Última revisión
27/03/2009
Sentencia Civil Nº 152/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3367/2007 de 27 de Marzo de 2009
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 10 min
Orden: Civil
Fecha: 27 de Marzo de 2009
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 152/2009
Núm. Cendoj: 36057370062009100085
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00152/2009
CIVIL
Rolo: 3367/2007
Procedemento de orixe: Ordinario 993/06
Órgano de procedencia: Instancia núm. 2 Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 152/09
Vigo vinte e sete de marzo de dous mil nove.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 993/06 procedentes do Xulgado de 1ª
Instancia Núm. Instancia núm. 2 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3367/07, nos que aparece como parte apelante- demandado BANCO ESPIRITU SANTO,S.A.
representada polo/a procurador/a D./D.ª Cesareo Vázquez Ramos e asistida do/da letrado/a D./D.ª Jorge Conde Gil e como parte contra da que se apela e
demandante Dña Belen representada polo/a procurador/a D./D.ª Maria Jesús Nogueira Fos e asistida do/da letrado/a D./D.ª Consuelo
Carrera Estévez. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de Vigo de Vigo, con data do 6/6/2007, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Que debo estimar y estimo íntegramente la demanda de juicio ordinario interpuesta por el Procurador de los Tribunales en nombre y representación de Dña Belen condenando a la entidad demandada "Banco Espirítu Santo,S.A." a abonar a la actora la cantidad de 42.070,85 euros, intereses legales desde la fecha del requerimiento y costas del pleito."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Cesareo Vázquez Ramos, en representación de D./D.ª BANCO ESPIRITU SANTO,S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 10/3/09.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro: A demandada, Banco Espíritu Santo, S. A., foi condenada pola sentenza ditada en primeira instancia a pagar á actora a suma de 42.070,85 euros en concepto de fiadora da arrendataria, Bicafé España, S. L., en virtude do aval prestado dous días despois da celebración do contrato de aluguer o 10 de marzo de 2.002 entre esta última e aquela demandante arrendadora. E fronte a esa resolución promove a entidade bancaria recurso de apelación, invocando como fundamento do mesmo, primero, a excepción de prexudicialidade cvil; en segundo lugar, a excepción de litisconsorcio pasivo necesario; en terceiro termo, e por expresalo de xeito resumido, a incerteza do adebedado pola arrendataria; e en último e subsidiario lugar, que houbo un achantamento parcial, debendo entón circunscribirse a condena en custas á suma que non foi obxeto dese achantamento.
Alega a demandada a excepción de prexudicialidade civil ao abeiro do artº 43 da Lei Procesual , ao estar pendente de resolución, primeiramente, a demanda de desafiuzamento por falta de pagamento das rendas, presentada pola demandante contra da arrendataria, Bicafé España, S. A., e en segundo termo, a postreira demanda de reclamación de rendas entre as mesmas partes. Pois ben, a invocación da parte carece de consistencia pois: A) Polo que fai ao primeiro proceso, de desafiuzamento, o mesmo non pode telos efectos suspensivos do actual proceso que a parte apelante está postular pois, por unha banda, naquel xuizo non se estaban ventilar nin reclamalas rendas adebedadas, tal como rematou por establecelo a sentenza recaida en grao de apelación, e por outra, a incertidume que estase denunciar como basameno para instala suspensión procedimental cesou ao adquirir firmeza esa sentenza de apelación. B) Porque polo qu fai ao segundo proceso, de reclamación de rendas contra da arrendataria directamente, a prexudicialidade tan só é invocable, tal como dispón inequivocamente o artº 43, cando non sexa posible a acumulación de autos, imposibilidade que non concorre evidentemente entre os dous procesos, ex artº. 74 e seguintes da Lei de Axuizar , sen que nin a parte actora, nin especialmente a demandada, propoñente da excepción, solicitase esa acumulación. C) En último lugar, atopándonos ante un aval a primeiro requerimento, tal como razoaremos, non pode alegarse polo avalista a excepción de prexudicialidade por estar pendente un proceso contra do debedor, dada a autonomía entre a obriga do debedor principal co acredor, por un lado, e a obriga, por outro, entre o avalista e ese acredor.
Lembremos a doctrina xurisprudebncial sentada sobre a figura do aval a primeiro requerimento.
Di a s. de 5-7-2.002 que "al cumplirse este primer requerimiento, el Banco debe pagar, sin perjuicio de acciones posteriores que procedan. Contrajo una obligación independiente, no accesoria y no subordinada al contrato cuyo cumplimiento garantiza...es una garantía personal atípica, producto de la autonomía de la voluntad proclamada por el artículo 1255 del Código Civil , que es distinta del contrato de fianza y del contrato de seguro de caución, no es accesoria y el garante no puede oponer al beneficiario, que reclama el pago, otras excepciones que las que derivan de la garantía misma".
Pola sua banda, a s. de 1-10-2007 dispón que "la característica del aval a primer requerimiento, según reiterada jurisprudencia de esta Sala, es la de dar nacimiento a una obligación de garantía que pierde su carácter accesorio de la obligación principal (la obligación del garante es independiente de la obligación del garantizado y del contrato inicial), por lo que no es menester que para la efectividad de la garantía se demuestre el incumplimiento de la obligación garantizada, sino que basta con la reclamación del deudor para hacer efectivo el cumplimiento de ésta".
