Última revisión
30/03/2012
Sentencia Civil Nº 259/2012, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3419/2010 de 30 de Marzo de 2012
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Civil
Fecha: 30 de Marzo de 2012
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 259/2012
Núm. Cendoj: 36057370062012100194
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00259/2012
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA
N01250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
L25688E9
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
N.I.G. 36038 37 1 2010 0600964
ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0003419 /2010
Juzgado de procedencia: JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 3 de VIGO
Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0001698 /2009
Apelante: Elena
Procurador: JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO
Abogado: ANGEL PIÑEIRO NOGUEIRA
Apelado: Pablo
Procurador: Mª PAZ BARRERAS VAZQUEZ
Abogado: ALFONSO VEGA
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, Presidente, D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, e Dña Matilde Etheldreda García Brea, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA NUM. 259/2012
Vigo, trinta de marzo de dous mil doce.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 1698/09 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm.3 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3419/2010, nos que aparece como parte apelante e demandada D. Elena , representada polo/a procurador/a D./D.ª José Antonio Fandiño Carnero e asistida do/da letrado/a D./D.ª Angel Piñeiro Nogueira, e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Pablo , representada polo/a procurador/a D./D.ªPaz Barreras Vázquez e asistida do/da letrado/a D./D.ªAlfonso Vega Iñarrea .
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. TRES de Vigo, con data do 22/7/2010, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
"Que debo estimar y estimo la demanda formulada por la Procuradora de los Tribunales Sra. Barreras Vázquen en nombre y represetnación de Pablo, frente a Elena, representado por el Procurador de los tribunales Sr.Fandiño Carnero asistido y debo condenar y condeno a este demandado a abonar al actor la cantidad de 18.656,22 euros, la cantidad de 7.233,63 euros en concepto de intereses de anticipo mas intereses legales desde interposición de la demanda y a la costas de este juicio."
Segundo: Contra a dita sentenza o/a Procurador/a D./D.ªJosé Antonio Fandiño Carnero, en representación de D./D. Elena , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 15/3/2012....
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro : Cumpre indicar ante todo que carece de todo apoio xurídico e de toda consistencia a formulación primeira -lindeira coa mala fe- da parte demandada, e agora recorente, de que se rexeite integramente a demanda , inclusive a pretensión reclamatoria do actor relativa ao aboamento por aquela primeira da terceira parte do principal, a cuxo pagamento foron condenamos solidariamente os dous litigantes en unión do seu pai, no proceso anteriormente seguido contra os tres, en virtude de demanda de responsabilidade formulada pola sociedade acredora contra eles, nas súas respectivas e coincidentes cualidades de membros do Consello de administración da sociedade debedora , ex artºs. 260, nºs 3 e 4, e 262, nº 5, da Lei de sociedades anónimas . En efecto, e malia que se aceptase -que non se acepta, como de seguido examinaremos- a tese propugnada pola recorrente, e que xira, en esencia , sobre o seu descoñecemento dos avatares dese proceso na segunda instancia e en casación, esa ignorancia non lle excusaría obviamente do pagamento do principal senón, ao sumo, dos outros capítulos, igualmente reclamados, das custas devengadas nesas faxes de alzada e casación, pero non -insistimos- de aquela partida, dada a responsabilidade solidaria dos tres administradores , proclamada pola sentenza e, en lóxica e forzosa consecuencia, a obriga derivada para a demandada, e xurxida da relación interna entre eses tres administradores, condenados en solidaridade , de satisfacer a terceira parte da débeda declarada a aquel dos outros debedores que fixeran fronte ao pagamento da totalidade, ex artº 1445, parágrafo segundo, do Código civil, pagamento previo e total por ese debedor , e hoxe demandante, que fronte ao aseverado pola demandada , resulta, por outra banda, palmariamente xustificado a través da proba documental achegada ao proceso, adolecendo, finalmente, da máis absoluta orfandade probatoria -e doado sería acreditala- a invocación da apelante, de que ese pago se fixo con fondos do seu pai. Por decilo de outro xeito máis directo, malia que a demandada non tivese intención de opoñerse á reclamación da sociedade acredora , e precisamente por esa conformidade, viría igualmente obrigada a pagar ese crédito en solidaridade co seu irmán e pai. O motivo da apelación sobre este extremo non pode entón aceptarse.
