Sentencia Civil Nº 274/20...yo de 2008

Última revisión
16/05/2008

Sentencia Civil Nº 274/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3007/2007 de 16 de Mayo de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 25 min

Orden: Civil

Fecha: 16 de Mayo de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 274/2008

Núm. Cendoj: 36057370062008100325

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00274/2008

CIVIL

Rolo: 3007/07

Procedemento de orixe: ORDINARIO 549/05

Órgano de procedencia: Instancia núm. 6 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 274/08

Vigo, dezaseis de maio de dous mil oito.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 549/05

procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 6 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3007/07, nos que aparece como parte

apelante- demandado Inmobiliaria Areosa, S.L. representada polo/a procurador/a D./D.ª José A. Fandiño Carnero e asistida do/da

letrado/a D./D.ª Ricardo Martínez Barros e como parte contra da que se apela e demandante Comunidad de Propietarios del

edificio " DIRECCION000 " , sita en DIRECCION001 , NUM000 - Nigran representada polo/a procurador/a D./D.ª Ricardo Estévez Cernadas e

asistida do/da letrado/a D./D.ª Eugenio Moure González. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen

expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 6 de Vigo de Vigo, con data do 31/07/2006, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Con estimación parcial de la demanda interpuesta por la Procuradora Dña María Miranda Valencia, en nombre y representación de la Comunidad de Propietarios del edificio " DIRECCION000 ", sito en DIRECCION001 nº NUM000 de Nigrán, debo condenar y condeno a Inmobiliaria Areosa, S.L. representada por el Procurador D. José Antonio Fandiño Carnero,a pagar a la actora la cantidad de trescientos cuarenta y seis mil doscientos veintiún euros y cincuenta y dos céntimos de euro ( 346.221,52 euros) que devengará, desde la fecha de esta sentencia hasta el pago, un interés anual igual al legal del dinero incrementado en dos puntos, sin que proceda hacer condena en costas."

Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª José A. Fandiño Carnero, en representación de D./D.ª Inomibiliaria Areosa, S.L., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 10/4/08.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: A parte demandada, Inmobiliaria Areosa, S. L., recurre a sentenza de primeira instancia, invocando como primeiro motivo da sua apelación a incongruencia de devandita resolución, ao condenarlle ao pagameno dunha indemnización en metálico cando, no seu parecer, a petición principal da Comunidade de Propietarios actora era dunha condena in natura, é dicir, de reparalas deficiencias constructivas que este último litigante denuncia da sua demanda.

O motivo do recurso non pode prosperar pois o primeiro e preferente pedimento da demandante era dunha suma de diñeiro, bastando para chegar a esta conclusión con un simple exame do suplico da demanda, no que, despois de interesarse unha petición inicial, de que se declare o incumprimento contractual da demandada, ou a sua responsabilidade decenal, a xeito de simple presuposto previo ás postreiras formulacións, se interesa a condena á prestación in natura, ou ben, como a parte actora "recomenda e prefire" ao pagamento de 346.221,52 euros. Esta preferencia ou petición principal é entón palmaria e inequívoca, carecendo de fundamento o vicio de incongruencia imputado á sentenza apelada, máxime se aquel suplico aparece adornado e confirmado polos antecedentes de feito e fundamento de dereito da demanda cando, por exemplo, e sen ánimo de ser exhaustivo, no feito cuarto se di "petición alternativa:preferencia pola condena ao pagamento" (folio 3), ou cando no fundamento xurídico cuarto, referido ao cerne do asunto, se xustifica esta petición como principal, e se opta subsidiariamente pola prestación in natura, porque esta última non semella a mais convinte dado - por utilizala propias expresións da demandante- "o renuente incumprimento" da demandada, as " suas excusas de mal pagador", ou, en fin, "que non realizará con todo o cariño debido as obras de reparación" ( folio 11).

