Última revisión
18/03/2008
Sentencia Civil Nº 166/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3470/2006 de 18 de Marzo de 2008
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Civil
Fecha: 18 de Marzo de 2008
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 166/2008
Núm. Cendoj: 36057370062008100117
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00166/2008
CIVIL
Rolo: 3470/06
Procedemento de orixe: Ordinario 475/04
Órgano de procedencia: Instancia núm. 7 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 166/08
Vigo, dezaoito de marzo de dous miml oito
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 475/04 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 7 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3470/06, nos que aparece como parte
apelante- demandante Dña Rosa representada polo/a procurador/a D./D.ª Silvia Domínguez Domínguez e
asistida do/da letrado/a D./D.ª Tomas del Rio del Rio e como parte contra da que se apela e demandados Dña Guadalupe y Sofía representados polo/a procurador/a D./D.ª Marta Barreiro Carrilo e asistida do/da
letrado/a D./D.ª Emma Alonso Mendez. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer
da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 7 de Vigo de Vigo, con data do 30/5/07, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Que desestimando la demanda promovida por la procuradora Dña Silvia Domínguez Domínguez en nombre y representación de Dña Rosa frente a Dña Sofía y Dña Guadalupe debo absolver y absuelvo a las demandadas de la pretensión deducida por la parte actora, sin hacer especial pronunciamiento sobre las costas causadas."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Silvia Domínguez Domínguez, en representación de D./D.ª Rosa , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 6/3/08.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro: De conformidade coa doctrina xurisprudencial reiterada e consolidada, é obrigado traer ao proceso aos dos cóxuxes cando se promovan pur un terceiro accións reais que afecten aos seus bens gañanciais, de tal xeito que se non son ambos demandados, atoparémonos con que a relación xurídico-procesual está mal integrada, debendo apreciarse entón a excepción de falta de litisconsorcio pasivo necesario.
En efecto, dia a s. do T. S. de data 25-1-90 que " las acciones reales contradictorias o limitativas del dominio de los bienes gananciales, respecto de las cuales es inexcusable la necesidad de que el tercero que se crea asistido de alguna de dichas acciones la dirija contra los dos esposos integrantes de la sociedad conyugal, de tal manera que su ejercicio frente a uno sólo de ellos, con exclusión del otro, determina el surgimiento de la excepción de litis consorcio pasivo necesario, según tiene declarado esta Sala (baste citar, por todas las demás, la Sentencia de 4 de abril de 1988 )".
Igualmente, a s. de 15-2-99 proclama que " hay que afirmar paladinamente que tratándose de un bien inmueble sobre el que se ejercita una acción contradictoria de dominio, cuya titularidad dominical afecta a ambos cónyuges por ministerio de la ley, aunque sea adquirido por uno solo de ellos, como la disposición del mismo exige el consentimiento de ambos cónyuges - artículos 1.375 y 1.377 del Código Civil -, la sentencia que declare el dominio sobre dicho inmueble, o lo modifique, afectará al derecho mismo y a sus dos cotitulares, y la acción en que se solicite tal modificación -el patio no pertenecía al piso, sino a la Comunidad de Propietarios- deberá dirigirse contra ambos cónyuges, por la naturaleza del derecho cuya declaración judicial se solicita ".
E por citar das mais recentes, establece a s. de 13-9-2007 que " sentada la naturaleza ganancial de las fincas, resulta acertada la apreciación por la Audiencia de la excepción de falta de litisconsorcio pasivo necesario al ser la postura jurisprudencial en esta materia, como recuerda la Sentencia de 19 de marzo de 2001 , que "cuando se trata del ejercicio de acciones reales contradictorias o limitativas del dominio de los bienes gananciales, se hace necesario que aquel que se crea asistido de alguna de dichas acciones la dirija contra los dos esposos integrantes de la sociedad conyugal, de tal manera que el ejercicio frente a uno solo de ellos, con exclusión del otro, determina el surgimiento de la excepción de litisconsorcio pasivo necesario" y ello a diferencia de lo que ocurre cuando se postula la eficacia o ineficacia y consecuencias de una relación negocial o contractual, en que basta dirigir la pretensión contra aquel de los cónyuges que fue parte en el contrato ".
A doctrina precedente conduce, sen necesidade doutros e mais complexos comentarios, a apreciar tal excepción no caso contemplado, dado que a parte actora formula unha acción reivindicatoria respecto dunha franxa de terreo que estima dentro da sua propiedade, contra de Guadalupe , e da sua filla, Sofía , e ao contestar á demanda estas últimas invocan, como primeiro motivo do seu dicurso opositor, que ese cacho de terreo forma parte integrante do fundo que pertece á segunda e ao seu marido, Pablo . Invocación que ainda que se artelle nominalmente baixo o nome de falta de lexitimación pasiva, o que se está promover realmente é a excepción de falta de litisconsorcio pasivo necesario, tal como polo demais veñen sinalalas propias demandadas nese escrito de contestación, ao decir nel que " é necesario formulalo presente procedimento contra de todos eles, é decir, contra Guadalupe , Paulino , Pablo e Sofía " ( folio 62 ). Alegación que lonxe de semellar artificiosa e falaz, aparece inicialmente respaldada pola pertinente proba documental, constituida, primeiramente, pola escritura notarial de data 11 de novembro de 2.003, de aportación á sociedade de gañancias, outorgada polos cónxuxes, aqueles primeiros, Paulino e Guadalupe , e, en segundo lugar, e en íntima conexión coa anterior escritura, coa da mesma data, de cesión de bens por alimentos, daqueles dous a prol da sua filla, Sofía , e do marido desta última, Pablo ( folios 76 e seguintes ), escrituras oportunamente inscritas, ademais, no Rexistro da Propiedade.
Para que estea ben constituida a relación procesual debe traerse á lite a Sofía e ao seu marido, Pablo , mais non aos pais daquela primeira, tal como semella pretenden as demandadas, pois o resultado deste preito tan só podería afectar a estes últimos de xeito indirecto ou reflexo.
Segundo.-O sentido da decisión lévanos a non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas intancias ( artºs. 394 e 398 da L. A. C . ).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que por apreciación da excepción de falta de litisconsorcio pasivo necesario, revogamola sentenza dictada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 7 de Vigo o día 30/05/2006 , ordeándose retrotraelas actuacións ao intre procesual da Audiancia Previa, na que abriráse o trámite necesario para que a parte actora poda constituir adecuadamente a relación procesual, de conformidade co artº 420. 3 da L. A. C . Todo iso, sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.