Segundo: A extratexia fundamental da parte demandada xira sobre un feito concreto: a ignorancia (e oposición, de coñecelo , debemos entender) de que se seguise o proceso en esixencia de responsabilidade aos administradores, nas súas sucesivas faxes procesuais , de segunda instancia e de recurso de casación , descoñecemento que na súa postura lle eximiría de pagar as custas procesuais, inclusive as causadas na primeira instancia. Pois ben, con independencia de que a pretensión de exención da recorrente do pagamento de esta última partida (terceira parte) adolece da mesma senrazón que a súa oposición ao pagamento do crédito principal, a súa alegación de descoñecemento entra en aberta e irreconciliable contradiccción co resultado das probas practicadas, e das que se colixe paladina e inequívocamente que a demandada coñeceu , e consintíu tamén, aquelas actuacións procesuais. Contrariamente ao razoado pola apelante, pretendendo inutilmente sacar do relato das testemuñas que depuxeron nesta lite manifestacións e conclusións que en absoluto formulan, referidas testemuñas veñen afirmar, en resumo, que a demandada estivo sempre ao tanto de todo o proceso, inclusive da sua segunda instancia e da casación. E esas testemuñas declaran con perfecto coñecemento de causa (estamos ante o letrado e o procurador dos tribunais que interviron no proceso en defensa e representación dos administradores , e a terceira era á sazón unha especie de Xerente e persoa de confianza da sociedade debedora), de maneira coherente, esmiuzada, espontánea e, en fin, esencialmente contexte sobre o punto cuestionado. En último termo, o outorgamento do poder notarial pola apelante , en unión do seu irmán e pai, sería unha proba máis -categórica- dese consentimento na formulación do recurso de casación, apoderamento que pola súa data, de 31 de xullo de 2000, en canto inmediatamente posterior á data da sentenza recaida en segunda instancia o día 8 de maio do mesmo ano, e moi posterior entón ao apoderamento para contestar á demanda en primeira instancia, non atopa outro sentido que o de outorgarse aquel primeiro poder -no que figura a apelante como poderdante- para promover, precisamente, o recurso de casación. Sen que todo o razoado quede , por último , desvirtuado polo feito de que a parte apelante non figurase como tal no proceso seguido en segunda instancia, pois iso ebedecería, en explicación perfectamente aceptábel do Letrado testemuña, a razós de extratexia, de simplifiacación e ata de comodidade, ao bastar que un só dos administradores demandados se opuxese ao recurso de apelación presentado pola sociedade acredora contra a sentenza ditada en primeira instancia, desestimatoria da demanda. A procedencia da satisfacción pola parte demandada das custas reclamadas na porcentaxe da terceira parte é incuestionable.
Terceiro: Non mellor sorte adversa merece correr o seguinte motivo de apelación, que se refire aos xuros de anticipo que o actor peticiona. Para iso non son necesarios máis amplos e complexos comentarios que o de reseñar que estamos ante un efecto ope legis, proclamado polo artº 1445 , parágrafo segundo, do Código civil, a prol e como consecuencia -e estímulo- do acto de pagamento emprendido polo debedor solidario, e que como tal efecto automático, non precisado do requerimento previo de pago, defendido pola apelante, aos demais debedores, esixencia que aquel específico precepto omite. E todo iso nun contexto de Administración conxunta de unha sociedade de tipo familiar , e dun coñecemento -repetimos- pola recorrente de todas as vicisitudes do preito e, conseguintemente, da sentenza de segunda instancia, á postre confirmada polo Tribunal Supremo , con unha condena á que a demandada, sabedora dela, nunca fixo fronte , contexto todo el entón no que non é de recibo a oposición ao pagamento dos xuros de anticipo.
