Sentencia Civil Nº 18/200...ro de 2009

Última revisión
19/01/2009

Sentencia Civil Nº 18/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4267/2008 de 19 de Enero de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 11 min

Orden: Civil

Fecha: 19 de Enero de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 18/2009

Núm. Cendoj: 36057370062009100142

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00018/2009

CIVIL

Rolo: 4267/08

Procedemento de orixe: Divorcio Contencioso 514/2007

Órgano de procedencia: Instancia núm. 12 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 18/09

Vigo, dezanove de xaneiro de dous mil nove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Divorcio Contencioso 514/2007 procedentes do

Xulgado de 1ª Instancia Núm. 12 de Vigo ós que correspondeu o rolo 4267/08, nos que aparece como parte apelante- demandado Dña Mónica

representada polo/a procurador/a D./D.ª Rosario Díaz Moure e asistida do/da letrado/a D./D.ª Juan Carlos Alvarez Ferreiro e como parte contra da que se apela e

demandante D. Benjamín representada polo/a procurador/a D./D.ª José A. Fandiño Carnero e asistida do/da letrado/a D./D.ª Belén García Campelo,

e o Ministerio Fiscal. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 12 de Vigo de Vigo, con data do 24/4/2008, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que estimando como estimo la demanda articulada por la Procuradora Sra. Díaz Moure, en nombre y representación de D. Benjamín , frente a Dª Mónica , representada por la procuradora Sra. Martínez Paz, debo declarar y declaro la disolución, por causa de divorcio, del matrimonio formado por ambos interesados, contraído en Vigo en fecha 27 de junio de 997, con todos sus efectos legales.

Acuerdo las siguientes medidas definitivas:

1.- Se atribuye a D. Benjamín la guarda y custodia sobre los hijos comunes menores de edad; a aquél corresponde el ejercicio ordinario de la patria potestad, si bien a titularidad del derecho-deber recae sobre ambos progenitores, que deberán consultarse en los asuntos de mayor relevancia en la vida de sus hijos y en su formación.

2.- Se establece, a favor de la madre el siguiente régimen de relación:

a) Comunicación: la madre podrá comunicar libremente con sus hijos por via postal, telemática o telefónica, si bien dentro de los horarios que no supongan una distorsión del ritmo de vida de las menores, haciendo un uso cabal de esta facultad.

b) Estancias: la madre tendrá consigo a sus hijos en fines de semana alternos, desde el viernes a la hora de salida del colegio ( 14 horas) hasta las 20 horas del domingo.

b) Entre semana, madre e hijo estarán justos todos los martes y jueves, desde las 14 hasta las 19 horas.

c) en cuanto a las vacaciones estivales: se dividirán en dos mitades. La primera comprenderá desde las 13 horas del día siguiente al de obtención por parte de los niños de esas vacaciones hasta las 21 horas del día 31 de julio. La segunda, desde las 13 horas del día 1 de agosto hasta las 21 horas de la víspera del inicio del nuevo curso escolar.

En caso de desacuerdo entre los progenitores, la madre elegirá en años pares y el padre en los impares. Esa elección deberá ser comunicada formalmente por quien corresponda al otro progenitor dentro de la primera semana del mes de junio de cada año.

d) En Navidad, las vacaciones escolares se dividirán en dos segmentos. El primero, que corresponde a la madre en los años impares, comprende desde el día de inicio de las vacaciones, a la hora de salida del colegio, hasta las 12 horas del día 31 de diciembre; el segundo, que corresponde al padre en esos años impares, se extiende desde este instante hasta la víspera de finalización de las vacaciones lectivas a las 20 horas

No obstante, madre e hijos estarán justos el día 6 de enero entre las 12 horas y las 19 horas.

En años pares, de modo inverso.

e) En Semana santa: desde el mismo día de obtención de las vacaciones ) a la hora de salida del colegio ) hasta ala víspera de reinicio de las clases ( a las 20 horas), le corresponde a la madre la compañía de sus hijos en los años impares, y al padre los pares.

Durante todos los períodos vacaciones expuestos, no regirá el sistema de estación de fines de semana ni las visitas intersemanales.

3.-En concepto de alimentos para los hijos menores, la Sra. Mónica deberá abonar, a partir del próximo mes de mayo, la suma de 100 euros al mes, por mensualidades anticipadas, en doce mensualidades por año, y dentro de los cinco primeros días de cada mes, en la cuenta bancaria que ya ha sido designada por el padre.

Esta cantidad será actualizada anual y automáticamente, con efectos a 1º de mayo de cada año, conforme a la variación experimentada por el I.P.C. en computo nacional y anual- referido al año inmediatamente anterior - según certificación emitida al efecto por el INE u Organismo que lo sustituya.

Cada progenitor abonará la mitad de los gastos extraordinarios de los hijos.

No se hace expresa imposiciòn de costas."

Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Rosario Díaz Moure, en representación de D./D.ª Dña Mónica , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 16/01/09.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: A primeira e decisiva cuestión que se presenta nesta alzada é a relativa á custodia dos dous fillos menores de idade, que a sentenza de primeira instancia atribúe ao pai, decisión agora recorrida pola nai.

Devandita resolución basea esa pronuncia en dous feitos, o primeiro, a preferencia demostrada polos fillos hacia a figura paterna, e o segundo, que se o informe do Equipo Psicosocial adscrito aos Xulgados de Familia inclínase, contrariamente, hacia a custodia materna é con fundamento, esencialmente, en que o pai - ou o seu entorno- manipula aos fillos en contra daquela, presuposto da pericia que non se axusta, en tese do xulgador a quo, á realidade, pois na exploración dos menores practicada polo mesmo, en union co Ministerio Fiscal, non detectou ese comportamento desviado do pai, nin os fillos rexeitan á nai, afirmándose incluso na sentenza recorrida que os nenos " non se mostraron reacios á idea de pasar a convivir coa nai de xeito permanente" (fundamento de dereito cuarto, parágrafo noveno).

