Última revisión
16/09/2017
Sentencia CIVIL Nº 145/2017, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 557/2016 de 23 de Marzo de 2017
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 21 min
Orden: Civil
Fecha: 23 de Marzo de 2017
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 145/2017
Núm. Cendoj: 36057370062017100104
Núm. Ecli: ES:APPO:2017:544
Núm. Roj: SAP PO 544:2017
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00145/2017
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA
N00050
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
BN
N.I.G. 36057 42 1 2015 0017723
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000557 /2016
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 3 de VIGO
Procedimiento de origen:JUICIO VERBAL 0000982 /2015
Recurrente: CAIXABANK SA
Procurador: JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ
Abogado: JOSE LUIS RODRIGUEZ DACAL
Recurrido: Esmeralda
Procurador: ANDREA ESTEVEZ SANTORO
Abogado: ALEJANDRO PEREIRA BUGARIN
A SECCIÓN SEXTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON SEDE EN VIGO, CONSTITUIDA COMO ÓRGANO UNIPERSOAL POLO MAXISTRADO-PONENTE D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, PRONUNCIOU
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 145/17
Vigo, vinte e tres de marzo de dous mil dezasete.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal 982/15 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 de Vigo ós que correspondeu o rolo 557/16, nos que aparece como parteapelante e demandado CAIXABANK S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE VICENTE GIL TRÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE LUIS RODRÍGUEZ DACAL,e comoparte contra da que se apela e demandante D.ª Esmeralda , representada polo/a procurador/a D./D.ª ANDREA ESTÉVEZ SANTORO e asistida do/da letrado/a D./D.ª ALEJANDRO PEREIRA BUGARIN.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 3 de Vigo, con data do 25 de abril de 2016, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Que ESTIMANDO ÍNTEGRAMENTE la demanda presentada por la representación procesal de Dª Esmeralda . frente a Caixabank, SAdeclaro anuladoslos contratos de suscripción de participaciones preferentes a que hace referencia la demanda (órdenes de suscripción de 1/7/2009 y 2/7/2009) por importe total de 26.014,96 euros; estableciendo la obligación de las partes derestituirse recíprocamentelas prestaciones efectuadas, de modo que la parte demandada debe entregar a los demandantes el principal invertido (26.014,96 euros) más el interés legal del dinero devengado desde el instante en que se materializaron las correspondientes órdenes de compra y hasta el 15/11/2012, y desde entonces por la suma de 3.519,37, y la actora deberá reintegrar el importe de la venta en tal fecha (22.495,59 euros).
Con expresa imposición de las costas del procedimiento a la parte demandada.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª JOSE V. GIL TRÁNCHEZ, en representación de CAIXABANK S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo.
Fundamentos
Primeiro: A sentenza ditada en primeira instancia declara a nulidade dos contratos de adquisición de Participaciones Preferentes Telefónica Finance USA LLC, celebrados os días 1 e 2 de xullo de 2009, polo montante total de 26.014,96 euros, por vicio no consentimento da cliente, agora demandante e apelada, recurrindo devandita resolución o Banco, quen invoca como motivos do recurso a caducidade da acción, a súa falta de lexitimación pasiva, que a parte actora non ostenta a condición de consumidora, así como que informou debidamente a esta última. Impugna igualmente o capítulo das custas procesuais da primeira instancia. Procedemos examinar os distintos motivos coa debida separación.
Segundo: Sontén a entidade bancaria a súa carencia de lexitimación para soportar a acción de nulidade da subscrición de participacións preferentes. Na súa tese exculpatoria, estaríamos ante uns produtos financieiros totalmente alleos ao Banco, en cuxa adquisición este último actuou simplemente como intermediario.
A formulación do recurrente xa foi obxecto de resposta por parte das Audienciais Provinciais, por parte desta Sala ( sentenzas de 7 de xaneiro , 21 de setembro , 23 de novembro e 9 de decembro de 2015 ), e tamén pola doutrina xurisprudencial, que veñen rexeitar o argumento.
