Sentencia Civil Nº 264/20...zo de 2011

Última revisión
18/03/2011

Sentencia Civil Nº 264/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3361/2009 de 18 de Marzo de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 17 min

Orden: Civil

Fecha: 18 de Marzo de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 264/2011

Núm. Cendoj: 36057370062011100199

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:640

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00264/2011

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 3361/09

Procedemento de orixe: ORDINARIO 947/08

Órgano de procedencia: 1ª INSTANCIA Nº 3 DE VIGO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. JULIO PICATOSTE BOBILLO, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 264/11

Vigo, dezaoito de marzo de dous mil once.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 947/08 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 3 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3361/09, nos que aparece como parte

apelante-demandado MAPFRE EMPRESAS, PORRIÑO URBAN S.L. representada polo/a procurador/a D./D.ª GLORIA QUINTAS

RODRÍGUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª MANUEL ZORRILLA RIVERA e como parte contra da que se apela e demandante

FOMENTO Y PROMOCIONES VIVIENDA S.L. representada polo/a procurador/a D./D.ª SUSANA ARCA VELOSO e asistida

do/da letrado/a D./D.ª ISABEL PÉREZ EXPÓSITO.

É o maxistrado relator D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 3 de Vigo, con data do 15 de abril de 2009, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que estimando la demanda interpuesta por la Procuradora doña Susana Arca Veloso en nombre y representación de la entidad FOMENTO Y PROMOCIONES VIVIENDA SL, debo condenar y condeno a la entidad PORRIÑO URBAN SL con responsabilidad directa y solidaria de la entidad aseguradora MAPFRE a que indemnicen a la entidad FOMENTO Y PROMOCIONES VIVIENDA SL en la cantidad de 10.792,25, cantidad que habrá de ser incrementada en los intereses legales que se devenguen desde la fecha del emplazamiento de la presente demanda y hasta su completo pago.

Procede tener por desistida a la entidad FOMENTO Y PROMOCIONES VIVIENDA SL de la reclamación dirigida contra la entidad PORRIÑO URBAN SL y contra la entidad aseguradora MAPFRE de la reclamación de 1.726,76 EUR, correspondientes al IVA devengado por las cantidades a que se hace referencia en el párrafo anterior , sin hacer especial pronunciamiento materia de costas.

Todo ello sin hacer especial pronunciamiento en materia de costas."

Con data do 8 de maio de 2009, ditou un Auto aclaratoria coa seguinte parte dispositiva:

"Que debía aclarar y aclaro la sentencia dictada el 15 de abril de 2009 de tal manera que en el fallo donde dice "Que estimando la demanda interpuesta por la Procuradora doña Susana Arca Veloso en nombre y representación de la entidad FOMENTO Y PROMOCIONES VIVIENDA SL, debo condenar y condeno a la entidad PORRIÑO URBAN SL con responsabilidad directa y solidaria de la entidad aseguradora MAPFRE a que indemnicen a la entidad FOMENTO Y PROMOCIONES VIVIENDA SL en la cantidad de 10.792,25, cantidad que habrá de ser incrementada en los intereses legales que se devenguen desde la fecha del emplazamiento de la presente demanda y hasta su completo pago.

Procede tener por desistida a la entidad FOMENTO Y PROMOCIONES VIVIENDA SL de la reclamación dirigida contra la entidad PORRIÑO URBAN SL y contra la entidad aseguradora MAPFRE de la reclamación de 1.726,76 EUR, correspondientes al I.V.A. devengado por las cantidades a que se hace referencia en el párrafo anterior, sin hacer especial pronunciamiento materia de costas.

Todo ello sin hacer especial pronunciamiento en materia de costas." Debe decir "Que estimando la demanda interpuesta por la Procuradora doña Susana Arca Veloso en nombre y representación de la entidad FOMENTO Y PROMOCIONES VIVIENDA SL , debo condenar y condeno a la entidad PORRIÑO URBAN SL con responsabilidad directa y solidaria de la entidad aseguradora MAPFRE a que indemnicen a la entidad FOMENTO Y PROMOCIONES VIVIENDA SL en la cantidad de 10.792,25, cantidad que habrá de ser incrementada en los intereses legales que se devenguen desde la fecha del emplazamiento de la presente demanda y hasta su completo pago, con expresa imposición de las costas ocasionadas por el presente procedimiento a la parte demandada , si bien dichas costas se calcularán no sobre la cuantía inicialmente fijada en el escrito de demanda sino en la cuantía litigiosa que en el acto de la audiencia Previa se fijó en 10.792,76 euros.