Cuarto: A parte interesa, finalmente, a aplicación do instituto da compensación, respecto do crédito de di ostentar fronte ao actor polo pagamento da suma de 1.956 ,74 euros (subsidiariamente, a terceira parte), resultantes da taxación das custas devengadas ante o Tribunal Supremo no anterior proceso. Pois ben, a petición da parte podería ser atendida se se limitase a ese prinicipal , pero como tamén reclama os xuros de anticipo, estaríamos an unha compensación xudicial, que como non se fixo valer polo preceptivo canle reconvencional, non pode decidirse, de conformidade coa doutrina xurisprudencial atinente a esta materia.
En efecto, e como proclama a sentenza do Tribunal Supremo de data 5 de xaneiro de 2007 "si bien no aparece expresamente recogida en el artículo 1195 del Código civil, la llamada compensación xudicial ha sido admitida en numerosísimas Sentencias de esta Sala , en las que se ha configurado como una especie de compensación en la que no son de exigencia todos los requisitos que el Código fija para la legal". Engadindo devandita resolución que " ciertamente, la compensación xudicial requiere que concurran créditos y títulos recíprocos y que las partes sean acreedoras y deudoras por derecho propio ( Sentencia de 26 marzo 2001, con la cita de otras muchas), aunque no es exigible que concurran todos los requisitos exigidos por el del Código civil para que proceda la compensación legal, entre ellos , que las deudas sean líquidas ( Sentencia de 18 enero 1999 )". E como determina a sentenza do mesmo tribunal, de data 30 de abril de 2008,
no que agora ten interese "... tampoco se dan los presupuestos para una compensación judicial, no sólo porque no se ha probado la existencia de crédito compensable, sino también porque en esta modalidad la compensación se ha de plantear por vía de reconvención, lo que no es el caso , al ser preciso que el Juez se pronuncie sobre la concurrencia del elemento inicialmente ausente - Sentencias de 11 de octubre de 1988, 24 marzo y 9 abril 1994 -".
En definitiva, as pautas anteriores impiden apreciar o motivo da apelación, da compensación xa que , reiteramos, ao interesar a parte apelante que o mecanismo compensatorio xogue, non só polos principais , de 1.956,74 euros, efectivamente pagados, ou subsidiariamente, de 652,25 euros, senón tamén polo importe dos xuros a contar dende a data do pagamento á acredora das custas, é decir, polo valor dos xuros de anticipo do artº 1145 do Código civil (suplico do escrito de recurso en relación co motivo cuarto , in fine, do mesmo), montante que nin tan siquera remata por contificar, atoparíamos ante unha suma ilíquida, ou se se prefire, cuxa contía definitiva pendería dun proceso de liquidación , tan só xurídicamente viable mediante a fórmula da reconvencion, para así dar, en fin, a posibilidade ao reconvido de defenderse de esa excepción.
Quinto: Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais de esta alzada polo artº 398, en relación co artº 394, ambos da L. A. C ..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español ,
Fallo
Que rexeitamos o recurso de apelación promovido por Dña Elena, representada polo procurador D. José Antonio Fandiño Carnero contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 3 de Vigo o día 22/7/2010, con expresa imposición das custas procesuais de esta alzada á parte apelante.
Contra a presente sentenza cabe, no seu caso, recursos de casación por presentar interese casacional e extraordinario por infracción procesual sobre a base do establecido no art. 477 da LAC debendo interponer dentro dos vinte días seguintes á sua notificación na forma establecida no ar.t 479 da LAC .
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia , aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística .
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden , cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
PUBLICACION.- Dada y pronunciada fue la anterior sentencia por los Ilmos. Sres. Magistrado/s que la firman y leída por el/la Ilmo. Magistrado ponente en el mismo día de su fecha, de lo que yo el/la Secretario doy fe.