A argumentación esencial, en apoio da lexitimación pasiva da entidade bancaria, radica na necesidade de facer unha distinción conceptual entre os negocios - dous- que concurren nas operacións de subscrición das participacións preferentes. Un deles, consistente na orde de compra dos valores, e o outro, na compra propiamente dita. Na compra interveñen como partes a vendedora, é dicir, a emisora dos valores, e a compradora ou cliente do Banco. En cambio, as partes do primeiro negocio son unicamente estes dous últimos. Pois ben, como a actora pon en cuestión e impugna, non a compra, propiamente dita, dos produtos, senón a actuación do Banco -en esencia, e por expresalo de xeito moi sintético, o incumprimento do seu deber de información-, que xerou a orde de compra, o único lexitimado na posta en cuestión desa actuación é a entidade bancaria, e non a sociedade emisora e vendedora das participacións, que permaneceu totalmente allea a esas actuacións previas á compra. E a lexitimación pasiva do Banco resulta máis patente se, como sucede neste caso, existía un contrato de depósito e administración de valores.
En apoio da tese da lexitimación, citamos igualmente a sentenza da Sección Cuarta da Audiencia Provincial de A Coruña, de 27 de abril de 2016 , que reseña os seguintes argumentos: A) Que é a demandada a que negociou cos actores a orde de subscrición das preferentes. B) Que é á entidade recurrente á que se lle atribúe ter inducido a erro aos demandantes na subscrición de ditos produtos complexos e de risco. C) Que foi o Banco o que tomando a iniciativa contractual ofertou as preferentes entre os seus clientes. D) Que atopámonos ante un contrato de asesoramento financieiro. E) Que a entidade emisora non intervíu na negociación contractual cos actores, que levouse a efecto en impresos oficiais do Banco. F) Que as sucesivas operacións de canxe conducen á adquisición de accións do propio Banco. G) Que non cabe imputar o erro vicio do consentimento, co que se pretende a anulabilidade da orde de subscrición, á entidade emisora, que non participou en tal contrato, e a quen non incumbían deberes contractuais de asesoramento e información suficientes para que os actores tomaran constancia da operación xurídica que se levaba a efecto. En definitiva, remata esa resolución, que non se lle pode negar á recurrente lexitimación pasiva para soportar a carga das accións exercitadas na demanda, como se dun terceiro alleo aos actos impugnados se tratara, dado o seu papel principal e determinante na subscrición da orde de adquisición das preferentes.
A lexitimación pasiva, posta en tela de xuizo, aparece sancionada, en fin, pola doutrina xurisprudencial. Así, o auto do Tribunal Supremo de 9 de setembro de 2015 proclama que 'respecto del motivo tercero, en el que se alega la falta de legitimación pasiva 'ad causam' de la entidad bancaria por ser mera intermediaria en la compra de las participaciones preferentes, tampoco se observa contradicción con la doctrina de esta Sala que considera responsable a la entidad bancaria comercializadora de productos de otra entidad, como es el caso del banco islandés Landsbanki ( STS de 30 de diciembre de 2014 ), de la entidad norteamericana Lehman Brothers y el banco islandés Kaupthing STS de 10 de septiembre de 2014 ) o de seguros de vida 'unit linked' concertados con entidad diferente al banco comercializador ( STS de 12 de enero de 2015 , antes citada), entre otras, disponiéndose en la segunda de las resoluciones citadas que «[l]a actuación de BES al proponer a sus clientes invertir en productos estructurados emitidos por Lehman Brothers o el banco Kaupthing mediante la suscripción de seguros de vida 'unit-linked', incumplió las exigencias derivadas de dicha normativa, al no informar adecuadamente sobre la naturaleza de los productos contratados y la naturaleza exacta de los riesgos asociados a tales productos. Como decíamos en la sentencia núm. 244/2013 , «este incumplimiento grave de los deberes exigibles al profesional que opera en el mercado de valores en su relación con clientes potenciales o actuales constituye el título jurídico de imputación de la responsabilidad por los daños sufridos por tales clientes como consecuencia de la pérdida... Ello supone que deba confirmarse la sentencia de primera instancia también en cuanto a la condena de BES, que no lo ha sido con base en las consecuencias restitutorias propias de la nulidad del contrato, sino con base en la obligación de indemnizar los daños y perjuicios (la pérdida de la inversión realizada en su día) causados por el incumplimiento contractual, sin perjuicio de que, al coincidir con las consecuencias restitutorias de la nulidad, proceda la condena solidaria de ambas demandadas, que por otra parte actuaron coordinadamente, como integrantes de un mismo holding en el que una de ellas, BES, promovía entre sus clientes los productos de la otra, BES Vida.». 'Además, y a modo de conclusión, ha de señalarse que la sentencia es plenamente coherente con la última doctrina de esta Sala relativa a la contratación de productos bancarios complejos (SSTS del Pleno de esta Sala de 17 de abril de 2013, de 17 de diciembre de 2013, de 18 de abril de 2013 y de 12 de enero de 2015, entre otras) que vienen exigiendo un elevado estándar de diligencia a las entidades bancarias, máxime cuando los clientes, como es el caso, tienen la consideración de minoristas y su formación financiera y experiencia inversora son escasas o nulas'.
