Sentencia Civil Nº 234/20...zo de 2011

Última revisión
10/03/2011

Sentencia Civil Nº 234/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3282/2009 de 10 de Marzo de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 13 min

Orden: Civil

Fecha: 10 de Marzo de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 234/2011

Núm. Cendoj: 36057370062011100249

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00234/2011

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 3282/09

Procedemento de orixe: ORDINARIO 123/08

Órgano de procedencia: 1ª INSTANCIA Nº 4 DE VIGO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. JULIO PICATOSTE BOBILLO, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 234/11

Vigo, dez de marzo de dous mil once.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 123/08 procedentes do Xulgado de 1ª

Instancia Núm. 4 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3282/09, nos que aparece como parte apelante-demandado GRANITOS IBÉRICOS S.A. representada polo/a

procurador/a D./D.ª JOSE FERNÁNDEZ GONZÁLEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª JAVIER CABO CIBEIRA e como parte contra da que se apela e demandante

D. Jose Carlos representada polo/a procurador/a D./D.ª MARÍA AUXILIADORA RUIZ SÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª EUGENIO

MOURE GONZÁLEZ, sendo parte o MINISTERIO FISCAL .

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 4 de Vigo, con data do 9 de marzo de 2009, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Con estimación parcial de la demanda, interpuesta por la Procuradora Dª María Auxiliadora Ruiz Sánchez , en nombre y representación de D. Jose Carlos, contra GRANITOS IBÉRICOS S.A., representada por el Procurador D. José Fernández González, con la intervención del MINISTERIO FISCAL, debo:

1º.- DECLARAR Y DECLARO que el derecho del demandante a la inviolabilidad de su domicilio se ha visto lesionado por la actividad de GRANITOS IBÉRICOS S.A. en su fábrica "Planta Carballal", sito en la Avenida de Santa Marina , nº 293 de Vigo.

2º.- CONDENAR y CONDENO a GRANITOS IBÉRICOS S.A. a adoptar las medidas necesarias para reducir las emisiones de ruido de la mencionada fábrica a los límites establecidos en la Ordenanza municipal del Concello de Vigo "de protección do medio contra la contaminación acústica producida por la emisión de ruidos y vibraciones".

Todo ello sin que proceda hacer condena en costas."

Segundo: Contra a dita sentenza o/a Procurador/a D./D.ª José Fernández González, en representación de GRANITOS IBÉRICOS S.A. , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais , eleváronse as presentes actuacións á audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 17 de febreiro de dous mil dez as 10:00 HS.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro : O discurso argumental da parte demandada, exposto no seu escrito de apelación contra a sentenza ditada en primeira instancia, xira pura e exclusivamente sobre o eido probatorio. Estima, en resumo, a recorrente que dita resolución parte , para dar por acreditada e para apreciar entón -permítase a simplificación- a emanación de ruidos molestos e Superiores aos regulamentados, procedentes da empresa da demandada, de dous instrumentos de proba, como son, os informes da Policía Local , por unha banda, e do ditame rendido por Acusticontrol, por outra , probas que adolecen, no sentir da apelante , dunha serie de deficiencias e erros, que as fan inhábiles aos fins xustificativos pretendidos. Concretamente, a recorrente imputa aos informes da Policía Local: a) a falta de clasificación do ruido; e b) a falta de illamento do ruido de fondo. E á pericia prestada por Acusticontrol: a) ou que está mal realizada ou que a vivenda do demandante carece do revestimento mínimo esixido; b) que parte dunha zoa de sensibilidade acústica equivocada. Pois ben, a liña argumental da apelante carece de consistencia, pois ademáis de que non observamos as anomalías denunciadas , non son esas dúas probanzas as únicas existentes nos autos, dado que -xa o adiantamos- a propia pericia, rendida por Virocem a instancia da demandada recorrente, coincide en esencia coas conclusións daqueles outros medios de proba , en conxunción todo iso, en último termo, coas propias medidas correctoras adoptadas durante o proceso mesmo pola demandada, que non veñen ser máis que un recoñecemento engadido dos feitos aducidos polo demandante como fundamento da súa acción.

Segundo : Máis antes de entrar nos anteriores pormenores debemos facer unha incursión na normativa atinente á materia, que está contida na Lei do Parlamento de Galicia de data 11 de agosto de 1997 , de Protección contra a contaminación acústica, e no decreto de 7 de maio de 1999, polo que apróbase o Regulamento de protección contra a contaminación acústica, en relación coa Ordeanza Municipal do Concello de Vigo , de 16 de outubro de 2000, relativa á protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emanación de ruidos e vibracións, normativa esta última sobre a que temos que realizar dúas puntualizacións previas: A) Que a Ordeanza Municipal supón unha copia practicamente total e literal das normas contidas naquelas outras dúas disposicións. B) Que a competencia administrativa para establecer os niveis específicos de ruidos é de cada Concello, tal como determina a Lei e o Decreto referidos (artº 3. 1.).

