Sentencia Civil Nº 132/20...zo de 2008

Última revisión
05/03/2008

Sentencia Civil Nº 132/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3463/2006 de 05 de Marzo de 2008

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Civil

Fecha: 05 de Marzo de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 132/2008

Núm. Cendoj: 36057370062008100136

Resumen:
Se estima el recurso de apelación interpuesto contra sentencia dictada por el Juzgado de 1ª Instancia Núm. 11 de Vigo, sobre contrato de seguro. En el supuesto se condenó a la aseguradora demandada a satisfacer una determinada cantidad correspondiente al importe de la reparación de un suelo, y ello en base a la existencia de una póliza de seguro del hogar. La Sala considera que el actor no ha acreditado que los daños reclamados fueran producidos por agua, que es el supuesto de cobertura en póliza; en consecuencia, absuelve a la aseguradora, sin efectuar condena en costas, por apreciar dudas de hecho sobre la causa del siniestro.

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00132/2008

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 3463/06

Procedemento de orixe: ORDINARIO 142/06

Órgano de procedencia: 1ª INSTANCIA Nº 13 DE VIGO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, D. Julio Picatoste Bobillo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 132/08

Vigo, cinco de marzo de dous mil oito

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 142/06 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 11 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3463/06, nos que aparece como parte

apelante-demandante-impugnado D. Mauricio representada polo/a procurador/a D./D.ª AUXILIADORA

RUIZ SANCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª MANUEL IGLESIAS FERNÁNDEZ e como parte contra da que se apela e

Demandado-Impugnante SEGUROS LA ESTRELLA S.A. representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE A. FANDIÑO CARNERO

e asistida do/da letrado/a D./D.ª PILAR HOMBRE RODRÍGUEZ. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo,

quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 13 de Vigo, con data do 6 de xullo de 2006, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Se estima parcialmente la demanda presentada por la Procuradora Dña. Auxiliadora Ruiz Sánchez en nombre y representación de Mauricio contra la entidad aseguradora LA ESTRELLA S.A. representada por el Procurador D. José Antonio Fandiño Carnero.

Se condena a la demandada al abono de la suma de 2.671,26 euros más los intereses del artículo 20 de la Ley de Contrato de Seguro desde la fecha de la presente resolución y hasta su completo pago.

Cada parte abonará las costas causadas a su instancia y las comunes por mitad."

Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Auxiliadora Ruiz Sánchez, en representación de D./D.ª Mauricio, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 28 de febreiro de 2008.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: A primeira e prioritaria cuestión a analizar e decidir é a relativa á causa do sinistro, ora a caida de auga sobre o pavimento cerámico, provocando o seu levantamento, en cuxo caso o dano aparecería cuberto pola póliza, chamada de "seguro integral do fogar", na modalidade de danos causados por auga; ora en asentamentos ou dilatacións anómalas, tese sostida pola compañía de seguros demandada, suposto que quedaría excluido loxicamente daquela cobertura. E circunscrita a controversia a este extremo, adquiren especial relevancia para a sua resolución, naturalmente, as duas pericias incorporadas aos autos, ademais da proba documental fotográfica.

A versión do demandante, dono da vivenda asegurada, e a que constitúe a sua morada, é a de que "o día 9 de xuño de 2.002, como consecuencia dunha fuga de auga da neveira, prodúxose un levantamento do solo da cociña" (así se di literalmente no feito terceiro da demanda, e no feito terceiro da papeleta de conciliación). E precisando ainda mais os feitos, a parte actora ven indicar que a causa desa fuga de auga da neveira - mais concretamente, do seu conxelador- foi que saltou o interruptor, producindose a descoxelación.

Pois ben, a sentenza de primeira instancia estima acreditada a narración de feitos do actor, dando preferencia á proba pericial ofrecida por esta parte, fronte á outra pericia, por entender que aquela primeira é mais sólida, ou en expresión utilizada por aquela resolución "mais razoable".

A pericia ofrecida polo demandante ten en conta varios feitos para chegar á conclusión que postula: a antigüidade do pavimento, non inferior e dez anos, a carencia de fendas nas paredes e pilares da cociña, o levantamento de moi poucas plaquetas, a fectación dunha zoa moi concreta e localizada, o levantamento recente, e a persistencia de auga que chega ao soto do edificio, incluso dous días despois. E o perito remata tamén por afirmar que a auga debeu permanecer durante bastantes horas ou ata un día.

