Sentencia Civil Nº 176/20...ro de 2011

Última revisión
24/02/2011

Sentencia Civil Nº 176/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3272/2009 de 24 de Febrero de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Civil

Fecha: 24 de Febrero de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 176/2011

Núm. Cendoj: 36057370062011100173

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00176/2011

CIVIL

Rolo: 3272/2009

Procedemento de orixe: Ordinario 380/09

Órgano de procedencia: Instancia núm. 3 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Julio Picatoste Bobillo, Presidente, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabares pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 176/2001

Vigo, vinte e catro de febreiro de dous mil once.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo ordinario 380/08 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3272/09, nos que aparece como parte

apelante- demandado D. Torcuato representada polo/a procurador/a D./D.ª Gemma Alonso Fernández e

asistida do/da letrado/a D./D.ª Javier Martínez Vila e como parte contra da que se apela e demandante D. Adriano representada polo/a procurador/a D./D.ª Alberto Vidal Ruibal e asistida do/da letrado/a D./D.ª Carlos Coladas Guzman.

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 3 de Vigo de Vigo, con data do 8/1/2008, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que estimando la demanda interpuesta por el procurador don Alberto Vidal Ruibal en nombre y representación de Don Adriano que actúa en su propio nombre y en beneficio de la comunidad de herederos de don Faustino y doña Genoveva debo declarar y declaro que la porción de terreno descrita en el plano nº de la ampliación del informe pericial elaborado por don Manuel como 5-6-7-9 y que aparece en el Fundamento Jurídico Cuarto de la presente resolución, es propiedad del actor, condenando a los herederos de don Torcuato y a Doña Angustia a pasar por esta declaración y a desalojar dicho terreno, dejándolo libre y expedito a disposición del actor y demás coherederos realizando a su costas las obras necesarias al efecto. Todo ello con expresa condena en costas a la parte demandada".

Segundo: Contra a dita sentenza o/a Procurador/a D./D.ª Gemma Alonso Fernández, en representación de D./D.ª Torcuato, presentou un recurso de apelación , que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 17/2/2011.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro : No contexto do exercicio dunha acción reivindicatoria, estimada na primeira instancia, a parte demandada recorre a sentenza desa instancia. A) Poñendo en cuestión a concorrencia dun dos presupostos desa acción, como é o dominio da parte actora sobre o terreo en discusión -perfectamente identificado e delimitado, contrariamente ao afirmado pola apelante, tal como gráfica e acertadamente razoa a sentenza recorrida-. B) Negando a lexitimación da parte demandante , ao non a creditar a súa condición de comuneiro da Comunidade de herdeiros que pregona. C) Defendendo que o obxecto reivindicado lle pertece, ora por telo adquirido en virtude do contrato de compravenda plasmado na escritura notarial de data 6 de agosto de 1980, ora, e subsidiariamente , en virtude do instituto da usucapión. Pois ben, por razóns sistemáticas comenzamos pola segunda das cuestións.

Efectivamente, e ainda que o demandante semella invocar, como un dos títulos, a escritura notarial de pacto de mellora de 27 de febreiro de 2006 , realmente, esa titulación é allea ao terreo de lite. Por expresalo doutra maneira, segregada do fundo matriz o día 30 de xuño de 1959 o predio de exclusiva propiedade do hoxe demandante, a titularidade dominical do resto do terreo non se pode basear, loxicamente , naquel título, senón na cualidade de herdeiro do actor respecto dos seus antergos, os seus avós, que fixeron aquela segregación. Pois ben, ainda que esa cualidade ponse en entredito pola parte demandada agora nesta alzada novidosamente, en canto non prantexada na primeira instancia, debemos examinala, pois é apreciábel mesmo de oficio, de conformidade con doutrina xurisprudencial pacífica e reiterada. Así , a sentenza do T. S. de data 28-12-2007 proclama que "el defecto de legitimación "ad causam" es estimable de oficio ( sentencia de esta Sala de 6 de mayo de 1995 y las que en ella se citan)". Engadindo a de 18-9-2009 que "incluso cualquier tribunal funcionalmente competente para conocer de los sucesivos recursos, ordinarios o extraordinarios, podía apreciar "ex novo" su ausencia". E pola certa similitude co caso axuizado, no que o actor alega a sua cualidade de herdeiro por ser neto dos seus avós causantes, a sentenza de 16-5-2000 declara que "porque sólo aparente es asimismo la habilidad con que el actor-recurrente se presenta, tanto en la demanda cuanto en su recurso de casación , como heredero de su abuelo por ministerio de la ley para, así, salvar el obstáculo representado por la falta de testamento y de declaración de herederos abintestato. Basta con recordar que, según el art. 921 CC, el pariente más próximo en grado excluye al más remoto y que, según el art. 933 del mismo Código, los nietos y demás descendientes heredarán por derecho de representación...". Para apreciar a falta de lexitimación, engadindo devandita resolución que "la falta de legitimación «ad causam» se considere apreciable de oficio por los tribunales".

Pois ben , partindo desas pautas, resulta palmaria, e ata chamativa a indolencia amosada pola parte actora no acatamento de acreditar a súa lexitimación, ou se se prefire, o dereito hereditario que pregona , pois sen descoñecer o tribunal a sua relación parental cos sus avós, non xustifica minimamente a súa condición de herdeiro deles, o que pasa necesariamente -e non son necesarias especiais reflexións xurídicas por ser de notorio coñecemeto- por, alomenos, as seguintes circunstancias: A) Porque os seus avós; Faustino e Genoveva, teñan falecido. E se ben é certo que o pasamento desta segunda podemos dalo por acreditado a través da escritura notarial de 6 de agosto de 1980, ao figurar nel Faustino como viuvo, non pode decirse o mesmo deste último. B) Porque teña falecido Hermenegildo, pai do actor. Contrariamente , ata o 27 de febreiro de 2006, no que se outorgou o pacto de mellora , estaba vivo. C) Porque, ora houbera as pertinentes disposicións testamenteiras de Faustino, Genoveva e Hermenegildo , ora tiveran recaido as correspondentes declaracións de herdeiros ab intestato, que levaran ao dereito hereditario do demandante, o que ignoramos totalmente. E) Porque descoñecemos se houbo operacións particionais. F) Porque, en fin, non sabemos se houbo premoriencias e as súas consecuencias.

Por todo o dito, procede apreciar a incompleta integración da lexitimación activa para promover a demanda inicial reivindicatoria, sen necesidade -nin posibilidade- entón de entrar nas demáis cuestións afectantes á cerna do asunto.

Segundo.- A estimación do recurso e o rexeitamento da demnda conduce a impoñer ao actor as custas pocesuais da primeira instancia , e a non facermos unha especial declaración sobre as esta alzada.

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con estimación do recurso de apelación formulado por D. Torcuato, representado polo procurador D. Gemma Alonso Fernández contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm 3 de Vigo o día 8/1/2008, rexeitamos a demanda reitora deste preito. Impoñemos ao demandante as custas procesuais da primeira instancia, e non facemos unha especial declaración sobre as desta alzada.

Esta é a nosa sentenza , que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia , aprobado pola Lei orgánica 1/1981 , do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución , facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

PUBLICACIÓN : En la misma fecha fue leída y publicada la anterior Resolución por el Ilmo. Sr/a. magistrado que la dictó, celebrando audiencia Pública. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.