Segundo.- A promotora apelante, dentro do anterior motivo de apelación, da inconguencia da sentenza, e en íntima conexión co mesmo, ven afirmar que a actora non pode optar libre e indiscriminadamente por unha indemnización en metálico, senón que tal prestación por equivalencia tan só é legamente posible cando non sexa factible a restitución in natura, ou o que é o mesmo, no caso de non poda conseguirse o cumprimento, voluntario, ou forzoso, da obriga de facer, representada neste suposto pola reparación directa dos defectos ruinóxenos denunciados pola comunidade demandante.

A tese da apelante, ademais de novedosa, en canto non invocada na primeira instancia, aparece contradita pola mais moderna doctrina xurisprudencial, da que son expresións as sentenzas que de seguido se citan.

En efecto, e dunha parte, se examinamos o escrito de contestación á demanda, realmente nel non se argumenta nin obxeta nada sobre a petición de condena de numerario artellada pola actora, e esa falta de oposición excluiría, por extemporaneidade, a formulación da actual obxeción, tal como declara nun suposto idéntico a sentenza do Tribunal Supremo de 8 de novembro de 2.002.

E doutra parte, a mesma sentenza, con cita da de 29-2-2000 adverte que "ha de tenerse presente el petitum de la demanda

y que ninguna indefensión se produce al fijar las indemnizaciones en cantidades líquidas,dentro de las que incluyen los daños referidos, evitando las dilaciones de la ejecución de sentencia que pretende la recurrente, que se prolongaría en extremo dado el número de afectados, con lo que privaría, por contra a los damnificados de la tutela efectiva de sus derechos y, aunque en este caso se ha deferido la fijación de la suma indemnizatoria a la ejecución de sentencia, lo esencial es que la sentencia citada admite la reparación dineraria, como es propio de la naturaleza resarcitoria de la acción ejercitada y parece innegable que la ejecución in natura, en supuestos como el presente, daría lugar a dilaciones y conflictos e incluso podría calificarse de ilógica atendiendo a lo acontecido en la construcción del edificio".

No mesmo senso, as ss. de 20-6 e 27-11-2007. Así, proclama esta última que "no cabe cuestionar, en primer lugar, que el principio indemnizatorio está presente en el artículo 1591 del Código Civil -sentencias de 7 de mayo de 2002 y 27 de septiembre de 2005 , entre otras-, o, en otros términos, que "el resarcimiento económico del daño causado en concepto de responsabilidad civil es coherente con el efecto jurídico normativo del artículo 1591 del Código Civil ". La dicción literal del referido precepto habla, en efecto, de "responder de los daños y perjuicios". Es claro pues, como sigue diciendo la Sentencia última referenciada, que "la norma legal no exige que se solicite un cumplimiento en forma específica". De tales asertos se desprende, entre otras consecuencias, que no incurre en incongruencia la sentencia que concede una indemnización por sustitución de la condena de hacer "in natura", ante la imposibilidad de llevar ésta a cabo - sentencias, entre otras, de 24 de septiembre de 2004 -. Ahora bien, desde tal premisa, se suscita en los presentes autos la posible prevalencia de la reparación "in natura" respecto de la reclamación directa de la indemnización sustitutoria, en aquellos casos en que aquella forma resarcitoria se presenta y se propugna como posible. Pues bien, atendiendo a la jurisprudencia de esta Sala, no puede otorgarse, como regla general, rango preferente a aquélla frente a ésta, en supuestos, como el presente, so pena de conceder a los demandados, como decía la Sentencia de esta Sala de 7 de mayo de 2002 , "el privilegio de llevar a cabo por sus propios medios unos trabajos de reparación que previamente se han abstenido de realizar eficazmente". Es cierto que, en determinados supuestos se ha señalado la solución contraria, a saber, que la posibilidad de instar la reclamación directa de la indemnización pertinente es una excepción a la regla general del artículo 1098 del Código Civil -reparación "in natura"-, -sentencias de 17 de marzo de 1995 y 27 de septiembre de 2005 -. Ahora bien, aun en estos casos, se ha mantenido la procedencia de la pretensión resarcitoria por equivalencia, por concurrir una serie de circunstancias, cuales son, "el requerimiento previo de realización al deudor, que éste lo incumpla voluntariamente, y que el demandante prefiera la indemnización, dado el constatado incumplimiento del deudor, por depender el cumplimiento de una relación personal que se ha demostrado contraria a las reglas de conducta propias de las relaciones contractuales".

