Última revisión
01/02/2016
Sentencia Civil Nº 260/2015, Audiencia Provincial de A Coruña, Sección 6, Rec 303/2014 de 30 de Julio de 2015
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 16 min
Orden: Civil
Fecha: 30 de Julio de 2015
Tribunal: AP - A Coruña
Ponente: TALLON GARCIA, LORENA
Nº de sentencia: 260/2015
Núm. Cendoj: 15078370062015100536
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 (DESPL)
A CORUÑA
SENTENCIA: 00260/2015
Rolo de apelación civil nº 303/2014
Ilmos. Sres. Magistrados:
D. JOSÉ GÓMEZ REY, PRESIDENTE
D. ALEJANDRO MORÁN LLORDÉN Dª LORENA TALLÓN GARCÍA
SENTENZA
Núm. 260/15
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2015.
Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña, con Sede en Santiago de Compostela, os autos do procedemento ordinario núm. 153/2013, procedentes do Xulgado de Primeira instancia núm. 3 de Santiago de Compostela, aos que correspondeu o rolo recurso de apelación núm. 303/2014, nos que aparece como parte apelante NCG Banco SA, representada polo procurador don José Paz Montero, e como parte apelada don Abel e dona Paula , representados pola procuradora dona Raquel Ceinos Real, sendo Xuíz Relator dona LORENA TALLÓN GARCÍA,quen expresa o parecer da Sala, formulando os seguintes antecedentes de feito, fundamentos xurídicos e parte dispositiva.
Antecedentes
PRIMEIRO.- Acéptanse e danse por reproducidos os antecedentes de feito contidos na resolución apelada, ditada polo Xulgado de primeira instancia núm. 1 de Santiago de Compostela en cuxa parte dispositiva se estableceu: 'Que debo estimar y estimo parcialmente la demanda interpuesta por D. Abel y d. Paula contra NCG Banco SA y, en consecuancia, delcaro la nulidad de la Orden de valores de fecha 11 de marzal de 2009, suscrita entre las partes relativa a la adquisición de participaciones preferentes de Caixa Galciai, correspondientes a la emsiión de 18 de mayo de 2009, por importe nominal de 100.000 euros, y condeno a las partes a la restitución recíproca de las prestaciones obtenidas, debiendo la demandada devolver a los actores la cantidad invertida, con el interés legal desde la suscripción, debiendo los actores proceder a la devolución de los rendimientos obtenidos, con aplicación a éstos del interés legal desde su percepción.
No se hace imposición de costas.'
SEGUNDO.-Notificada dita resolución ás partes a representación procesual de NCG Banco SA presentou recurso de apelación que foi admitido e, cumpridos os trámites correspondentes, eleváronse as actuacións a este Tribunal, sinalándose para a súa deliberación, votación e dispoño, o 22 de xullo de 2015, en que tivo lugar o acordado.
TERCEIRO.-Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais.
Fundamentos
PRIMEIRO.-É obxecto deste procedemento, sometido a consideración xudicial en alzada, por mor do recurso de apelación promovido, a demanda interposta por don Abel e dona Paula contra a entidade demandada NCG Banco SA, encamiñada a obter un pronunciamento xudicial que decretase a nulidade por erro vicio do consentimento ou, subsidiariamente, a resolución do contrato de subscrición de participacións preferentes subscrito o 11 de marzal de 2009 con aplicación do art. 1.303 e ss do CC .
A sentenza de instancia estimou a acción de anulabilidade do contrato litixioso, sen expreso pronunciamento de condena en custas.
Contra dito pronunciamento a demandada interpuxo recurso de apelación interesando a revogación da Sentenza ditada en primeira instancia coa conseguinte desestimación da demanda, fundamentado a súa pretensión nos seguintes motivos: a) infracción das regras de valoración da proba (arts. 324 en relación co 319 da LAC) e b)infracción da doutrina xurisprudencial en torno ao erro como vicio do consentimento. Subsidiariamente, a recorrente impugnou o pronunciamento polo que se lle condenou ao pagamento dos xuros xerados polo principal investido polos demandantes dende a data da formalización do contrato litixioso.
SEGUNDO.- Infracción dos arts. 324, 319 da LAC e concordantes reguladores da valoración da proba.
Alegou a parte recorrente como primeiro motivo de apelación o erro na valoración da proba practicada, sen embargo, o referido motivo non pode prosperar.