Terceiro: Adquiridas as participacións preferentes os días 1 e 2 de xullo de 2009, e formulada a demanda reitora desta lite o día 23 de decembro de 2015, alega o recurrente a caducidade da acción, por ter transcurrido o prazo de catro anos disposto polo artigo 1301 do Código Civil .
O motivo do recurso non se estima pois, de conformidade con ese precepto, o prazo empeza correr dende a consumación do contrato, é dicir, dende que se teñan producido e esgotado todos os seus efectos. Ainda máis, e tal como deixa sentado o Tribunal Supremo, o dies a quo debe correr dende que se teña conciencia do erro padecido.
En efecto, e como declara o auto dese tribunal, de 9 de setembro de 2015 , con cita da sentenza do Pleno de 12 de xaneiro de 2015 «al interpretar hoy el art. 1301 del Código Civil en relación a las acciones que persiguen la anulación de un contrato bancario o de inversión por concurrencia de vicio del consentimiento, no puede obviarse el criterio interpretativo relativo a «la realidad social del tiempo en que [las normas] han de ser aplicadas atendiendo fundamentalmente al espíritu y finalidad de aquéllas», tal como establece el art. 3 del Código Civil . (...) La diferencia de complejidad entre las relaciones contractuales en las que a finales del siglo XIX podía producirse con más facilidad el error en el consentimiento, y los contratos bancarios, financieros y de inversión actuales, es considerable. Por ello, en casos como el que es objeto del recurso no puede interpretarse la 'consumación del contrato' como si de un negocio jurídico simple se tratara. En la fecha en que el art. 1301 del Código Civil fue redactado, la escasa complejidad que, por lo general, caracterizaba los contratos permitía que el contratante aquejado del vicio del consentimiento, con un mínimo de diligencia, pudiera conocer el error padecido en un momento más temprano del desarrollo de la relación contractual. Pero en el espíritu y la finalidad de la norma se encontraba el cumplimiento del tradicional requisito de la 'actio nata', conforme al cual el cómputo del plazo de ejercicio de la acción, salvo expresa disposición que establezca lo contrario, no puede empezar a computarse al menos hasta que se tiene o puede tenerse cabal y completo conocimiento de la causa que justifica el ejercicio de la acción. Tal principio se halla recogido actualmente en los principios de Derecho europeo de los contratos (art. 4:113). En definitiva, no puede privarse de la acción a quien no ha podido ejercitarla por causa que no le es imputable, como es el desconocimiento de los elementos determinantes de la existencia del error en el consentimiento. Por ello, en relaciones contractuales complejas como son con frecuencia las derivadas de contratos bancarios, financieros o de inversión, la consumación del contrato, a efectos de determinar el momento inicial del plazo de ejercicio de la acción de anulación del contrato por error o dolo, no puede quedar fijada antes de que el cliente haya podido tener conocimiento de la existencia de dicho error o dolo. El día inicial del plazo de ejercicio de la acción será, por tanto, el de suspensión de las liquidaciones de beneficios o de devengo de intereses, el de aplicación de medidas de gestión de instrumentos híbridos acordadas por el FROB, o, en general, otro evento similar que permita la comprensión real de las características y riesgos del producto complejo adquirido por medio de un consentimiento viciado por el error».