Pois ben, a doctrina precedente é de perfecta aplicación ao caso de lite, pois: A) Estanse a formular acumulativamente duas accións, unha, de incumprimento contractual, e a outra, por responsabilidade decenal. B) A actora formula con preferencia a petición dunha indemnización de numerario, cifrándoa nunha suma concreta e determinada. C) Semella lóxico acceder a ese primeiro pedimento, fronte ao segundo, de reparación en forma específica, se temos en conta o longo tempo transcurrido, de mais de dez anos, dende o remate do inmoble ata a formulación da presente demanda, sen que a parte demandada fixera fronte a esa reparación in natura, observando contrariamente unha postura total e absolutamente omisiva ou negativa fronte ás continuadas reclamacións que contra dela lle foron dirixidas pola Comunidade de Propietarios, tal como colíxese paladinamente, non só das declaracións testemuñais prestadas neste preito por varios propietarios das vivendas, e o Administrador da comunidade, senón tamén da carta de convocatoria para a Xunta de Propietarios, de 3 de xullo de 1.998, remitida polo Administrador da propia inmobiliaria demandada, incluíndose dentro da orde do día a comprobación do estado das obras do inmoble (folio 236), e moi especialmente das propias manifestacións do representante legal deste último litigante, o que no seu interrogatorio recoñeceu ter asistido ás reunións da Xunta de Propietarios da comunidade, nas que platexáronse os problemas das deficiencias constructivas, así como, finalmente, da propia contestación á demanda, na que, no seu feito terceiro, se admite a existencia de contactos entre actora e a Inmobiliaria, " pola sinxela razón - son frases textuais da apelante- de que é copropietaria do edificio e, conseguintemente, parte integrante da Comunidade de Propietarios, a cuxas xuntas acode regularmente", engadíndose nese escrito de contestación, que "a actitude da miña representada foi, en todo momento, dialogante e colaboradora, no senso de amosarse proclive a subsanar aqueles pretendidos defectos que debéranse a sua responsabilidade" ( folio 410). En definitiva, neste pertinaz contexto, de incuria, e de exculpación da responsabilidade propia, para excudares noutras alleas ( constructora e dirección facultativa, segundo a sua contestación), aparece plenamente xustificada a decisión da Xulgadora a quo, do resarcimento en metálico, tomada con estricto acatamento do postulado de congruencia, tal como quedou razoado.

Tercero.- A demandada estima que debe exonerárselle de responsabilidade pois actuaba no proceso constructivo como mera promotora, e os defectos denunciados serían imputables á sociedade Constructora do inmoble, e á Dirección Facultativa, superior e técnica, segundo a natureza dos vicios da construcción, a existencia dos cales non ven realmente a negar no seu escrito de contestación á demanda. Causa de diverxencia coa sentenza recurrida que debe rexeitarse, pois a sua estimación implicaría un descoñecemento da sua responsabiladade, xurisprudencialmente declarada, máxime nun caso como o presente no que a demandada ostenta, ademais daquela cualidade de promotora, a de vendedora, e no que se exercitan conxuntamente as accións de incumprimento de contrato, e de responsabilidade decenal.

En efecto, respecto da responsabilidade da Promotora pola ruina do inmoble, a xurisprudencia faina extensiva, na sua relación cos adquirentes das vivendas e locais, non só aos supostos de culpa propia, por defectos de execución material, cando reuna a sua vez a condición de constructora, senón tamén aos casos de culpa allea - por culpa in eligendo e in vigilando-, ora dese Contratista, cando sexa outro distinto, ora da Dirección Facultativa.

