Sentencia Civil Nº 26/201...ro de 2013

Última revisión
04/04/2013

Sentencia Civil Nº 26/2013, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 6183/2011 de 17 de Enero de 2013

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 14 min

Orden: Civil

Fecha: 17 de Enero de 2013

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 26/2013

Núm. Cendoj: 36057370062013100027

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00026/2013

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA

N00050

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

L25618F4

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

N.I.G. 36057 42 1 2011 0002272

ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0006183 /2011B

Juzgado de procedencia:JDO. PRIMERA INSTANCIA N. 10 de VIGO

Procedimiento de origen:JUICIO VERBAL 0000177 /2011

Apelante: ZARDOYA OTIS S.A.

Procurador: EMILIO JOSE ALVAREZ PAZOS

Abogado: LUIS RAMON ATARES LAZARO

Apelado: Y-SIETE SL

Procurador: SUSANA BOQUETE RODRIGUEZ

Abogado: RAMON GONZALEZ-BABE IGLESIAS

A SECCIÓN SEXTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON SEDE EN VIGO, CONSTITUIDA EN TRIBUNAL UNIPERSONAL POLO ILMO. MAXISTRADO D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO,PRONUNCIOU

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 26/13

Vigo, dezasete de xaneiro de dous mil trece.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal 177/11 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 10 ós que correspondeu o rolo 6183/11, nos que aparece como parte apelante e demandante ZORDOYA OTIS S.A., representada polo/a procurador/a D./D.ª EMILIO ÁLVAREZ PAZOS e asistida do/da letrado/a D./D.ª LUIS-RAMÓN ATARES LÁZARO,e como parte contra da que se apela e demandada Y-SIETE S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª SUSANA BOQUETE RODRÍGUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª RAMÓN GONZÁLEZ-BABE IGLESIAS.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 10 de Vigo, con data do 8 de xuño de 2011, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Que estimando como estimo parcialmente la demanda presentada por el procurador Sr. Álvarez Pazos, en nombre y representación de ZARDOYA OTIS, S.A., frente a Y SIETE S.L., condeno a la demandada a abonar a la demandante la suma de 2385,03 euros, sin condena en costas a ninguna de las partes.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Emilio Álvarez Pazos, en representación de ZARDOYA OTIS S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo.

Terceiro:Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.


Fundamentos

Primeiro: A controversia desta alzada debo centrala nos seguintes termos: A) A actora, empresa encargada do mantemento de ascensores, reclama da parte demandada os danos e prexuizos que estima sufridos pola resolución unilateral por parte desta última do contrato de arrendamento antes do prazo pactado, de dez anos (propiamente, da prórroga, por outros dez anos), danos e prexuizos de fixa atendendo á cláusula décima do contrato, a teor da cal - e no que agora ten interese- '... dado que ZOSA, para levar a cabo os traballos de mantemento, obxecto deste contrato, tivo que investir nas súas extructuras, no suposto de resolución unilateral do contrato por parte do cliente, antes do seu vencimento, se establece en concepto de valoración de danos e prexuizos unha indemnización igual ao 50% do importe do mantemento pendente dende o intre da resolución contractual ata a súa data de vencimento, tomando como base o importe do último recibo devengado correspondente ao período no que se produza a resolución'. B) A parte demandada, no acto esencial e preclusivo de contestar á demanda, invoca, dito en resumo, e por unha banda, que non houbo lucro cesante, que non se proba, dado o tempo, de arredor de catorce anos, de duración do contrato, máis que suficiente para amortizar todos os posibles desembolsos emprendidos pola actora; e por outra, que a cláusula transcrita resulta abusiva, por ser exaxerada a indemnización imposta (que debía ficar circunscrita, en todo caso -se engade- ao beneficio industrial), e desproporcionada, ao non establecerse igual previsión indemnizatoria para o cliente para o suposto contrario, de resolución anticipada da demandante. C) Estas causas de oposición -únicas alegadas na contestación- impiden entón que se podan considerar por este tribunal de apelación, por novidosas, as outras, traidas a colación agora co recurso de apelación, como a posible aplicación do Decreto da Xunta de Galicia 44/2008, de 28 de febreiro, nin o feito da autorización administrativa ou da esixencia de carnet de mantedor, renovable bianualmente. D) En todo caso, a primeira daquelas normas non sería de aplicación, so pena de que, se o fixésemos, estaríamos conculcar o postulado da irretroactividade da lei, e o outro presuposto, puramente administrativo, é totalmente alleo á cuestión de esta lite. D) A sentenza de primeira instancia declara a nulidade da clásula décima por efectivamente desproporcionada, e porque a previsión non abarca igualmente a denuncia unilateral e anticipada do contrato pola sociedade mantedora, e agora demandante, pero facendo unha interpretación de referido contrato 'integradora, mediante o exercicio das facultades moderadoras...', dispón como indemnización a suma global e definitiva de 2.385,03 euros, fronte aos 5.423,90 euros reclamados. E) A parte demandada acata esta condena, e apela a sentenza de primeira instancia soamente a demandante, negando, por unha banda, que poda entrarse na consideración da cláusula décima como abusiva pois, ao so seu xuizo, a demandada non ten a condición de consumidora; negando, por outra, o contido abusivo da cláusla; e negando por igual, finalmente, a posibilidade de facer uso da facultade moderadora da pena, empregada pola Xulgadora a quo. F) Procedemos, por razóns sistemáticas, a examinar, en primeiro termo, se a parte demandada ostenta ou non esa calidade de consumidora.

