Sentencia Civil Nº 139/20...zo de 2013

Última revisión
17/06/2013

Sentencia Civil Nº 139/2013, Audiencia Provincial de Lugo, Sección 1, Rec 27/2013 de 26 de Marzo de 2013

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Civil

Fecha: 26 de Marzo de 2013

Tribunal: AP - Lugo

Nº de sentencia: 139/2013

Núm. Cendoj: 27028370012013100143

Resumen:
OTRAS MATERIAS MATRIMONIALES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

LUGO

SENTENCIA: 00139/2013

ILMOS. SRES.:

D. JOSÉ ANTONIO VARELA AGRELO

D. JOSÉ RAFAEL PEDROSA LÓPEZ

D. XULIO XOSÉ FERREIRO BAAMONDE (suplente)

Lugo, vinte e seis de marzo de dous mil trece.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Lugo viu, en grao de apelación, o rolo de sala n.º 27/2013, dimanante dos autos de xuízo de Modificación de Medidas nº 123/2012, seguido no Xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Viveiro, sobre modifiación de medidas adoptadas en sentencia de divorcio. Foron partes no recurso, como apelante, a demandada dona Lucía , representado polo procurador Sra. Sexto Rivas e baixo a dirección do letrado Sr. Awad Mohamed, e apelados o demandante don Jose Ignacio , representado polo procurador Sra. Corredoira Lidor e asistido do letrado Sra. Rubal Díaz, e o Ministerio Fiscal. Actúa como maxistrado-relator o Iltmo. Sr. D. XULIO XOSÉ FERREIRO BAAMONDE.

Antecedentes

PRIMEIRO.- Con data quince de outubro de dous mil doce, o Xulgado de Primeria Instancia nº 2 de Viveiro dictou unha sentencia que na súa parte dispositiva di: 'FALLO: Estimo parcialmente la demanda interpuesta por D. Jose Ignacio , representado por el Procurador Sr. Prieto Vázquez y defendido por la Letrada Sra. Rubal Díaz, contra Dña. Lucía , representada por el Procurador Sr. Díaz Lamparte y defendida por el letrado Sr. Awad Mohamed y acuerdo:== La modificación de las medidas acordadas en la Sentencia de Divorcio dictada en procedimiento 47/2006, modificada por sentencia de fecha 23 de noviembre de 2009 , en el siguiente sentido:== Establecer un régimen de visitas con el hijo menor, del siguiente tenor== Fines de semana alternos, desde las 20:30 horas del viernes hasta las 21:00 horas del domingo. Los festivos anteriores o posteriores se unirán al fin de semana respectivo. Las entregas y recogidas se realizarán en el domicilio materno.== En las vacaciones de Navidad, el menor estará con su padre en los años pares del 23 de diciembre, a las 19:00 horas, al 31 de diciembre, a las 19:00 horas, y en los años impares desde el 31 de diciembre a las 19:00 horas hasta el 7 de enero a las 19:00 horas.== En las vacaciones de Semana Santa, en los años pares el menor estará con su padre desde el Viernes de Dolores a las 19:00 horas hasta el miércoles a las 19:00 horas, y en los años impares desde el miércoles a las 19.00 horas hasta el domingo de Resurrección, a las 19:00 horas.== Las vacaciones de verano se dividirán por mitad, desde el 1 de julio a las 10:00 horas hasta el 31 de julio a las 19:00 horas, y desde el 31 de julio a las 19:00 horas, hasta el 31 de agosto a las 19:00 horas, correspondiendo al padre el primer periodo en los años pares, y el segundo en los años impares.== Se establece como pensión de alimentos a favor de los hijos y a cargo de D. Jose Ignacio la cantidad de 360 euros mensuales, actualizables anualmente conforme a los incrementos del IPC.== Cada parte pagará las costas causadas a su instancia y las comunes, por mitad.'.

SEGUNDO.- A parte demandada, Lucía interpuxo un recurso de apelación contra a devandita sentencia, téndose por preparado o mesmo e cumpridos os trámites do art. 458 e seguintes da L.A.C. 1/2000 eleváronse as actuacións a esta Sección Primeira da Audiencia Provincial para a resolución procedente.

TERCEIRO.- Na tramitación do presente recurso observáronse, en ámbalas dúas instancias, tódalas formalidades legais.


Fundamentos

Acéptanse os da resolución recorrida no que non contradigan os seguintes.

PRIMEIRO.- O presente recurso impugna dous pronunciamentos da sentencia de instancia, concretamente o relativo á fixación do réxime de visitas por entender que se produciu unha incorrecta valoración da proba, particularmente no referido ao informe emitido polos profesionais do punto de encontro de Lugo e, en segundo lugar, o relativo á pensión de alimentos fixada para ambos fillos posto que a sentencia recorrida concede unha rebaixa da contía dos mesmos que, para a apelante, non se atopa xustificada á vista da documental obrante en autos e da aportada nesta segunda instancia.

