Sentencia Civil 25/2024 J...o del 2024

Última revisión
26/09/2024

Sentencia Civil 25/2024 Juzgado de Primera Instancia de Vigo nº 16, Rec. 1155/2022 de 31 de enero del 2024

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 34 min

Orden: Civil

Fecha: 31 de Enero de 2024

Tribunal: JPI Vigo

Ponente: ENCARNACION DASI DORELLE

Nº de sentencia: 25/2024

Núm. Cendoj: 36057420132024100001

Núm. Ecli: ES:JPI:2024:207

Núm. Roj: SJPI 207:2024

Resumen:
LEY DE PROPIEDAD HORIZONTAL

Encabezamiento

XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 13

VIGO

SENTENCIA: 00025/2024

CIDADE DA XUSTIZA- C/ PADRE FEIJOO,1 - PL MIGUEL ANGEL BLANCO- PLANTA 11 - VIGO - CIF: Q3600401H

Teléfono: 986.817.866-7-8, Fax: 986.817.869

Correo electrónico: instancia13.vigo@xustiza.gal (tfno. refuerzo 886218861)

Equipo/usuario: NF

Modelo: N04390

N.I.G.: 36057 42 1 2022 0014417

OR8 ORDINARIO LPH-249.1.8 0001155 /2022

Procedimiento origen: /

Sobre LEY DE PROPIEDAD HORIZONTAL

DEMANDANTE D/ña. Ángeles

Procurador/a Sr/a. JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO

Abogado/a Sr/a. MARIA DE LOS ANGELES SANJUAN MORAIS

DEMANDADO D/ña. CP DIRECCION000

Procurador/a Sr/a. MARIA JOSE TORO RODRIGUEZ

Abogado/a Sr/a.

SENTENZA Nº 25/2024

Vigo, 31 de xaneiro de 2.024.

Vistos por, Dª. ENCARNACIÓN DASI DORELLE, Maxistrada Titular do Xulgado de 1ª Instancia nº 13 de Vigo e o seu Partido, os autos de Xuízo Ordinario rexistrados co nº 1.155/22, a instancia do procurador dos tribunais D. José Antonio Fandiño Carneiro, en nome e representación de Dª. Ángeles, contra a Comunidade de Propietarios do Edificio sito no nº DIRECCION000 da localidade de Vigo, ditouse a presente sentenza con base nos seguintes,

Antecedentes

PRIMEIRO.- O procurador dos tribunais D. José Antonio Fandiño Carneiro, en nome e representación de Dª. Ángeles, presentou demanda de xuízo ordinario o día 26 de outubro de 2.022, contra a Comunidade de Propietarios do Edificio sito no nº DIRECCION000 da localidade de Vigo.

SEGUNDO.- Admitida a trámite a demanda a demandada contestou á mesma en tempo e forma polo que posteriormente citouse ás partes para o acto anterior ó xuízo que tivo lugar o día 31 de maio de 2.023. En devandito acto as partes propuxeron a proba que consideraron oportuna e, admitida a declarada pertinente, sinalouse data para o acto do xuízo.

No acto da vista que tivo lugar o día 04 de outubro de 2.023 practicouse toda a proba admitida e quedaron as actuacións vistas para ditar sentenza.

Durante a tramitación do presente procedemento seguíronse tódolos trámites e requisitos legais previstos nos artigos 399 e seguintes da Lei de Axuizamento Civil.

Fundamentos

PRIMEIRO.- Pedimentos das partes.

Neste procedemento a parte demandante exercitou acción baseada no artigo 18 da Lei de Propiedade Horizontal por mor da cal solicitou que se dite sentenza na que:

"a) Se declare la nulidad del acuerdo tercero adoptado en la Junta General Extraordinaria de fecha 26 de julio de 2022 denegando la solicitud de la demandante para colocar en las ventanas de su vivienda el mismo sistema de aislamiento exterior que tienen los velux del edificio.

b) Se condene a la Comunidad de Propietarios a estar y pasar por dicha declaración, y a permitir la colocación en el piso NUM000 de propiedad de mi representada de persianas/toldos exteriores en todas las ventanas de dicho inmueble, con las características y condiciones detalladas en la solicitud formulada por lademandante en fecha 18 de mayo de 2022.

c) Subsidiariamente, en el caso de que no se estime lo solicitado en los apartados a) y b) anteriores, a la vista de la temperatura que alcanza el NUM000 de la DIRECCION000, se permita a la demandante a colocar en las ventanas de su domicilio habitual persianas/toldos exteriores con las características y condiciones detalladas en la solicitud formulada por la demandante en fecha 18 de mayo de 2022.

d) Y todo ello, con expresa imposición de costas a la parte demandada."