Pois ben, desa normativa -profusa- traemos a colación tan só a imprescindible, por gardar interese para o caso axuizado, e que pasamos expoñer.

Dispón esa Ordeanza as seguintes zonas de sensibilidade acústica: a) Zona de alta sensibilidade acústica: sectores do territorio que admitan unha protección alta contra o ruído , como áreas sanitarias, docentes, culturais , ou espacios protexidos. b) Zona de moderada sensibilidade acústica: sectores do territorio que admitan unha percepción do nivel sonoro medio, como vivendas, hoteis, ou zonas de especial protección , como centros históricos. c). Zona de baixa sensibilidade acústica: sectores do territorio que admitan unha percepción de nivel sonoro elevado, como restaurantes, bares, locais, ou centros comerciais. d) Zona de servidume: sectores do territorio afectados por servidumes sonoras a favor de sistemas xerais de infraestructuras viarias, ferroviarias, ou outros equipos públicos que as reclamen. A zona de servidume abarcará o territorio do contorno do foco emisor, e delimitaranse nos puntos do territorio , ou curva isófona, onde se midan os valores guía de recepción no ambiente exterior que correspondan, de acordo coas zonas de sensibilidade acústica. e) Zonas específicas: xustificadas polos usos do solo ou a concorrencia doutras causas.

Por outra banda, engade a norma municipal que "A cada zona das citadas anteriormente, adscríbenselle cinco tipos de recintos, os que se clasifican, segundo os usos, en:- Tipo I: dormitorios en edificios sanitarios , clínicas ou centros de repouso, auditorios, teatrosde ópera- Tipo II: dormitorios en vivendas, consultorios médicos, dormitorios de hoteis, teatros.- Tipo III: salas de estar, aulas de ensino, centros de culto, bibliotecas , oficinas de dirección , cines , salas de exposicións, museos.- Tipo IV: usos comúns de vivendas , corredores, cociñas, recibidores , salas de espera, laboratorios.- Tipo V: comercios, restaurantes, polideportivos, piscinas cubertas, estacións de viaxeiros.

Citamos finalmente as táboas 1 e 2, relativas aos niveis de ruidos máximos permitdos en ambentes exterior e interiorr:

TABOA 1. VALORES DE RECEPCION DE RUIDO NO AMBIENTE EXTERIOR.

Niveis máximos permitidos na emisión ó medio ambiente

Zona de ubicación exterior en dB (A)

8:00 - 22:00 h 22:00 - 8:00 h

Zonas de equipamento sanitario. 45 35

Zonas residenciais, de servicios terciarios

non comerciais ou equipamentos non sanitarios. 55 45

Zonas comerciais. 65 55

Zonas con actividades industriais ou servicios

urbanos , excepto os servicios de admón. 70 55.

TABOA 2. VALORES DE RECEPCION DE RUIDO NO AMBIENTE INTERIOR.

Niveis máximos permitidos de transmisión de ruídos

Clase de actividade ó interior dos locais ou recintos en dB (A)

8:00 - 22:00 h 22:00 - 8:00 h

Equipamento sanitario. 30 25

Cultural e relixioso. 30 30

Educativo. 40 30

Para ocio. 40 40

Servicios de hospedaxe. 40 30

Oficinas. 45 45

Comercio e industria. 55 55

Residencial habitacións. 35 30

Salas de estar , cociñas, corredores e aseos. 40 35

Zonas de acceso común, patios interiores

e fachadas posteriores. 50 40.

Terceiro : Os reproches que a parte demandada fai aos dous informes-medición da Policía Local (folios 33 e 34) carecen de fundamento pois: A) En canto a que omiten a clasificación do ruido , esta carencia non repercute na fiabilidade dos resultados, e se suple ademáis pola pericia rendida por Acusticontrol -a terceira pericia garda silencio neste extremo-, que califica os ruidos como de continuo uniforme. B) E polo que fai á falta de illamento do ruido de fondo, a denuncia é moito máis inconsistente se temos en conta que non existe ese ruido, tal como advirten os ditames policiais cando , por unha banda, se deixa en blanco o apartado relativo a ese extremo , como cando, por outra, se sinala con respecto á "natureza do ruido ambente" , que "non inflúe" e que "non se aprecia"; ausencia de significado ruido de fondo que finalmente se colixe, do mesmo xeito, dos outros dous informes, prEstados por Acusticontrol e Virocem.

Pois ben, aquelas dúas primeiras medicións, practicadas pola Policía Local nas primeiras horas da madrugada dos días 12 e 15 de setembro de 2006, na cociña e no dormitorio da vivenda do actor, dan 42 ,9 e 36,6 dB(A), respectivamente., resultados así Superiores aos autorizados, de 35 e 30 dB(A), para aquela e esta dependencias, segundo a Ordeanza Municipal.

