Sentencia Civil Nº 154/20...re de 2013

Última revisión
02/02/2015

Sentencia Civil Nº 154/2013, Juzgado de Primera Instancia e Instrucción - Carballo, Sección 1, Rec 505/2012 de 27 de Noviembre de 2013

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 15 min

Orden: Civil

Fecha: 27 de Noviembre de 2013

Tribunal: Juzgado de Primera Instancia e Instrucción - Carballo

Ponente: POSE AMADO, MARIA DEL CARMEN

Nº de sentencia: 154/2013

Núm. Cendoj: 15019410012013100001


Encabezamiento

XDO.1A.INST.E INSTRUCIÓN N.1

CARBALLO

SENTENCIA: 00154/2013

S E N T E N C I A

Carballo, 27 novembro do 2013.

Xuíza: Carmen Pose Amado.

Procedemento: Xuízo ordinario 505/2012.

Demandante:Dª Ángela e D. Juan Antonio.

Procuradora: Sra. Vázquez Borrazás.

Letrada: Sra. Fernández Mato.

Demandada:BANCO SANTANDER S.A.

Procuradora: Sra. Buño Vázquez.

Letrado: Sra. Borges Fernández na substitución de Sr. Ramón Peñalver.

Obxecto: Declaración da nulidade contractual.

Antecedentes

PRIMEIRO.-A procuradora dos demandantes, no nome e representación que acreditou, formulou ante este xulgado demanda de xuízo ordinario contra o citado demandado, alegando, en apoio das súas pretensións, os feitos e fundamentos de dereito que considerou de aplicación ó caso, e rematou suplicando ó xulgado a declaración da nulidade do subscrito entre as partes por vicio do consentimento e a condena da demandada á devolución dos 15.000 euros entregados en depósito cos intereses legais dende a firma do contrato e a restitución polos demandantes dos intereses recibidos trimestralmente.

SEGUNDO.- Admitida a trámite a demanda, déuselle traslado á demandada para comparecer e contestar no prazo de 20 días, o que fixo no senso de oporse, alegando, no apoio das súas pretensións, os feitos e fundamentos de dereito que considerou de aplicación ó caso, e rematou suplicando ó xulgado o rexeitamento íntegro da demanda e subsidiariamente, para o caso de aceptarse, a condena do Banco Santander á restitución das cantidades invertidas mais os intereses percibidos e o reintegro polos demandantes das accións obtidas ou o produto da súa venda máis o interese legal do diñeiro, beneficios, dividendos ou froitos percibidos ata que se dite sentencia.

TERCEIRO.- Convocadas as partes á preceptiva audiencia previa ó xuízo, esta realizouse o día 3 xuño do 2013, á que asistiron ambas as dúas partes que se ratificaron nos seus respectivos escritos de demanda e contestación e realizaron as manifestacións que foron do seu interese, todo o que quedou debidamente rexistrado en soporte apto para a gravación e reprodución do son e da imaxe, co resultado que obra no expediente.

CUARTO.-No acto do xuízo, que se realizou o día 10 outubro do 2013, practicouse a proba proposta e admitida ( Documental e testemuño do Sr. Arturo, director da sucursal bancaria de Carballo) nos termos que consta na gravación, e que, en aras á brevidade dáse por reproducido, logo do que as partes formularon oralmente as súas conclusións nos termos que se reflicten no expediente.

Na tramitación destes autos observáronse as prescricións legais.


Fundamentos

PRIMEIRO.- Exercita a demandante unha pretensión de nulidade do contrato, de data 1 outubro do 2007, sobre orden de subscrición de Valores Santander pola cantidade de 15.000 euros. Ó abeiro dos artigos 1265 e 1266 do Código Civil, alega a existencia dun vicio no consentimento por error sufrido no momento da contratación no que a entidade demandada non lle facilitou información completa e adecuada sobre as características do produto, nin información escrita sobre as condicións do mesmo, provocándolle así a crenza de que pasados 5 anos poderían recuperar a totalidade da cantidade, sen que se advertiran as perdas que poderían sufrir pola transformación en accións.

Pola súa parte, a demandada nega o anterior e alega que se facilitou información suficiente sobre as características e riscos do produto adquirido do que explica o funcionamento; que dende a firma do contrato, os demandantes non formularon queixa nin protesta algunha percibindo os intereses correspondentes ata que descendeu a cotización das accións, verdadeiro motivo da reclamación, así como a caducidade da acción.

