Sentencia Civil Nº 145/20...yo de 2015

Última revisión
14/07/2015

Sentencia Civil Nº 145/2015, Audiencia Provincial de A Coruña, Sección 6, Rec 43/2015 de 29 de Mayo de 2015

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Civil

Fecha: 29 de Mayo de 2015

Tribunal: AP - A Coruña

Ponente: TALLON GARCIA, LORENA

Nº de sentencia: 145/2015

Núm. Cendoj: 15078370062015100300

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 (DESPL)

A CORUÑA

SENTENCIA: 00145/2015

RECURSO DE APELACIÓN 43/2015

ILMOS. SRES. MAGISTRADOS

JOSÉ GÓMEZ REY, PRESIDENTE

LORENA TALLÓN GARCIA

Mª DEL CARMEN MARTELO PÉREZ

SENTENZA NÚM. 145/15

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2015.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña, con Sede en Santiago de Compostela, os autos do procedemento ordinario núm. 276/2013, procedentes do Xulgado de Primeira instancia núm. 3 de Santiago de Compostela, aos que correspondeu o rolo recurso de apelación núm. 43/2015, nos que aparece como parte apelante Reale Seguros Generales SA, representada polo procurador don Benjamín Victorino Regueiro Muñoz, e como parte apelada Excavapor SL, representada polo procurador don Avelino Calviño Gómez, sendo Xuíz Relator dona LORENA TALLÓN GARCIA, quen expresa o parecer da Sala, formulando os seguintes antecedentes de feito, fundamentos xurídicos e parte dispositiva.

Antecedentes

PRIMEIRO.- Seguido o litixio en cuestión polos trámites legais ante o Xulgado de primeira instancia núm. 3 de Santiago de Compostela, ditouse Sentenza en cuxa parte dispositiva se estableceu: 'Que debo estimar y estimo la demanda interpuesta por Excavapor SL contra Reale Seguros Generales SA y, en consecuencia, condeno a la entidad demandada a abonar a la actora la cantidad de 21.301,41€, más los intereses del artículo 20 de la Ley de contrato de Seguro desde la fecha del siniestro hasta el completo pago, con imposición de costas a la parte demandada.'

SEGUNDO.-Notificada dita resolución ás partes a representación procesual de Reale Seguros Generales SA presentou recurso de apelación que foi admitido e, cumpridos os trámites correspondentes, eleváronse as actuacións a este Tribunal, sinalándose para a súa deliberación, votación e dispoño, o 20 de maio de 2015, en que tivo lugar o acordado.

TERCEIRO.-Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais.


Fundamentos

Acéptanse os da Sentenza apelada en canto non se opoñan aos que se exporán.

PRIMEIRO.-O obxecto do proceso, sometido a consideración en apelación, é unha pretensión indemnizatoria de danos materiais derivados dun accidente de circulación.

A Sentenza de primeira instancia, non resultando controvertida a responsabilidade da aseguradora demandada, estimou integramente a demanda.

No recurso de apelación, reproducindo en síntese os argumentos deducidos en primeira instancia, impúgnanse os seguintes pronunciamentos: a) a condena da demandada a abonar o IVE recollido na factura de reparación do vehículo sinistrado xa que dita contía é repercutible pola sociedade actora; b) a condena da demandada a abonar á actora a cantidade de 13.808,64€ en concepto de lucro cesante por paralización do vehículo sinistrado por considerar dita suma manifestamente desproporcionada e inxustificada; c) a condena da demandada ao abono dos xuros previstos no art. 20 da LCS por concorrer dúbidas de feito e de dereito na resolución do asunto; d) a condena da demandada ao pagamento das custas procesuais xeradas na primeira instancia por concorrer dúbidas de feito e de dereito.

As pretensións da recorrente opúxose a parte apelada quen interesou a confirmación da Resolución impugnada.