Partindo dos anteriores postulados, non pode acollerse a invocación do Banco recurrente, dado que o cómputo do día inicial para o xogo do instituto da caducidade non pode ser outro que o do coñecemento do erro, ou se estase preferir, dende que a cliente comezóu saber os resultados desfavorables da operación, sen que iso apareza desvirtuado por unha previa suscrición doutras participacións (Repsol), xa que para que este feito poidera repercutir, no seu caso, na apreciación do dies a quo, sería preciso, lóxica e inexcusablemente, que a actora tiver sufrido perdas nesa primeira suscrición, o que non está acreditado en absoluto.
Cuarto: O Banco apelante, por unha banda, nega a condición de consumidora da parte demandante, e por outra, asevera que a mesma foi debidamente informada. Pois ben, pola súa fonda relación, analizamos conxuntamente ambos alegatos, non sen antes efectuar as seguintes reflexións.
En primeiro lugar, a carga da proba de información corresponde ao Banco ( sentenzas do Tribunal Supremo de 14 de novembro de 2005 e 15 de febreiro de 2012 ), non só porque a natureza, negativa, do feito da falta de información fai inviable a acreditación desa ausencia informativa, senón tamén por aplicación dos postulados de facilidade e dispoñibilidade probatorias, pois é loxicamente o Banco o que dispón de máis e mellores medios para demostrar a información, como son, por exemplo, os correspondentes documentos xustificativos da mesma, moitos deles de obrigada observancia, os correos electrónicos, grabacións ou, incluso, as propias declaracións dos empregados bancarios que interviron directa ou ata indirectamente nas operacións financieiras de lite, ainda que as manifestacións destes últimos deban ser observadas co necesario cuidado e prudencia, como é loxico.
Por outra banda, a información debe aparecer adornada cos distintos adxetivos calificativos empregados pola Norma (en esencia, e antes, os artigos 2. 1. d ., 10.1. a e 13 da LXDCU de 19 de xullo de 1984, e hoxe, os artigos 60 , 80 e 97 do Real Decreto Lexislativo de 16 de novembro de 2007, polo que apróbase o texto refundido), de clara, concreta, veraz, relevante, íntegra, é dicir, tanto das ventaxas como, e moi especialmente, dos riscos dos produtos ou servizos, comprensíbel das condicións, tanto xurídicas como económicas da operación, abarcando os distintos escenarios , favorables e desfavorables, posibles, de comprensión directa ou sen reenvios, lexible (sen escrituras cativas nin textos farragosos, por exemplo) e, en fin, precontractual, de xeito que o consumidor poida así tomarse o tempo preciso para reflexionar e formar adecuado criterio. En definitiva, a posición de desigualdade na que atópase o consumidor fronte ao profesional, ou a situación de asimetría informativa, obriga a este último a proporcionar ao primeiro unha información franca, leal, sen resalte das ventaxas fronte aos inconvenientes e, en fin, sen interesadas reservas.
A concreción e persoalización da información é, en terceiro lugar, un dos datos de maior relevancia. Así, a sentenza do Tribunal Supremo de 19 de decembro de 2016 reseña que 'como hemos dicho en múltiples resoluciones, no basta una mera ilustración sobre lo obvio, es decir, que como se trata de un contrato aleatorio, puede haber resultados positivos o negativos, sino que la información tiene que ser más concreta y, en particular, advertir debidamente al cliente sobre los riesgos asociados a una bajada prolongada y abrupta de los tipos de interés'.
