compraventa que convierte al fiduciario en sólo propietario formal dada su posición principal de acreedor (aparente comprador), en tanto que el fiduciante es el deudor y obligado al prèstamo que contrajo, actuando en el negocio como aparente vendedor, por lo que el fiduciario lo que ha de pretender es la devolución de préstamo garantizado, pero sin que acceda a su patrimonio de modo definitivo el derecho de propiedad, al no ser esa la finalidad del negocio concertado, sin perjuicio del derecho de retención que la doctrina jurisprudencial le reconoce ( Sentencias de 8-3- 1988 , 7-3-1990 , 30-1-1991 , 6-7-1992 , 5-7-1993 , 22-2-1995 , 2-12-1996 , 13-5 y 4-7-1998 , 15-6 y 16-11-1999 )'. E se engade que 'y es que, no se dude, la razón de esa doctrina radica en que, en rigor, si se admite que por el incumplimiento de sus obligaciones por parte del vendedor- fiduciante, se produce ese efecto traslativo de propiedad a favor del comprador, se está, crasamente, infringiendo la clásica prohibición del pacto comisorio...'.
Cuarto: Partindo das anteriores reflexións, a valoración global, coherente e crítica das probas achegadas aos autos nos leva a estimar como non acreditada a tese do negocio fiduciario, propugnada polo demandado reconvinte, e dar por xustificada, pola contra, a tese da compravenda, dos demandantes reconvidos, e á postre asumida pola sentenza de primeira instancia, malia coa precisión que deseguido analizaremos máis detidamente, de estimar que ao carón da celebración do contrato de compravenda plasmado na escritura notarial de 2 de outubro de 2009, as partes pactaron igualmente, levándoo ao documento privado da mesma data, unha opción de compra a prol do vendedor naquela escritura pública, que este último rematou por non exercitar. E pola súa relevancia para as demáis, comezamos por esta última cuestión.
Quinto: Que nos atopamos ante un dereito de opción de compra a prol do anterior vendedor, Sr. Jose Carlos , o coleximos do contido do propio contrato privado. En efecto, e deixando á marxe as evidentes imprecisións e baleiros de orde xurídico que se observan no documento privado, así como marxinando igualmente a súa denominación, de contrato de 'arras', absolutamente inapropiada dado o contido negocial, se examinamos detidamente o clausulado do contrato chegamos a esa conclusión, do contrato de opción de compra.
Primeiramente, destaca a condición de futurible da compravenda. Así, na estipulación primeira se di que as partes 'formalizarán' ante Notario, en escritura pública, o contrato de compravenda, e na segunda, que 'o prezo aprazado da futura compravenda é de...', ou que 'a totalidade do prezo aboarase...'. E se a esas de expresións de condición vindeira engadimos, en segundo lugar, as contidas, igualmente, no documento privado, na súa cláusula terceira, de que as partes contratantes se obrigan a elevar a escritura pública o contrato de compravenda 'definitivo' antes do día 2 de outubro de 2010, e moi especialmente, a de que, se chegada esa data límite, o comprador 'non exercita a compra', pagando o importe estipulado, os vendedores recuperan o 'uso' da vivenda -non a propiedade, pois xa a ostentaría en virtude da escritura notarial-. Resulta palmario que todas esas previsións son indicativas dun dereito de opción de compra -ou de recompra- do vendedor, Sr. Jose Carlos , a realizar antes do día 2 de outubro de 2010, de tal xeito que se nesa data tope non concurre a formalizar en escritura pública 'queda sen efecto esta sen ningún tipo de dereito ou indemnización por iso hacia a parte vendedora'.
Estamos entón ante unha opción de compra propiamente dita, e non ante unha venda 'con pacto de retrovenda', tal como declara a testemuña, Sr. Imanol , Avogado do demandado reconvinte que participou nas negociacións, nunha denominación que pese a ser xurídicamente inexacta, resultaría igualmente reveladora dunha facultade de comprar, que compete tanto a un optatario, como a un retrainte en virtude dun retracto, no seu caso pactado.
En terceiro lugar, a opción de compra atopa o seu sólido respaldo no correo electrónico - non combatido- de data 22 de setembro de 2009 (poucos días antes da celebración da compravenda notarial), dirixido pola sociedade intermediaria aos futuros compradores, os irmáns Anibal Ángel Jesús , correo no que se expresa que a compra da vivenda pode ser de interese para estes últimos 'porque existen moitas posibilidades de que non recuperen a propiedade' (folio 109), e clara e inequívoca alusión a que o futuro vendedor, Sr. Jose Carlos , non exercitase a opción que no documento privado posterior pretendía reservarse.
A afirmación, da natureza de contrato de opción de compra do convido no documento privado de 2 de outubro de 2009, alcanza, en último termo, o seu sentido e ven cohonestarse coa previa celebración do primeiro contrato de compravenda, plasmado na escritura pública do mesmo día.
Sexto: En fonda e inseparable relación entón coa anterior premisa, do contrato de opción a prol do vendedor primeiro, o Sr. Jose Carlos , cabe que, tal como acertadamente razoa e expresa o Xulgador da primeira instancia, non existe proba dabondo que apoie a tese dunha concorde vontade contractual -necesaria- entre os actores reconvidos e o demandado reconvinte , sobre 'unha operación de financiamento entre particulares', ou sobre 'un contrato de préstamo con garantía real', tal como indistintamente os cataloga este último litigante.