Pois ben, esta Sala, despois de revisado todo o acervo de probas existente nos autos chega á conclusión, en consonancia con aquel ditame pericial, de que o ben dos menores, fin fundamental e case único a lograr, se atopa mais realizado coa solución da custodia materna.

Obviamente, non poñemos en dúdida as apreciacións do Xulgador a quo na exploración dos menores, no senso de que os mesmos non demostraron ningún sentimento de "odio nin rencor" hacia a nai, "nin minusvaloran o rol que xoga nas suas vidas", nin, en fin, "exteriorizan sentimentos de rexeitamento " hacia ela. Máis con independencia desas sensacións, amosadas efectivamente polos menores no intre puntual desa exploración, o certo é que hai outros momentos e outros datos dos que racionalmente se infiren - tal como polo demais reflicta o informe- unha predisposición da prole en contra da sua nai, así como que esta postura aparece inxustificada, e que trae a sua orixe da actitude inducida paterna.

Primeiramente, é un feito que non ofrece dúbida o rexeitamento explícitamente manifestado polo fillo maior, á sazón de dez anos, na sua exploración como testemuña na causa penal precedente (folio 53), practicada o día 29 de outubro de 2.007.

Pero é que, en segundo e mais decisivo lugar, ese sentimento de rexeitamento persiste case dous meses despois con motivo da entrevista dos menores cos peritos, os que observan unha campaña de desvalorización materna polo seu cónxuxe con basamento nuns datos que pola sua elocuencia non podemos menos que compartir plenamante, pois como aclaran estes técnicos, as expresións vertidas polos menores, tales como que "non me puxeches a andar " - de bebé, engaden e aclaran os peritos-, "me tiñas sempre atado" - tamén de moi cativo-, "só me dabas salchicas e lombo", "só sirves para fumar", "tamén o diñeio das tarxetas ou algo así non nolo deches, seguro que os gastaches en tabaco", ou " ti o que queres é que papá te dea o diñeiro que te ten que dar", son evidentemente expresivas daquel rexeitamento, e non con menos claridade procedentes dunha información perversa do pai, pois os menores, pola sua cativa idade, non podían ter conciencia de moitos deses feitos, ainda que foran verdade, do que, por certo, non hai a mais mínima constancia. E afirmacións tales como que a sua nai "lle insulta e lle pega", que " vaime meter nun reformatiorio", ou, xa para rematar, que "non teño ningún recordo bo da miña nai", non fan máis que corroborar certamente a tese pericial, que facemos nosa.

En conclusión, o benestar da prole estimamos que queda mais realizado coa custodia materna, á luz da anterior probanza, en combinación cos seguintes feitos e consideracións finais: A) Os propios menores non sen reacios a estar con esta última - de ser espontánea e sentida esa manifestación ante o Xulgador-. B) Foi a nai a que veu atendendo fundamental e regularmente aos menores con anterioridade á crise conxugal. C) Mentres que a nai veu seguindo con regularidade a evolución educativa dos fillos, acudindo ao centro escolar, o pai nunca o fixo, delegando na sua compañeira ese labor, o que non era o mais axeitado, dada a curta idade desta última, de arredor de vinte anos, tal como acertadamente advirten os peritos, curta idade, que en unión coa falta de vencello parental daquela cos menores orixinaron a negativa da información solicitada por parte do colexio, a pesares do cal o pai mantivo a sua postura abtencionista, como igualmente puntualizan aqueles técnicos. D) Non semella que o pai desminta o feito anterior, pois no seu interrogatorio recoñece que os fillos fan os seu deberes escolares coa axuda dos tres, en referencia a sua compañeira, e a sua irmá, coas que convive. E ) O tribunal non pode ignorar tampouo la actitude demostrada polos pais nos seus respectivos interrogatorios, dos que se colixe un comportamento mais reflexivo, preocupado, meditado, e espontáneo da nai, fronte ao pai. O que nos leva no seu conxunto a estimar a aquela proxenitora como a mais idónea para o exercicio da custodia.

Segundo.- O réxime de comunicación materno-filial, dispoto pola sentenza recorrida é o suficientemente amplo e flexíbel como para mantelo, agora respecto, loxicamente, da relación paterno-filial.

Tercero.- O pai recoñece percibir uns ingresos mensuais líquidos en torno aos 900 euros. E a nai sobre os 500. Estes dous factores lévannos a establecer como pensión alimenticia ponderada para os fillos a suma mensual, a cargo daquel primeiro, de douscentos cincuenta euros.

Cuarto.- Non facemos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que ao acollerse o recurso de apelación formulado por Dña Mónica , representada polo procurador Dña Rosario Días Moure contra da sentenza ditada pol Xulgado de Primeira Instancia núm. 12 de Vigo o día 24/4/2008 , atribuimos á nai a cutodia dos fillos, sendo a patria potestade compartida, e establecemos como réxime de comunicación paterno-filial o acordado na setenza recorrida, debendo satisfacer este último, en concepto de alimentos para os dous fillos, a suma de douscentos cincuenta euros a mes, anualmente actualizábel dacordo co I. P. C. sinalado polo Instituto Nacional de Estadística ou organismo similar, suma que deberá ser ingresada dentro dos cinco primeiros dias de cada mes na conta que a nai designe. Non facemos unha especial declaración sober as custas procesuais de ningunha das duas instancias.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.