Mais esas apreciacións periciais, nin están todas suficientemente contrastadas, nin teñen necesaria e únicamente a significación que a parte actora postula.

Ante todo convén por de relevo que a versión ofrecida por este último litigante presenta xa inicialmente, e por se mesma, importantes lagoas e doses de fraxilidade, pois se se produxo o curte de suministro eléctrico ao frigorífico, ao saltar un interruptor: A) A desconxelación non é rápida, senón que producirase loxicamente transcorridas moitas horas, cando non un dia ou mais. B) Que atopándonos ante unha vivenda que constitúe a residencia habitual do seu morador, non parece natural que tarde tanto tempo en advirtir aquela continxencia elécrica, que afectaría, non só ao compartimento do conxelador, senón tamén ao resto do frigorífico, parte esta última de uso cotiá e repetitivo. C) Que se atopa ainda menos sentido a que o morador non advirta, producido o fenómeno desconxelatorio, a suposta saida de auga sobre sitio tan visíbel como o pavimento da cociña, deixando a auga durante moitas horas, ou sobre un dia, en tese pericial desa parte. D) Que atopándonos ante unha neveira tipo estandar, composta de frigorífico e conxelador - pois así semella deducirse da fotografía nº 2, obrante ao folio 43, e que sinalamos con un círculo, ademais de non afirmar outra cousa o demandante- a auga que poda sair da mesma ten que ser moi pouca, en canto producto só e exclusivo do xeo que poido acumularse. E) Que esa escasez de auga é de difícil, cando non de imposible compaxinación coa afirmación do perito do actor, no senso de que a auga ainda se manifestaba no soto do inmoble dous dias mais tarse, despois de atravesar toda a placa, nunha aseveración ilóxica pola moi pouca auga que pudo sair do conxelador, e que non aparece contrastada pola fotografía que se aporta, pois non sabemos real e certamente que esas manchas se correspondan ou estean en liña coa cociña da vivenda do demandante F) En último termo, se examinamos esa foto, ao folio 45 - por certo, unha soa e tomada non coa suficiente proximidade-, o que podemos deducir, a sua esquerda, son unhas manchas de humidade, non precisamenete cativas, e, polo demais, en parte con unha cor negra ou escura, especialmente na viga, que se algo denota é a sua antigüidade. Todos esas circunstancias non son favorables, precisamente, nin á conclusión do perito proposto pola parte actora, nin, en último termo, á pretensión desta última.

Por outra banda, os outros datos, do levantamento do pavimento, recente, dalgunhas plaquetas soamente, e a efección de moi pousa e limitadas zoas, son compatibles con unha e outra versión.

Finalmente, non queremos deixar de puntualizar: A) Que a tese das dilatacións anómalas ten encaixe coa falta de xuntas entre plaquetas. B) Que as plaquetas cerámicas para cociñas están estudiadas, como atinadamente apunta o perito aportado pola demandada, para que podan ser limpadas con auga, que ainda que se seca logo, naturalmente, non por iso se elimina, sempre, todo resto dela, e de humidades, sen que por iso se produza o levantamento, ou por decilo doutro xeito, a morfoloxía do pavimento fai mais difícil o levantamento da plaqueta por mor da auga. C) Que, noutra orde de cousas, nas fotografías aportadas obsérvase o levantamento entre tres e cinco plaquetas, das que tan só unha delas aparece rota (a sinalada con unha cruz nas duas fotos do folio 43), e polo tanto inservíbel. D) Finalmente, non se acredita que por non haber plaquetas iguais, fora necesaria a reposiciónn total do pavimento.

En conclusión, non atopamos razóns para dar maior forza probatoria á pericia traída ao proceso pola parte actora, fronte á auspiciada pola aseguradora demandada, e como a aquel contendente incumbía acreditar que os danos que reclama foron "producidos por auga", tal como alega ao abeiro da póliza de seguros, a sua demanda non pode prosperar.

O rexeitamento da demanda fai entón innecesaria o análese dos demais motivos dos recursos dunha e outra parte litigantes.

Segundo.- A dúbidas de feito observadas sobre a etioloxía do sinistro lévanos a non facer unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que ao acollela impugnación formulada pola compañía de seguros LA ESTRELLA S.A., contra da sentenza dictada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 13 de Vigo o día 6 de xullo de 2006 , rexeitamola demanda reitora deste preito, sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.