A propia e específica previsión do contrato privado, da satisfacción polo Sr. Jose Carlos aos irmás Anibal Ángel Jesús , dunha suma diaria de 50 euros por cada día que excedese en realizar a entrega da vivenda, se compadece realmente mal coa tese do negocio fiduciario defendida polo reconvinte, e se acerca e conxuga coa tese dos reconvidos. Efectivamente, esa previsión, ademáis de ser inusual ou desacotumada nos negocios fiduciarios, nos que os xuros do préstamo encuberto polas vendas solen englobarse xa no prezo a maiores a pagar na recompra, sería reveladora dunha concorde vontade das partes de que, se a partir da data límite de 2 de outubro de 2010 para a efectividade do dereito de opción do Sr. Jose Carlos , este non realiza tal dereito mediante o outorgamento da correspondente escritura pública, se consumase e consolidase 'o pleno dominio' dos irmáns Anibal Ángel Jesús , mediante a entrega do uso da vivenda, que se tiña reservado o Sr. Jose Carlos . Ou por decilo doutro xeito, a sanción pecuniaria, con independencia de actuar como acicate para que o Sr. Jose Carlos se decidise sobre a opción de compra que se reservaba (ou para 'exercer a compra', en expresión da cláusla terceira do documento privado), resulta indicativa dunha previa e verdadeira transmisión do dominio -sen uso- da vivenda a favor dos irmáns Anibal Ángel Jesús , operada polo contrato instrumentalizado anteriormente na escritura pública.
En resumo: A) Os documentos, público e privado, falan e son expresivos sempre dunha concorde vontade das partes sobre, o primeiro, a compravenda da vivenda a favor dos irmáns Ángel Jesús Anibal , e o documento privado, sobre a futura compravenda, como ese instrumento reseña, ou sobre a opción de compra que se reservaba o Sr. Jose Carlos , e tales documentos non conteñen referencia ningunha ao préstamo. B) Non hai ningún documento alternativo que refrende este segundo contrato. C) Dentro daquel concurso de vontades, tanto sobre a compravenda inicial como sobre a opción de compra, a cláusula pecuniaria ten por finalidade estimular o exercicio do dereito de opción no prazo expresamente estipulado. D) De non realizarse ese dereito na data límite do 2 de outubro de 2010, a transmisión da propiedade operada pola escritura pública - menos a faculatede uso, que se reservaba o Sr. Jose Carlos - quedaba definitivamente consumada a favor dos irmáns Anibal Ángel Jesús , consolidándose neles o pleno dominio da vivenda, pois xunto á núa propiedade que xa ostentaban, recibían o uso e gozo da mesma. E) En último termo, a finalidade traslativa do dominio do fundo a favor dos irmáns Anibal Ángel Jesús resultaba algo querido e esperado por eles ante as 'moitísimas posibilidades' -tal como reza o correo electrónico referenciado- de que o Sr. Jose Carlos non exercitaba o dereito de opción, en clara alusión á desfavorable situación económica deste último, e a súa carencia de liquidez, como o mesmo recoñece.
Se celebrouse efectiva e realmente un primeiro contrato de compravenda, debe estimarse as pretensións dos compradores, os irmáns Ángel Jesús Anibal , de resolución do contrato de compravenda -propiamente, do contrato de opción de compra-, de condena do Sr. Jose Carlos a entregar a vivenda, e do aboamento da pena, ante a falta do exercicio do dereito de opción, insistimos, por parte deste último.
Setimo: Máis é que, ainda admitindo, aos efectos puramente polémicos, a hipótese do contrato de préstamo, instrumentalizado nos dous contratos, público e privado, expresados, a solución tería que ser a mesma, partindo -claro é-, e por unha banda, da natureza, real e non finxida, da primeira compravenda, a favor dos compradoeres, os irmáns Ángel Jesús Anibal , plasmada na escritura notarial, e da estimación, por outra, como dereito de opción de compra o outorgado no documento privado. Pois fronte ao sostido pola parte hoxe recorrente, esa doble operación non encerra un pacto comisorio, e aparece recoñecida a súa validez e eficacia pola xurisprudencia, da que é manifestación a sentenza do Tribunal Supremo de 6 de xullo de 1992 , nun suposto de feito idéntico ao presente.