A proba, cuxo destinatario é o xuíz, non só debe ser valorada individualmente, senón na súa interrelación con outros elementos de proba practicados, nunha apreciación que ten que ser necesariamente conxunta. A esa necesidade de valoración da proba na súa integridade refírese a Sala Primeira do Tribunal Supremo en resolución de data 16 de xaneiro de 1999 ao indicar que: '...la prueba requiere una valoración conjunta de todos los medios empleados'. Nesa esixencia de apreciación conxunta incide o artigo 218.2 da Lei de axuizamento civil (LAC) cando indica ao xuíz que a motivación da sentenza 'deberá incidir nos distintos elementos fácticos e xurídicos, considerados individualmente e no seu conxunto, axustándose sempre as regras da lóxica e da razón'.
Pola súa parte, con respecto a proba documental, a STS de 13 de marzal de 2001 sinala que: '...la prueba documental que emana de un documento privado no es superior a las demás pruebas, y por ello no se infringe el citado art. 1225 del Código civil cuando se pondera su contenido en relación con otras probanzas...'.
En definitiva a Sentenza recorrida aprecia as probas practicas, documental e testemuñal, no seu conxunto, de xeito detallado, e non de forma illada ou parcial, como pretende a recorrente, e aplicando postulados derivados da lóxica e a razón, apoiada en máximas de experiencia, sen conter conclusións absurdas, irracionais, ilóxicas ou apartadas do resultado da práctica das referidas probas. O que non cabe é valoralas, como semella pretender a recorrente, de forma independente e interesada, forma de proceder inválida pra fundar una sentenza xudicial. Polo tanto non se pode considerar vulnerados os referidos preceptos, de maneira que se considere equivocada a apreciación de erro vicio do consentimento e da vulneración do deber de información que vinculaba á entidade demandada.
Non pode aceptarse que a simple sinatura dunha documentación bancaria sexa proba irrefutable do cumprimento do deber de informar e da inexistencia de erro. A apreciación do erro da parte demandante acollida na Sentenza impugnada baséase na análise da referida documental e nas declaracións testemuñais, todo elo en relación co deber de información que impón ás entidades bancarias a Lei do Mercado de Valores e a presunción da existencia de erro xurisrpudencialmente declarada e non desvirtuada pola demandada.
En suma, na Sentenza impugnada dase á recorrente unha resposta motivada a súa pretensión impugnatoria da pretensión actora, sen prexuízo de que esta non lle satisfaga.
TERCEIRO.- Erro vicio do consentimento.
A existencia de erro vicio do consentimento está condicionada a concorrencia dunha serie de requisitos que lle outorgan eficacia xurídica anulatoria; requisitos cuxa esixencia responde a necesidade de garantir a estabilidade dos contratos (pacta sunt servanda) e de dar protección ao contratante que confiou de boa fe na validez do contrato subscrito.
O artigo 1266 do Código civil dispón que para invalidar o consentimento o erro ten que recaer sobre a substancia da cousa que constitúe o obxecto do contrato ou sobre aquelas condiciones que principalmente deron motivo a celebralo. Ten que tratarse dun erro esencial e escusable, de xeito que cando concorran tales requisitos podida realizarse unha lexitima transferencia das consecuencias do erro que sufriu unha das partes contratantes á outra parte, provocando a anulabilidade do contrato coa conseguintes restitución das prestacións.
En relación co primeiro dos requisitos indicados -erro substancial ou esencial- o TS veu a indicar en STS de 7 de xullo de 2006 que o erro é substancial cando 'la cosa carezca de algunas condiciones que se le atribuyen, y precisamente de la que de manera primordial y básica motivó la celebración del negocio atendida la finalidad de éste'.
Pois no caso que nos ocupa, a actora subscribiu o contrato litixioso ignorando extremos tales como a concreta prestación que se derivaba do contrato o seu favor, ou os riscos inherentes ao produto subscrito, extremos que se deben reputar como esencias ou substancias no marco do contrato subscrito polas partes. Tal e como se recolle na Sentenza do Pleno da Sala Primeira do TS de 20 de xaneiro de 2014 'el desconocimiento de estos concretos riesgos asociados al producto financiero que contrata pone en evidencia que la representación mental que el cliente se hacía de lo que contrataba era equivocada, y este error es esencial pues afecta a las presuposiciones que fueron causa principal de la contratación del producto financiero.'
O outro requisito é o da excusabilidade do erro que pese a non estar expresamente enunciado no citado artigo 1.266 do Código civil a doutrina e a xurisprudencia infíreno dos principios de autorresponsabilidade e boa fe ( artigos 7 e 1258 do Código civil ).
Dita inexcusabilidade do erro, que responde á finalidade de impedir que o ordenamento protexa a quen alega un erro que lle é imputable pola súa falta de dilixencia, deberá apreciarse ponderando as circunstancias que concorran no suposto sometido a consideración xudicial.