Citándoas por orde cronolóxica, a s. de 10-11-99 proclama esa responsabilidade do Promotor "cuando los vicios fueren imputables a los técnicos, haya existido culpa in eligendo en la elección de estos por parte del Promotor que los contrató (SS 20 Dic. 1993, 8 Oct. 1990, 8 Jun. 1992, 19 Nov. 1997)".

A s. de 31-3-2000 declara "el papel relevante del promotor en el proceso constructivo y la obligación que asume al realizar la obra sin deficiencias, presentando en el mercado un producto correcto".

A s. de 31-12-2002 di que "la única posibilidad de responsabilidad del promotor--aparte de su condición de constructor-- sería la de apreciar una culpa in eligendo por su intervención en la designación del arquitecto... tal tipo de responsabilidad resarcitoria por culpa in eligendo ha sido reconocida en la doctrina jurisprudencial (entre otras, SS 20 Dic. 1993, 20 Nov. y 30 Dic. 1998, 12 Mar. 1999, 28 May. 2001, 13 May. 2002)".

Da s. de 6-5-2004 salientamos as seguintes paraxes, de utilidade para a decisión da presente controversia: " la jurisprudencia ha venido a incluir entre las personas intervinientes en el proceso constructivo sujetas a la responsabilidad que en el citado precepto se regula, al constructor promotor, que reúne, generalmente, en una misma persona el caracter de propietario del terreno, constructor y propietario de la edificiación llevada a cabo sobre aquél, enajenante o vendedor de los diversos locales o pisos en régimen de propiedad horizontal, beneficiario económico de todo el complejo jurídico constructivo, etc..., lo que no impide que para la realización y ejecución del proyecto, utilice personal especializado al que ha de contratar, incluido el constructor o ejecutor material de los distintos elementos que integran el conjunto del edificio ". " los criterios determinantes de la inclusión de promotor en el círculo de las personas a que se extiende la responsabilidad del artículo 1591, fueron, según reiterada y pacífica doctrina de esta Sala los siguientes: a) que la obra se realice en su beneficio; b) que se encamina al tráfico de la venta a terceros; c) que los terceros adquirentes han confíado en su prestigio comercial; d) que fue el promotor quien eligió y contrató al contratista y a los técnicos; y, e) que adoptar criterio contrario supondría limitar o desamparar a los furutos compradores de pisos, frente a la mayor o menor solvencia del resto de los intervinientes en la construcción, criterio que aparece reflejado en numerosas sentencias (9 de Marzo de 1988, 18 de Diciembre de 1989, 8 de Octubre de 1990, 1 de Octubre de 1991 y 8 de Julio de 1992); incluso ha dicho esta Sala en Sentencia de 13 de Julio de 1987 que la responsabilidad del promotor"viene derivada de los contratos de compraventa por los que transmitió las viviendas y locales radicantes en el edificio, por lo que, al margen de la responsabilidad decenal que el artículo 1591 del Código Civil sanciona , corresponde a la demandada aquella otra que por el incumplimiento de sus obligaciones como vendedora le corresponde" (Sentencia de 28 de Enero de 1994) ".

" el que se beneficia pecuniariamente de la obra realizada es el mencionado promotor, cuya figura lleve insita la responsabilidad por lo menos "in eligendo" sino es "in vigilando", con respecto a los contratistas y distintos técnicos que intervienen en una obra ".