Procede tener por desistida a la entidad FOMENTO Y PROMOCIONES VIVIENDA SL en la reclamación dirigida contra la entidad PORRIÑO URBAN SL y contra la entidad aseguradora MAPFRE de la reclamación de 1.726,76 EUR, correspondientes al IVA devengado por las cantidades a que se hace referencia en el párrafo anterior , sin hacer especial pronunciamiento materia de costas, sin hacer especial pronunciamiento en materia de costas respecto de la pretensión objeto de desistimiento.""

Segundo: Contra a dita sentenza o/a Procurador/a D./D.ª Gloria Quintas Rodríguez, en representación de D./D.ª MAPFRE EMPRESAS y PORRIÑO URBAN S.L., presentou un recurso de apelación , que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 17 de marzo de 2011.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro : Como primeiro motivo de recurso de apelación contra a sentenza ditada en primeira instancia invoca a promotora demandada -e a súa compañía aseguradora , igualmente accionada- a falta de nexo causal entre as obras emprendidas pola primera e os resultados danosos que actora reclama neste procedimento. Concretamente, e sendo admitida a realidade dos danos -deixando á marxe o seu alcance e contificación-, estiman os hoxe recorrentes que os mesmos foron debidos ao desplome do talude lindeiro con aquelas obras, desplome que traería á súa vez a súa orixe, en tese dos apelantes, de que non se compactou adecuadamente o terreo despois de rematadas as obras do parking limítrofe. Ou por decilo doutro xeito , a causa da rotura das tuberías ou conducións radicaría, non na neglixencia propia da demandada ao realizar os labores de excavación no terreo da súa propiedade, senón no comportamento imprevisor e indilixente do terceiro, autor do parking subterráneo, por deixar o terreo contiguo sen compactar. Pois ben , non podemos compartir a invocación defensiva dos apelantes despois de revisadas as diversas probas existentes nos autos.

En efecto, e en primeiro lugar, non existe dúbida ningunha de que o sinistro tivo lugar durante as tarefas de excavación emprendidas pola parte demandada, coincidencia temporal que supón xa inicialmente un elemento indiciario da causalidade, posta agora en cuestión. Ainda máis, nin a parte apelante nega que o desplome ten lugar neses intres, nin se formula no preito a hipótese alternativa, da caida , igualmente, das terras, de non facerse a excavación. Podemos entón afirmar que o desprazamento das terras, arrastrado e danando as conducións de lite, trae a súa causa -única ou non- das obras de excavación.

Máis que ao carón desa causalidade, reflictada no informe pericial que obra na causa a instancia da propia parte demandada, e rendida pola entidade Avalora Servicios Periciales, deste ditame coleximos igualmente o comportamento imperito e carecente de cautela da demandada , pois o perito, Sr. Pablo Jesús, reseña, ademáis das condicións iniciais precarias do talude en canto a súa conformación, outros dous feitos que concorren na etioloxía do seceso, estes imputables sen ningunha dúbida á demandada , como son, un primeiro , a excavación lineal na base mesma do talude que, en elocuente expresión do técnico, "puxeron en xaque esa precaria estabilidade", e o segundo, a realización da excavación da base da grúa , que en igual afortunada expresión do informante, "apurou tamén, localmente, a situación de estabilidade do talude". E é igualmente extraordinariamente ilustrativa neste último extremo, do descalce prácticamente total do talude para instalar a grúa, a primeira foto do folio 147). E o círculo causal se pecha contra a demandada se tomamos en consideración, finalmente , que a Dirección facultativa da obra - e a promotora demandada, como seguidamente veremos- era coñecedora da precariedade do terreo lindeiro, ou se se prefire, do deficiente compactado, o que coleximos, non só das manifestacións neste senso das testemuñas, o Arquitecto superior e Director da obra, Sr. Feliciano, e o Arquitecto Técnico , Sr. Clemente, chegando este último a manifestar que advertíu ao Arquitecto municipal que non se estaba a compactar; senón tamén do inequívoco feito, igualmente recoñecido por eses técnicos, da configuración do talude con maiores garantías (entendemos con menos inclinación), medidas garantistas que á postre resultaron evidentemente insatisfactorias , corroborando e colmando a indilixencia da parte demandada.

Rexeitamos entón o motivo do recurso.

Segundo : A segunda discrepancia dos recorrentes refírese a que a sentenza de primeira instancia condena á promotora demandada, esquecendo a doutrina xurisprudencial reiterada, segundo a cal non pode predicarse a culpa desta cando, por unha banda , encomenda as tarefas construtivas, precisamente, a un persoal directivo e construtivo técnico ou especializado nas distintas faxes do proceso de edificación, e por outra, non se reserva ningunha facultade de dirección, vixiancia nin control sobre aqueles , os que deciden , en definitiva, de xeito totalmente autónomo, ou sen subordinación á promotora. E nesta liña, se afirma pola promotora que non tivo participación, directa nin indirecta, ningunha na edificación litixiosa, ou na súa propia expresión "meu mandante nos dispón de máis persoal que o adicado á xerencia, ao departamento adminstrativo e comercial" (feito segundo da contestación). Pois ben, a argumentación da parte apelante carece da suficiente consistencia para a exoneración da súa responsabilidade , tanto porque a doutrina xurisprudencial mencionada ten importantes matices de excepción , como porque a parte demandada non acredita o seu alegato, como porque , en fin, se algo coleximos dos autos é , exactamente, o contrario ao invocado.