A parte demandante basea as súas pretensións no feito de ser propietaria do piso NUM000 do edificio nº DIRECCION000 da localidade de Vigo, con praza de garaxe e rocho, que constitúe a súa vivenda habitual. Segundo esta parte, na Xunta Xeral Extraordinaria celebrada pola Comunidade de Propietarios o día 26 de xullo de 2.022 denegóuselle a solicitude plantexada para a colocación nas ventás da súa vivenda que dan á DIRECCION000 de sistemas de illamento, (toldos ou persianas), fronte á calor como os que teñen instalados outras vivendas do edificio, considerando esta parte tal acordo contrario a dereito, ós estatutos e abusivo tendo en conta que, polas características da fachada do edificio e a orientación da mesma, no interior da vivenda da demandante acádanse durante os meses de calor altas temperaturas que inciden nas condicións de habitabilidade da referida vivenda tendo en conta que tódalas ventás da mesma dan á referida fachada. Asemade, segundo segue decindo a parte actora no seu escrito de demanda, tal acordo foi adotado por animadversión dos veciños do edificio fronte a ela por un pleito anterior iniciado por unha demanda presentada por Dª. Ángeles. Polo exposto, como xa se dixo, a parte actora exercitou as pretensións antes referidas, solicitou que as mesmas sexan acollidas e a condena en custas da parte contraria.

A Comunidade de Propietarios demandada contestou á demanda e opúxose ás pretensións deducidas pola parte actora no suplico da súa demanda negando, en primeiro lugar, que as circunstancias de calor que pode experimenta-la vivenda da demandante en momentos puntuais do ano afecten á súa habitabilidade. En segundo lugar, esta parte manifestou que os veluxes instalados polos veciños do andar quinto, algúns con toldos e outros con persianas, non son visibles desde a rúa, son da mesma cor que o aluminio e non sobresaen da cuberta do edificio, agás o peche da terraza do NUM012 cuxa instalación foi autorizada pola Comunidade e que da a un patio interior que tampouco se ve desde a rúa. A demandada afirma tamén no seu escrito de contestación á demanda que a demandante non achegou un proxecto no que se especificaran as características do sistema que pretendía instalar senón tan só un orzamento no que as características do sistema en cuestión resulta radicalmente distinto, empezando pola cor, ó que se atopa instalado nas vivendas do andar quinto. En resumo esta parte considera que a denegación da autorización pretendida non resulta abusiva nin contraria a dereito sen que supoña ningún tipo de discriminación da demandante dado que, por un lado, a demandante non concretou de xeito certo as características concretas da instalación que pretende e, por outra banda, a ausencia de paralelismo entre a instalación pretendida pola demandante segundo o orzamento achegado, (toldos en preno centro da fachada do edificio que rompen a estética do inmoble), e as que se atopan no andar quinto que non se ven desde a vía pública. Polo exposto, esta parte solicitou que non se acollan as pretensións deducidas pola parte actora no suplico da súa demanda con condena en custas da mesma.

SEGUNDO.- Cuestión controvertida. Acordos contrarios a dereito e abusivos.

Pois ben, para poder resolver sobre o fondo da cuestión controvertida neste caso compre facer referencia, antes de nada, á normativa de aplicación a este respecto que non é outra que a contida no artigo 18 da Lei 49/1960 , de 21 de xullosobre Propiedade Horizontal o cal sinala:

"1. Os acordos da Xunta de Propietarios serán impugnables ante os tribunais de conformidade co establecido na lexislación procesual xeral, nos seguintes supostos:

a) Cando sexan contrarios á lei ou ós estatutos da comunidade de propietarios.

b) Cando resulten gravemente lesivos para os intereses da propia comunidade en beneficio dun ou varios propietarios.

c) Cando supoñan un grave prexuízo para algún propietario que non teña obligación xurídica de soportalo ou se adotaran con abuso de dereito.

