Última revisión
31/05/2001
Sentencia Civil Nº 164, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 39 de 31 de Mayo de 2001
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Civil
Fecha: 31 de Mayo de 2001
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 164
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCION SEGUNDA
PONTEVEDRA
Rolo: RECURSO DE APELACION 39 /2001
Ilmos. Sres. Maxistrados:
Presidente:
D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
Maxistrados:
Dª ANGELA-IRENE DOMINGUEZ-VIGUERA FERNANDEZ
D. JAIME
ESAIN MANRESA
S E N T E N C I A N° 164
En Pontevedra, trinta e un de maio de dous mil un.
No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 179/00, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCION NUM. 3 DE VILAGARCIA, movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandada-reconviniente DONA MA............, e da outra como apelado e demandante-reconvenido D. MANUEL TUBIO GARRIDO, no xuízo de divorcio.
ANTECEDENTES DE FEITO
PRIMEIRO: Nos actos a que este rolo atinxe, na data 12 de febreiro de 2001, o Xdo. 1 Inst e Instr núm. 3 de Vilagarcía de Arousa, pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente di: "Que estimando la demanda formulada por la Procuradora Sra. Montans Arguello en representación de D. Ma........, declaro disuelto por divorcio el matrimonio contraído por Dª. Mª. ...... y D. Ma.........., con los efectos legales inherentes a tal declaración. Asimismo, y desestimando íntegramente la reconvención formulada por Dª Mª ..........., debo absolver y absuelvo al demandante reconvenido de las pretensiones frente a él formuladas de adverso. En materia de costas y dada la naturaleza de la cuestión discutida no ha lugar a pronunciarse sobre las causadas en primera instancia".
Fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación o amparo do artigo 455 e seguintes da LAC 1/2000 de 7 de xaneiro, interesando a práctica da proba documental, confesión xudicial e testifical a que se refire o escrito de interposición do recurso. Remitironse as actuacións a esta Audiencia, dictándose auto por esta Sala o 26 de abril de 2001, acordando admitir os documentos aportados e non admitir a confesión xudicial nin a documental. Conforme o art. 465 da devandita LAC sinalouse o día 30 de maio de 2001 para a deliberación, votación e Fallo do presente recurso.
SEGUNDO: Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais. Foi relator o Ilmo. Sr. Maxistrado DON JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.
FUNDAMENTOS XURIDICOS
PRIMEIRO.- Os agora litigantes, cando de mutuo acordo instaron a separación, someteron a aprobación xudicial a correspondente proposta de convenio regulador que, posteriormente, trala súa ratificación por separado, obtivo o preceptivo referendo xudicial a medio da sentencia dictada o 14 de abril de 1999 polo Xulgado de Primeira Instancia n° 2 dos de Vilagarcia de Arousa.
Unha das cláusulas do amentado convenio regulador (a novena) reflectia que, precisamente, por mor da adxudicación á agora apelante da planta dun edificio destinado a oficinas, a mesma renunciaba a percibir do apelado calquera pensión ou indemnización que puidese corresponderlle por razón do seu matrimonio.
Todo posible desequilibrio patrimonial da apelante daquela pola situación de crise matrimonial ela mesma considerábao cuberto e satisfeito coa adxudicación á que se deixa feito mención. E se entón renunciou a reclamar toda compensación económica a xeito de pensión a cargo do seu ex marido mal podía agora facer táboa rasa de tal circunstancia en base a uns supostos incumprimentos patrimoniais por parte do apelado na atención das súas compartidas asuncións de débedas, pois, se bota en falla estas últimas, mecanismos de abondo posúe para impetrar ó respecto a súa imposición xudicial e, mesmo, na súa man sempre estivo o consabido expediente de modificación de medidas.
Deste xeito, e á marxe das correspondente accións que a agora apelante pode exercitar tendentes ó cumprimento, nos seus exactos termos, dun convenio regulador que se amosa sen ningunha tacha pola súa libre concertación, confirmación a presencia xudicial, e respeto ata que a agora apelante se viu demandada, non procede senón confirmar a resolución xudicial da instancia, estimatoria da disolución, por divorcio, do casamento dos litigantes, e desestimatoria da demanda reconvencional instada pola esposa orientada á fixación dunha pensión compensatoria e a imposición ó reconvenido de peitar coas cargas contraídas durante o matrimonio e, xa que logo, ó pago das cantidades fraccionadas e aprazadas.
SEGUNDO.- Non se fai especial pronunciamento verbo das custas da presente alzada pola natureza deste tipo de procedementos e as concretas cuestións sometidas a exame nesta segunda instancia.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación
D E C I D I M O S
Que debiamos desestimar e desestimamos o recurso de apelación formulado por DONA MA............, fronte á sentencia dictada o 12 de febreiro de 2001, polo Xulgado de 1. Inst e Instr núm. 3 de VILAGARCIA, nos autos de xuízo de divorcio, número 179/00, e debemos confirmar e confirmamos a devandita resolución xudicial, sin expresa imposición das custas nesta segunda instancia.
Achéguese testemuño desta sentencia ó seu rolo de Sala, e devólvanse as actuacións ó Xulgado de orixe con testemuño da resolución dictada, por quen se acusará recibo.
Deste xeito, por esta sentencia nosa, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

