Sentencia Civil Nº 213, A...yo de 2001

Última revisión
30/05/2001

Sentencia Civil Nº 213, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 126 de 30 de Mayo de 2001

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 6 min

Orden: Civil

Fecha: 30 de Mayo de 2001

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: VARELA CASTRO, LUCIANO

Nº de sentencia: 213


Fundamentos

 AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

 

SENTENCIA: 00213/2001

 

 

Rolo civil: 0126/00

P. civil: 0264/99

Orixe: XDO. DE 1ª INSTANCIA DE CANGAS-2

Tipo asunto: SEPARACIÓN

 

 

 A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, presidente, D. LUCIANO VÁRELA CASTRO e D. JULIO CÉSAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

la seguinte

 

SENTENCIA NÚM.213

 

Pontevedra, o trinta de maio do ano dous mil un.

 

O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 264799, vindo do Xulgado de 1ª, Instancia de Cangas-2, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandado, don PEDRO , representado nesta instancia polo procurador dos tribunais Sr Soto Santiago, baixo a dirección do letrado Sr. Fernández López; doutra, como apelada e demandante, dona CRISTINA , a quen representa a procuradora Sra. Ángulo Gascón e dirixe o letrado Sr. Cameron; e, amais, dunha outra, como apelado demandado, o MINISTERIO FISCAL, en xuízo de separación.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:

 

 PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 8 de xuño do 2000, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Instancia de Cangas-2 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

 

 DECISIÓN: "Que estimando parcialmente la demanda interpuesta a instancia del procurador de los tribunales don José Manuel González-Puelles Casal, en nombre y representación de doña Cristina , contra don Pedro , y la interpuesta por don Senén Soto Santiago, en nombre y representación de don Pedro  contra doña Cristina , debo acordar y acuerdo la separación matrimonial de los litigantes con todos los efectos legales y en especial los siguientes:

 

1°.- Se atribuye la guarda y custodia del menor Sergio a su madre doña Cristina , permaneciendo la patria potestad compartida. Su padre, don Pedro  podrá visitarlo y tenerlo en su compañía los martes y jueves de cada semana desde la salida del Centro escolar hasta las 20:00 h, tiempo en el que deberá restituir al menor a domicilio materno, además de los fines de semana alternos desde las 20:00 h del viernes a las 20:00 h del domingo, y la mitad de las vacaciones de Navidad, Semana Santa y Verano, debiendo el padre elegir los períodos correspondientes los años pares y la madre los impares.

 El padre deberá siempre recoger al menor en el domicilio materno y restituirlo en el mismo.

 

2°.- Como pensión de alimentos a favor de Sergio,) don Pedro  deberá abonar a doña Cristina  la cantidad mensual de veinte mil pesetas (20.000 ptas), actualizable anualmente conforme al índice de precios al consumo, lo que hará efectivo dentro de los cinco primeros días de cada mes en la cuenta bancaria que se señale a estos efectos.

 

3°.- Se decreta la disolución del régimen económico matrimonial.

 

4°.- No se hace expresa imposición de costas a ninguna de las partes".

 

 E fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que as actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. Por estas se teren constituido en parte perante ela no tempo e do xeito que acae, tívoselles por comparecidas, entregóuselles aquelas para instrucción por termo de dez días a cada unha e, despois de aviaren o devandito trámite, pasáronselle por igual termo e co mesmo obxecto ao maxistrado relator. A seguir, sinalouse día para a vista do recurso, que tivo lugar na data de nove de maio do ano que andamos, coa asistencia dos letrados das partes.

 

 SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

 Foi relator o maxistrado don LUCIANO VÁRELA CASTRO, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

 PRIMEIRO. O esposo apelante insta que na sentencia non reste pegada ningunha da que poida inferirse que se lle ten por culpable da separación.

 

Recoñece o esposo que na convivencia coa esposa eran frecuentes as "disputas" e "tiranteces" malia que na súa peculiar concepción desa relación as avalíe como "normales". E mesmo recoñece que o día 19 de abril a discusión e disputa coa súa esposa foi "grave" ata o punto de que esta chamou a seus pais para que a recolleran da casa dos pais do esposo na que estaban a vivir.

 

Iso abonda para xustifica-la xenerosa cualificación da causa de separación acollida na sentencia apelada.

 

SEGUNDO. O apelante teima nesta instancia na pretensión de asumi-la garda do fillo.

 

 Xustifica o pedido con alegacións, xa nesta instancia, que son inatendibles porque atinxen a feitos posteriores dos que, segundo el, derivaría o incumprimento do decidido na primeira instancia por parte da esposa. Pero iso non xustifica o revogamento dela, senón que diante de quen a dictou se interese o necesario para a súa efectividade.

 

 Nin eses feitos posteriores amosan de seu o erro da sentencia anterior.

 

 Mesmo cando o argumento da apelada fose a inconveniencia dos cambios sucesivos de domicilio do neno.

 

 Porque, en definitiva, inexistente a alegación de que a gardada polo apelante sería "mellor" para o neno que a confiada á esposa nai, a cuestión do revogamento esixiría que tal mellora ocorría, xa que, doutro xeito, nada permite a muda da decisión apelada.

 

 Sen prexuízo obviamente de que a parte poida tenta-la "modificación" do decidido por alteración substancial de circunstancias de considerar que tal alteración ten ocorrido ou por incumprimento da decisión xurisdiccional previa.

 

 Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

 

DECIDIMOS

 

 Que é mester nós rexeitarmos, e de feito rexeitámolo, o recurso de apelación movido por don Pedro  fronte á sentencia dictada polo Xulgado de 1ª Instancia de Cangas-2, no xuízo de separación núm. 264/99, confirmando a devandita sentencia con imposición das custas á parte apelante.

 

 Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia, con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.

 

 Deste xeito, por esta a nosa sentencia, cabeiramente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.

 

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.