Segundo: A demandada, malia que sexa unha persoa xurídica constituida en forma de Sociedade Anónima, e polo tanto con unha obvia finalidade lucrativa, ten por obxecto social 'a tenencia, administración e arrendamento de bens inmobles'. Non atopamos entón ligazón ningunha entre o servizo de mantemento do ascensor, prestado pola demandante, e a actividade empresarial á que se dedica a demandada. Ou por decilo doutro xeito, a sociedade demandada resulta ser a destinataria final ou beneficiaria directa das tarefas de mantemento do ascensor -e do ascensor mesmo-, contratadas coa demandante, non observándose, pola contra, en absoluto unha integración deses servizos de mantemento no proceso de tenencia, administración e arrendamento doutros bens inmobles. Resulta, por conseguinte, indubidable a cualidade de destinataria final e entón de consumidora da demandada, por disposición expresa do artº 1, parágrafos segundo e terceiro, da L. X. D. C. U de 19 de xullo de 1984. Ou en expresións dos artºs. 3 e 4 do Real decreto lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, polo que aprobouse o Texto refundido da Lei 44/2006, de 29 de decembro, sobre mellora da protección de consumidores e usuarios, nos atopamos ante unha persoa xurídica que contrata unha actividade -mantemento do aparato elevador dun inmoble, que comparte con outros propietarios- allea a súa actividade empresarial e profesional de inmobiliaria.

Terceiro: Malia que o contrato de mantemento de lite celebrouse o día 8 de novembro de 1995, o mesmo debe rexirse, en canto ao concepto e consecuencias das clásusulas abusivas, pola normativa precedentemente reseñada, de 2006 e 2007, que debe aplicarse retroactivamente por determinación expresa da Disposición transitoria primeira da referida Lei de 2006, que di que 'os contratos cos consumidores deberán adaptarse ás modificacións introducidas por esta lei, no prazo de dous meses dende a súa entrada en vigor. Transcorrido dito prazo, as cláusulas contrarias ao previsto nesta Lei serán, por tanto, nulas de pleno dereito'.