En efecto, os antecedentes de feito desa resolución son os seguintes: A) Existe unha débeda -de algo máis de 4.000.000 das antiguas pesetas- dos cónxuxes con un terceiro. B) Se outorga unha escritura notarial de contrato de compravenda dunha vivenda do matrimonio a favor dese terceiro acredor polo prezo de 3.000.000 de pesetas. C) O mesmo día se pacta ante Notario un dereito de opción de compra sobre o mesmo fundo, a favor dos debedores, é dicir, os cónxuxes, polo prezo de catro millóns. D) A posesión da vivenda queda en poder do matrimonio. E) Transcorridos os catro anos fixados para a realización do dereito de opción, non exercitouse tal dereito nin se devolveron os catro millóns de pesetas. Pois ben, neste suposto o Tribunal Supremo, no que agora ten interese e por decilo en síntese, declara a validez da compraventa a favor do acredor. Reproducimos literalmente o seu razoamento no senso de que estamos ante 'un negocio jurídico fiduciario «cum creditore» subsumida en la opción de compra concedida a favor de uno de los transmitentes la esposa copropietaria y actora cuya validez y eficacia no implica fraude de ley y está reconocida por reiterada jurisprudencia, quedando configurado formalmente a través de dos actos independientes con finalidad unitaria en un contrato, se transmite a una persona fiduciario, un determinado bien o derecho por el cual el fiduciante, le garantiza al fiduciario el pago de una deuda, con la obligación de éste de retransmitirlo a su anterior propietario, cuando la obligación asegurada se haya cumplido a través del derecho de opción simultáneamente establecido, en el sentido de que si durante el plazo concedido para ejercitar el derecho de opción no se satisface la cantidad adeudada, de conformidad con lo estipulado, la enajenación produce todos sus efectos, sin que por ello, haya de calificar tal contrato de ficticio, aparente o simulado, sino real, existente y querido por las partes contratantes, y en base al principio de libertad contractual del art. 1255 CC , pues su causa se encuentra en la deuda que garantiza... '. Engadíndose que 'acreditado, pues que por parte de los titulares del derecho de opción, no se ejercitó la misma en el plazo convenido, es evidente, pues, que procedía, por parte del concedente de la opción, dejar sin efecto la misma y viabilizar la definitiva efectividad de la compraventa efectuada; la calificación que verifica la Sala de dicho contrato en cuanto que lo estipula como un negocio jurídico fiduciario «cum creditore», perfectamente puede acoplarse a las líneas jurídicas delimitadoras del mismo, ya que, consiste en un doble negocio o en la existencia de una primera transmisión en base a la confianza que inspira el adquirente fiduciario al transmitente fiduciante, y cuyo adquirente quedará en poder de la cosa transmitida, corriendo dicha transferencia las eventualidades de lo que acontezca sobre la obligación principal garantizada, en el caso de autos, el posterior acto o contrato de opción, esto es, la obligación de retransmitirlo cuando, efectivamente, se cumplan, a su vez, los presupuestos condicionantes del derecho de opción, o sea, que por parte del vendedor se ejercite esa facultad para poder recuperar la cosa vendida, tras la satisfacción del débito garantizado, lo que se ajusta a la configuración jurisprudencial de dicho esquema negocial de la «fiducia non cum amico sed creditore» '.
Oitavo: O rexeitamento do recurso conleva impor as custas procesuais desta alzada á parte apelante, dado que non atopamos motivo ningún de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artº. 398, en relación co artº. 394, ambos da L. A. C..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Idioma: Gallego AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 PONTEVEDRA SENTENCIA: 00311/2013 CIVIL Rolo:3467/2011 Procedemento de orixe: Ordinario 1324/2010 Órgano de procedencia: Instancia núm. 11 de Vigo A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, Presidente Dña Magdalena Fernández Soto e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou NO NOME DO REI a seguinte SENTENZA NUM.311/2013 Vigo, dous de maio de dous mil trece VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 1324/2010 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 11 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3467/2011, nos que aparece como parte apelante e demandado- reconviniente D. Jose Carlos , representada polo/a procurador/a D./D.ª Ana Pazo Irazu e asistida do/da letrado/a D./D.ª Ana Fernández Alonso, e como parte contra da que se apela e demandante-reconvenido D./D.ª Ángel Jesús e Anibal , representada polo/a procurador/a D./D.ª Marta Barreiro Carrillo e asistida do/da letrado/a D./D.ª Josefa Lozano Lage.É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
I. ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm.11 de Vigo, con data do 1/9/2011, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva: 'Que estimando la demanda interpuesta por Ángel Jesús Y Anibal contra Jose Carlos , DEBO DECLARAR Y DECLARO la resolución del Contrato privado de compraventa de fecha 2 de octubre de 2009, celebrado entre las partes, y relativo a la vivienda sita en DIRECCION000 , NUM000 , NUM001 de Vigo, con sus plaza de Garaje nº NUM002 y Bodega nº NUM003 ; CONDENANDO al demandado a la entrega de los citados inmuebles, con todo su mobiliario, en el plazo de un mes desde la notificación de la presente sentencia, así como al abono de la cantidad de 50? ,por día desde el 4 de octubre de 2010, hasta la total entrega de los inmuebles objeto de litis.Con condena en costas del demandado.
Que desestimando la demanda reconvencional interpuesta por Jose Carlos contra Ángel Jesús y Anibal , DEBO ABSOLVER Y ABSUELVO a los demandados, de las pretensiones ejercitados frente a los mismos, con condena en costas del reconviniente.' Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Ana Pazo Irazu en representación de D./D.ª Jose Carlos , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 25/4/2013.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
II. FUNDAMENTOS DE DEREITO Primeiro: A través de escritura pública de data 2 de outubro de 2009 os irmáns, Ángel Jesús e Anibal , como compradores, e Jose Carlos , como vendedor, celebran contrato de compravenda sobre a vivenda NUM001 do edificio número NUM000 da DIRECCION000 desta cidade de Vigo -máis unha praza de garaxe e un trasteiro- polo prezo de de 110.000 euros, totalmente desembolsado, non existindo proba suficiente que revele que o prezo efectivamente pagado for o de 120.000 euros, tal como afirma o Sr. Jose Carlos inconsistentemente.