(...) "

Tamén compre cita-lo artigo 7 da referidaLei que establece que o propietario dun piso ou un local poderá modifica-los elementos arquitectónicos, as instalaciones ou servizos, sempre que non altere a seguridade de devandito edificio, a súa estructura xeral, a súa configuración ou estado exteriores, ou prexudique os dereitos doutro propietario. No resto do inmoble non poderá facer obras de ningún tipo, a non ser que se trate dunha urxencia e aínda neste caso deberá tamén comunicalo rapidamente ó administrador. Polo tanto, cualquera obra que afecte ós elementos comúns e que non estea autorizada nos estatutos, deberá ser aprobada pola Comunidad de Propietarios.

Non hai que esquecer tampouco as regras relativas á carga probatoria contidas no artigo 217 da Lei de Axuizamento Civil, segundo o cal:

"Corresponde ó actor e ó demandado reconveniente a carga de proba-la certeza dos feitos dos que ordinariamente se desprenda, segundo as normas xurídicas a eles aplicables, o efecto xurídico correspondente ás pretensións da demanda e da reconvención."

Segundo se desprende do contido do referido precepto a través do mesmo confírese ás partes a iniciativa e carga probatoria impondo ó demandante a carga de proba-los feitos nos que funda a súa pretensión, isto é, a existencia da obriga cuxo cumprimento esixe do demandando e a este correspóndelle acredita-los feitos extintivos, impeditivos ou excluíntes da mesma no caso de que pretenda que non se acolla a demanda, tal e como sinalan diversas sentenzas do Tribunal Supremo de 29/09, 8/10 e 19/12 de 1.989, entre outras.

Par tindo das referidas premisas debemos facer referencia ó acordo concreto obxecto de impugnación, acordo acadado pola Comunidade de Propietarios demandada en Xunta Extraordinaria de 26 de xullo de 2.022 cuxa acta achegada ca demanda como documento nº 23 sinala textualmente:

"TERCERO: SOLICITUD POR PARTE DEL PROPIETARIO DEL NUM001 Y DE LA

PROPIETARIA EL NUM000, PARA COLOCAR EN LAS VENTANAS EL MISMO

SISTEMA DE AISLAMIENTO EXTERIOR QUE TIENEN LOS VELUX DEL

EDIFICIO.PRESENTACIÓN DEL PROYECTO POR PARTE DEL PROPIETARIO

DEL NUM001 Y DE LA PROPIETARIA DEL NUM000.

El propietario del NUM001 y la propietaria del NUM000 (presente en la reunión), solicitan permiso para la instalación en las ventanas del mismo sistema de aislamiento exterior que tienen los velux del edificio. Varios propietarios solicitan que presenten un proyecto, la propietaria del NUM000, Dña. Ángeles indica que no lo tiene porque no es técnicamente posible elaborar un proyecto. No lo tiene ni lo tendrá. Dña. Ángeles procede a explicar en qué consistiría la instalación.

Se procede a la votación:

PROPIETARIOS QUE VOTAN SI: NUM002 - NUM001 - NUM003 - NUM004 - NUM000 - NUM005 - NUM006

PROPIETARIOS QUE VOTAN NO: NUM007 - NUM008 - NUM009 - NUM010 - NUM011 - NUM012 - NUM013 - NUM014 - NUM015

ABSTENCIONES: NUM016

No es aprobada la propuesta."

Pois ben, considera a parte demandante que tal acordo é contrario á Lei e ós estatutos, (estatutos achegados a autos como documentos nº 32.1 e nº 32.2 da demanda), e ademais resulta abusivo.

Para empezar, manifesta a parte demandante a existencia dunha variación entre a convocatoria da Xunta Extraordinaria cuxo acordo estamos examinando e a orde do día que finalmente se fixo constar na acta da mesma. A este respecto, examinada a referida convocatoria, (documento nº 19 da demanda), e a acta da reunión, (documento nº 23 da demanda), efectivamente existe unha discrepancia en relación á data da reunión e en relación á solicitude da reunión que, segundo a convocatoria foi a instancia da veciña do NUM000 e, segundo a acta da reunión foi a instancias dos veciños do NUM000 e NUM001. Agora ben, considera esta Xulgadora que tales variacións non constitúen infracción da Lei nin dos Estatutos, sendo que, tal e como recoñece a propia demandante no seu escrito de demanda, as modificacións foron comunicadas ós veciños por correo electrónico pola administradora da Comunidade e, ademais, non afecta ó motivo esencial da convocatoria que era a intención da veciña do NUM000 de someter a votación a colocación dun sistema de illamento térmico semellante ó teñen os veciños do quinto andar.