Pois ben, coa nova regulación da L.X.D.C.U, o seu artº 10 bis, apartados 1, parágrafos segundo e terceiro , e 2 dispoñen que : 1. Se considerarán cláusulas abusivas todas aquelas estipulacións non negociadas individualmente e todas aquelas prácticas non consentidas expresamente que, en contra das esixencias da boa fe, causen, en prexuizo do consumidor, un desequilibrio importante dos dereitos e obligacións das partes que se deriven do contrato. En todo caso, consideraranse cláusulas abusivas os supostos de estipulacións que se relacionan na disposición adicional primeria de esta Lei. 2. Serán nulas de pleno dereito e teranse por non postas as cláusulas abusivas. A parte do contrato afectada pola nulidade se integrará consonte ao disposto polo artigo 1258 do código civil e ao principio da boa fe obxectiva. A estes efectos, o Xuiz que declare a nulidade de ditas cláusulas integrará o contrato e disporá de facultades moderadoras respecto dos dereitos e obligacións das partes, cando subsista o contrato, e das consecuencias da súa ineficacia en caso de prexuizo apreciable para o consumidor ou usuario. Só cando as cláusulas subsistentes determinen unha situación non equitativa na posición das partes que non poda ser subsanada poderá declarar a ineficacia do contrato'. Pola súa banda, o artº 12, parágrafos 2 e 3, engaden '2. Prohíbense, nos contratos con consumidores, as cláusulas que impoñan obstáculos onerosos ou desproporcionados para o exercicio dos dereitos recoñecidos ao consumidor no contrato. 3. En particular, nos contratos de prestación de servizos ou suministro de bens de tracto sucesivo ou continuado se prohíben as cláusulas que establezan prazos de duración excesiva ou limitacións que exclúan ou obstaculicen o dereito do consumidor a por fin ao contrato. O consumidor poderá exercer o seu dereito a por fin ao contrato na mesma forma en que celebrouno, sen ningún tipo de sanción ou de cargas onerosas ou desproporcionadas, tales como a perda das cantidades aboadas por adiantado, o aboamento de cantidades por servizos non prestados efectivamente, a execución unilateral das cláusulas penais que se tiveran fixado contractualmente ou a fixación de indemnizacións que non se correspondan cos danos efectivamente causados.

Cuarto: A obrigada toma en consideración da normativa reseñada conleva, sen necesidade de amplas e complexas reflexións de orde xurídica e probatoria, rexeitar os outros dous motivos de diverxencia da parte recorrente coa sentenza de primeiro grao, da carencia da condición de abusiva da cláusula penal, e da imposibilidade de que o xulgador poida facer uso de ningunha facultade moderadora da mesma. Se comeza por esta segunda cuestión, para o que a parte apelante trae a colación a doutrina xurisprudencial que se pasa expoñer.