SEGUNDO.-En relación coa exclusión do IVE do importe da indemnización procede desestimar o recurso de apelación. Tal e como ten sinalando esta Sala, entre outras, en Sentenza de 5 de novembro de 2014 : 'Consta en autos que la demandante abonó el IVA correspondiente en la factura expedida, por lo que tiene derecho a repercutir el importe de dicho impuesto, pues, tal y como dice la Sección 5ª de esta Audiencia entre otras, en sentencias de fecha 7 de abril de 2010 y 13 de enero de 2014 , al tratarse de una operación sujeta al IVA y no exenta no hay que entrar en otras cuestiones '... porque conforme al art. 86.6 de la Ley de Impuestos , las controversias que puedan producirse con respecto a su repercusión se consideraron de naturaleza tributaria a efectos de las correspondientes aclaraciones en la vía económica administrativa; en el mismo sentido el art. 227.4 de la Ley General Tributaria . Se trata, por tanto de materia ajena al orden jurisdiccional civil'.

TERCERO.-A mesma sorte debe correr a impugnación do pronunciamento polo que se fixa a indemnización por lucro cesante derivado da paralización do vehículo sinistrado en 13.808,64€.

A Sentenza apelada acolle as consideracións do perito sr. Aureliano fronte ao criterio do perito xudicial quen excluíu a existencia de prexuízo económico derivado da paralización sobre a base de dous argumentos: a falta de mención nas contas anuais da demandante a paralización do vehículo polo que esta non se debeu considerar importante e o feito de que a empresa para a que a demandante prestaba servizos co vehículo sinistrado non aplicase penalización algunha.

A recorrente, non cuestionando a realidade dos prexuízos derivados da paralización, impugnou o importe fixado en concepto de indemnización dos mesmos aducindo que 'Para calcular una paralizaciónel sistema no puede ser sólo ingresos menos gastos de combustible. Todo camión tiene un coste de mantenimiento de ruedas, repuestos, revisiones,...) en el que obviamente no incurre si no presta el servicio. También es evidente que hay un ahorro en salarios y cotizaciones pues en supuestos como este -siniestros- incluso cabe un ERE temporal o la asignación a otras tareas. El perito judicial además acredita na pérdida año a año de facturación, incluso se acredita por medio de la pericial judicial que la actividad no era rentable en el momento de ocurrir el siniestro por lo que parece excesivo el importe que la juzgadora de instancia atribuye por este concepto'.

Un novo exame do actuado debe levarnos a confirmar o criterio acollido pola Xulgadora a quo. O ditame pericial achegado pola demandante acolle para a determinación do lucro cesante derivado da paralización un criterio razoado e razoable, a xuízo deste Tribunal, ao considerar dunha parte a facturación do vehículo sinistrado durante os anos 2011 e 2012, isto é a facturación correspondente a anualidade anterior ao sinistro e ao ano no que este tivo lugar. Deste xeito fixa unha facturación media mensual da que detrae os gastos de consumo de combustible, considerando unha ponderación mensual dos xerados durante os referidos períodos de tempo e a que adicionou o custe financeiro . A referendar a adecuación da contía da indemnización por paralización contribúe o informe pericial, elaborado pola perito dona Noemi , segundo o que o custe de aluguer dun vehículo de semellantes características durante o período de paralización (46 días) superaría os 10.000€.

CUARTO.-Así mesmo procede confirmar a condena da agora apelante ao pagamento dos xuros previstos no art. 20 da Lei de contrato de seguro .

O citado precepto establece que non procederá a indemnización por mora do asegurador cando a falta de satisfacción da indemnización ou do pago do importe mínimo estea fundada nunha causa xustificada ou non lle fora imputable a aseguradora; é dicir, a existencia de causa xustificada implica a inexistencia de retraso culpable ou imputable á aseguradora, e exonéraa do recargo en que consisten os xuros de demora. Non obstante, a xurisprudencia mantén unha interpretación restritiva en atención o carácter sancionador da norma que responde a finalidade de impedir que se empregue

o proceso como escusa para dificultar ou retrasar o pago aos prexudicados. Por este motivo, a xurisprudencia non aprecia xustificación cando, sen cuestionarse a realidade do sinistro nin a súa cobertura, a incertidume xorde unicamente en torno a concreta contía da indemnización, ou respecto da influenza causal da culpa do asegurado na causación do sinistro, incluso en supostos de posible concorrencia de condutas neglixentes. ( SSTS 3446/2013 de 12 de xuño de 2013 , 1523/2013 de 25 de febreiro , 372/2013 de 21 de xaneiro , 8426/2012 de 4 de decembro , entre outras.)