Por outra banda, tamén afirma a parte actora que na convocatoria e na acta da reunión fíxose constar a esixencia de que se aportara un proxecto para execución da obra. Novamente considera esta Xulgadora que esta esixencia non constitúe infracción legal nin estatutaria ningunha, máxime se temos en conta as características da obra que afecta a todas luces a unha fachada principal do edificio ca modificación da estética do mesmo tal e como se desprende do propio contido do ditame pericial achegado a autos pola parte demandante. Compre tamén ter en conta que non se achegou a autos proba ningunha de que a obra en cuestión non precise proxecto para ser executada, declarando o perito da parte actora que para a execución da obra que se propón en tal ditame resulta precisa unha memoria técnica e licenza do Concello. Compre sinalar tamén, que na acta da reunión non consta ningunha queixa da demandante ou do veciño do NUM001 en relación ó contido da convocatoria ou da orde do día que se ía tratar.

Finalmente, en canto á causa de impugnación prevista no apartado c) do artigo 18.1º da Lei 49/1960, de 21 de xullo sobre Propiedade Horizontal, é dicir, por consideralo a parte actora adotado con abuso de dereito, resulta ilustrativa a sentenza do Tribunal Supremo de 17 de novembro de 2.011 cando a propósito da modificación dun elemento común por un veciño di:

"En materia de propiedad horizontal, la STS de 16 de julio de 2009 (RC num. 2204/2004 ) ha entendido que el abuso de derecho, referido en el artículo 18.1 c) de la Ley, consiste en la utilización de la norma por la comunidad con mala fe civil en perjuicio de un propietario, sin que pueda considerase general el beneficio de la comunidad y, sin embargo, afecta de manera peyorativa a uno de sus partícipes. En definitiva la actuación calificada como abusiva no debe fundarse en una justa causa y su finalidad no será legítima

C) En el presente supuesto, y pese a que las cinco perforaciones ejecutadas afectan a un elemento común cual es un muro de carga, cuestión esta no controvertida, la razón de decidir de la sentencia se ajusta plenamente a la doctrina jurisprudencial expuesta sobre la teoría del abuso de derecho en el ámbito de la propiedad horizontal. Efectivamente, constituye un hecho fijado por la sentencia recurrida, y por ende inamovible, que la instalación de fontanería que resulta necesaria tanto para la habitabilidad como para el disfrute de la vivienda afectada discurre a través de los cinco agujeros de 50 x 30 centímetros realizados en el muro de carga, por lo que comporta un beneficio real para la parte recurrida cuya obtención es necesaria para hacer posible la habitabilidad de la vivienda. Por otro lado, frente al beneficio debidamente probado de la ahora parte recurrida, las perforaciones ejecutadas no conllevan, según valoración probatoria efectuada en la sentencia recurrida, ninguna alteración o afectación de la estructura o estabilidad del elemento común sobre el que se han realizado las obras litigiosas, por lo que ningún beneficio obtiene la comunidad de propietarios en el supuesto de remoción del muro de carga al estado anterior a la realización de las obras litigiosas. En definitiva, y tal y como declara la doctrina jurisprudencial al efecto y concluye la sentencia recurrida, en el presente supuesto, la comunidad de propietarios ha ejercitado acción frente a un copropietario, con claro perjuicio para este y con ausencia de interés legítimo para aquella, con patente ejercicio abusivo del derecho."

Así as cousas, trasladando tal xurisprudencia ó caso concreto que aquí nos atinxe, a concorrencia do abuso de dereito no eido no que nos atopamos implica que o acordo impugnado prexudique os intereses lexítimos da demandante sen causa xustificada, é dicir, sen que a concesión da autorización supoña un prexuízo obxectivo para a Comunidade.

