Última revisión
11/03/2011
Sentencia Civil Nº 235/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3335/2009 de 11 de Marzo de 2011
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Civil
Fecha: 11 de Marzo de 2011
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 235/2011
Núm. Cendoj: 36057370062011100247
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00235/2011
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCIÓN SEXTA
SEDE EN VIGO
CIVIL
Rolo: 3335/09
Procedemento de orixe: ORDINARIO 370/08
Órgano de procedencia: 1ª INSTANCIA Nº 1 DE VIGO
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. JULIO PICATOSTE BOBILLO, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARES pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 235/11
Vigo, once de marzo de dous mil once.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 370/08 procedentes do Xulgado de 1ª
Instancia Núm. 1 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3335/09, nos que aparece como parte apelante-demandante D. Jose Ignacio representada
polo/a procurador/a D./D.ª CARMEN VÁZQUEZ CUETO e asistida do/da letrado/a D./D.ª JOSE RAMÓN VÁZQUEZ CUETO e como parte contra da que se apela e
demandado D. Arcadio representada polo/a procurador/a D./D.ª MANUEL LAMOSO REY e asistida do/da letrado/a D./D.ª GABRIELA
LAGOS SUAREZ-LLA NO S.
É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo, con data do 16 de abril de 2009 , ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Desestimando íntegramente la demanda promovida por la representación de Jose Ignacio contra Arcadio, debo absolver y absuelvo al demandado de las pretensiones contra él deducidas; con imposición a la parte actora de las costas procesales."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a Procurador/a D./D.ª Carmen Vázquez Cueto , en representación de D./D.ª Jose Ignacio, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día dez de marzo de dous mil once.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro: Moi pouco novidoso podemos engadir aos razoamentos da sentenza ditada en primeira instancia, que compartimos, e polos que a Xulgadora a quo apreciou a excepción de falta de lexitimación do demandadao para soportar as accións contra del exercitadas pola parte actora, e hoxe recorrente, limitándonos entón a abundar simplemente sobre ese discurso argumental.
Primeiramente, debemos salientar que tanto do análese dos feitos da demanda reitora deste preito, como dos seus fundamentos de dereito -citando o artº 348 do Código Civil , e os artºs. 532 e 537, relativos ás servidumes- como, en fin e moi especialmente, do suplico, se colixe que o que parte demandante está promover é, por unha banda, unha acción real , negatoria de servidume de desaugamento, e por outra, unha acción reivindicatoria, como consecuencia dos actos do demandado, primeiro , de colocar as tuberías de desaugamento a través do teito, que estima da súa propiedade, e polo espazo superior contiguo ao mesmo, do que tamén se atribúe a súa titularidade dominical; e en segundo lugar, de colocar unha plaqueta ou extructura de ladrillo , que causou polo seu maior peso o desplome do teito. Por iso, interesa o demandante, como primeiro pedimento , que se declare que non debe servidume ningunha de desaugamento a favor da parte demandada , para de seguido, e conseguintemente, instar nos outros dous pedimentos, dunha parte, a condena do demandado a retirar as tuberías e clausurar os ocos abertos no teito, e doutra, a condena do demandado a efectuar as obras de reforzo deste último elemento, para impedir o seu desplome definitivo.
En segundo termo, e como lóxica e inevitábel consecuencia das pretensións precedentes , as mesmas tan só poden ser dirixidas contra o dono dese ándar Superior ou primeiro. Por decilo doutro xeito, non semella xurídicamente viable unha condena a retirar as tuberías de desaugamento , a pechar os ocos e a realizar as obras de reforzo que se sinalan contra de quen non sexa propietario da vivenda litixiosa na que se levaron a cabo as obras denunciadas, máxime co presuposto sentado na demanda, de atribución do dominio desa vivenda ao demandado
Efectivamente, e en terceiro lugar, é palmario que a causa de pedir do actor, en relación coa lexitimación que se predica do demandado, radica , precisamente, na atribución da propiedade da vivenda a este último. Así debemos inferilo, tanto dos antecedentes de feito da propia demanda, cando se fala neles de "no seu piso" (feito segundo), como cando no fundamento de dereito cuarto, relativo á lexitimación pasiva , se incide en ser "titular do piso Superior", como cando, por último , se reafirma esa condición no suplico ("a favor do piso propiedade do demandado" ou "desde o fundo do demandado").
En cuarto lugar, non é certo que o demandado se atribuira en algún intre a propiedade da vivenda. No seu interrogatorio tan só recoñece ser o autor material das obras denunciadas, así como que as fixo a súa costa, pero engadindo que realizounas "co permiso do propietario". E nas denuncias formuladas no seu momento ante a administración, polas obras emprendidas polo agora demandante, nunca fixo tampouco figurar a súa condición de dono. E tampouco a propiedade discutida pode colexirse das manifestacións da Presidenta da Comunidade de Propietarios, certamente escuetas e absolutamente insuficientes para resolver a cuestión. En último termo, a proba documental -disposicións testamentarias- desdí a lexitimación do demandado a prol da súa tía.
En conclusión , e en conxunción coas anteriores reflexións, non está lexitimado o demandado para emprender unhas obras de contrareforma -permítase a expresión-, que é o que interesa o actor, como puro autor material das mesmas , e nun contexto dominical de allea pertenza , sen que, derradeiramente, poda suplirse esa carencia de lexitimación coa apreciación da excepción de litisconsorcio pasivo necesario, como pretende a parte apelante, pois este instituto presupón, precisamente, a tenencia de lexitimación do chamado inicialmente ao proceso, presuposto lexitimador do que carece -insistimos- o demandado polas razóns apuntadas.
Segundo: Chegados ao capítulo das custas procesuais a Sala acorda non facer unha especial declaración sobre as da primeira instancia -nin conseguintemente sobre as desta alzada-, dada a incertidume dominical existentte , e propiciada en grande medida pola propia actitude do demandado, tal como quedou advertida ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamos en esencia o recurso de apelación formulado por D. Jose Ignacio representado pola Procuradora Sra. Vázquez Cueto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 1 de Vigo o día 16 de abril de 2009, sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2 , 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño , da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente Resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. magistrado que la dictó, celebrando audiencia Pública. Doy fe.
DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior Resolución. Doy fe.