En primeiro termo, a propia doutrina se encarga de facer unha interpretación moi ampla e abarcante do termo de dependencia, como presuposto para esixir responsabilidade á promotora, en protección lóxica e obrigada dos terceiros alleos ao proceso de construcción, e suxeitos puramente pasivos prexudicados por el. Neste senso non cabe esquecer: a) que a obra realízase en beneficio da promotora; b) que foi esta última quen elexíu e contratou ao contratista e aos técnicos; c) que como advirte a sentenza do Tribunal Supremo de 11 de xuño de 2008 "ha de significarse que , en aplicación del artículo 1903 del Código Civil, no puede entenderse que el deber de diligencia del buen padre de familia del promotor se haya agotado en la elección de un técnico facultativo habilitado oficialmente o, en palabras de la sentencia alegada por el recurrente "aquellos a quienes legal y técnicamente corresponda la realización de una actividad" , pues es evidente, del examen de los hechos declarados probados , que los técnicos elegidos por el promotor no resultaron ser tan diligentes como se pretende. Afirmar lo contrario sería exonerar de responsabilidad al promotor siempre que contrate a técnicos con título oficial y, en su caso , colegiados, realizando una generalización inaceptable que, a la vez que libera al promotor de toda responsabilidad fuera cual fuere el caso concreto, amplía la responsabilidad de los técnicos de forma cuasi- universal"; d) que a dependencia pode existir ainda que así se exclúa na relación contractual entre a promotora, dunha parte, e o contratista e a dirección facultativa , doutra, cando, de feito, aquela primeira toma decisións relativas á construcción, ora por iniciativa propia, ora previa consulta dos segundos; e) que a doutrina xurisprudencial ten evolucionado en forma acomodada ás esixencias da realidade social , a cuase-obxectivizar a responsabilidade extracontractual, sobre todo nos casos como nos que concorre un risco advertido e coñecido e nembargantes se mantén, ao non se adoptar medidas adecuadas para evitar o que se presenta como perigo potencial e que convertiuse na realidade de efectivo perigo materializado ( ST.S. de 17 de abril de 1998, e na mesma liña , S.S.T.S. de 24 de abril de 1986, 19 de xullo de 1993 e 8 de outubro de 1996 ).

As advertencias anteriores, en segundo lugar, conlevan ao rexeitamento do motivo de apelación xa que: A) Non hai constancia escrita (e as declaracións testemuñais son insuficientes) que reflicte a plena autonomía dos demáis partícipes na construcción con respecto da promotora. E semella lóxico que, se esa fora a vontade dos contratantes, máxime sendo todos eles profesionais da construcción, así se documentara, dada a trascendencia do acto , como non deixa de ser frecuente, certamente , na práctica. E doado lle sería á promotora traer á causa ese documento. B) A dedicación da promotora ao único fin comercial, de promoción e venda das vivendas , tal como ven soster, se compadece mal co obxecto social mesmo da sociedade promotora, no que se inclúen non só eses fins, senón tamén o da construcción propiamenten dita (escritura de constitución , o folio 107 volto). C) Máis é que, derradeiramente, existe outro feito que pon de relevo, xa indubidablemente , a intervención da sociedade no proceso construtivo mesmo. Estámonos referir a que o Administrador único da mesma é o Arquitecto Técnico , Clemente . E este é o Aparellador -un dos dous para ser máis exactos- da obra, como se colixe tanto das súas propias manifestacións como testemuña, como da proba documental. E non estamos ante unha designación dese Aparellador -dentro do cadro da Dirección Facultativa da obra- puramente formal pois, contrariamente, e tal como se deduce por igual do seu relato , intervíu activamente no proceso de excavación , e incluso antes, durante a execución da obras do parking, advertindo do defecto de compactación do terreo ao funcionario municipal, tal como deixamos sentado, sendo entón coñecedor el mesmo, e conseguintemente a sociedade á que representaba , dese risco engadido, a pesar do cal se fixeron cos seus beneplácitos os actos postos de relevo na pericia aportada pola propia promotora, do descalce do talude para a ubicación da grúa, e da excavación lineal na base mesma do talude, actuacións que foron decisivas no sinistro , segundo ese informe.