Ese mesmo día se outorga documento privado de 'contrato de arras', do que destacamos as seguintes estipulacións: A) Os irmáns Anibal Ángel Jesús , por unha banda, e Jose Carlos , por outra, 'formalizarán' en escritura pública o contrato de compravenda (cláusula primeira). B) O prezo da 'futura compravenda' é de 143.000 euros, mais os gastos derivados da compravenda formalizada naquela primeira escritura pública (cláusula segunda). C) A totalidade do prezo satisfarase o día do outorgamento da escritura pública, que se indica na estipulación seguinte (cláusula segunda). D) A parte compradora -é dicir, o Sr. Jose Carlos - 'resérvase o uso da propiedade ata a data da sinatura da escritura pública' (cláusula terceira). E) As partes contratantes 'se obrigan a elevar a escritura pública o contrato de compravenda definitivo antes do día 2 de outubro de 2010' (mesma cláusula). F) Chegada a anterior data 'se o comprador non exercita a compra pagando o importe estipulado, os vendedores recuperan o uso do fundo descrito, quedando sen efecto esta compravenda sen ningún tipo de dereito ou indemnización por iso hacia a parte vendedora' (cláusula terceira). G) Se a parte compradora non eleva a escritura públca a venda na data tope do 2 de outubro de 2010, 'ten que entregar a vivenda aos vendedores no estado que a recibe no día de hoxe, incluindo niso o mobiliario' (cláusula terceira). H) 'A parte compradora recoñece unha débeda de 50 euros diarios por cada día que exceda en realizar a entrega do pleno dominio á parte vendedora dende dita data' (cláusula terceira).
Chegado o día límite do 2 de outubro de 2010 o Sr. Jose Carlos non comparece ante Notario para outorgar a escritura pública, por máis que foi requerido a tal efecto polos irmáns Anibal Ángel Jesús .
Interesan estes últimos, a través da demanda reitora deste preito: A) A resolución do contrato privado de compravenda. B) Que se ordene ao demandado á entrega da vivenda -e praza de garaxe e trasteiro-. C) Que se condene ao demandado ao pagamento dos cincuenta euros diarios estipulados, dende o día 4 de outubro de 2010 ata a entrega da vivenda.
O demandado se opón a esas pretensións, e formula demanda reconvencional, solicitando: A) Que se declare a nulidade dos contratos de compravenda instrumentalizados nas escrituras, notarial e privada, antes reseñadas, por estimar -dito resumidamente- que o verdadeiro contrato foi un préstamo con garantía real. B) Que se declare que referido contrato de préstamo, disfrazado con aqueles outros dous contratos, non resulta apto para transmitir a propiedade a prol dos reconvidos. C) Que se declare que o contrato de préstamo é usurario por leonino e por aplicar uns xuros notablemente superiores ao normal do diñeiro, o que acarrea igualmente a nulidade do préstamo. D) Finalmente, e sendo usurario o préstamo, que se declare que só ven obrigado a devolver aos reconvidos o principal recibido (120.000 euros na súa postura).
Os actores reconvidos se opoñen a eses pedimentos, negando a tese do contrato fiduciario, e afirmando a realidade, tanto do contrato de compravenda a favor deles, formalizado na escritura notarial de 2 de outubro de 2009, como do outro contrato -de opción de compra, como logo veremos-, instrumentalizado no documento privado do mesmo día, e á postre non levado a cabo ante o aquietamento do Sr. Jose Carlos .
A sentenza ditada en primeira instancia estima a demanda inicial e rexeita a reconvención. O argumento esencial desa resolución para tomar esa doble decisión estriba, e o citamos literalmente, en que 'a realización dunha operación de financiamento foi estudada, no se caso, polo demandado -é dicir, o reconvinte- e unha entidade de financiamento que actuou como intermediaria do contrato, pero non consta que esa vontade for trasladada dun xeito inequívoco á outra parte do contrato... antes ó contrario, as comunicacións entre a entidade financieira e a parte compradora poñen de relevo a súa inequívoca vontade de adquirir a titularidade do citado inmoble... a responsabilidade dunha posible discordancia entre o declarado e o querido únicamemnte pode se atribuir á parte responsable de devandita discordancia, neste caso o demandado' (fundamento de dereito primeiro).
En definitiva, toda a controvesia vai xirar sobre cal foi a verdadeira vontade das partes contratantes -é dicir, actores iniciais e reconvinte-, ora a de celebrar sendos contratos, de compravenda e de opción de compra, ora dun contrato de préstamo con garantía real, sendo os dous contratos anteriores meros instrumentos xurídicos, realmente disimulados ou ficticios, para conseguir esa finalidade de garantía do préstamo (en tese do demandado reconvinte).
A controversia ten que analizarse e resolverse lóxicamente á luz das probas achegadas aos autos. Máis antes de entrar nesa valoración probatoria debemos facer dúas consideracións de utilidade, unha, sobre a natureza e alcance do contrato plasmado no documento privado de 2 de outubro de 2009, e a outra, sobre o negocio fiduciario.
