Última revisión
09/03/2000
Sentencia Civil Nº 110, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 473 de 09 de Marzo de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 8 min
Orden: Civil
Fecha: 09 de Marzo de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO
Nº de sentencia: 110
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCIÓN PRIMEIRA
PONTEVEDRA
Rolo Civil : 0473/98
P. Civil : 0078/98
Orixe : XDO. 1ª INSTANCIA DE CANGAS-2
Tipo Asunto: SEPARACIÓN
A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por don JAIME CARRERA IBARZABAL, presidente, don LUCIANO VARELA CASTRO, e don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, maxistrados, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENCIA NÚM. 110
Pontevedra, o nove de marzo do dous mil.
O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil número 0078/98, vindo do XDO. 1ª INSTANCIA DE CANGAS-2, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandado, don JOAQUÍN, representado nesta instancia polo procurador Sr. Sanjuán Fernández, baixo a dirección do letrado Sr. Borras Sanjurjo; doutra, como apelada e demandante, dona ANA MARÍA, a quen representa o procurador Sr. López López e dirixe o letrado Sr. Carragal Rey; e, amais, dunha outra, como apelado e demandado, o MINISTERIO FISCAL, en xuízo de separación.
I.- ANTECEDENTES DE FEITO
PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 18 de novembro 1998, o Sr maxistrado-xuíz do XDO. 1ª INSTANCIA DE CANGAS-2 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:
DECISIÓN. "Que estimando parcialmente la demanda de separación matrimonial formulada por el procurador Sr. Maquieira Gesteira en nombre y representación de Ana María contra Joaquín, representado por la procuradora Sra. Barrientos Barrientos, debo decretar y decreto la separación del matrimonio contraído por ambos el 9 de septiembre de 1979 con todos los efectos legales y en particular los siguientes:
1.- La guarda y custodia del hijo menor del matrimonio, Hugo, se atribuye a la madre, siendo la patria potestad compartida.
2.- La vivienda conyugal está en el número 220 de la calle …de Moaña, así como la de sus muebles y enseres, se atribuye a la demandante debiendo el demandado abandonarla llevándose los objetos de exclusivo uso personal, previo inventario.
3.- Joaquín, deberá abonar mensualmente a Ana Mª. la cantidad de 250 000 pesetas, mensuales, en doce mensualidades anuales, mediante ingreso en la cuenta que viene haciéndolo, por mensualidades anticipadas y dentro de los cinco primeros días de cada mes, como pensión alimenticia en favor de los dos hijos del matrimonio en tanto no alcancen la independencia económica.
4.- Asimismo, como pensión compensatoria, deberá ingresar dentro de los cinco primeros días de cada mes, en doce mensualidades anuales, la cantidad de 100 000 pesetas.
5.- Ambas cantidades se actualizarán anualmente, con efectos a 1 de enero de cada año natural, con arreglo a las variaciones que experimente el IPC.
6.- El padre podrá comunicar con el hijo menor, Hugo, cuantas veces quiera y tenerlo en su compañía con su consentimiento, todos los fines de semana que esté desembarcado, desde las 10:30 horas del sábado a las 22:00 horas del domingo, debiendo comunicarlo al otro progenitor con 5 días de antelación.
7.- Se declara disuelta la sociedad de gananciales cuya liquidación se practicará en ejecución de sentencia.
8.- No se hace expresa condena en costas a ninguna de las partes".
Fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituido en parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tívoselles por comparecidas, entregóuselles aquelas para instrucción por termo de dez días a cada unha e, despois de aviaren o devandito trámite, pasáronselle por igual termo e co mesmo obxecto ao maxistrado relator. A seguir, sinalouse día para a vista do recurso, que tivo lugar na data de dezaseis de febreiro do año que andamos, coa asistencia dos letrados das partes, non comparecendo o Ministerio Fiscal.
SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.
Foi relator o maxistrado don LUCIANO VARELA CASTRO, quen expresa o criterio da Sala.