Aplicando dita doutrina xurisprudencial ao suposto axuizado, debe concluírse que a indemnización recoñecida a favor da apelada xerará xuros conforme ao disposto no artigo 20 da Lei de contrato de seguro .

QUINTO.-Finalmente polo que atinxe ao pronunciamento relativo as custas procesuais compre subliñar que o art. 394 da LAC establece como principio xeral o criterio do vencemento obxectivo, excepcionando a súa aplicación nos supostos en que se aprecien serias dúbidas de feito ou de dereito. Polo tanto, os órganos xurisdicionais non poden apreciar arbitrariamente a existencia de tales dúbidas de feito ou de dereito, senón unicamente cando sexan serias, no sentido de reais, importantes ou de consideración.

A apreciación de tales dúbidas, enervadoras do criterio legal do vencemento, debe levarse a cabo de forma restritiva, pois non deixan de ser unha excepción, cuxa aplicación extensiva determinaría descoñecer a voluntas legislatoris.

O lexislador veu a fixar unha pauta para ponderar a existencia de dúbidas de dereito: a existencia, para a controversia suscitada, de respostas xudiciais diverxentes, sempre que concorra a necesaria identidade de supostos de feito, ou tamén cando existan cuestións xuridicamente complexas, con diferentes solucións doutrinais, sen que medie criterio xudicial o respecto.

En relación coas dúbidas de feito debe terse en conta que a función valorativa da proba conforme as regras da sa crítica e as regras que disciplinan a carga da proba e rexen as consecuencias procesuais do feito dubidoso, non determinan por si mesmas a excepción do criterio do vencemento. A aplicación da devandita excepción, só entrará en xogo cando a valoración crítica das probas xere unha incertidume fáctica que permita ao xulgador dubidas seriamente da bondade das posicións contrapostas das partes litigantes, sen obviar que a aplicación das regras reguladoras da carga da proba non impide o correspondente pronunciamento de condena en custas, pois os feitos dubidosos do art. 217 da LAC non son as serias dúbidas de feito ás que se refire o art. 394.1 da LAC.

O principio do vencemento non esixe litigar con temeridade para impoñer as custas procesuais, senón tan so a desestimación da pretensión ou resistencia xudicialmente deducidas.

O presente procedemento non encerra serias dúbidas de feito ou de dereito, nin complexidade xurídica de entidade tal que determine a procedencia de excepcionar o devandito principio do vencemento obxectivo. En consecuencia, á demandada, agora apelada, deben impoñérselle, ao abeiro dos arts. 394 e 398 da LAC, as custas xeradas en ambas instancias procesuais.

Por todo o exposto, vistos os preceptos legais citados, os seus concordantes e demais de xeral e pertinente aplicación,

Fallo

A Sala acorda desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Reale Seguros Generales SA e, en consecuencia, confirma a Sentenza de 7 de novembro de 2014 ditada polo Xulgado de primeira instancia núm. 3 de Santiago de Compostela no procedemento ordinario núm. 276/2013. Todo elo con imposición das custas procesuais xeradas nesta instancia á parte apelante.

Notifíquese esta resolución, en legal forma, ás partes e fágaselles saber que, conforme preceptúa o artigo 248-4º da Lei Orgánica do Poder Xudicial , contra ela cabe recurso de casación por interese casacional que deberá ser interposto ante esta Sección, no prazo de 20 días a contar dende o seguinte a notificación da mesma.

Dentro do prazo legal, devólvanse as actuacións orixinais con testemuño desta resolución ao Xulgado de procedencia, para a súa execución e cumprimento.

Así por esta resolución da que se porá certificación literal no Rolo de Sala da súa razón, incluíndose o orixinal no Libro correspondente, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACIÓN.- Dada, lida e publicada foi a anterior Sentenza pola Xuíz que a ditou, estando celebrando audiencia pública nomesmo día da súa data, do que eu, o Secretario Xudicial, dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.