Segundo: Respecto da primeira cuestión, a calificación dun contrato debe realizarse fuxindo da súa literalidade, e da súa denominación polas partes contratantes, e buscando o seu contido prestacional e a súa verdadeira finalidade. Tal como proclama a sentenza do Tribunal Supremo de data 14 de maio de 2001 'los contratos son lo que son y la calificación no depende de las denominaciones que le hayan dado los contratantes ( SS. 26 Ene. 1994 ; 24 Feb . y 13 Nov. 1995 ; 18 Feb ., 18 Abr ., y 21 May. 1997 , y 7 Jul. 2000 , entre otras), pues para la calificación, que constituye una labor insertada dentro de la interpretación ( SS. 30 May . y 15 Dic. 1992 y 9 Abr. 1997 ), habrá de estarse al contenido real, es decir, que habrá de realizarse de conformidad con el contenido obligacional convenido y el protagonismo que las partes adquieren (entre otras Sentencias las de 20 Feb ., 4 Jul . y 30 Sep. 1991 ; 10 Abr ., 20 y 23 Jul. 1992 ; 26 Ene . y 25 Feb. 1994 , y 9 Abr. 1997 ), con prevalencia de la intención de las mismas sobre el sentido gramatical de las palabras (S. 22 Abr. 1995), al tener carácter relevante el verdadero fin jurídico que los contratantes pretendían alcanzar con el contrato (S. 4 Jul. 1998)'.
Terceiro: Polo que fai ao negocio fiduciario, este instituto, ao carecer de regulación legal especifica, resulta ser creación -fundamentalmente- da doutrina científica e xurisprudencial. Traemos entón a colación varias sentenzas de interese do Tribunal Supremo.
A sentenza do T. S. de data 8 de marzo de 1988 di que '... de cuanto se lleva dicho se desprende que nos hallamos ante unas ventas en garantía, ante el pactum defiducia cum creditore, que ya la S 19 May. 1982 de esta Sala definió como negocio en virtud del cual una persona (fiduciante) transmite en plena propiedad un determinado bien o derecho a otra distinta (fiduciario) para garantizarle el pago de una deuda, con la obligación por parte de ésta de transmitirlo a su anterior propietario cuando la obligación asegurada se haya cumplido (pactum fiduciae), sin que, por tanto, pueda motejarse de contrato ficticio aparente o simulado o disimulado, sino real y existente y querido por las partes contratantes que lo elaboran mediante un acto formal mixto e integrado por dos independientes, como enseña la S 8 Mar. 1963, pero de finalidad unitaria, uno de naturaleza real por el que se transmite el dominio, y otro de carácter obligacional que constriñe la devolución de lo adquirido para cuando la obligación crediticia, que el primero asegura, se haya saldado, constituyéndose en su conjunto en un contrato causal, conforme al art. 1274 CC , en el que la causa fiduciae no consiste en la enajenación propiamente, sino en la garantía o afianzamiento del débito a que la relación obligatoria responde, siendo justamente en la causa del contrato fiduciario donde hay que alojar la limitada eficacia real de la venta en garantía, que, no pudiendo oponerse al fiduciante por no haberse operado una verdadera transmisión del dominio interpartes, se revela de cara o frente a terceros, de todo lo cual concluye que la actora, propietaria formal, no puede obtener más que la devolución de lo garantizado, pero sin que acceda a su patrimonio de modo definitivo el derecho de propiedad, al no ser esa la finalidad perseguida, que sólo quiso la garantía, sin voluntad de comprar o vender'. Y, abundando en lo dicho, la S 2 Jun. 1982, recoge que la teoría científica más reciente se aparta del «doble efecto» y prescinde de la sustantividad de la causa fiduciae como comprendida en el art. 1274, no obstante lo cual la titularidad formal habrá de desplegar su eficacia conforme a lo convenido y el fiduciante respetar la situación anómala creada ( arts. 1255 y 1296 CC ) y la validez de lo acordado entre las partes, asistiéndole al fiduciario, en tanto no se produzca el cumplimiento, un ius o títulus retinendi que no permite se le imponga la restitución, al no haber un simple prèstamo, sino un contrato que entraña mayores efectos, pues ocasiona una transmisión basada en la buena fe. con efectos vinculantes para fiduciante y fiduciario, sin que procedan la nulidad de la escritura de compraventa y la cancelación del asiento registral, una vez descartada la simulación absoluta (en el mismo sentido la S 6 Abr. 1987, más reciente, y, en relación con el mandato, la S 9 Oct. 1987)'.