Por conseguinte, obxecto deste procedemento é determinar se existe o vicio do consentimento alegado, coa recíproca restitución das prestacións no caso de declararse a ineficacia do contrato e previo análise da caducidade da pretensión.

SEGUNDO.- Con carácter previo, debe resolverse a cuestión da caducidade da acción alegada pola demandada ó soster o transcurso do prazo de catro anos, previsto no artigo 1301 do Código Civil, dende a firma do contrato, en outubro do 2007; data na que comeza a producir os seus efectos e a demanda non se interpón ata decembro do 2012.

O motivo debe rexeitarse, pois o citado prazo comeza a computarse dende a consumación do contrato, sen que poida confundirse a perfección coa consumación deste, máxime nos contratos de tracto sucesivo e prestacións periódicas como é o caso, no que, ó existir, de forma continuada no tempo, obrigas pendentes de cumprimento, para determinar o dies a quodo cómputo do prazo do exercicio da acción correspondente, debe acudirse principalmente ó disposto no artigo 1969 CC, e, por conseguinte, fixalo prazo dende que se ten coñecemento da existencia do erro.

No presente caso, apreciase que en xuño do 2012, a entidade bancaria infórmalles ós demandantes do troco ou conversión dos valores en accións ordinarias de nova emisión do Banco Santander e do prezo de referencia da acción, de 13,25 euros nese momento, despois da que se presentou, en data 20 setembro do 2012, reclamación ante o Servizo de Atención ó Cliente; momento no que o cliente tería verdadeiro coñecemento das prestacións que asumiu e no que debe situarse o dies a quo, polo que a acción no caducou ó interpoñerse a demanda en decembro do 2012.

TERCEIRO.- Para analizar a concorrencia do vicio do consentimento alegado, debe estarse ós criterios fixados pola xurisprudencia da Sala Primeira do Tribunal Supremo, entre outras, a recente sentencia de 29 outubro do 2013, que no fundamento de dereito sétimo sinala os requisitos que debe reunir o erro vicio para anulalo contrato, así dispón:

'Reiteramos la doctrina que, sobre la materia, resumió la sentencia 683/2012, de 21 de noviembre . En ella expusimos que cabe hablar de error vicio cuando la voluntad del contratante se hubiera formado a partir de una creencia inexacta - sentencias 114/1985, de 18 de febrero , 295/1994, de 29 de marzo , 756/1996, de 28 de septiembre , 434/1997, de 21 de mayo , 695/2010, de 12 de noviembre , entre muchas -. Es decir, cuando la representación mental que hubiera servido de presupuesto para la celebración del contrato fuera equivocada o errónea.

Es lógico que un elemental respeto a la palabra dada - ' pacta sunt servanda ' - imponga la concurrencia de ciertos requisitos para que el error invalide el contrato y, consecuentemente, pueda quien lo sufrió quedar desvinculado. Al fin, los contratos constituyen el instrumento jurídico por el que quienes los celebran, en ejercicio de su libertad - autonomía de la voluntad -, deciden crear una relación jurídica entre ellos y someterla a una 'lex privata ' (ley privada) cuyo contenido determinan.

La seguridad jurídica, asentada en el respeto a lo pactado, impone en esta materia unos criterios razonablemente rigurosos - sentencia de 15 de febrero de 1977 -.

En primer término, para que quepa hablar de error vicio es necesario que la representación equivocada merezca la consideración de tal. Lo que exige que se muestre, para quien afirma haber errado, como suficientemente segura, no como una mera posibilidad dependiente de la concurrencia de inciertas circunstancias.

Dispone el artículo 1266 del Código Civil que, para invalidar el consentimiento , el error ha de recaer - además de sobre la persona, en determinados casos - sobre la sustancia de la cosa que constituye el objeto del contrato o sobre aquellas condiciones de ella que principalmente hubieren dado motivo a celebrarlo - sentencias de, 4 de enero de 1982 , 295/1994 , de 29 de marzo, entre otras muchas -, esto es, sobre el objeto o materia propia del contrato - artículo 1261, ordinal segundo, del Código Civil .Por otro lado, de existir y haberse probado, el error debería ser esencial, en el sentido de proyectarse, precisamente, sobre aquellas presuposiciones - respecto de la sustancia, cualidades o condiciones del objeto o materia del contrato - que hubieran sido la causa principal de su celebración, en el sentido de causa concreta o de motivos incorporados a la causa.

