Sentencia Civil Nº 252/20...yo de 2008

Última revisión
08/05/2008

Sentencia Civil Nº 252/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 5007/2007 de 08 de Mayo de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Civil

Fecha: 08 de Mayo de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 252/2008

Núm. Cendoj: 36057370062008100292

Resumen:
Se estima parcialmente el Recurso de Apelación contra la Sentencia del Juzgado de Primera Instancia número 2 de Redondela, sobre reclamación de lucro cesante. La actora, propietaria del microbús destinado al transporte regular de escolares, reclama el lucro cesante derivado de los días en que estuvo paralizado el vehículo mientras se procedía a su reparación. Las ganancias que pueden reclamarse son aquéllas en las que concurre verosimilitud suficiente para poder ser reputadas como muy probables. Acreditada, en este caso, la paralización del vehículo es obvia la realidad del lucro cesante, ya que el perjudicado es una empresa dedicada al transporte escolar de modo regular. Aunque la actora pretende acreditar la cuantía del perjuicio padecido mediante una certificación de la Asociación de Servicio Regular de Transporte Público de Viajeros, ésta sólo puede tener carácter orientativo, al estar aquélla integrada por miembros interesados en la resolución del presente supuesto.

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00252/2008

CIVIL

Rolo: 5007/07

Procedemento de orixe: Verbal 161/06

Órgano de procedencia: Juzgado de Primera Instancia núm. 2 de Redondela

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 252/08

Vigo, oito de maio de dous mil oito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal

procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Redondela ós que correspondeu o rolo 5007/07, nos que aparece como parte

apelante- demandante Transportes La Unión, S.A. representada polo/a procurador/a D./D.ª Pedro Lanero Taboas e asistida do/da

letrado/a D./D.ª Yanai Gallego Fernández e como parte contra da que se apela e demandado Mapfre e Aurelio

representada polo/a procurador/a D./D.ª Gloria Quintas Rodriguez e asistida do/da letrado/a D./D.ª Stella Rodrigez Fernández. É

o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 2 de Redondela de Vigo, con data do 24/10/2006, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Estimando parcialmente la demanda interpuesta por el Procurador de los tribunales D. Jaime Pérez Alfaya, en nombre y representación la entidad Transportes la Unión, S.A. contra D. Aurelio y la entidad aseguradora Mapfre, mutua de seguros y reaseguros, S.A., condeno a los demandados a que de forma conjunta y solidaria abonen a la actora la cantidad de 2.335,30 euros.

Cantidad que devengara respecto de la aseguradora el interés previsto en el articulo 20 de la Ley de Contrato de Seguros .""

Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª D. Pedro Lanero Taboas, en representación de D./D.ª Transportes La Unión, S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 24/4/08.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: A actora, propietaria do microbús que viña destinándose ao transporte regular de escolares, reclama o lucro cesante procedente dos dous días nos que estivo paralizado o vehículo mentres procedíase a sua reparación. E acreditado, efectivamente, ese período de paralización a través das declaracións, como testemuña, do representante legal do correspondente taller, a controversia xira sobre dous extremos, se debe aceptarse a existencia dese lucro deixado de obter e, en caso afirmativo, o montante do mesmo.

A xurisprudencia é proclive, coa relatividade derivada das particularidades do caso concreto, a admitilo prexuizo do lucro cesante, sempre que se acredite o mesmo dentro de certos parámetros, non de certeza absoluta, o que sería imposible dada natureza futura de toda ganancia que se deixe de obter por mor do evento danoso, senón de normalidade, probabilidade e verosimilitude.

Neste senso, di a s. do T. S. de data 8-6-96 que "la jurisprudencia civil en esta cuestión se ha mostrado restrictiva, pues excluye el ámbito de ganancias las futuribles, que son simples expectativas pero no consolidadas por presentarse dudosas, al responder a supuestos carentes de realidad y de resultado inseguro por estar desprovistos de constatada certidumbre. Las ganancias que pueden reclamarse son aquellas en las que concurren verosimilitud suficiente para poder ser reputadas como muy probables, en la mayor aproximación a su certeza efectiva".

Igualmente, a mais recente s. de 31-10-2007 proclama que "el quantum [cuantía] de la indemnización por lucro cesante se refiere a beneficios futuros y debe obtenerse mediante apreciaciones prospectivas (juicio de probabilidad, según la STS de 14 de julio de 2003, rec. 3427/1997 ), fundadas en criterios objetivos de experiencia, entre los que pueden servir los que operan en el mundo económico, contable, actuarial, asistencial o financiero según las disciplinas técnicas o científicas correspondientes, de acuerdo con el examen y la ponderación de las circunstancias de cada asunto; pero la existencia del perjuicio por este concepto, según reclama la jurisprudencia, debe ser probada con una razonable verosimilitud, cosa que no ocurre cuando la ganancia o beneficio futuro se presenta como meramente posible o hipotético, pero existen dudas sobre su producción o no se aprecia su existencia en el marco de una lógica presunción sobre cómo se habrían sucedido los acontecimientos en el caso de no haber tenido lugar el suceso dañoso ( SSTS de 6 de septiembre de 1991, 5 de octubre de 1992, 31 de mayo 2007, 18 de septiembre de 2007, rec. 4426/2000, 4 de febrero de 2005, rec. 3744/1999 ).

Tomando como punto de partida estes criterios, e acreditada a paralización do vehículo por dous días (laborais), tal como quedou sentado, parece obvia a realidade do lucro cesante, partindo igualmente do feito de que o prexudicado é unha empresa dedicada profesionalmente ao transporte escolar de xeito regular.

Pois ben, dentro entón dese contexto de transporte habitual de cotidiá, queda agora por determinalo alcance ou cuantía do prexuizo padecido por ese concepto, que a parte demandante pretende acreditar mediante a certificación - non adverada- expedida pola Asociación Provincial de Servizo Regulares e Discrecionais de Transporte Público de Viaxeiros por Estrada de Lugo (folio 30), certificación que de conformidade coas ordes ministeriais, estatais e autonómicas, que cita, fixa o " quebranto económico" por cada dia e de paralización en 190.13 euros. Certificación que tan só pode ter un carácter meramente orientativo, tanto porque está expedida por unha asociación integrada, precisamente, por membros interesados, como por ser dun ámbito provincial distinto ao da provincia no que tivo lugar o presente sinistro, como, en fin, porque temos que entender que está partindo dun beneficio bruto, ou sen considerar os consabidos gastos derivados da circulación efectiva do vehículo. Todo o cal nos leva a sinalar a cifra total de 250 euros (en lugar da de 380,26 reclamada), como a ponderada.

Segundo.- A acollida parcial do recurso lévanos a non facer unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada. Ea estimación substancial da demanda, dado que estánse conceder 2.585,30 dos 2.715,56 euros reclamados - o que comporta a estimación da pretensión na porcentaxe dun noventa e cinco por cento- conduce e impoñelas custas procesuais da primeira instancia á parte demandada.

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que ao acoller en parte o recurso de apelación formulado por Transportes la Unión, S.A., representada polo procurador D. Pedro Lanero Taboas contra da sentenza dictada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 2 de Redondela o día 24/10/06, condenamos aos demandado a que de xeito conxunto e solidario indemnicen á actora na suma de 2.585,30 euros, confirmándose a resolución impugnada en todalas suas demais pronuncias. Todo iso, sen facermos unha especial declaracón sobre as custas procesuais desta alzada, e impoñendo aos demandados as devengadas na primeira instancia.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia , aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.