Última revisión
24/04/1998
Sentencia Civil Nº 240, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 0379/97 de 24 de Abril de 1998
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Civil
Fecha: 24 de Abril de 1998
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 240
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL SECCION PRIMEIRA PONTEVEDRA
Rolo CiVil : 0379/97
P.Civil : 0023/97
Orixe : XDO.Lª INST. e INSTR. A ESTRADA
Tipo Asunto : MENOR CONTIA
A SECCION PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZABAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO_CESAR PICATOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou
NO NOME DE EL_REI
a seguinte
SENTENCIA N. 240 __________________
Pontevedra, o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e oito.
0 recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil número 0023/97, vindo do XDO.11 INST. e INSTR. A ESTRADA, foi movido entre as partes: dunha banda, como apelante e demandado, don FRANCISCO O , representado nesta instancia pola procuradora dos tribunais Sra. Tomás Abal, baixo a dirección da letrada Sra. Barreiro Reboredo; doutra, como apelada e demandante, dona LEONCIA A , a quen representa a procuradora Sra. Castro Cabezas e dirixe o letrado Sr. Areses Trapote; e, amais, dunha cutra, como apelante e demandada, dona MARIA DEL PILAR B , en xulzo de menor contía.
ANTECEDENTES DE FEITO.
Acéptense os da sentencia de primeira instancia e, alén diso:
PRIMEIRO.: Nos actos a que este rolo atinxe, na data de catro de novembro de 1997, o Sr. maxistrado_xuIz do XDO.IA INST. e INSTR. A ESTRADA proferiu sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:
DECISION,'' Estimando la demanda formulada por el procurador Sr. Sanmartín Losada en nombre y representación de doña Leoncia A , contra don Francisco O y doña María del Pilar B , declaro la nulidad del contrato vitalicio instrumentado en documento privado de 15 de abril de 1993, bajo apariencia de compraventa, por incumplimiento de los demandados, condenando a los mismos a dejar libres y a disposición de la actora los bienes relacionados en el citado documento privado, todo ello con expresa imposición de costas a los demandados.''
Fronte á devandita sentencia, a parte FRANCISCO O e MARIA PILAR B interpuxeron recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que se actuacións foron elevadas a esta Sala, tras as partes seren emprazadas. A estas se constituíren eru parte perante ela no tempo e forma que corresponde, tivoselles por comparecidae, entregbuselles aquelas para instrucción por termo de dez días a cada unha e, despois de aviaren o devandito trámite, pasáronse por igual termo e co mesmo obxecto se maxistrado relator. A seguir, sinalase día para a vista do recurso, que tivo lugar na data de vintecinco de marzo do ano que andamos, coa asistencia do.9 letrados das partes.
SEGUNDO., Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.
Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.
FUNDAMENTOS XURIDICOS.
PRIMEIRO., Para unha correcta resolución da controversia, E preciso facermos referencia no proceso anteriormente seguido entre as mesmas partes litigantes, a fin de determinarmos: quer se a sentencia nel recaída vén excluír, en virtude da función negativa da cousa xulgada, toda decisión no actual tese dos demandados; ou quer, pola contra, e como sostén a actora, por virtude da función positiva deata institución, se a cousa xulgada no anterior proceso vencella o xulgador da presente causa, quen vén obrigado a tomar como base a anteriormente decidido.
No primeiro proceso, (xuízo de menor contia no 329/95) a demandante, Leoncia A , solicitou fronte aos demandados, os cónxuxes Francisco O e María del Pilar B , a inexistencia e nulidade por simulación absoluta do contrato de compravenda plasmado no documento privado de compravenda de data 15 de abril de 1993 pola falta de un dos seus elementos esenciais como e o prezo. Nese litixio recaeu sentencia firme rexeitadora da demanda, por entender que non existía simulación absoluta ou inexistencia de contrato ningún, senón simulación relativa, aparentando celebrarse un contrato de compravenda cando a vontade das partes foi concertar un contrato de vitalicio.
No novo xuízo de menor contia, seguido hoxe baixo o nª 23/97, a actora solicita, agora, a resolución do contrato de vitalicio por incumprimento dos demandados da obriga de coidaren, alimentaren e asistiren a primeira, obriga propia e específica desta modalidade contractual.
SEGUNDO.: Como veu salientado a doutrina científica e xurisprudencial (S.S. de 30-12-86, 20-2-90 e 20-5-92, entre outras), a eficacia positiva da cousa xulgada supón que o xulgador do segundo proceso ten de aterse ao xa xulgado cando teña que decidir verbo dunha relación ou situación xurídica da que a sentencia anterior é condicionante ou prexudicial. A cousa xulgada non opera aquí como excluente dunha decisión sobre o fondo do asunto, senón que lle serve de base. Por outra banda, a función positiva da cousa xulgada non pode esixir a concorrencia entre os dous procesos da tripla identidade a que atinxe o art. 1252 do Código civil. Se concorren esas tres identidades estariamos ante a función negativa. Para que entre en xogo a función positiva, os obxectos dos dous procesos só han ser parcialmente idénticos'' cu conexos . Concretando máis, mentres que sempre debe concorre_la identidade subxectiva, non pode haber identidade obxectiva. Se ¡so é así, a función positiva operará cando o resolto no primeiro proceso sexa _como quedou dito~ prexudicial respecto do formulado no segundo, ou sexa, cando a relación xurídica de que se trata no segundo proceso sexa dependente da definida no primeiro. Trátase, por tanto _di a doutrina_ de evitar que dúas relacións xuridicas sexan resoltas de modo contradictorio, cando unha delas entre no suposto fáctico da outra, cando, para decidir verbo da segunda, se tería que decidir verbo da primeira e, son embargo, esta xa foi resolta no proceso anterior.