En cuarto lugar, o que determina a nulidade contractual é propiamente o 'descoñecemento' efectivo por parte do cliente das características do producto que contrata, pero non a falta de información por parte da entidade bancaria, xa que pode darse o suposto de que, a pesar desta carencia informativa, aquel primeiro coñeza efectivamente o produto, ainda que neste caso, de falta de información, sexa entón presumible o descoñecemento. En efecto, como di a asentenza de 11 de febreiro de 2016 'lo que vicia el consentimiento por error es la falta de conocimiento del producto contratado y de los concretos riesgos asociados al mismo, que determina en el cliente inversor no profesional que lo contrata una representación mental equivocada sobre el objeto del contrato, pero no el incumplimiento por parte de la entidad financiera de los deberes de información expuestos, pues pudiera darse el caso de que ese cliente concreto ya conociera el contenido de esta información. Sin perjuicio de que en estos casos hayamos entendido que la falta de acreditación del cumplimiento de estos deberes de información permite presumir en el cliente la falta del conocimiento suficiente sobre el producto contratado y sus riesgos asociados que vicia el consentimiento. No es que este incumplimiento determine por sí la existencia del error vicio, sino que permite presumirlo ( sentencias de 28 de octubre de 2015 , con cita de la sentencia de 20 de enero de 2014 )'.
Certo é, sen embargo, e en quinto lugar, que os coñecementos que poida ter -pola súa conta- o cliente sobre o produto poden ser determinantes, loxicamente, na formación da súa necesaria e ilustrada vontade, mitigando así o labor informativa do Banco, pero para iso se require inexcusablemente que os coñecementos do primeiro o sexan no concreto eido financieiro onde estase contratar, non resultando dabondo con capacidades e experiencias económicas e xurídicas pasadas e xenéricas. Neste senso, proclama a sentenza de 20 de xaneiro de 2014 que 'no cualquier capacitación profesional, relacionada con el Derecho y la Empresa, ni tampoco la actividad financiera ordinaria de una compañía, permiten presumir está capacidad de tomar sus propias decisiones de inversión y valorar correctamente los riesgos. La capacitación y experiencia deben tener relación con la inversión en este tipo de productos complejos u otros que permitan concluir que el cliente sabe a que tiene que atender para conocer cómo funciona el producto y conoce el riesgo que asume. En nuestro caso, ser licenciado en Derecho y Económicas, y haber ejercido de abogado en un despacho que llevaba asuntos internacionales, no es suficiente para presumir que el administrador podía conocer, en el año 2005, cuando firmó el primer swap, o después, cuando firmó los restantes cuatro swaps, cuáles eran los riesgos del producto que contrataba. Aquellos meros conocimientos generales no son suficientes...'. No mesmo senso, a recente sentenza de 13 de xaneiro de 2017 .
A xeito de recapitulación, non é suficiente cun deber xenérico de información para entender que o Banco acatou a normativa protectora dos consumidores, senón que resulta preciso levar ese deber ás súas últimas consecuencias, ata esgotalo. En diferentes expresións da doutrina xurisprudencial '... con anterioridad a la trasposición de la Directiva MiFID, la normativa del mercado de valores ya daba «[u]na destacada importancia al correcto conocimiento por el cliente de los riesgos que asume al contratar productos y servicios de inversión, y obliga a las empresas que operan en ese mercado a observar unos estándares muy altos en la información que sobre esos extremos han de dar a los clientes, potenciales o efectivos. Estas previsiones normativas son indicativas de que los detalles relativos a qué riesgo se asume, de qué circunstancias depende y a qué operadores económicos se asocia tal riesgo, no son meras cuestiones de cálculo, accesorias, sino que tienen el ca rá cter de esenciales, pues se proyectan sobre las presuposiciones respecto de la sustancia, cualidades o condiciones del objeto o materia del contrato, en concreto sobre la responsabilidad y solvencia de aquellos con quienes se contrata (o las garantías existentes frente a su insolvencia), que se integran en la causa principal de su celebración, pues afectan a los riesgos aparejados a la inversión que se realiza' ( sentenzas de 7 de xullo e 10 de setembro de 2014 e 15 de setembro de 2015 ).
Quinto: O apelante fundamenta a súa formulación en dous pilares, dunha parte, os coñecementos e experiencia inversora da parte actora, e doutra, que, en todo caso, que acatou o mandato informativo da Norma. Pois ben, as invocacións carecen de apoio probatorio.