En termo similares, a sentenza de 26 de xullo de 2004 proclama que a teoría do doble efecto 'ha evolucionado en un sentido que viene a descartar aquella concepción de la fiducia que, en sistema, como el de nuestro ordenamiento jurídico, resulta de difícil adecuación dada la relevancia de la causa en los contratos, de forma que se ha llegado, no sin críticas de orden conceptual, a entender que el fiduciario ostenta sobre los bienes una titularidad formal, o una titularidad que se califica de fiduciaria o de dominio impropio, como si se produjera una especie de división del dominio en una parte formal y otra material, conservando el fiduciante la titularidad real y material de los bienes, quedando aquella formal del fiduciario en estricta dependencia de los pactos que la originan y con el alcance de ellos derivado. Abundante doctrina jurisprudencial reitera que en el negocio fiduciario se transmite una titularidad formal y aparente, válida y eficaz frente a terceros de buena fe y por título oneroso... con una limitada eficacia que no puede oponerse al fiduciante por no haberse producido una verdadera transmisión del dominio ( SS. de 28 de diciembre. 1973 , 2 de junio de 1982 , 9 de octubre de 1987 , 8 de marzo de 1988 , 19 de marzo de 1989 , 5 de julio de 1989 , 30 de enero de 1991 , 30 de abril de 1992 , 5 de julio de 1993 ... etc.), de tal modo que, aunque eficaz frente a esos terceros de buena fe y por título oneroso, entre las partes obliga a reconocer la titularidad real que conserva el fiduciante ( SS. 9 de octubre de 1987 , 8 de marzo de 1988 ), pues entre ellos no puede prevalecer la apariencia creada por el negocio directo (S. 19 de mayo de 1989 )'.
Pola súa banda, a sentenza de 4 de decembro de 2002 declara que 'en definitiva, en el caso de autos, se trata de venta en garantía de un prèstamo, pues la 'causa fiduciae' no es propiamente la enajenación llevada a cabo, sino el afianzamiento que se pretende del débito mediante una compraventa que convierte al fiduciario en sólo propietario formal dada su posición principal de acreedor (aparente comprador), en tanto que el fiduciante es el deudor y obligado al prèstamo que contrajo, actuando en el negocio como aparente vendedor, por lo que el fiduciario lo que ha de pretender es la devolución de préstamo garantizado, pero sin que acceda a su patrimonio de modo definitivo el derecho de propiedad, al no ser esa la finalidad del negocio concertado, sin perjuicio del derecho de retención que la doctrina jurisprudencial le reconoce ( Sentencias de 8-3- 1988 , 7-3-1990 , 30-1-1991 , 6-7-1992 , 5-7-1993 , 22-2-1995 , 2-12-1996 , 13-5 y 4-7-1998 , 15-6 y 16-11-1999 )'. E se engade que 'y es que, no se dude, la razón de esa doctrina radica en que, en rigor, si se admite que por el incumplimiento de sus obligaciones por parte del vendedor- fiduciante, se produce ese efecto traslativo de propiedad a favor del comprador, se está, crasamente, infringiendo la clásica prohibición del pacto comisorio...'.
Cuarto: Partindo das anteriores reflexións, a valoración global, coherente e crítica das probas achegadas aos autos nos leva a estimar como non acreditada a tese do negocio fiduciario, propugnada polo demandado reconvinte, e dar por xustificada, pola contra, a tese da compravenda, dos demandantes reconvidos, e á postre asumida pola sentenza de primeira instancia, malia coa precisión que deseguido analizaremos máis detidamente, de estimar que ao carón da celebración do contrato de compravenda plasmado na escritura notarial de 2 de outubro de 2009, as partes pactaron igualmente, levándoo ao documento privado da mesma data, unha opción de compra a prol do vendedor naquela escritura pública, que este último rematou por non exercitar. E pola súa relevancia para as demáis, comezamos por esta última cuestión.
Quinto: Que nos atopamos ante un dereito de opción de compra a prol do anterior vendedor, Sr. Jose Carlos , o coleximos do contido do propio contrato privado. En efecto, e deixando á marxe as evidentes imprecisións e baleiros de orde xurídico que se observan no documento privado, así como marxinando igualmente a súa denominación, de contrato de 'arras', absolutamente inapropiada dado o contido negocial, se examinamos detidamente o clausulado do contrato chegamos a esa conclusión, do contrato de opción de compra.
Primeiramente, destaca a condición de futurible da compravenda. Así, na estipulación primeira se di que as partes 'formalizarán' ante Notario, en escritura pública, o contrato de compravenda, e na segunda, que 'o prezo aprazado da futura compravenda é de...', ou que 'a totalidade do prezo aboarase...'. E se a esas de expresións de condición vindeira engadimos, en segundo lugar, as contidas, igualmente, no documento privado, na súa cláusula terceira, de que as partes contratantes se obrigan a elevar a escritura pública o contrato de compravenda 'definitivo' antes do día 2 de outubro de 2010, e moi especialmente, a de que, se chegada esa data límite, o comprador 'non exercita a compra', pagando o importe estipulado, os vendedores recuperan o 'uso' da vivenda -non a propiedade, pois xa a ostentaría en virtude da escritura notarial-. Resulta palmario que todas esas previsións son indicativas dun dereito de opción de compra -ou de recompra- do vendedor, Sr. Jose Carlos , a realizar antes do día 2 de outubro de 2010, de tal xeito que se nesa data tope non concurre a formalizar en escritura pública 'queda sen efecto esta sen ningún tipo de dereito ou indemnización por iso hacia a parte vendedora'.
Estamos entón ante unha opción de compra propiamente dita, e non ante unha venda 'con pacto de retrovenda', tal como declara a testemuña, Sr. Imanol , Avogado do demandado reconvinte que participou nas negociacións, nunha denominación que pese a ser xurídicamente inexacta, resultaría igualmente reveladora dunha facultade de comprar, que compete tanto a un optatario, como a un retrainte en virtude dun retracto, no seu caso pactado.
