Sentencia Civil Nº 203/20...zo de 2013

Última revisión
01/07/2013

Sentencia Civil Nº 203/2013, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 6263/2011 de 21 de Marzo de 2013

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Civil

Fecha: 21 de Marzo de 2013

Tribunal: AP - Pontevedra

Nº de sentencia: 203/2013

Núm. Cendoj: 36057370062013100194

Resumen:
RESPONSABILIDAD EXTRACONTRACTUAL

Encabezamiento

Resumen: RESPONSABILIDAD EXTRACONTRACTUAL Idioma: Gallego AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 PONTEVEDRA SENTENCIA: 00203/2013 AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA N00050 C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO L25618F4 Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387 N.I.G. 36057 42 1 2010 0019599 ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0006263 /2011 B Juzgado de procedencia: JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 10 de VIGO Procedimiento de origen: JUICIO VERBAL 0001392 /2010 Apelante: BANCO POPULAR ESPAÑOL S.A.

Procurador: JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO Abogado: ALFONSO CABEZA NAVARRO RUBIO Apelado: Teresa , Marco Antonio Procurador: FRANCISCO JAVIER SOAJE RENARD Abogado: ANGELES MARGARITA GIMENEZ LAGO A SECCIÓN SEXTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON SEDE EN VIGO, sendo o Maxistrado relator constituido en Tribunal unipersoal, ILMO. SR.D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, PRONUNCIOU NO NOME DO REI a seguinte SENTENZA Nº 203/13 Vigo, vinte e ún de marzo de dous mil trece.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal 1392/10 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 11 de Vigo ós que correspondeu o rolo 6263/11, nos que aparece como parte apelante e demandante BANCO POPULAR ESPAÑOL S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE A. FANDIÑO CARNERO e asistida do/da letrado/a D./D.ª ALFONSO CABEZA NAVARRO, e como parte contra da que se apela e demandada D./D.ª Marco Antonio e Dª Teresa , representada polo/a procurador/a D./D.ª JAVIER SOAJE RENARD e asistida do/da letrado/a D./D.ª ANGELES MARGARITA GIMENEZ LAGO .

I.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 11 de Vigo, con data do 1 de setembro de 2011, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva: 'Que DESESTIMANDO la demanda interpuesta por la entidad BANCO POPULAR ESPAÑOL S.A., contra Marco Antonio y Teresa , DEBO ABSOLVER Y ABSUELVO a los demandados de las pretensiones formuladas frente a los mismos, sin condena en costas.' Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Jose A. Fandiño Carnero, en representación de D./D.ª BANCO POPULAR ESPAÑOL S.A, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro : Atopámonos ante un contrato de préstamo -non de crédito-, plasmado na póliza nº. 00075 00767 45 7604, de data 13 de decembro de 2.006, e con data de vencimento de 13 de decembro de 2.012, polo montante de 11.436,64 euros, a satisfacer mediante amortizacións mensuais. O contrato contén unha cláusula (a sexta), de vencimento anticipado por parte do Banco para o caso, entre outros, de que os prestatarios deixasen de pagar algún dos prazos de amortización. O Banco prestamista formula a presente demanda -inicialmente unha petición de proceso monitorio-, reclamando a suma de 5.765,24 euros, que considera como saldo debedor á data do 13 de outubro de 2.010, por estimar impagadas ata catro mensualidades anteriores (polo importe global de 874,73 euros), máis 4.890,51 euros, pendentes de amortizar. Os demandados se opoñen a esa reclamación, invocando, por unha banda, que non deben cuota ningunha, tendo pagadas puntualmente todas, e por outra, a condición usuraria dos xuros moratorios, ao 29% anual.

Pois ben, con estes antecedentes, constitúe o feito crucial para o resultado do preito determinar se a parte demandada aboou, efectiva e puntualmente, ou non as amortizacions mensuais, inclinándonos pola postura afirmativa á luz da proba documental existente nos autos, e que se pasa analizar.

Primeiramente, débese puntualizar que a parte actora non concretou coa precisión debida cales foron as mensualidades impagadas polos prestatarios aos seus respectivos vencimentos -nada se di a este respecto na petición inicial do proceso monitorio, na que se omiten os meses concretos insatisfeitos-, creándose para os demandados unha situación de certa indefensión, así como un estado de incerteza, estado extensible igualmente ao órgano xudicial, que nada pode beneficiar lóxicamente a postura do demandante, e que débenos levar a unha leitura estricta e pro debitoris da pretensión da parte demandante.

E, en segundo lugar, se a parte actora pecha a conta o día 13 de outubro de 2010, debemos entender razoablemente que a súa denuncia de impagamento refirese ás mensualidades precedentes, posible-probablemente aos meses de xullo, agosto, setembro e o mesmo outubro dese ano.

Pois ben, fronte á formulación do Banco prestamista, negando os pagamentos, os demandados achegan á causa proba documental da que se colixe ponderadamente que atenderon temporaneamente as amortizacións. En efecto, os hoxe recorridos achegan ata cinco xustificantes bancarios de ingresos, dos meses de xullo, agosto, outubro e novembro de 2010 e xaneiro de 2011 (folios 72 e seguintes). E se ben é certo que os dous últimos, por importe de 200 euros cada un, conteñen a indicación 'aboamento expedente...', co que semella que son pagamentos alleos ao de lite, non é menos verdade que un dos outros tres xustificantes, pola suma de 210 euros, expresa como concepto a pagar o de 'préstamo', expresión da que se infire que se refire, precisamente, ao pagamento do préstamos litixioso, o que nos leva finalmente a estimar que os dous xustificantes -que omiten o concepto- eran igualmente do pagamento do préstamo, por expresar a mesma cantidade, de 210 euros, e non de 200 euros, do expedente, que segundo o Banco tiña por obxecto reclamar as disposicións por unha tarxeta. En conclusión, tan só cabe conxeturar sobre unha soa mensualidade impagada -despois de arredor de catro anos anteriores de cumprimento puntual-, pura conxetura que3 unida á coxuntura de incerteza - se insiste- creada polo Banco prestamista, non expresando coa claridade necesaria os meses que considera impagados, a demanda e o recurso teñen que rexeitarse.

Segundo : Non se atopa circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artº. 398, en relación co artº. 394, ambos da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que me outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeito o recurso de apelación promovido por BANCO POPULAR ESPAÑOL S.A. representado polo Procurador Sr. Fandiño Carnero contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 11 de Vigo o día 1 de setembro de 2011, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a miña sentenza, que asino, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra a mesma non cabe recurso algún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.