Verbo da primeira das alegacións, o que ven aseverar o Banco é que a compra dos produtos financieiros fixérona realmente en común a demandante e o seu esposo, e como este último xa tiña contratado antes produtos semellantes, presentando un claro perfil inversor, o deber informativo xa estaría cumprido. Sen embargo, a argumentación carece de consistencia pois: A) O feito de que se tiver adquirido anteriormente outras participacións preferentes non presupón necesariamente que se tiver coñecemento completo e cabal dos novos valores, pois para facer tal inferencia sería preciso xustificar que nesa primeira operación xa informouse oportuna e convenientemente ao cliente, ou que se tiveran perdas por mor dela, feitos, un e outro, que están absolutamente orfos de proba. B) Todos os contratos, absolutamente todos sen excepción (contrato de depósito e administración de valores, ordes de compra e venda...) están a nome, exlusivamente, da demandante. C) O test de conveniencia entendeuse, tamén exclusivamente, con ela. D) Os resultados deste test non poden ser máis elocuentes sobre o perfil da demandante, xa que nel se reseñan datos tales como que carece de coñecementos nos mercados de valores, que nunca traballou no eido financieiro, que non ten experiencia na contratación de produtos financieiros, que non está disposta a sufrir perdas nin de capital nin de xuros ou, en fin, que se define como persoa conservadora e que non lle gusta o risco. Resultados que se contradín abertamente co produto litixioso, complexo e de elevado risco.E) O test de idoneidade carece de sinatura e é de data posterior á adquisición dos produtos. F) O contrato de depósito e administración de valores resulta inútil para informar, dado o seu carácter xeralizado e sen concreción de produtos, e as súas características respectivas. G) As ordes de compra non están asinadas pola demandante, non pormenorizan as condicións dos valores e, polas súas datas, coincidentes coas operacións mesmas, non servirían de amparo á información precontractual, legalmente exixida. H) En derradeiro lugar, a proba testemuñal (que debe ser tomada con especial cautela a reserva, dados os vencellos laborais das dúas testemuñas propostas co Banco demandado e que unha delas participou na operación de lite) tampouco lanza luz sobre a cuestión da información. Efectivamenmte, a testemuña, D. Doroteo , de nada serve pois non intervención ningunha na comercialización do produto, tal como ela mesma admite, e a outra, Dona Coral , fai un relato cheo de lagoas, silencios, evasivas, contradiccións e inexactitudes. Afirmacións súas tales como que as participacións preferentes lle parecían un produto seguro, cun risco de cinco sobre dez, que non se lle dixo á cliente que podía perder todo, ou que se lle facilitou o tríptico -que non aparece achegado á causa-, excusan de máis comentarios.
A carencia probatoria da información é patente, e ata chamativa.
Sexto: A demandante interesou no suplico da súa demanda, incluso como petición principal, a declaración de nulidade dos contratos, e que se condenara ao Banco demandado devolver o prezo pagado pola adquisición das participacións preferentes -menos o xa percibido-, así como ao aboamento dos xuros. Pois ben, a sentenza outorga exactamente esas peticións, polo que a imposición das custas procesuais da primeira instancia ao demandado é axustada a Dereito, sen que a esta pronuncia se opoña que a resolución recurrida obrigue á demandante á restitución do por ela recibido, pois esta solicitude -cedrtamente, máis propia do demandado que da demandante- non precisa en realidade realizarse, por ser un efecto obrigado e automaticamente derivado do propio artigo 1303 do Código Civil .
Sétimo: Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artigo 398 da L. A. C.
Por todo o exposto, e pola autoridade que me outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Desestímase o recurso de apelación formulado por CAIXABANK S.A. representada polo Procurador Sr. Gil Tránchez contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 3 de Vigo o día 25 de abril de 2016, con expresa imposicón das custas procesuais desta alzada ao recurrente.
Esta é a miña sentenza, que asino, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra a mesma non cabe recurso.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