Pois ben, en canto á primeira circunstancia, o beneficio lexítimo que se pretende obter a través da instalación de sistemas de illamento nas ventás, alega a demandante as altas temperaturas que se acadan no interior da vivenda durante os meses de máis calor, ata o punto de convertir as estancias afectadas en inhabitables, de xeito que, segundo isto, resultaría fundamental para paliar tal problema a instalación dun sistema para obstaculiza-la entrada da luz solar na vivenda en cuestión consistente en toldos ou persinas.

A referida circunstancia expresada pola parte demandante foi acreditada a través do ditame pericial achegado a autos co escrito de demanda como documento nº 26 elaborado por D. Aureliano que ratificou o seu ditame no acto da vista, incluíndo os datos de medición de temperaturas realizado pola empresa Eptisa na vivenda en cuestión. Devandito perito explicou no acto do xuízo que a vivenda da demandante está exposta a elevadas temperaturas ó igual que o resto das vivendas do edificio cuxas ventás dan á mesma rúa e cuxos veciños intentan atalla-lo problema como poden: persinas, parasoles de coches... e que dentro da referida vivenda sempre vai calor, máis de vintecinco graos, mesmo de noite. Sinala textualmente tal ditame:

&Según se desprende del informe del laboratorio EPTISA han sido realizadas mediciones en todas las estancias de la vivienda, excluidos los baños.

E n las mismas fechas y horas han sido registradas las temperaturas exteriores (tomadas de la estación meteorológica de Meteogalicia en Vigo), arrojando los datos reseñados en el informe.

Si entramos al detalle vemos que apenas hay variación de temperaturas entre el día y la noche. Si deseamos bajar la temperatura simplemente mediante ventilación natural, al estar todas las ventanas en la misma fachada no se produce la deseada corriente de aire que permitiría disipar algo de calor al aportar aire a menor temperatura desde el exterior, aunque por otra parte tendríamos el problema del ruido de la calle (vía con tráfico rodado intenso). En las fotografías adjuntas se pueden visualizar las distintas soluciones adoptadas por los vecinos con vivienda a la fachada sureste para mitigar el problema, y que consiste en la colocación de parasoles de coche, paneles de aislamiento o similar tras las ventanas en las horas de soleamiento; otros optan directamente por cerrar las persianas condenándose a vivir en penumbra. Otros mantienen abiertas las ventanas con la persiana bajada (no ventila nada y por tanto no baja la temperatura o sin la persiana bajada (ventilación limitada y mayor soleamiento). Los residentes en el bajo cubierta lo han resuelto mediante toldos en las ventanas de tejado, similares a los que se pretenden instalar en la vivienda objeto del informe."

Concretamente, en relación ás temperaturas acadadas na vivenda en cuestión as medicións realizadas pola empresa Eptisa achegadas co ditame pericial antes referido, (realizándose as referidas medicións desde o día 10 de agosto ata o día 18 do mesmo mes do ano 2.022 en tódalas estancias da vivenda agás os cuartos de baño e en diferentes horas do día), resulta que as temperaturas acadadas non baixaron dos 26 graos, acadando mesmo máis de 30 graos en ocasións.

Asemade, en relación ás causas das elevadas temperaturas, o ditame pericial sinala:

"El principal motivo de este calentamiento excesivo de la vivienda debe atribuirse a una serie de factores como son: la orientación de la fachada, unido a la gran superficie acristalada (vidrios sin control solar), a la inexistencia de edificios altos enfrente que podrían ofrecer sombra al ir declinando el sol en su recorrido este-oeste y a la propia configuración de la distribución de la vivienda, que dificulta la ventilación cruzada natural.

(...)

La carpintería existente efectivamente es de aluminio, aunque se trata de un doble ventanal de apertura corredera con vidrio sencillo, sin rotura de puente térmico, y la persiana en lugar de estar colocada hacia el exterior se encuentra alojada en el hueco entre ambas ventanas."

O contido de devandito ditame pericial, ademais de non ser contradito a través de ningún outro medio probatorio practicado en autos, foi corroborado, en canto ás condicións de calor existentes no interior da vivenda polas declaracións prestadas no acto do xuízo por D. Daniel, veciño de NUM001 do mesmo edificio e sobre todo por D. Eleuterio, veciño que non da á DIRECCION000 e que, polo tanto, non sufre este problema. Segundo esta última testemuña, tódolos veciños que dan á DIRECCION000 se queixan do excesivo calor que hai no interior das súas vivendas.