Citamos, por último, a s. de 31-5-2.003, que proclama que "en la jurisprudencia se reconoce su función garantizadora y operatividad independiente del contrato garantizado desde el momento en que resulta suficiente la reclamación del beneficiario frente al garante por medio de requerimiento practicado en forma legal para entender que el obligado garantizado no ha cumplido, si bien se autoriza al garante a probar, en caso de contienda judicial, que el deudor principal ha satisfecho la deuda afianzada para evitar situaciones de enriquecimiento injusto, con la consiguiente liberación del avalista, produciéndose inversión de la carga de la prueba, ya que no se puede exigir al beneficiario que demuestre el incumplimiento del obligado principal".
Pois ben, que nos atopamos ante un aval na modalidade de a primeiro requerimento infírese paladinamente do propio contido do documento no que se plasmou esta garantía, ao decirse nel que os pagamentos que deba efectualao Banco, derivados da presente garantía "levaranse a cabo transcorridos cinco días dende a recepción do correspondente requerimento de pago..." (folio 18), mención que carecería de sentido se nos atopásemos ante unha fianza ordinaria. En definitiva, esta expresión de vontade de pago do Banco ante o requerimento do acredor, soamente e sen exixencia do incumprimento causante da obriga do avalista, engadido ao brevísimo prazo, de tan só cinco días, para pagar, e á renuncia por parte deste último aos beneficios de división, orde e excusión, tal como se recolle por igual naquel docmento, poñen de relevo que estamos ante o instituto do aval a primeiro requerimento. En último termo, se algunha dúbida pesara sobre el, debería levarnos á mesma conclusión, pois a escuridade non pode favorecer ao Bnaco, en canto redactor unilateral do aval, tal como advirte o artº 1.288 do código civil .
A excepción debe conseguintemente desbotarse.
Segundo.- Non mellor sorte merecen correlos outros motivos do recurso.
Así, e polo que fai á excepción de litisconsorcio pasivo necesario, porque a mesma non é invocable nos supostos de debedores vencellados por vínculos de solidaridade, dado que nestes casos o acredor pode proceder, ora contra todos eles simultaneamente, ora contra un só, consonte ao artº 1.144 do código civil .
Incumbindo, en segundo lugar, e de conformidade coa doctrina xurisprudencial precedentemente citada sobre o aval a primeiro requerimento, a proba da inexistencia da débeda ao avalista, este non fai proba ningunha sobre tal feito, o que lle sería, polo demáis, doado requerindo á debedora arrendataria sobre este feito, ou para que presentara os documentos xustificativos do pagamento da renda. Contrariamente, se algo cabe inferir das declaracións da testemuña, representante legal da arrendataria, Bicafé España, S. A, en conxunción coa carta que esta remitíu ao Banco (folio 48), é o impagamento, ou se se prefire, a negativa da arrendataria a pagalas rendas, non debendo esquecerse, chegados a este puno do discurso agumental, que segundo o propio contrato -cláusula cuarta- a duración do mesmo era de cinco anos, prazo que a arrendataria debería cumprir na sua totalidade, de tal xeito que se así non o fixera debería pagalas mensualidades que restaran ata alcanzalo periodo de sesenta meses (folio 9).
Por último, a pretensión do apelante de que as custas que se lle impoñan deben quedar circunscritas á suma pola que non se achantou tampouco pode estimarse, e iso polas seguintes razóns: A) Porque ese achantamento non é incondicional, senón subsidiario ou para o caso de que non se acollan as excepcións de prexudicialidade e de listisconcorcio pasivo necesario. Ou por decilo doutro xeito, o beneficio da non imposicón das custas para o suposto do achantamento parcial, que se está pegonar, trae a sua razón de ser na evitación da lite sobre o obxeto do achantamento, faciltándose desta maneira a tramitación do proceso, á par que a realización -parcial- do dereito do actor, doble fundamento que non se cumpre evidentemente nun caso como o presente, no que, como o achantameto é subsidiario, ou está suxeto a que non se aprecien aquelas duas condicións, obriga á continuación do procedimento pola totalidade do obxeto litixioso, ou pola integridade do reclamado, e sen a posilidade da realización anticipada dunha parte do mesmo. B) Porque o achantamento, para que libere ao demandado do pagamento das custas, ten que producirse antes de contestar á demanda, ex artº 395 da L. A. C ., o que non é do caso. C) Porque o achantamento, ainda que sexa total - e menos, loxicamente, se é parcial-, non exonera das custas ao demandado, sempre que o mesmo actúe de mala fe, presumíndose esta circunstancia cando antes de promoverse a demanda fora requerido fidedignamente de pagamento, tal como determina aquel artigo, e no suposto axuizado houbo en efecto un previo requerimento notarial de pago (folios 24 e seguintes).
Terceiro.- Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxetivo, que paa as custas procesuais desta alzada establece o arº 398, en relación co artº 394, ambos da L. A. C ..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitámolo recurso de apelación formulado por Banco Espiritu Santo,S.A.,representada polo procurador D. Cesareo Vázquez Ramos contra da sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 2 de Vigo o día 6/6/2007, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.