Es cierto que se contrata por razón de determinadas percepciones o representaciones que cada contratante se hace sobre las circunstancias - pasadas, concurrentes o esperadas - y que es en consideración a ellas que el contrato se les presenta como merecedor de ser celebrado. Sin embargo, si dichos motivos o móviles no pasaron, en la génesis del negocio jurídico, de meramente individuales, en el sentido de propios de uno solo de los contratantes, o, dicho con otras palabras, no se objetivaron y elevaron a la categoría de causa concreta de aquel, el error sobre ellos resulta irrelevante como vicio del consentimiento .

Se entiende que quien contrata soporta el riesgo de que sean acertadas o no las representaciones que, al consentir, se hizo sobre las circunstancias en consideración a las cuales le había parecido adecuado a sus intereses quedar obligado.

Como se indicó, las circunstancias erróneamente representadas pueden ser pasadas, presentes o futuras, pero, en todo caso, han de haber sido tomadas en consideración, en los términos dichos, en el momento de la perfección o génesis de los contratos - sentencias de 8 de enero de 1962 , 29 de diciembre de 1978 y 21 de mayo de 1997 , entre otras -.

Lo determinante es que los nuevos acontecimientos producidos en el desenvolvimiento de la relación contractual resulten contradictorios con la reglamentación creada. Si no es así, se tratará de meros eventos posteriores explicables por el riesgo que afecta a todo lo humano.

Repetimos que el error vicio exige que la representación equivocada se muestre para quien la efectuó como razonablemente segura, de modo que difícilmente cabrá admitirlo cuando el funcionamiento del contrato se proyecte sobre un futuro más o menos próximo con un acusado componente de aleatoriedad, ya que la consiguiente incertidumbre implica la asunción por los contratantes de un riesgo, en caso de operaciones económicas, de pérdida, correlativo a la esperanza de una ganancia.

Por otro lado, el error ha de ser excusable. La jurisprudencia - sentencias de 4 de enero de 1982 , 756/1996, de 28 de septiembre , 726/2000, de 17 de julio , 315/2009 , de 13 de mayo - exige tal cualidad, pese a no estar mencionada en el artículo 1266, porque valora la conducta de quien se presenta como ignorante o equivocado, negándole protección cuando, con el empleo de la diligencia que era exigible en las circunstancias concurrentes, habría conocido lo que al contratar ignoraba y, en esa situación de conflicto, protege a la otra parte contratante, confiada en la apariencia que genera toda declaración negocial seriamente emitida'.

CUARTO.-No presente caso, a parte demandante afirma que non se lle informou suficientemente do produto, o que di, motivou un erro sobre o verdadeiro alcance do mesmo, pois díxoselle que o seu diñeiro estaba seguro, garantíndolle tanto o capital como o interese pactado, sen o menor risco, ó ser un produto similar a un depósito a prazo fixo e que podería retiralos cartos en cinco anos. Alega que non se lle entrega ningún documento informativo, pois o tríptico aínda non estaba aprobado pola CNMV; tríptico que tampouco se lle entrega no momento de asinar, o 1 outubro do 2007.

Das alegacións da demandante e do testemuño do Director da sucursal bancaria, Don. Arturo, resulta que o Sr. Juan Antonio, no mes de setembro do 2007, solicita información na oficina bancaria, da que era cliente, coa fin de obter máis rendemento sobre os cartos que tiña depositados noutra entidade, informándolle o Sr. Arturo sobre o produto obxecto desta litis e respecto ó que tiñan o avance ou esquema xeral, explicándolle verbalmente en que consistía, sen ocultar, dixo, que era un produto de certo risco, pois só pode obterse máis rendemento a través de produtos de risco ó non haber case oscilación entre os depósitos a prazo fixo das distintas entidades. Afirmou que se lle explicou a retribución fixa que percibirían durante 5 anos e que finalmente os valores rematarían convertidos en accións; que unha vez aprobado o produto pola CNMV chamou ós clientes por teléfono para que acudiran á oficina onde se lles explicou todo o funcionamento co tríptico diante, asinando posteriormente, o 1 outubro do 2007.