Así as cousas, á marxe de que tales circunstancias de excesivo calor sexan exclusivas dunha época ou temporada ó ano ou de que afecten ou non á saúde da demandante, o certo é que considera esta Xulgadora acreditada a existencia dun interese lexítimo por parte da mesma para interesa-la instalación dalgún sistema que permita baixa-la temperatura da vivenda durante o período estacional onde as elevadas temperaturas no exterior diminúan as condicións de habitabilidade da vivenda e confort térmico da mesma, condicións de habitabilidade que sen dúbida se ven afectadas durante os períodos de calor segundo se desprende das medicións de temperatura realizadas no inmoble ás que antes se fixo referencia.

Agora ben, acreditada a existencia dun interese lexítimo, non arbritario nin caprichoso, na solicitude de autorización realizada pola parte demandante á Comunidade de Propietarios, compre examinar se a negativa efectuada pola referida Comunidade resulta igualmente xustificada ou pode ser cualificada de arbitraria ou abusiva.

A este respecto na acta da referida reunión así como das declaracións practicadas no acto da vista en calidade de testemuñas despréndese que o motivo da negativa foi a indeterminación da demandante á hora de explicar exactamente o sistema que pretendía instalar e o xeito de levalo a cabo.

Así, na acta da reunión consta que varios veciños pediron a presentación dun proxecto e no acto da vista declarou en calidade de testemuña a administradora da Comunidade de Propietarios Dª. Sonia, que manifestou que pedíuselle un proxecto á demandante pero só levou á reunión un orzamento e explicou un pouco verbalmente como sería a instalación, tamén dixo que técnicamente non quedaba nada claro como ía ir colocado o sistema, que os veciños tiñan dúbidas e que só querían saber como ía se-la instalación en cuestión. Segundo esta testemuña, os sistemas de veluxes instalados polos veciños do quinto andar están colocados en lugares que non son visibles desde a vía pública ó igual que o peche da terraza que realizou outro veciño co permiso da Comunidade e que esta circunstancia explicáronllo moitas veces a Ángeles noutras reunións pero a mesma insiste en que é a mesma cousa. Tamén explicou esta testemuña que se fixo unha segunda reunión á que Ángeles levou unha mostra dun toldo que era moi grande e con máis razón os veciños dixeron que non.

Tamén declarou en calidade de testemuña D. Eleuterio, veciño do NUM003 cuxa vivenda non da á DIRECCION000, quen manifestou no acto do xuízo que os veciños dicían que non sabían o que se estaba pedindo, que Ángeles quería poñer o mesmo sistema que teñen os veciños do quinto andar e que o resto propietarios dicían que non era o mesmo dado que os veluxes do andar quinto están fora da fachada. Finalmente, tamén dixo esta testemuña que ó final Ángeles deixou o asunto ó criterio da Comunidade, que instaba o sistema que a Comunidade considerara oportuno pero ó final votouse que non.

Segundo se desprende do contido da acta e das declaracións antes analizadas, os motivos esenciais que levaron ós veciños a rexeita-la petición da demandante non foron outros que a indeterminación da petición da mesma. Así, a instalación de veluxes semellantes ós que se colocaron no andar quinto foi rexeitada dado que os veciños consideraron que non eran situacións comparables dado que os referidos veluxes atópanse instalados na cuberta do edificio e non son visibles desde a vía pública. E, por outra banda, a instalación doutro sistema distinto non foi suficientemente explicado por parte da demandante.