En efecto, e como proclama a sentenza do Tribunal Supremo de data 12-12-2008 'reclama que la cláusula sea aplicada en sus literales términos, de modo que la sanción económica que regula se imponga a la otra parte en toda su extensión...aApoya esa pretensión en la sentencia de 10 de mayo de 2.001 , la cual, efectivamente, declaró que la moderación regulada en el artículo 1.154 del Código Civil no procede cuando se produce un incumplimiento parcial o defectuoso para el que se hubiera previsto específicamente la pena, sino sólo cuando convenida 'para el incumplimiento total de la obligación, el cumplimiento es parcial o irregular'. Conforme a la referida doctrina la potestad judicial moderadora está limitada a los supuestos en que 'la obligación principal hubiera sido en parte o irregularmente cumplida por el deudor', como establece el artículo 1.154 del Código Civil - sentencias de 13 de julio de 1.984 , 29 de marzo y 21 de junio de 2.004 -, pero sólo si tal incumplimiento no hubiera sido el pactado como supuesto para la aplicación de la pena convencional. En definitiva, lo que el artículo 1.154 exige es que se divida la pena si se ha dividido, por decirlo impropiamente, el cumplimiento; esto es, si concurre el incumplimiento previsto por las partes, pero cualitativa o cuantitativamente degradado. Dicha doctrina ha sido sancionada por la jurisprudencia, de la que son manifestación, además de la sentencia citada en el motivo, las de 7 de febrero de 2.002 - según la que se trata de evitar la injusticia que implicaría cumplir toda la pena cuando no se ha incumplido toda la obligación -, 20 de junio de 2.007 - conforme a según la que 'responde la mencionada norma a la idea de que cuando los contratantes han previsto la pena para un incumplimiento total de la obligación, la equidad reclama una disminución de aquella si el deudor cumple en parte o deficientemente ésta' y que 'precisamente por ello la jurisprudencia ( sentencias de 10 de mayo de 2.001 , 5 de diciembre de 2.003 y 14 de junio de 2.006 ), por respeto a la potencialidad normativa creadora de los contratantes ( artículo 1.255 del Código Civil ) y al efecto vinculante de la regla contractual', rechaza la exigibilidad de la moderación que el artículo 1.154 establece cuando la pena hubiera sido prevista, precisamente, para sancionar el incumplimiento parcial o deficiente de la prestación producido - y de 13 de febrero de 2.008 - que se remite a la de 14 de junio de 2.006, para declarar que 'cuando la cláusula penal está prevista para un determinado incumplimiento parcial, no puede aplicarse la facultad moderadora del artículo 1154 del Código Civil si se produce exactamente aquel incumplimiento parcial. Por ello, la moderación procede cuando se ha incumplido en parte la total obligación para la que la pena se previó, de modo que, como afirma la doctrina, la finalidad del precepto no reside en si se debe rebajar equitativamente una pena excesivamente elevada, sino que las partes al pactar la pena pensaron en el caso del incumplimiento total y evaluaron la pena en función de esta hipótesis, porque cuando se previó para un incumplimiento parcial, la cláusula se rige por lo previsto por las partes'.

Porén, a anterior doutrina, prohibitiva da aplicación da facultade moderadora disposta polo artº 1154 do Código Civil , debemos considerala moi matizada e evidentemente superada pola normativa tuteladora dos dereitos dos consumidores e usuarios, normativa que para o suposto, precisamente, das cláusulas abusivas -como é a do caso, como seguidamente razoase- sanciona esa facultade a prol do xulgador, tal como se infire de maneira clara e inequívoca do parágrafo segundo do artº 10 bis da L.X.D.C.U ., antes transcrito. Facultade moderadora que foi, en fin, a que empregou a Xulgadora a quo na sentenza que agora se recorre.

Quinto: A natureza abusiva da cláusula non ofrece dúbida ningunha. E a parte demandante nin a eliminou, nin a adaptou á nova Norma, tal como a mesma sanciona, como ficou dito, mitigando os prexuizos que dela se derivaban para o consumidor. Efectivamente, esa condición abusiva, por desproporcionada ou extraordinariamente onerosa para este último, con ruptura manifesta do equilibrio prestacional das partes contratantes, se colixe das seguintes circunstancias ou razóns: A) Porque non se prevé a mesma sanción -nin outra de semellante calado económico- para o caso de resolución unilateral da parte actora. B) Porque non cabe menos de calificar de excesiva, ou o que é igual, de desfaxada e desmedida, a imposición ao consumidor dun período contractual de mantemento mínimo de dez anos, prorrogable por outro prazo sucesivos, co mesmo mínimo. C) Porque a xustificación deses tan inusitados prazos non se pode atopar na fórmula, estereotipada, baleira de concreción e, en fin, retórica, utilizada pola parte demandante na propia cláusula, de 'ter que investir nas súas extructuras para levar a cabo os traballos de mantemento...'. D) Porque a relación contractual durou exactamente nada menos que catorce anos, tempo máis que dabondo para estimar amortizada as supostas obras, non suficientemente acreditadas nin contificadas.

A apelación non pode, por conseguinte, aceptarse.

Sexto: Non se atopa circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procesuais desta alzada polo artº 398, en relación co artº 394, ambos da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que me outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeito o recurso de apelación promovido por ZARDOYA OTIS S.A. representada polo Procurador Sr. Alvarez Pazos contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 10 de Vigo o día 8 de xuño de 2011, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a miña sentenza, que asino, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra a mesma non cabe recurso algún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.