En terceiro lugar, a opción de compra atopa o seu sólido respaldo no correo electrónico - non combatido- de data 22 de setembro de 2009 (poucos días antes da celebración da compravenda notarial), dirixido pola sociedade intermediaria aos futuros compradores, os irmáns Anibal Ángel Jesús , correo no que se expresa que a compra da vivenda pode ser de interese para estes últimos 'porque existen moitas posibilidades de que non recuperen a propiedade' (folio 109), e clara e inequívoca alusión a que o futuro vendedor, Sr. Jose Carlos , non exercitase a opción que no documento privado posterior pretendía reservarse.
A afirmación, da natureza de contrato de opción de compra do convido no documento privado de 2 de outubro de 2009, alcanza, en último termo, o seu sentido e ven cohonestarse coa previa celebración do primeiro contrato de compravenda, plasmado na escritura pública do mesmo día.
Sexto: En fonda e inseparable relación entón coa anterior premisa, do contrato de opción a prol do vendedor primeiro, o Sr. Jose Carlos , cabe que, tal como acertadamente razoa e expresa o Xulgador da primeira instancia, non existe proba dabondo que apoie a tese dunha concorde vontade contractual -necesaria- entre os actores reconvidos e o demandado reconvinte , sobre 'unha operación de financiamento entre particulares', ou sobre 'un contrato de préstamo con garantía real', tal como indistintamente os cataloga este último litigante.
A propia e específica previsión do contrato privado, da satisfacción polo Sr. Jose Carlos aos irmás Anibal Ángel Jesús , dunha suma diaria de 50 euros por cada día que excedese en realizar a entrega da vivenda, se compadece realmente mal coa tese do negocio fiduciario defendida polo reconvinte, e se acerca e conxuga coa tese dos reconvidos. Efectivamente, esa previsión, ademáis de ser inusual ou desacotumada nos negocios fiduciarios, nos que os xuros do préstamo encuberto polas vendas solen englobarse xa no prezo a maiores a pagar na recompra, sería reveladora dunha concorde vontade das partes de que, se a partir da data límite de 2 de outubro de 2010 para a efectividade do dereito de opción do Sr. Jose Carlos , este non realiza tal dereito mediante o outorgamento da correspondente escritura pública, se consumase e consolidase 'o pleno dominio' dos irmáns Anibal Ángel Jesús , mediante a entrega do uso da vivenda, que se tiña reservado o Sr. Jose Carlos . Ou por decilo doutro xeito, a sanción pecuniaria, con independencia de actuar como acicate para que o Sr. Jose Carlos se decidise sobre a opción de compra que se reservaba (ou para 'exercer a compra', en expresión da cláusla terceira do documento privado), resulta indicativa dunha previa e verdadeira transmisión do dominio -sen uso- da vivenda a favor dos irmáns Anibal Ángel Jesús , operada polo contrato instrumentalizado anteriormente na escritura pública.
En resumo: A) Os documentos, público e privado, falan e son expresivos sempre dunha concorde vontade das partes sobre, o primeiro, a compravenda da vivenda a favor dos irmáns Ángel Jesús Anibal , e o documento privado, sobre a futura compravenda, como ese instrumento reseña, ou sobre a opción de compra que se reservaba o Sr. Jose Carlos , e tales documentos non conteñen referencia ningunha ao préstamo. B) Non hai ningún documento alternativo que refrende este segundo contrato. C) Dentro daquel concurso de vontades, tanto sobre a compravenda inicial como sobre a opción de compra, a cláusula pecuniaria ten por finalidade estimular o exercicio do dereito de opción no prazo expresamente estipulado. D) De non realizarse ese dereito na data límite do 2 de outubro de 2010, a transmisión da propiedade operada pola escritura pública - menos a faculatede uso, que se reservaba o Sr. Jose Carlos - quedaba definitivamente consumada a favor dos irmáns Anibal Ángel Jesús , consolidándose neles o pleno dominio da vivenda, pois xunto á núa propiedade que xa ostentaban, recibían o uso e gozo da mesma. E) En último termo, a finalidade traslativa do dominio do fundo a favor dos irmáns Anibal Ángel Jesús resultaba algo querido e esperado por eles ante as 'moitísimas posibilidades' -tal como reza o correo electrónico referenciado- de que o Sr. Jose Carlos non exercitaba o dereito de opción, en clara alusión á desfavorable situación económica deste último, e a súa carencia de liquidez, como o mesmo recoñece.
Se celebrouse efectiva e realmente un primeiro contrato de compravenda, debe estimarse as pretensións dos compradores, os irmáns Ángel Jesús Anibal , de resolución do contrato de compravenda -propiamente, do contrato de opción de compra-, de condena do Sr. Jose Carlos a entregar a vivenda, e do aboamento da pena, ante a falta do exercicio do dereito de opción, insistimos, por parte deste último.
