Última revisión
01/06/2000
Sentencia Civil Nº 2043, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 188 de 01 de Junio de 2000
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Civil
Fecha: 01 de Junio de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON
Nº de sentencia: 2043
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCION SEGUNDA
PONTEVEDRA
Rolo: JUICIO VERBAL 2043 /2000
Ilmos. Sres. Maxistrados:
Presidente:
D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO
Maxistrados:
Dª ANGELA-IRENE DOMINGUEZ-VIGUERA FERNÁNDEZ
D. JAIME ESAIN MANRESA
S E N T E N C I A N° 188
En Pontevedra, o un de xuño de dous mil.
No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 307/1999, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCION 2 DE PONTEAREAS, movido entre as partes, dunha banda como apelantes e demandantes MARIA LUISA S , VICENTE G y ELENA G , e da outra como apelado e demandado ENTIDAD ASEGURADORA M.., no xuízo verbal civil, sobre reclamación de cantidade.
ANTECEDENTES DE FEITO
PRIMEIRO: Nos actos a que este rolo atinxe, na data 27,04,2000, o Xdo. 1 Inst e Instr n° 2 de PONTEAREAS, pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente di: Que estimando parcialmente la demanda interpuesta por Dña Mª Luisa S , D. Vicente G y Dña. Elena G , representados procesalmente por el Procurador Sr. Varela GArcía Ramos, contra la Cía. aseguradora M.., representada por la Procuradora Sra. Mercedes García Gómez, debo CONDENAR y CONDENO a la demandada al pago a Dña. Mª. Luisa S de la cantidad que se determine en ejecución de sentencia por ocho días de paralización de su vehículo, a D Vicente G de la cantidad de 1.422.407 pesetas y a Dña. Elena G de la cantidad de 1.458.595 pesetas. Todas las cantidades con el interés legal del dinero incrementado en un 50% desde el siniestro. Sin hacer condena en costas.
Fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación, solicitando a revogación da mesma, e tras o traslado do devandito recurso ter sido conferido á parte contraria, a parte demandada opúxose ó mesmo, solicitando a confirmación da sentencia recorrida.
SEGUNDO: Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais.
Foi relator o filmo Sr. Maxistrado D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
PRIMEIRO.- Son os propios demandantes os que teñen formulado recurso de apelación fronte á sentencia da instancia para, con parcial revogación desta, interesar a integra estimación dos seus respectivos pedimentos.
Comezaban así os demandantes don Vicente G e dona Elena G por reclamar que lles fosen recoñecidos e aboados os gastos de desprazamento dende os seus respectivos domicilios ata o centro no que tiñan que someterse a revisións médicas, primeiro, e rehabilitacións, despois, polos respectivos importes de 353.500 e 400.960 pts. Verbo de tal cuestión a Xulgadora da instancia dispuxo que non procedía o seu recoñecemento por canto que non consideraba acreditado que se correspondesen cos gastos necesarios derivados do accidente de circulación por aqueles dous padecidos. E tal concreto pronunciamento debe ser ratificado nesta segunda instancia, pois, malia efectivamente viviren o Sr. Gallego S en Salvaterra do Miño, e a Sra. Giráldez Pereira en As Neves, e teren que desprazarse ata a cidade de Vigo ("clínica Fátima") para as consultas e o conseguinte tratamento rehabilitador, o que se que por ningures quedou demostrado foi a imperiosa necesidade de ambos recorrentes ter que á forza empregar un medio de transporte como o taxi cando ó seu dispor se atopaban outros medios de locomoción mesmo públicos que en absoluto aparecían contraindicados polas lesións apreciadas tanto no Sr. Gallego Suárez (escordadura cervical e contusión costal simple) como na Sra. Giráldez P (escordadura cervical).
En canto ás secuelas tanto as dun como doutro lesionados foron establecidas polo perito nun total de oito puntos para cada un, tendo reflectido a Xulgadora a quo na súa sentencia que para a súa equivalencia económica debía estarse ó disposto na disposición adicional oitava da Lei 30/1995, de Ordenación e Supervisión dos Seguros Privados, consonte á actualización vixente ó presente momento no que se concretaba pecuniariamente a débeda. Pois ben, tal pronunciamento (que non foi impugnado pola parte demandada) semellaba que estaba a facer referencia ás contías vixentes no momento de dictarse a sentencia recorrida, isto é, o 27 de abril de 2000, e nesta data xa fora publicada a resolución do 2 de marzo de 2000 (BOE n° 72, do 24 de marzo) da Dirección Xeral de Seguros, pola que se daba publicidade ás contías das indemnizacións por morte, lesións permanentes e incapacidade temporal que resultasen de aplicar durante o año 2000 o sistema para valoración dos danos e prexuízos causados ás persoas en accidentes de circulación. E a teor do así disposto na correspondente Táboa III do Anexo, no caso do Sr. Gallego S o valor de cada punto sería de 104.433 pts., e no caso da Sra. Giráldez P sería de 114.132 pts., polo que ó primeiro correspóndenlle 835.464 pts. (8x104.433 pts.), e á segunda 913.056 pts. (8x114.132 pts.). Deste xeito, unha vez agregadas estas sumas ás indiscutidas 902.880 pts para cada un dos lesionados en concepto de baixa impeditiva, e co incremento do 10% (Táboa IV do mesmo Anexo), resultan uns totais de 1.921.178 pts para don Vicente G , e de 1.997.530 pts para dona Elena G .
Por último, tamén por dona María Luisa S se impugnaba a sentencia da instancia no atinxente ó lucro cesante padecido pola paralización do vehículo (taxi) que resultou sinistrado. E nisto non leva razón algunha a devandita apelante por canto que, consonte o tamén informe pericial obrante en autos, o tempo de reparación máximo do amentado automóbil sería o de oito días e non os pretendidos 75 que estivo no taller, non sendo de recibo que se pretenda atribuir tal diferencia ó tempo que supostamente se tardaron en peritar os danos, pois non resulta crible que por tal causa se manteña paralizado un taxi do movemento do cal cabe pensar que depende boa parte da diaria economía da súa dona, canto máis que non tiña porque agardar a tal peritación para arranxalo previa a adopción das correspondentes cautelas ó respecto.
SEGUNDO.- A parcial estimación do recurso de apelación determina que ó abeiro do disposto no artigo 736 da Lei de Axuizamento Civil non se efectúe especial pronunciamento en canto ás custas ocasionadas na presente instancia.
Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación.
D E C I D I M O S
Que en parte debiamos estimar e estimamos o recurso de apelación formulado fronte á sentencia dictada o día 27 de abril de 2000 pola Sra. Xuíz do Xulgado de Primeira Instancia n° 2 dos de Ponteareas nos autos de xuízo verbal 307/99, e con parcial revogación da amentada resolución debemos condenar e condenamos á demandada entidade "M.." a que lle aboe a don VICENTE G a suma de 1.921.178 pts., e a dona ELENA G a cantidade de 1.997.530 pts., manténdose no demais o pronunciamento da instancia e, en concreto a tamén condena da demandada a aboar a dona MARÍA LUÍSA S a suma que se determine en execución de sentencia polos oito días que estivo paralizado o seu vehículo, así como que se recoñecen os xuros legais do diñeiro incrementados nun cincuenta por cento dende o sinistro, sen expresa condena en custas en ningunha das dúas instancias.
Achéguese testemuño desta sentencia ó seu rolo de Sala, e devólvanse as actuacións ó Xulgado de orixe con testemuño da resolución dictada, por quen se acusará recibo.
Deste xeito, por esta sentencia nosa, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

