Sentencia Civil Nº 153, A...il de 2000

Última revisión
06/04/2000

Sentencia Civil Nº 153, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 107 de 06 de Abril de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Civil

Fecha: 06 de Abril de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 153

Resumen:
  E fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que a" actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Sen necesidade de amplas reflexións débese rexeita-lo recurso e confirma-la sentencia pronunciada, rexeitadora á súa vez da demanda interdictal. Dunha beira, e fronte ao sostido polos actores recorrentes, non é certo que a parte demandada recoñecese en confesión a posesión dos primeiros.O rexeitamento do recurso leva a impórmoslle as custas procesuais desta alzada á parte recorrente (art. 896, alínea 3ª, da LAC).    

Fundamentos

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00153/2000

AUDIENCIA PROVINCIAL

      SECCIÓN PRIMEIRA

            PONTEVEDRA

 

Rolo civil: 107/99

Orixe: XDO. 1ª INST. CANGAS 1

Tipo asunto: INTERDICTO DE RECOBRAR

 

      A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. LUCIANO VÁRELA CASTRO, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.153

 

      Pontevedra, o seis de abril do año 2000.

 

      O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 301/98, vindo do Xulgado de Primeira Instancia Cangas 1, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandante, DONA SANDRA e D. MANUEL, representado nesta instancia polo procurador dos tribunais Sr. López López, baixo a dirección do letrado Sr. Fernández Pérez; e da outra como apelado e demandado, DONA VICTORIA, a quen representa o procurador Sr. Sanjuán Fernández e dirixe o letrado Sr. Reino Fraga, en xuízo de interdicto.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

      Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alón diso:

 

PRIMEIRO.- Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 24 de febreiro de 1999, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia Cangas 1 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

 

      DECISIÓN: "Que desestimo la demanda interpuesta por el procurador de los tribunales Sr. Maquieira Gesteira, actuando en nombre y representación de doña Sandra y Manuel, en contra de Victoria y en su virtud absuelvo a dicha demandada de las pretensiones deducidas en su contra, ello con imposición de costas a los actores.".

      E fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que a" actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituido parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tívoselles por comparecidas, entregóuselles aquelas para instrucción por termo de dez días a cada unha e, despois de aviaren o devandito trámite, pasáronselle por igual termo e co mesmo obxecto ao maxistrado relator. A seguir, sinalouse día para a vista do recurso, que tivo lugar na data de 24 de marzo, coa asistencia dos letrados das partes.

 

      SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais. Foi  relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen  expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

      PRIMEIRO. Sen necesidade de amplas reflexións débese rexeita-lo recurso e confirma-la sentencia pronunciada, rexeitadora á súa vez da demanda interdictal. Dunha beira, e fronte ao sostido polos actores recorrentes, non é certo que a parte demandada recoñecese en confesión a posesión dos primeiros. A posición primeira, formulada polos actores, atinxe á colocación do portal, o que -loxicamente- impide a pasaxe dos demandantes, mais isto non supón que veña recoñecer ese feito da pasaxe efectiva destes tal como se infire, amais, no resto da confesión. E doutra beira, as declaracións testemuñais son contradictorias verbo do feito discutido da posesión, sen que existan datos abondos para atribuirmoslle maior credibilidade a unhas que a outras.

 

SEGUNDO: O rexeitamento do recurso leva a impórmoslle as custas procesuais desta alzada á parte recorrente (art. 896, alínea 3ª, da LAC).

 

      Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

 

DECIDIMOS

 

      Que é mester nós rexeitarmos, e de feito rexeitámolo, o recurso de apelación formulado por SANDRA E MANUEL, contra da sentencia pronunciada polo Xulgado de Primeira Instancia Cangas 1, na data de 24 de febreiro do año 1999, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte recorrente.

 

      Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia, con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.

      Deste xeito, por esta a nosa sentencia, cabeiramente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.