Setimo: Máis é que, ainda admitindo, aos efectos puramente polémicos, a hipótese do contrato de préstamo, instrumentalizado nos dous contratos, público e privado, expresados, a solución tería que ser a mesma, partindo -claro é-, e por unha banda, da natureza, real e non finxida, da primeira compravenda, a favor dos compradoeres, os irmáns Ángel Jesús Anibal , plasmada na escritura notarial, e da estimación, por outra, como dereito de opción de compra o outorgado no documento privado. Pois fronte ao sostido pola parte hoxe recorrente, esa doble operación non encerra un pacto comisorio, e aparece recoñecida a súa validez e eficacia pola xurisprudencia, da que é manifestación a sentenza do Tribunal Supremo de 6 de xullo de 1992 , nun suposto de feito idéntico ao presente.
En efecto, os antecedentes de feito desa resolución son os seguintes: A) Existe unha débeda -de algo máis de 4.000.000 das antiguas pesetas- dos cónxuxes con un terceiro. B) Se outorga unha escritura notarial de contrato de compravenda dunha vivenda do matrimonio a favor dese terceiro acredor polo prezo de 3.000.000 de pesetas. C) O mesmo día se pacta ante Notario un dereito de opción de compra sobre o mesmo fundo, a favor dos debedores, é dicir, os cónxuxes, polo prezo de catro millóns. D) A posesión da vivenda queda en poder do matrimonio. E) Transcorridos os catro anos fixados para a realización do dereito de opción, non exercitouse tal dereito nin se devolveron os catro millóns de pesetas. Pois ben, neste suposto o Tribunal Supremo, no que agora ten interese e por decilo en síntese, declara a validez da compraventa a favor do acredor. Reproducimos literalmente o seu razoamento no senso de que estamos ante 'un negocio jurídico fiduciario «cum creditore» subsumida en la opción de compra concedida a favor de uno de los transmitentes la esposa copropietaria y actora cuya validez y eficacia no implica fraude de ley y está reconocida por reiterada jurisprudencia, quedando configurado formalmente a través de dos actos independientes con finalidad unitaria en un contrato, se transmite a una persona fiduciario, un determinado bien o derecho por el cual el fiduciante, le garantiza al fiduciario el pago de una deuda, con la obligación de éste de retransmitirlo a su anterior propietario, cuando la obligación asegurada se haya cumplido a través del derecho de opción simultáneamente establecido, en el sentido de que si durante el plazo concedido para ejercitar el derecho de opción no se satisface la cantidad adeudada, de conformidad con lo estipulado, la enajenación produce todos sus efectos, sin que por ello, haya de calificar tal contrato de ficticio, aparente o simulado, sino real, existente y querido por las partes contratantes, y en base al principio de libertad contractual del art. 1255 CC , pues su causa se encuentra en la deuda que garantiza... '. Engadíndose que 'acreditado, pues que por parte de los titulares del derecho de opción, no se ejercitó la misma en el plazo convenido, es evidente, pues, que procedía, por parte del concedente de la opción, dejar sin efecto la misma y viabilizar la definitiva efectividad de la compraventa efectuada; la calificación que verifica la Sala de dicho contrato en cuanto que lo estipula como un negocio jurídico fiduciario «cum creditore», perfectamente puede acoplarse a las líneas jurídicas delimitadoras del mismo, ya que, consiste en un doble negocio o en la existencia de una primera transmisión en base a la confianza que inspira el adquirente fiduciario al transmitente fiduciante, y cuyo adquirente quedará en poder de la cosa transmitida, corriendo dicha transferencia las eventualidades de lo que acontezca sobre la obligación principal garantizada, en el caso de autos, el posterior acto o contrato de opción, esto es, la obligación de retransmitirlo cuando, efectivamente, se cumplan, a su vez, los presupuestos condicionantes del derecho de opción, o sea, que por parte del vendedor se ejercite esa facultad para poder recuperar la cosa vendida, tras la satisfacción del débito garantizado, lo que se ajusta a la configuración jurisprudencial de dicho esquema negocial de la «fiducia non cum amico sed creditore» '.
Oitavo: O rexeitamento do recurso conleva impor as custas procesuais desta alzada á parte apelante, dado que non atopamos motivo ningún de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artº. 398, en relación co artº. 394, ambos da L. A. C..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español, DECIDIMOS Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por D. Jose Carlos , representado polo procurador Dña Ana Pazo Irazu contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 11 de Vigo o día 1/9/2011, con expresa imposición das custas procesuais desta segunda instancia á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODE DE IMPUGNACION: Contra a presente sentenza pode interponerse recurso de casación por interese casacional e recurso extraordinario por infracción procesual, que se prepararán a medio de escrito presentado ante esta Sección nos 5 días seguintes á notificación na forma prevista nos arts. 479 e 470 da LAC.Ao escrito de preparación do recurso deberá achegarse o xustificante de terse efectuado o preceptivo depósito ( 50 ? casación 50 ? Extraordinario por Infracción Procesual) previsto na Disposición Adicional Décimo Quinta da Ley Orgánica 1/2009 na Cuenta de Depósitos e Consignacións desta Sección ( 091000012 segue nº Rolo e ano) aberta en Banesto, Sucurso de c/ Coruña, facendo constar no xustificante de ingreso o tipo de recurso que se desexa interponer (Civil-Casación; Civil- Extraordinario por Infracción procesual). De non efectuar o depósito, ditarase Auto que poña fin ao tramite do recurso, quedando firme a resolución impugnada. Quedan exentos de constitución de depósito os que teñan recoñecido beneficio de asistencia xurídica gratuita.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