No contexto específico dos contratos financeiros a determinación da excusabilidade do erro encontrase estreitamente vinculada ao comportamento contractual da entidade financeira. Como sinala a citada STS de 20 de xaneiro de 2014 'ordinariamente existe una desproporción entre la entidad que comercializa servicios financieros y su cliente, salvo que se trate de un inversor profesional. La complejidad de los productos financieros propicia una asimetría informativa en su contratación, lo que ha provocado la necesidad de proteger al inversor minorista no experimentado en su relación con el proveedor de servicios financieros. Como se ha puesto de manifiesto en la doctrina, esta necesidad de protección se acentúa porque las entidades financieras al comercializar estos productos, debido a su complejidad y a la reseñada asimetría informativa no se limitan a su distribución sino que prestan al cliente un servicio que va más alla de la mera y aséptica información sobre los instrumentos financieros, en la medida en que ayudan al cliente a interpretar esta información y tomar la decisión de contratar un determinado producto'.
Agora ben, como sinala a mencionada Sentenza, 'el incumplimiento de los deberes de información no conlleva necesariamente la apreciación de erro vicio, pero no cabe duda de que la previsión legal de estos deberes, que se apoya en la asimetría informativa que suele darse en la contratación de estos productos financieros con clientes minoristas puede incidir en la apreciación del error'e engade: 'Al mismo tiempo, la existencia de estos deberes de información que pesan sobre la entidad finaciera incide directamente sobre la concurrencia del requisito de la excusabilidad del error, pues si el cliente minorista estaba necesitado de esta información y la entidad financiera estaba obligada a suministrársela de forma comprensible y adecuada, el cooncimiento equivocado sobre los concretos riesgos asociados al producto financiero complejo contratado en que consiste el erro, le es excusable al cliente.'
En definitiva, o deber de información que pesa sobre a entidade financeira incide directamente na concorrencia do requisito da excusabilidade do erro, pois se o cliente minorista estaba necesitado desa información e a entidade financeira estaba obrigada a subministrarlla de forma comprensible e axeitada, o coñecemento equivocado sobre os concretos riscos asociados ao produto financeiro complexo contratado en que consiste o erro, elle escusable ao cliente ( SSTS 385/2014, de 7 de xullo e 387/2014 de 8 de xullo ).
Pois ben, no suposto axuizado, tal e como se recolle na Sentenza apelada, o cliente carecía de información suficiente sobre o produto contratado e os riscos asociados o mesmo, os cales non lle foron explicados coa claridade e precisión requiridas pola entidade financeira demandada, con vulneración do seu deber de información.
Por outro lado, o Banco non cumpriu coa obrigación de someter á actora ao test de idoneidade que era necesario e o resultado do test de conveniencia ( 'no conveniente') tampouco permitía formar un xuízo positivo sobre a capacidade comprensiva da actora respecto aos valores subscritos.
Como sinalan as SSTS 385/2014 de 7 de xullo e 387/2014 de 8 de xullo : 'Para articular adecuadamente ese deber legal que se impone a la entidad financiera con la necesidad que el cliente minorista tiene de ser informado (conocer el producto financiero que contrata y los concretos riesgos que lleva asociados) y salvar así el desequilibrio de información que podía viciar el consentimiento por error, la normativa MMIFID impone a la entidad financiera otros deberes que guardan relación con ese conflicto de intereses que se da en la comercialización de un prodcuto financiero complejo y, en su caso, en la prestación de asesoramiento financiero para su contratación, como son la realización del test de convenciencia -cuando la entidad financiera opera como simple ejecutante de la voluntad del cliente previamente formada, dirigido a evaluar si es capaz de comprender los riesgos que implica el producto o servicio de inversión que va a contratar-, y el test de idoneidad, cuando el servicio prestado es de asesoramiento financiero, dirigido además de a verificar la anterior evaluación, a efectuar un informe sobre la situación financiera y los objetivos de inversión del cliente para poder recomendarle ese producto.'
Para discernir si un servizo constitúe ou non asesoramento en materia financeira -o que determinará a necesidade ou non de facer o test de idoneidade- non debe considerarse tanto a natureza do produto financeiro como a forma en que este se ofreceu ao cliente, valoración que debe realizarse cos criterios establecidos no artigo 52 da Directiva 2006/73 , que aclara a definición de servizo de asesoramento financeiro en materia de inversión do artigo 4.4 da Directiva MIFID , segundo a doutrina fixada pola STJUE de 30 de maio de 2013, caso Genil 48SL, conforme á cal terá a consideración de asesoramento en materia de inversión a recomendación de subscribir un swap realizada pola entidade financeira ao cliente inversor.