SEGUNDO.- Comezando pola cuestión do réxime de visitas, a sentencia de instancia establece un réxime de visitas ordinario, recollendo neste sentido a posibilidade xa fixada en Sentencia de 23 de novembro de 2009 , en procedemento de modificación de medidas, que é a que debe ser tida en conta como punto de partida para establecer a concorrencia ou non de novas circunstancias, e non a de divorcio de 2006, como se pretende pola recorrente. Nesta sentencia establecíase que pasados seis meses do inicio das visitas no punto de encontro se emitiría informe polos responsábeis deste, de cara a poder establecer un réxime de visitas ordinario. Tal informe emitiuse o 9 de marzo de 2011 e no mesmo recomendouse un réxime de visitas externo para ir aumentando as estadías co pai até alcanzar un réxime o máis normalizado posíbel. Do mesmo xeito, a xuíz a quobaséase no manifestado polo propio menor na exploración realizada, que desexa pasar máis tempo co seu pai estando de acordo cun réxime de visitas como o establecido na sentencia. Tamén a xuíz de instancia entende que non se pode ter acreditado que subsista o abuso no consumo de alcohol por parte de D. Jose Ignacio , baseándose para isto no testemuño da nai da súa actual parella e da súa irmá. Esta valoración probatoria debe estimarse razoábel de acordo coas dilixencias practicadas, sen que teña sido desvirtuada na segunda instancia. Así, a declaración do fillo Adrián non permitiu constatar máis ca un consumo esporádico e en ningún caso abusivo, de alcohol, se ben referido ao ano 2011. Por outra banda o propio D. Adrián manifesta que este consumo de cervexa en ningún caso provocou en D. Jose Ignacio un comportamento que faga desaconsellábel o contacto co seu fillo menor. Tamén manifestou na declaración prestada diante desta Sala que o seu irmán Aitor en ningún momento referira actitudes violentas ou inaxeitadas do seu pai nas visitas que ten realizado.

A recorrente manifesta tamén a ansiedade do menor diante do cambio de situación, mais isto tampouco se atopa referendado pola proba existente. O informe que se achega do Hospital da Costa indica que tralo xuízo de primeira instancia Aitor acudiu con certa ansiedade diante da posibilidade de ir vivir co seu pai, mais manifesta mesmo que quere pasar algunha fin de semana con el. Dado que non se establece na sentencia unha garda e custodia a favor de D. Jose Ignacio , senón unicamente un réxime de visitas acorde cos desexos do menor, este informe carece dos efectos probatorios dos que se lle quer facer valer pola recorrente. Así mesmo, nesta segunda instancia achegáronse diversos informes médicos realizados por facultativos do Centro de Saúde de Pravia onde se refire bo estado físico e psíquico do neno tralas estadías co seu pai, o cal, unido á declaración de D. Adrián, fai pensar que o réxime de visitas do menor estase realizando sen problema ningún para este. En consecuencia, non se atopan motivos para modificar o pronunciamento da instancia, que debe ser confirmado.

TERCEIRO.- En canto aos alimentos, unicamente se trata de determinar se a rebaixa realizada na instancia é acorde á capacidade económica do actor. A sentencia impugnada fixa en 360 euros a pensión alimenticia a favor de ambos fillos, dende os 648 que actualmente se estaban a aboar por D. Jose Ignacio . Entende a xuíz a quoque existe unha redución na capacidade económica do demandante, xa que se ben no 2009 tiña uns ingresos de 27.000 euros, para xaneiro de 2012 a súa nómina era de 1200 euros. Certamente co certificado da declaración anual do IRPF de 2011 dáse a entender que a situación económica era semellante, mais isto non pode servir para desvirtuar a valoración probatoria realizada na instancia, que inclúe tamén o manifestado polo propio actor, xa que os datos de 2011 son susceptíbeis de non reflectir a realidade a día de hoxe. En todo caso, dado que na propia demanda se solicitaba fixar a pensión alimenticia a favor do fillo Aitor en 200 euros, esta debe ser a contía á que se estea, estendendo a mesma tamén a D. Adrián, polo que o importe total fíxase en 400 euros.

CUARTO.- Non procede a expresa imposición dos custes procesuais deste recurso, ao existir estimación parcial, de acordo co establecido no art. 398 LAC.

En consecuencia, vistos os preceptos sinalados e demais de aplicación,

Fallo

1º. Estimar parcialmente o recurso de apelación presentado pola representación procesual de Dna. Lucía contra a sentencia 160/2012 ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 de Viveiro o 15 de outubro de 2012, en procedemento de modificación de medidas 123/2012 , fixando como pensión de alimentos a favor dos fillos e a cargo de D. Jose Ignacio , a cantidade de 400 euros mensuais actualizábeis anualmente conforme aos incrementos do IPC.

2º. Confirmar a sentencia de instancia en todos os seus restantes pronunciamentos.

3º. Non facer expresa imposición dos custes procesuais deste recurso.

Devólvase ó consignante o depósito o depósito constituido para recorrer.

Contra a devandita resolución non cabe recurso ordinario ningún, sen prexuízo de que poida interpoñerse o recurso extraordinario de casación ou por infracción procesual, se concorre algún dos supostos previstos nos artigos 469 e 477 da Lei de Axuizamento Civil , caso no que o prazo para a interposición do recurso será o de vinte días, debendo interpoñerse o recurso ante este mesmo Tribunal.

Así, por esta nosa sentencia, da que se unirá certificación ó rolo de sala, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.