Última revisión
28/04/2010
Sentencia Civil Nº 253/2010, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4227/2008 de 28 de Abril de 2010
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 5 min
Orden: Civil
Fecha: 28 de Abril de 2010
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 253/2010
Núm. Cendoj: 36057370062010100145
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00253/2010
CIVIL
Rolo: 4227/2008
Procedemento de orixe: División Xudicial 793/2007
Órgano de procedencia: Instancia núm. 9 de Vigo
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 253/10
Vigo, vinte e oito de abril de dous mil dez
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo División Xudicial 793/2007 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 9 de Vigo ós que correspondeu o rolo 4227/2008, nos que aparece como
parte apelante- demandante DÑA Africa representada polo/a procurador/a D./D.ª Marina
Lagarón Gómez e asistida do/da letrado/a D./D.ª José Luis Feijoo Borrego e como parte contra da que se apela e demandado D.
Eulogio representada polo/a procurador/a D./D.ª Tamara Ucha Groba e asistida do/da letrado/a D./D.ª
Elena Torres Carro. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 9 de Vigo de Vigo, con data do 24/4/2008, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Debo declarar y declaro que el inventario de la herencia del causante, Landelino es el siguiente:
ACTIVO
A) Los bienes que figuran en la resolución de bienes que integran la masa hereditaria presentada ante la Conselleria de Facenda aportada con la demanda.
B) Boca de nicho sita en el Cementerio de Bembrive Bloque D, nicho número NUM000 .
C) Crédito solidario a favor de la masa hereditaria contra Raimunda y Africa por importe de 29048,55 euros.
D) El saldo de la cuenta nº NUM001 de Caixanova por importe de 636.45 euros
Todo ello con expresa condena en costas"."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Marina Lagarón Gómez, en representación de D./D.ª Africa , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 27/4/2010.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro: Moi pouco podemos engadir á sentenza ditada en primeira instancia, cuxos argumentos compartimos, e sobre a que limitámonos entón a abundar simplemente.
Así, e en primeiro termo, o vicio de incongruencia por extrapetita, que se lle reprocha a devandita resolución, carece de todo fundamento dado que, fronte ao afirmado pola agora apelante, a parte apelada no preceptivo acto da comparecencia ex artº 809 da Lei Procesual , incluíu no Activo do haber hereditario os fondos de inversión e depósitos que podera haber do causante na entidade Caixanova, resolvendo entón a sentenza sobre esa partida con estricta suxeición ao pedido e debatido.
En segundo lugar, insta a recorrente a nulidade da pronuncia da sentenza que recorre, na partida relativa ao crédito, que se recoñece, da masa hereditaria, por valor de 29.048,55 euros, por estimar a apelante que se está dipoñer ese crédito contra a nai da mesma -allea ao proceso- en solidaridade entre as dúas. Motivo que non procede acoller por dúas e poderosas razóns: A primeira, porque carece de interese, ou de lexitimación a parte apelante para pedir a exclusión da súa nai nesa pronuncia. E a segunda, porque de estimarse ese pedimento de exclusión da figura materna, estaría incorrir este tribunal nunha especie de reformatio in peius, dado que chegaríamos con esa exclusión a determinar á agora apelante como única e exclusiva debedora do crédito cuestionado -ao deixarse sen efecto a declaración xudicial de solidaridade-, e partindo, claro é, do presuposto da corrección, tal como seguidamente razoamos, da inclusión desa partida no Activo da herdanza.
En efecto, e en terceiro lugar, ningunha dúbida resulta das dúas declaracións que fai a sentenza impugnada, por unha banda, relativa ao saldo resultante da conta da que era titular o causante -número NUM001 - ao día 19 de setembro de 2.006 (dous días antes do seu falecimento), por importe de 636,45 euros (folio 76); e por outra, polos 23.848,55 e 5.200 euros, tamén pertecentes ao causante, D. Landelino , en virtude de senllas transferencias desde aquela conta os días 31 de marzo e 19 de setembro do mesmo ano á conta da hoxe recorrida e da súa nai, número 75890 (folios 76 e 85), transferencias inexplicadas pola parte demandada, e das que non pode estimarse que obedeceran a un ánimo de liberalidade, non presumíbel, e absolutamente improbado.
En último termo, as custas están correctamente impostas á demandante, ao opoñerse á pretensión do demandado, á postre acollida.
Segundo.- Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artº 398, en relación co artº 394, ambos da L. A. C ..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitámolo recurso de apelación promovido por Dña Africa , representada pola procuradora Dña Marina Lagarón Gómz contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 9 de Vigo o día 24/4/2008 con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.