Pois ben, a xurisprudencia ten declarado que a omisión do test que debía recoller esas valoracións, se ben non impide que nalgún caso o cliente goce deste coñecemento e, polo tanto, non padecera ningún erro ao contratar, permite presumir no cliente a falta de coñecemento suficiente sobre o produto contratado e os seus riscos asociados que vicia o consentimento; por iso a ausencia de test non determina por si a existencia de erro vicio, pero si permite presumilo ( SSTS de 7 de xullo de 2014 e 8 de xullo de 2014 ; presunción que concorrendo neste suposto, non foi desvirtuada pola entidade demandada (artigo 386.2 da LAC).
Por mor do conxunto de consideracións expostas non cabe senón ratificar o criterio da Sentenza de instancia que declarou a anulación do contrato impugnado dado que a actora o concertou cun erro substancial, por afectar a elementos substanciais do contrato, e escusable, en atención ás circunstancias concorrentes antes examinadas.
CUARTO.-Subsidiarimente, segundo argumentou a recorrente a Sentenza de instancia condena á entidade bancaria á devolución do nominal investido en participacións preferentes mais os xuros legais xerados dende a data de subscrición do produto, sen embargo dita data non se corresponde coa data na que os demandantes desembolsaron efectivamente o principal investido en participacións preferentes; desembolso que non tivo lugar ata o 18 de maio de 2009 polo que esta debería ser a data dende a que se xeren os xuros.
O referido motivo de oposición non pode ser acollido.
A Sentenza de instancia, declarada a nulidade do contrato litixioso, aplicou as previsións contidas para dito suposto no artigo 1.303 do Código civil , previsión normativa que persegue que as partes volvan a ter a situación persoal e patrimonial anterior o evento invalidante. Consecuentemente, condenou á demandada ao abono dos xuros xerados polo principal investido dende a data da subscrición do contrato litixioso.
A posibilidade de considerar como data para a xeración dos xuros o 18 de maio de 2009, data na que segundo a recorrente se tería producido efectivametne o desembolso do capital investido, debe descartarse fundamentalmente porque este extremo non consta nas actuacións. Apoiou a recorrente a súa posición no contrato de conta en libreta de aforro a prazo fixo (documento número 7 dos achegados coa demanda) sen embargo, dita documental debe reputarse manifestamente insuficiente aos efectos pretendidos pola recorrente. O devandito contrato, no que non consta a cantidade depositada, tiña como prazo de vencimento o 18 de maio de 2009 pero de dito extremo non cabe inferir, aínda na hipótese de que o capital depositado ao abeiro do mesmo fose o que os actores destinaron a inversión en preferentes, que o contrato estivera vixente ata o vencemento estipulado, investíndose en participacións preferentes a cantidade depositada una vez chegada dita data.
Por conseguinte e, ponderando que á entidade bancaria recorrente, podería ter acreditado a data do efectivo desembolso, por medios tales como as liquidacións de rendementos, non cabe senón desestimar a pretensión revogatoria do pronunciamento polo que se impuxo a esta o pagamento dos xuros xerados polo principal investido dende a data da subscrición do contrato declarado nulo.
QUINTO.-En canto ás custas procesuais xeradas nesta alzada, desestimado o recurso de apelación, conforme ao disposto nos artigos 398.1 e 394, ambos da LAC, procede a súa imposición a parte recorrente.
Por todo o exposto, vistos os preceptos legais citados, os seus concordantes e demais de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
A Sala acorda desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual da entidade NCG Banco SA e, en consecuencia confirma a Sentenza de 4 de xullo de 2014 ditada polo Xulgado de primeira instancia núm. 3 de Santiago de Compostela no procedemento ordinario núm. 153/2013.
Todo elo con imposición das custas procesuais xeradas nesta alzada a parte recorrente.
Notifíquese esta resolución, en legal forma, ás partes e fágaselles saber que, conforme preceptúa o artigo 248-4º da Lei Orgánica do Poder Xudicial , contra ela cabe recurso de casación por interese casacional que deberá ser interposto ante esta Sección, no prazo de 20 días a contar dende o seguinte a notificación da mesma.
Dentro do prazo legal, devólvanse as actuacións orixinais con testemuño desta resolución ao Xulgado de procedencia, para a súa execución e cumprimento.
Así por esta resolución da que se porá certificación literal no Rolo de Sala da súa razón, incluíndose o orixinal no Libro correspondente, o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACIÓN.- Dada, lida e publicada foi a anterior Sentenza pola Xuíz relator que a ditou, estando celebrando audiencia pública nomesmo día da súa data, do que eu, o Secretario Xudicial, dou fe.