Os postulados anteriores conducen a afirmarmos que a sentencia recaída no primeiro proceso habido entre as partes teria en todo caso un efecto positivo, e non negativo cu excluente, sobre o presente preito, xa que, dunha. beira, e polo que a este último atinxe, non se dá a identidade nin do petitum, nin da causa petendi, pois, no primeiro proceso, pídese a nulidade de pleno dereito ou inexistencia do contrato de compravenda por simulación absoltuta, mentres, que neste segundo se pide a simple resolución contractual do contrato de vitalicio por incumprimento; e, doutra beira, a decisión verbo dese incumprimento ten de atinxir a esa relación xuridica de vitalicio, por aparecer asentada como existente na gentencia recaída no primeiro proceso, o corroborada pola actividade probatoria, tanto nese proceso, como no que agora se segue. Non houbo prezo, porque non hcubo compravenda, sen6n contrato de vitalicio.
TERCEIRO., Asentado o anterior, e sen prexulzo de darmos por reproducidos os argumentos expostos pola xulgadora a quo para estima_la pretensión resolutoria do contrato de vitalicio solicitada pola actora, non está de máis facérmo_las seguintes reflexións: A) Que, concertado o contrato de vitalicio con anterioridade á Le¡ 4/95, de 24 de maio, de Dereito Civil de Galicia, fanse entender aplicables as normas desta, reguladoras deste contrato (arts. 95 a 99), e, entre elas, a atinxente á facultade de resolvelo, prevista neste último artigo, dada a remisión da súa disposición transitoria cuarta ás disposiciones, de igual natureza, do Código civil, que, na súa Disposición transitoria primeira, establece a aplicación do Código neste ca.90 daquela lei aos dereitos declarados pola primeira vez nel, ainda que os feitos orixinadores sexan anteriores. B) Que, como xa se deixou dito, a existencia do vitalicio quedou afirmada na sentencia deitada no proceso anterior. en todo caso, a existencia desa relación xuridica infirese e corrobórase agora con toda evidencia, tanto polas declaracións testemuñas, como da confesión dos demandados, hoxe recorrentes. Estes veñen a reconocer que non houbo entrega de diñeiro co contrato concertado (folios 59 e SS:). As declaracións testemuñas foron contundentes neste particular. Outramente, o propio esposo demandado admitiu en confesión (posición 4º) que a actora ,les dijo que le queria hacer una manda ... '_. No derradeiro termo, carece de sentido que os demandados coidasen inicialmente da actora, e a tivesen na súa casa, de sosterse que nos atopamos ante un puro e simple contrato de compravenda, pois, de ser así, etendo pagado o prezo da casa e predios vendidos, non estaban suxeitos a aquela primeira obriga. Os demandados contraeron a obriga de eles coidaren, sosteren e auxiliaren a actora como contrapartida á transmisión que esta lles fixo a aqueles dos seus bens. C) Non é inoportuno lennbrarmos, neutra orde de cousas, que a esixibilidade imposta polo art. 96.2 da Lei galega, de que o contrato de vitalicio se formalice en documento público, de considerarse esta formalidade como elemento constitutivo do contrato, non pode predicarse, en todo caso, máis que para os contratos que se celebran a partir da entrada en vigor desa lei, pero non para os contratos celebrados con anterioridade, os que, pola contra, terlan plena validez e eficacia, dado o principio de liberdade de forma proclamado para os contratos polo art.1278 do Código civil, principio de liberdade de forma aplicable consonte coa Disposición transitoria segunda deste código, en relación coa Disposición transitoria cuarta da Lei de Dereito Civil de Galicia. D) Postremeiramente, 0 incumprimento desa senlleira obriga polos demandados, de atenderen a actora, queda fora de toda dúbida. A proba documental, integrada polo extracto de conta corrente da que a esposa demandada estaba autorizada para retirar fondos da actora, cousa que facía, retirándoos ata deixar aquela conta practicamente a cero, malia os aboamentos periódicos que nela se facían na nada desprezable cantidade de ao redor de cen mil pesetas mensuais, engadida, por unha banda _esa proba documental_, ás esclarecedoras e contundentes declaracións testemuñais, e por outra banda, ás esquivas e evasivas afirmacións dos demandados en confesión verbo do particular comentado, poñen de relevo ese incumprimento, que ten de levar irreversiblemente á resolución eclicitada.
CUARTO., 0 rexeitamento do recurso conduce a lle impórmo_las custas procesuais desta alzada á parte recorrente (art. 896, pfo. 30, da L.A.C.).
Compre atármonos a todo o que levamos dito, e desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución Española nos outorga,
DECIDIMOS.
Que é mester nos rexeitarmos, e de feito rexeitámolo, o recurso de apelación movido por don Francisco O e dona María del Pilar B , contra da sentencia proferida polo xulgado de 1ª instancia da Estrada, no xulzo de menor contía no 23/97, o día catro de novembro de 1997, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia con testemuño desta resolución, para a súa execución e cumprimento.
Oeste xeito, por esta a nosa sentencia, á fin xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
ÐÏࡱá