A s. de 16-12-2006 fai fincapé nesa responsabilidade do Promotor - en solidaridade cos demais intervintes na construcción- " cuando el suceso dañoso ha sido producido una acción plural, sin que pueda apreciarse la proporción en que cada uno de los factores ha influido en la ruina producida por la conjunción de causas, de modo que resulte imposible discernir las específicas responsabilidades de técnico y contratista en el resultado y consecuencias de la obra defectuosa, habrá lugar a la condena solidaria de los intervinientes en la edificación (STS de 17 de febrero de 1986, y 27 octubre de 1987 , entre otras). Por consiguiente, si la causa de la ruina está delimitada, o está delimitado el grado de influencia de cada una de las causas en la producción de la ruina, será posible determinar cuál es el sujeto responsable; pero si no es posible determinar la participación de cada uno de ellos en la causación del resultado, la jurisprudencia se inclina por aplicar el principio de solidaridad, siguiendo la tendencia a apreciar con mayor rigor la responsabilidad de los profesionales de la construcción y de conseguir la adecuada reparación a favor del perjudicado. Estos criterios se siguen en la actualidad en el artículo 17 de la Ley de Ordenación de la Edificación , el cual establece, en el apartado 3, que «en todo caso el promotor responderá solidariamente con los demás agentes intervinientes ante los posibles adquirentes de los daños materiales en edificio ocasionados por vicio son defectos de construcción».

Finalmente, traemos a colación a s. de 24-5-2007, que sinala a responsabilidade do Promotor como autónoma " teniendo en cuenta que al ser el vendedor está ligado a los adquirentes por los correspondientes contratos y como tal asume el deber de entregar las cosas en condiciones de utilidad, es decir, exentas de vicios constructivos que frustren su utilidad y uso (SSTS 2 de diciembre de 1994, 30 de diciembre de 1998, 12 de marzo y 13 de octubre de 1999 y 11 de diciembre de 2003), señalando la sentencia de 27 de septiembre de 2004 que el promotor tiene una eficaz y decisiva intervención en el proceso edificativo, intervención que es continuada y parte desde la adquisición del solar y cumplimiento de trámites administrativos y urbanísticos para la edificación hasta llegar a presentar en el mercado un producto que debe ser correcto (sentencia de 21 de marzo de 1996), lo que impone actividades de elección y contratación de técnicos y constructores idóneos, actividades que permiten su inclusión en el art. 1591, pues los derechos de los adquirentes no decaen ni resultan desamparados por el hecho de no haber contratado con los constructores, o por el hecho de no haber puesto reparos en el momento de la recepción de las viviendas o locales ya sus relaciones son exclusivamente con el promotor que es quien lleva a cabo las obras con destino al tráfico y en su beneficio, lo que contribuye a que los compradores confíen en su prestigio profesional ". Es evidente, por tanto, que la interpretación que esta Sala ha venido haciendo del artículo en cuestión, ha sido indudablemente extensiva del concepto de promotor, incluyendo a diversas figuras: promotor-constructor, promotor-vendedor y promotor-mediador... adoptar criterio contrario supondría desamparar a los futuros compradores de pisos, frente a la mayor o menor solvencia del resto de los intervinientes en la construcción".

A abondosa e unánime doctina reseñada fai obviamente inútil entrar na controversia plantexada pola apelante, sobre que a responsabilidade é do Constructor e da Dirección Técnica, e sobre a necesidade de chamar á causa a estes.

Cuarto.- Invoca a demandada a excepción de prescripción da acción de responsabilidade decenal, ex artº 1.591 do C. C ., ao ter transcurrido no seu entender once anos entre o remate do edificio e a formulación da demanda. Excepción que non pode acollerse duas razóns: A) Estamos ante un plazo de garantía, de tal xeito que o vicio constructivo ten que manifestarse, efectivamente, dentro dese termo de dez anos, mais uhna vez revelado, deben correr outros quince anos de dexación da acción para que xogue aquel instituto da prescripción extintiva. B) O plazo se atoparía, en todo caso, interrumpido polas numerosas reclamacións efectuadas pola comunidade demandante, tal como se declarou probado no fundamento de dereito primeiro desta sentenza.