Cuarto : Do informe rendido por escrito por Acusticontrol , e completado oralmente se derivan os seguintes datos: A) O resultado da medición practicada no dormitorio da vivenda en hora nocturna son 38,4 dB(A). B) Os resultados das outras tres medicións, por igual de noite, realizadas, dúas delas no recinto da empresa da demandada, e a terceira no terreo circundante á vivenda do demandante , foron de 66 ,6, 63,8 e 63,8 dB(A)., Superiores aos permitidos, de 45 dB(A).

E os resultados obtidos por Virocem non difiren significativamente dos anteriores, pois das catro tomas de ruido, efectuadas en dous puntos dentro do límite do recinto da demandada, duas tomas en horas diurnas , deron 68,3 e 71 ,2, e as outras dúas en horas nocturnas, deron 68,9 e 70,2 dB(A).

Partindo dos resultados anteriores - e dos da Policía Local- as partes polemizan e discrepan sobre cales teñen que ser os parámetros normativos a aplicar, en tanto en canto a demandada recorrente manexa os do solo industrial, no que ubícase a actividade de aserradeiro de pedra e a orixe do ruido , mentres que o actor parte das pautas acústicas máximas relativas á zona residencial, na que atópase a súa casa, ainda que moi próximas aquela empresa e esta vivenda, ao atoparese separadas só por unha estrada. Pois ben, a polémica resulta en realidade baldía pois calquera que sexa a opción que escollamos, de zona de sensibilidade acústica media ou moderada, ou de baixa sensibilidade, os resultados obtidos a través daqueles instrumentos de proba denotan insdistintamente que os ruidos son Superiores aos autorizados.

En efecto, se partimos de que estamos ante zona residencial ou de sensibilidade acústica moderada , o máximo permitido na emisión ao exterior é 55 dB(A) para o día, e 45dB(A) pola noite. E os resultados de Acusticontrol -todos de noite- foron 66,6, 63,8 e 63.o dB(A) , Superiores aos 45 dB(A). E os resultados de Virocem, para a noite, 68,9 e 70,2 dB(A) , Superiores igualmente aos 45 dB(A); e para o día, 68,3 e 71 ,2 dB(A), por igual Superiores ao máximo para esta caso , de 55 dB (A).

E sen movernos da zona de sensibilidade moderada, e no tocante ao máximos niveis permitidos de recepción de ruido no ambiente interior, os mesmos son para as horas nocturnas, de 35 dB(A) para as cociñas, e de 30 dB(A) para os dormitorios. Pois ben , nas dúas tomas nocturnas da Policía Local deron, na cociña da vivenda, 42,9 dB(A) , e no dormitorio, 36,6 dB(A). E na toma nocturna única de Acusticontrol (a cuarta), realizada no dormitorio, deron 38 ,4 dB(A). Novamente se rebasan os límites regulamentados.

Pero é que ainda que consideremos que estamos en zona industrial e, conseguintemente, de baixa sensibilidade acústica, os topes permitidos sobrepásanse na maior parte das tomas pois os niveis máximos de ruidos na emisión ao exterior son de 70 dB(A) para o día e 55 dB(A) para a noite. O tres resultados de noite obtidos por Acusticontrol foron como xa sinalamos , de 66,6, 63,8 e 63,8 dB(A). E os de Virocem, para a noite, 68 ,9 e 70,2 dB(A), igualmente reseñados; e incluso un dos tomados por esta última , para o día, co resulltado de 71,2 dB(A), está por enriba , como todos os anteriores, do permitido para o día, de 70 dB(A).

Quinto : Non queremos rematar sen facer as seguintes reflexións finais: A primeira, que a afirmación da parte demandada, de que a vivenda non reune as condicións de illamento acústico adecuado e regulamentado, está absolutamente orfa de proba, e esa probanza incumbe á hoxe recorrente, en canto que a alega. A segunda , que ainda que houbera unha equivocación na medición dentro do dormitorio da vivenda, a cifra proposta por Virocem, de 33,8 dB(A), rebasaría a permitida, de 30 dB(A). A terceira, que os ruidos no exterior exceden, en todo caso , dos topes máximos autorizados, tal como restou sentado. E a cuarta, que a licenza municipal de apertura inicial, e a postreira, de reformas, non poden servir de exculpación para a recorrente, tanto porque a realidade contrastada é que hai un exceso de ruidos, como porque as propias Resolucións municipais se encargan de advertir expresamente que as autorizacións de apertura da industria se supeditan, precisamente , a que "non se sobrepase o nivel de ruidos" regulamentario (en esencia , folios 153 e 156).

O recurso debe conseguintemente desbotarse.

Sexto : Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo , disposto para as custas procesuais desta alzada polo artº 398, en relación co artº 394 , ambos da L. A. C ..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por GRANITOS IBÉRICOS S.A. representada polo procurador Sr. Fernández González contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 4 de Vigo o día 9 de marzo de 2009, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño , da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente Resolución, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de casación.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

PUBLICACIÓN : En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. magistrado que la dictó, celebrando audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA : Seguidamente se procede a cumplimentar la no tificación de la anterior Resolución. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.