Sentencia Civil Nº 16, Au...ro de 2000

Última revisión
25/01/2000

Sentencia Civil Nº 16, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 33 de 25 de Enero de 2000

Relacionados:

Tiempo de lectura: 4 min

Orden: Civil

Fecha: 25 de Enero de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 16

Resumen:
    O Xulgador a quo razoa na súa sentencia a non imposición de custas á parte demandada en base á conducta que adoptou a propia parte actora á hora de someterse á proba de confesión xudicial. Impóñense as custas da presente alzada á parte recorrente en apelación ó abeiro do así sinalado no artigo 710 da Lei de Axuizamento Civil.Que se  desestima o recurso.       Achéguese testemuño desta sentencia ó seu rolo de Sala, notifíquese de xeito legal ás partes e devólvanse as actuacións ó Xulgado de orixe con testemuño da resolución dictada, por quen se acusará recibo.            

Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

 

APELACION CIVIL

 

Rolo  0033/99

Asunto      menor cuantía

Número      0844/97

Oríxe JDO. 1º. INST. Nº. 3 DE VIGO

 

      A SECCION SEGUNDA DA. AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por DON JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO-, Presidente, DON JAIME ESAIN MANRESA e Dª Mª  CARMEN BOVEDA SOTO, Maxistrados pronunciou

 

NO NOME DE-EL REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA N. 16

 

Pontevedra, o veinticinco de Enero de dos mil.

 

      0 recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do xuízo núm. 0844/97, vindo do JDO. 1ª. INST. Nº. 3 DE VIGO, foi movido entre as partes, dunha banda como como apelante demandante, CO representado nesta instancia polo procurador don SENEN SOTO SANTIAGO baixo a dirección do letrado don JUAN JOSE YARZA URQUIZA e da outra como apelado e demandado  S.L. a quen representa a procuradora dona MARIA JOSE GIMENEZ CAMPOS e dirixe o letrado don JOSE A. MERA RODRIGUEZ, no xuízo de menor cuantía sobre reclamación de cantidad.

 

I.- ANTECEDENTES DE FEITO

 

 

 

      Aceptánse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:,

      PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data 13.01.99, o JDO. 1ª. INST. Nº. 3 DE VIGO, pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, dí: DECISION: "Que con estimación de la demanda formulada por la Procuradora doña Natalia Escrig Rey en representación del CO, debo condenar y condeno a , S.L., a abonar a la entidad actora en concepto de sustituto procesal del colegiado don J, la cantidad de 2.017.239 pesetas, más 38.374 pesetas en concepto de derechos de visado, desde el 10 de Febrero de 1.997".

      Fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación e emprazadas que foron perante desta Audiencia, personáronse en tempo e forma ámbalas dúas partes e, logo de transcorrido o prazo dos artigos 705 e 707 da Lei de Axuizamento Civil, sen que as mesmas formularan alegación ningunha, forónlle entregados os autos ó Maxistrado Relator polo termo de seis días e, fixado día e hora para a celebración da vista, déuselle traslado ás partes polo prazo legal de catro días, para instrucción de seus avogados defensores.

      A vista de apelación tivo lugar o día 18 de xaneiro coa asistencia do procurador Sr. Soto Santiago representante da parte apelante e da letrada Dª. Nieves González Rodas, que asistía por su compañero, letrado de la parte apelada, haciendo entrega ambos de notas de vista unidas al acta.

 

      SEGUNDO. Na tramitación desta instancia,  cumpríronse as prescricións e temos legais, sendo Relator o Maxistrado JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO quen expresa o criterio da Sala.

 

II.- FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

 

 

      PRIMEIRO. O Xulgador a quo razoa na súa sentencia a non imposición de custas á parte demandada en base á conducta que adoptou a propia parte actora á hora de someterse á proba de confesión xudicial. E xa sexa por tales motivos, xa sexa pola non estricta concordancia do finalmente resolto na instancia (incluso despois da aclaración de sentencia) co que na demanda rectora de litis se tiña peticionado, a non imposición das custas a agora apelada cumpridamente xustificada se atopaba.

 

      Deste xeito, e limitándose a tan só referido punto o recurso de apelación interposto, procede rexeitar a apelación formulada en un todo confirmar a resolución do Xulgado a quo.

 

      SEGUNDO. Impóñense as custas da presente alzada á parte recorrente en apelación ó abeiro do así sinalado no artigo 710 da Lei de Axuizamento Civil.

 

      vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.

DECIDIMOS

 

      Que, desestimando o recurso de apelación interposto pola representación do CO, fronte á sentencia dictada polo JDO. 1ª. INST. Nº. 3 DE VIGO na data 13.1.99 debemos confirmar e confirmamos, a devandita sentencia recorrida impoñéndolle as custas á parte apelante.

      Achéguese testemuño desta sentencia ó seu rolo de Sala, notifíquese de xeito legal ás partes e devólvanse as actuacións ó Xulgado de orixe con testemuño da resolución dictada, por quen se acusará recibo.

 

      Deste xeito, por esta sentencia nosa, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.