Última revisión
11/11/2008
Sentencia Civil Nº 1190/2007, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Rec 8438/2005 de 25 de Septiembre de 2007
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Civil
Fecha: 25 de Septiembre de 2007
Tribunal: TSJ Galicia
Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO
Nº de sentencia: 1190/2007
Fundamentos
SENTENCIA DEL TRIBUNAL SUPERIOR DE JUSTICIA DE GALICIA, SALA DE LO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO
RECURSO Nº: 8438/2005
SENTENCIA Nº: 1190/2007
FECHA: 25/09/2007
PONENTE: FERNANDO FERNANDEZ LEICEAGA
A Coruña, veinticinco de setembro de 2007.
O proceso contencioso- administrativo núm. 03/ 0008438/ 2005, pendiente da resolución nesta sala, presentouno a XUNTA DE GALICIA coa representación e coa asistencia do letrado dos seus servicios xurídicos contra á resolución de 31.03.2005 do TEAR; é parte demandada o TEAR coa asistencia do letrado do Estado. A contía do recurso é indeterminada.
ANTECEDENTES DE FEITO
PRIMEIRO.- Despois de ser admitido a trámite o recurso e tras practica- las dilixencias oportunas, a parte recorrente formalizou a demanda; onde alegaba o que consideraba pertinente e rematou coa solicitude de que se dictase sentencia na que se estimase o recurso.
SEGUNDO.- Déuselle conta á parte demandada, quen a contestou en tempo e forma, para alega- lo o que considerou oportuno e rematou coa súplica de que fora desbotado o recurso.
TERCEIRO.- Tralo tramite de conclusións, declarouse rematado o debate escrito e sinalouse a votación e o acordo o día 20.09.2007.
CUARTO.- Os trámites e mailas formalidades legais foron cumpridas.
VISTO: Ë relator o Iltmo. maxistrado. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
PRIMEIRO.- o recurso diríxese contra o acordo de 31.03.2005 do TEAR que acolle o recurso económico administrativo da sociedade Promociones de Obras Inmobiliarias Maconfre Sl contra á liquidación por actos xurídicos documentados.
O recurso acollérono por que a administración, na escritura de agrupación de fincas- de 13.11.2001 establecera un valor para finca agrupada de 267.907,15 euros, en tanto que respecto da escritura de obra nova en construcción e división horizontal - de 13.11.2001 - eleva o valor do solo en 189.137,96 euros.
O TEAR, dado que falarmos de escrituras outorgadas na mesma data, entende que non é posible atribuirlle un valor diferente o solo que o que fixou a propia administración no expediente 26192/ 01.
O letrado da Xunta discrepa deste criterio, dado que entende que é posible que o solo urbano teña unha distinta valoración en atención, ó paso do tempo, cambio das súas caraterísticas físicas ou xurídicas.
Dado que as escrituras son da mesma data, concreta que a diferente valoración é debida a: a) concreción de aproveitamentos - sotos, baixo cubertas, locais ... e b) existencia de licencia.
Entendemos que, para o caso presente (falarmos de escrituras outorgadas o mesmo día e con relación ó mesmo solar), a alegación do letrado da Administración non podemos acollela.
De acordo co artigo 70.2 e 3 RD 828/ 1995 : 2. En la base imponible de las escrituras de constitución de edificios en régimen de propiedad horizontal se incluirá tanto el valor real de coste de la obra nueva como el valor real del terreno.
3. En las escrituras de agrupación, agregación y segregación de fincas, la base imponible estará constituida, respectivamente, por el valor de las fincas agrupadas, por el de la finca agregada a otra mayor y por el de la finca que se segregue de otra para constituir una nueva independiente.
En ámbolos dous supostos falarmos de valor real, e este no pode ser distinto para escrituras suxeitas ó mesmo imposto e outorgadas o mesmo día.
Ë certo que, como indica a STSX Burgos de 09.03.2007 : El valor real del terreno del edificio es su valor en la fecha del hecho imponible, con todas sus circunstancias actuales (obligación de haber realizado con anterioridad o simultáneamente las cesiones, en su caso, urbanización... etc.), de acuerdo con el aprovechamiento realmente materializado (técnica normal de valoración que contempla que el terreno vale por lo que es capaz de producir o ha producido) que es el aprovechamiento declarado en la escritura por el interesado, por repercusión de los diferentes usos descritos en la misma., polo que sería posible avalia- lo terreo en consideración á repercusión do aproveitamento materializado no solar, máis este era un dato que xa lle constaba a administración cando fixo a liquidación por acto xurídico documentado da escritura de agrupación de fincas, resultando contrario á lóxica que se determine un valor distinto nunha e outra escritura, polo que rexeitámo- lo recurso.
SEGUNDO.- Non existe motivo para face- la imposición das custas. Logo do dito
DECIDIMOS
Rexeitámo- lo recurso contencioso administrativo do letrado da Xunta, no nome da XUNTA DE GALICIA contra o acordo de 31.03.2005 do TEAR ( liquidación A. X. D 54/ 730/ 2003 ).
Non se fai declaración das custas. Contra a esta resolución non existe recurso ordinario algún. Logo de ser firme a sentencia, envíeselle o expediente administrativo ó Centro de procedencia, xunto coa certificación e comunicación.
Así o mandamos e asinamos.
PUBLICACION Leída y publicada ha sido la anterior sentencia por el Ilmo. Sr. Magistrado Ponente D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA al estar celebrando audiencia pública en el día de su fecha la Sección 003 de la Sala de lo Contencioso- administrativo de este Tribunal Superior de Justicia, de lo que yo, Secretaria, certifico.