Quinto.- Na alegación cuarta do seu escrito de recurso de apelación a demandada invoca que as actuacións son nulas dado o defecto observado na práctica da proba pericial que propuxo coa sua contestación. Aduce, neste senso, a recurrente que o perito, Sr. Luis Antonio , que emitiu o informe que acompañou co escrio de contestación, non pudo inspeccionalo interior do edificio para así poder completar o seu ditame, achacando esa ausencia á parte demandante e ao Xulgado.

Non son precisas amplas e complexas reflexións para desbotala alegación anterior dado que: A) Se observa unha certa contradicción entre a petición, de examinalo edificio, e a afirmación do perito, no senso de que xa estivo nel ata en cinco ocasións. B) É moito mais evidente a contradicción entre a invocación, de nulidade de actuacións, contida naquela alegación, e o suplico do recurso, no que insta o rexeitamento da demanda, e non se solicita aquela outra decisión, contradicción interna do escrito de apelación que tan só pode salvarse dando preferecia ao suplico sobre as alegacións. C) Solicitado do xulgado que sinalara día e hora para que o perito podera acceder ao inmoble, o órgano xudicial dicta providencia de 10 de febreiro de 2.006, notificada á parte o mesmo día (folio 531 e 532), outorgándolle os días 13 e 15 dese mes para os menesteres interesados. Se conceden entón, non un, senón dous días, mediando entre a resolución xudicial e a práctica da proba tres e cinco dias, respectivamente, tempo sobrado para a efectividade da pericia. D) A causa da falta de práctica da proba é enton imputable á propia demandada, quen, por outra banda, invoca a imposibilidade do perito por causa que non xustifica en absoluto. E) Derradeiramente, pudo interesala apelante que a proba se completara nesta alzada, e non o fixo.

Sexto.- Ten razón á parte recurrente ao aseverar, dentro dos motivos do recurso, que a sentenza de primeira instancia da algo que a parte actora non pediu, concretamente, 1.400 euros, polo concepto de "reparacións varias polos danos ocasionados pola obra contigua" (folios 64 e 78). En efecto, no punto 3.3. do informe acompañado ca demanda faise alusión ao feito da usurpación do terreo por parte do edificio lindeiro, e ás consecuencias danosas derivadas dese feito para o muro separador, que debería ser propio do predio da actora, e non medianeiro. Maís ese prexuizo é expresamente excluido pola parte demandante das suas pretensións neste preito, tal como expresamente reseña no feito primeiro, penúltimo parágrafo, da demanda (folio 2). Conseguintemente, os postulados dispositivo e de congruencia da sentenza conducen a acoller este motivo de diverxencia, máxime se a etioloxía do prexuizo semella atoparse na acutuación usurpadora da propiedade limítrofe.

Setimo.- A Promotora demandada, entrando propiamente no cerne do asunto, e sen descoñecer, en realidade, a existencia de determinados vicios, discute a sua etioloxía, que ven a atribuir a un defecto de mantemento, e ao mero transcurso do tempo, causas estas últimas non imputables a ela. E para chegar a esas conclusións combate, dunha parte, a habilidade do informe aportado pola comunidade actora coa sua demanda, e defende a prevalencia, por outra, do ditame rendido a sua instancia polo perito, Sr. Luis Antonio . Sostén en definitiva a recurrente - dito iso resumidamente- que non hai proba que acredite a sua responsabilidade, ao carecer da consideración de proba pericial o ditame acompañado coa demanda, e á postre completado oralmente polo Sr. Millán .