Do anterior resulta que o coñecemento dos demandantes do produto non se adquiriu sobre a base da información escrita ofrecida no citado tríptico, que se entrega con ocasión da sinatura do contrato, xa que con anterioridade a sucursal non contaba con ningún folleto pois a CNMV aínda non aprobara o produto, senón da explicación verbal que o Director do banco lle facilita, respecto da que, calquera que for a maneira na que se lle explicou, non hai dúbida de que se lle informou dos aspectos esenciais do mesmo, pois dun lado, non pode perderse de vista que o demandante buscaba máis rendibilidade a uns cartos que xa tiña nun depósito a prazo fixo noutra entidade, como se admite na propia demanda, e polo tanto, respondía ás súas necesidades nese momento e doutro, porque o produto contratado non ofrece unha aparencia realmente distinta da que é, no que se reflicte que son VALORES SANTANDER, o que impide calquera confusión cun depósito bancario, prazo fixo ou negocio similar.

A parte demandada xustifica que ofreceu información puntual ó cliente, explicando a testemuña que era adecuada ó perfil dos clientes ós que xa coñecía, e envióuselles comunicacións posteriores, como o documento nº 8, carta de outubro do 2007, no que se informa de que se completou con éxito a OPA, que os valores pasan a ser necesariamente convertibles en accións Santander; conversión que poderá producirse cada ano ata o 4 de outubro do 2012 no que se converterían automaticamente en accións; informando igualmente do prezo de referencia das accións. Con similar contido informativo enviásellelas comunicacións de xaneiro 2008, novembro 2008 e setembro do 2009 (Docs. 23 a 25).

No documento asinado reflíctese que manifestan ter recibido e lido o tríptico informativo aprobado pola CNMV e que coñecen e entenden as características dos Valores Santander, as súas complexidades e os seus riscos e, aínda que tal cláusula pode considerarse de estilo ou adhesión, o certo é que ningunha proba se practicou co fin de contradicir o que alí se reflicte, pois só se propuxo a documental xuntada ó expediente e a testemuña do Director da entidade que comercializou o produto, quen explicou con detalle como lles informou ós demandantes das características do produto, rendibilidade e convertibilidade, negando que se presentase como un depósito garantido.

Unha vez asinado, o contrato desenvolveuse con normalidade, coa percepción dos rendementos pactados (documentos 13 a 16 da contestación) e a entidade envioulles diversas misivas (documentos 8, 23, 24, 25, da contestación) nas que se lles recordaba as características do produto e a posibilidade de proceder ó seu troco voluntario, por si o prezo da cotización das accións conviña máis ós demandantes, en outubro do 2008,2009,2010 e 2011 antes de que se producise o troco forzoso en outubro do 2012; documentos dos que non se negou a súa autenticidade e recepción.

En calquera caso, aínda admitíndose que a información previa ofrecida fose incompleta ou insuficiente, como se alega na demanda, e provocase un erro no consentimento contractual, tampouco isto podería fundamentar o éxito da demanda pois trátase, á vista do arriba exposto, dun erro non escusable.

Por conseguinte, valorada a proba practicada ó abeiro dos artigos 217 e concordantes da Lei de Axuizamento Civil, procede o rexeitamento da demanda.

QUINTO.- De conformidade do artigo 394 da Lei de Axuizamento Civil, ó rexeitarse integramente a demanda, procede impoñerlle as custas á parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación

Fallo

Rexeitala demanda formulada pola procuradora Dª Mª Carmen Vázquez Borrazás no nome e representación de Dª Ángela e D. Juan Antonio, contra BANCO SANTANDER S.A, absolvendo á demandada de tódolos seus pedimentos e coa imposición das custas á parte demandante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Modo de impugnación: Recurso de Apelación ante a Audiencia Provincial de A Coruña no prazo de vinte días hábiles a contar dende o seguinte á notificación desta sentencia, mediante escrito presentado ante este xulgado.

Para interpoñer o recurso será necesaria a constitución dun depósito de 50 euros para a súa admisión a trámite. O depósito constitúese consignando o importe na Conta de Depósitos e Consignacións aberta a nome deste xulgado. A consignación deberá acreditarse ó interpoñelo recurso ( Disposición adicional 15ª LOPX) excepto os declarados exentos nesa disposición e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Así por esta sentencia que pronuncio, mando e asino.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.