Terceiro : Con independencia das discrepancias que poda haber entre as pericias, o certo é que as obras de reparación das canalizacións, realizadas pola entidade Abelmar, S. L., aparecen avaladas polos correspondentes orzamento e factura, así como polas explicacións complementarias que de xeito espontáneo, exhaustivo, e creible ofreceu o representante legal desta sociedade , facendo afirmacións tan categóricas como útiles para a resolución da controversia, tales como que o expedente de instalación do transformador estaba rematado, que xa había persoas vivindo no edificio nº NUM000 da rúa AVENIDA000, que as conduccións tiñan o pertinente compactado do terreo e encofrado (circunstancia esta última que se colixe, por outra banda, da foto primeira do folio 99), ou que xa estaba instalado o cableado, ainda que non resultase danado. O recurso da parte demandada , poñendo en cuestión o alcance da reparación, carece entón de fundamento.

Cuarto : Polo que fai aos prexuizos derivados do pagamento de subministración de enerxía eléctrica á entidade Fenosa, os demandados invocaron na primeira instancia, e o reproducen nesta alzada, por unha banda, que as conduccións carecían de cableado , e que o expedente relativo ao centro transformador non estaba rematado, e por outra , e por decilo resumidamente, que a reclamación debería realizarse aos consumidores da electricidade.

Pois ben, respecto da primeira invocación, non pode aceptarse dado que o cableado estaba introducido nas tuberías, e o expedente estaba finiquitado , circunstancias que inferimos, tanto das declaracións da testemuña, representante legal de Abelmar, S. L., como do representante de Fenosa, Sr. Penalas Sío, como do representante legal de Construcciones Caselas , S. L., como da correspondente documentación relativa a aquel expedente (folios 26 e seguintes), e moi especialmente do documento que obra ó folio 33 das actuacións (certificación técnica do día 20 de xuño de 2006), como, en fin, do propio feito da subministración e consumo da electricidade.

E, en segundo lugar, o argumento da parte demandante para reclamar os gastos de subministración de Fenosa consiste en que, como o expedente de subministración de electricidade definitiva (permítase a locución) estaba rematado , e era entón inminente a substitución da concesión de electricidade de obra pola subministración ordinara ou definitiva, e o accidente impediu esa conversión, prolongando así a vixencia da "luz de obra", a actora tivo que facer fronte a estes gastos. Argumento que compartimos, ao darse o presuposto -insistimos- de que o expedente de instalación definitiva estaba rematado , tal como apreciamos daquelas declaracións testemuñais e daquela documental. Por decilo doutra maneira, foi o sinistro litixioso o que demorou dar de alta a electricidade, co lóxico prexuizo para a demandante, que tivo que facer fronte aos gasos de luz de obra.

Por último , no escrito de recurso, e respecto da anterior partida, os demandados aducen a falta de lexitimación da actora para reclamar ese concepto, alegación que non se pode estimar: A) Por ser unha cuestión novidosa, en canto non invocada na primeira instancia. Efectivamente, se escudriñamos no escrito de contestación á demanda , tanto nos seus antecedentes de feito , como incluso na súa fundamentación xurídica, nunca se menciona ese feito. B) En todo caso, interrogada a representante legal de Construcciones Caselas, S. L., sobre este punto, manifesta que pagaron as facturas "porque estaban ao seu nome", nunha puntualización que debemos entender no senso de que non lle correspondería o pagamento, senón á demandante, o que se confirmaría , finalmente , pola posesión das facturas por parte desta última.

Quinto : A parte demandada consentíu a desistencia da parte actora respecto dunha das partidas inicialmente reclamada -a relativa ao I.V.E.-. Sendo iso así, é consonte a Dereito a decisión do Xulgador a quo , de non facer unha especial declaración sobre as custas desta pretensión ( artº 396. 2. da L. A. C .). Por outra banda, a continuación da oposición dos demandados respecto das demáis peticións da demandante , e conxunción coa estimación destas peticións, conleva necesariamente a imposición das custas da primeira instancia aos demandados, ex artº 394 da Lei procesual . O recurso da parte non se acolle ao carecer de apoio xurídico.

Sexto : Non atopamos circuntancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, disposto para as custas procsuais desta alzada polo artº 398, en relación co artº 394, ambos da L. A. C ..

Por todo o exposto , e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamos o recurso de apelación promovido por MAPFRE EMPRESAS e PORRIÑO URBAN S.L. representados pola Procuradora Sra. Quintas Rodríguez contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Vigo o día 15 de abril de 2009, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente Resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden , cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

PUBLICACIÓN : En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. magistrado que la dictó, celebrando audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA : Seguidamente se procede a cumplimentar la no tificación de la anterior Resolución. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.