Pois ben, os referidos motivos considéranse suficientes por esta Xulgadora para xustifica-la negativa da Comunidade de Propietarios demandada sendo que, efectivamente consta en autos a través do propio ditame pericial achegado a autos pola parte demandante, que a mesma pretende a instalación do sistema de illamento de calor nunha das fachadas principais do edificio, fachada acristalada, e á altura do terceiro andar co correspondente impacto visual e modificación estética do edificio polo que resulta razoable a esixencia por parte da Comunidade de Propietarios dunha mínima concreción técnica a cerca do sistema que se pretende instalar e o xeito de levar a cabo a instalación. A este respecto, considérase acreditado segundo a proba examinada máis atrás, que a demandante non presentou proxecto nin documento técnico ningún que os veciños puidesen examinar para cerciorarse de cal ía se-lo sistema e en que termos se ía realiza-la instalación. Hai que ter en conta tamén que, segundo se desprende do contido da propia demanda e documentación achegada, hai, cando menos, outro veciño interesado en instalar un sistema semellante e unha autorización pouco concreta podería dar lugar á circunstancia de que se puidesen instalar mecanismos distintos e en cada vivenda co conseguinte modificación estética da fachada. Tamén compre sinalar que o propio perito da parte actora manifestou no acto da vista que para a colocación do sistema en cuestión resulta preciso unha memoria técnica e licenza do Concello do que se desprende que non nos atopamos no eido dunha obra sinxela ou menor que non requira supervisión de ningún tipo.

En canto á alegación de discriminación con respecto doutros veciños do edificio e a circunstancia de que a decisión foi tomada por animadversión dos membros da Comunidade fronte á demandante, considera esta Xulgadora que non concorren neste caso sendo que as instalacións ás que se refire a demandante non son comparables ca que a mesma pretende realizar. Así, tal e como se desprende tanto das declaracións practicadas no acto da vista como do contido do ditame pericial achegado a autos pola propia parte actora, os veluxes do quinto andar están colocados na cuberta do edificio e non son visibles desde a vía pública, ó igual que a cuberta da terraza que se lle permitiu a outro veciño que, segundo as referidas declaracións, dan a un patio interior e tampouco se ve desde a rúa. Non emperece as referidas conclusións a circunstancia de que a instalación dos veluxes do quinto andar se realizara sen autorización da Comunidade de Propietarios dado que a actuación irregular dalgún propietario non supón que a Comunidade deba autoriza-la realización de obras semallantes en contra da súa vontade.

Así as cousas, á marxe dos conflictos internos que poidan existir entre a demandante e parte dos veciños da Comunidade, considera esta Xulgadora que neste caso a decisión obxecto de impugnación foi tomada en base a motivos obxectivos, atópase xustificada e considérase, polo tanto, ausente de calquera circunstancia de abuso denunciada pola demandante.

Polo exposto, as pretensións deducidas pola parte demandante no suplico da súa demanda non poden ser acollidas.

TERCEIRO.- Custas.

En canto ás custas, aplícase o previsto no artigo 394 da Lei de Axuizamento Civil de xeito que as custas serán aboadas pola parte actora.

Fallo

ACORDO NON ACOLLE-LA demanda presentada polo procurador dos tribunais D. José Antonio Fandiño Carneiro, en nome e representación de Dª. Ángeles, contra a Comunidade de Propietarios do Edificio sito no nº DIRECCION000 da localidade de Vigo.

Con expresa condena en custas da parte demandante.

Notifíquese esta resolución ás partes y fágaselles saber que a mesma non é firme e contra ela cabe presentar RECURSO DE APELACIÓN ante a ILMA. AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA no prazo de VINTE DÍAS que se conta desde o día seguinte ó da súa notificación.

Por esixilo así a disposición adicional decimoquinta da Lei Orgánica 6/1985 de 1 de xullo, A PRESENTACIÓN DE RECURSO CONTRA A PRESENTE RESOLUCIÓN ESIXE A CONSTITUCIÓN DUN DEPÓSITO DE 50 EUROS.

O depósito da mentada suma deberase acreditar no momento de prepara-lo recurso de apelación.

Están exceptuados da obriga de constituí-lo depósito quen teña recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Así o pronuncia, manda e asina Dª. ENCARNACIÓN DASI DORELLE Maxistrada Titular deste Xulgado de Primeira Instancia nº 13 de Vigo e o seu Partido.

PUBLICACIÓN.- Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza pola Sra. Maxistrada que a suscribe, en audiencia pública. DOU FE.

A MAXISTRADA A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso no que foi ditada só poderá levarse a cabo despois da disociación dos datos de carácter persoal que contivese e con preno respeto ó dereito á intimidade, ós dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutela ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexudicados, cando proceda.

Os datos personais incluidos nesta resolución non poderán ser cedidos, nin comunicados con fins contrarios ás leis.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.