II.- FUNDAMENTOS XURÍDICOS
PRIMEIRO. A parte apelante veu a esta instancia reclamando que fose, cando menos en parte, relevado da obriga contributiva de custos familiares e pensión compensatoria imposta a prol da parte actora e fillos comúns.
Argumento esencial do recurso foi a protesta de que o xulgador computara uns ingresos inatinentes na medida en que de percibo intermitente e mesmo de persistencia dubidosa, así como que a actora actuara con dupla argucia: move-la demanda no intre de meirande ingreso polo esposo e logo de facer abusivo uso do apoderamento dado por este para descapitaliza- la sociedade de gananciais mediante a doazón do inmóbel a domicilio.
Estas dúas derradeiras alusións son de cativo relevo. A doazón cómpre que sexa combatida entre quen teña que ser preito no procedemento tentado para ese efecto. Os ingresos cómpre computalos alén daquela accidentalidade da data de movemento da demanda.
Nótase, xa que logo, que, amais da consideración que se fará verbo da parte activa -esposa e fillos-, o dato esencial era contar cunha críbel e completa información verbo dos ingresos do apelante.
Aí a recorrida foi ben pouco explicativa. Pero movida proba nesta instancia, cómpre agora a súa avaliación.
SEGUNDO. A sentencia recorrida parte de dúas premisas: o importe entregado polo esposo durante o que denomina a "formal convivencia" e a presunción -non esclarecida de abondo- de que o traballo de mecánico nun barco reporta ingresos que cualifica de "cuantiosos" pero que a recorrida non cuantifica.
Nesta instancia, a teimuda reclamación de información da patrona do esposo tampouco non reflicte exactamente os seus ingresos: O esposo manifesta que non ten outros ingresos que os percibidos desa patrona. Esta manifesta terlle entregadas no año 1998 un total de 3 160 547 pesetas, cando o esposo recoñece á Facenda ter pericibidos nese año máis de 4 millóns. E, asemade, o esposo declara polos tres años 1997 a 1999, incluidos, máis ingresos dos que a empresa manifesta terlle entragado.
O que leva a dúas consecuencias: partir da cantidade declarada polo esposo á Facenda e mandar deducir testemuño pola eventual comisión de alguén da empresa dun delicto de falsidade.
TERCEIRO. A demanda foi movida en marzo de 1998. Os ingresos do esposo, nese tempo, amosábanse en liña de crecemento ininterrompido. Como deriva da comparación dos ingresos declarados para os años 1997 e 1998.
Os ingresos do año 1998 ascendían, segundo declaración á Facenda, a máis de 4 800 000 pta, en cómputo anual, o que implica xa considerar que parte do año o esposo non traballa.
O año 1998 é a data a considerarmos sen prexuízo da alteración posterior das circunstancias que poida ser feita valer no procedemento que corresponda.
Cómpre agora atender á idade dos fillos, ámbolos dous dependendo dos pais, segundo pode establecerse na falta de proba en contrario, pero, tamén, a que non consta na sentencia que tales fillos teñan xerado custos excepcionais. Polo que a súa alimentación non semella necesitar unha contía de custo superior a 75 000 pesetas por fillo.
E, asemade, é mester considerarmos que a esposa se ten adicado só ao coidado da familia, cousa que a parte apelante non cuestiona, alén da alegación de que "podería" adicarse a traballos por conta allea, pero sen que tal capacidade se acredite como posibilidade efectiva de dispoñer dese posto de traballo.
Daquela, a cantidade fixada na recorrida amósase como prudente.
Acae atérmonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,
DECIDIMOS
Que é mester nós estimarmos en parte, e dese xeito o facemos, o recurso de apelación movido por don Joaquín fronte á sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Instancia de Cangas-2, no xuízo de separación núm. 78/98, revogando a sentencia apelada só no concreto particular de fixarmos en 75 000 pesetas a cantidade que o esposo deberá entregar mensualmente para alimentación de cada fillo (nun total de 150 000 pesetas), confirmando cada unha das demais pronuncias da apelada.
Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.
Deste xeito, por esta a nosa sentencia, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.