O rexeitamento de todo valor probatorio dese último informe, que está sotela apelante, carece de consistencia dado que: A) Fronte ao por ela afirmado, a cualificación profesional para prestalo ditame a reunirían inicialmente tanto un Arquitecto Superior como un Arquitecto Técnico, sen que poda establecerse unha prevalencia xeralizada e indiscrimada daquel primeiro fronte ao prestado por este segundo, como parece indicala recurrente. B) Que a condición de Arquitecto Superior semella reunila o Sr. Millán , proposto pola demandante, tendo dúbidas, pola contra, este tribunal que a mesma condición a ostente o Sr. Luis Antonio , proposto pola demandada, dado que no escrito de proposición de proba deste útlimo litigante se lle califica de Arquitecto Técnico (folio 563, ab initio) . C) Que o Sr. Millán , ainda que proposto pola parte demandante como perito, foi admitido polo xulgado como testemuña-perito, e o Sr. Luis Antonio foi proposto xa inicialmente pola demandada como testemuña-perito, informando ambos entón coa mesma cualidade. D) En último termo, e descendendo ao caso concreto axuizado, este tribunal de apelación atribúe moito maior peso credibilidade ao ditame do Sr. Millán que ao do Sr. Luis Antonio , dada a pormerización e exhaustividade daquel primeiro, tanto no relato dos vicios e das suas causas, como nas suas explicacións de orde técnica, como, en fin, ao aparecer adornado e completado con numerosas e elocuentes fotografías, e con varios planos, instrumenos todos eles que sirven de fundamente e de refrendo para aquelas conclusións, inversamente ao informe do Sr. Luis Antonio , moito mais escueto de contido, moito mais baleiro ou espido de cientificidade, e coa gravísmo defecto- xa de por se invalidante en grande medida da sua eficacia probatoria- de terse rendido sen facer unha inspección interior do edificio (por causas tan só imputables ao mesmo e á parte que o truxo ao proceso), carencia que é a que leva loxicamente ao Sr. Luis Antonio a moverse en moitos puntos do seu informe no terreo meramente posibilístico ou conxeturable sobre as causas dos vicios.

Pois ben, partindo das anteriores coordenadas, así como das restantes probanzas, constiuidas de xeito moi especial polas varias actas notariais de presencia, e conmplementaria documental fotográfica, procedemos a examinalos defectos constructivos, postos en tela de xuizo pola parte recurrente no escrito de apelación, e a sua responsabidade neles.

Primeiramente, ningunha cantidade se reclama pola actora respecto dos vicios polos ruidos, senón unicamente polos cheiros, que se perciben directamente polo propio informante, inversamente ao afirmado pola apelante (por exemplo, puntos 2.1.3.2.6, 2.1.4.2.3. e 2.2.6, aos folios 34, 36, 46 e 68), cheiros que son debidos á ausencia ou defecto do sistema de evacuación dos gases, causa que, polo demais, sería indiferente, dada a condición de Promotora da demandada, tal como precedentemente quedou razoado, e ao non alegarse neste punto que o vicio sexa por un defecto de mantemento.

En segundo termo, as deficiencias na cuberta do edificio son palmarias, tal como colíxese do informe discutido pola apelante, e das abundantes e expresivas fotografías que se aportan. E as mesmas non son debidas a un defecto de conservación ou mantemento, tal como interesada e falazmente mantén a apelante. Contrariamente, o ditame achaca estes defectos a unh mala preparación/aplicación do morteiro das tellas, á insuficiencia dos ganchos para a ancoraxe das mesmas, e ao seu insuficiente solape, todo o que, unido á forte pedente do tellado, orixina o excesivo movimento e desprendimento de moitas tellas (en esencia, folios 47, 4, 68 e 69).

En terceiro lugar, a existencia de humidades nos sotos, a sua causa ( ainda que a mesma non tería relevancia, consonte ao dito, pois non estaríamos ante un defecto de mantemento), da falta de toda solución impermeabilizadora das paredes, aparece reseñada polo Sr. Millán ( fundamentalmente, folios 58, 63 e 75).

As humidades nas vivendas, en cuarto lugar, non son debidas directamente a un fenómeno de condensación, nin a unha falta de conservación- absolutamente improbada, movéndose o Sr. Luis Antonio neste extremo, como noutros, no terreo da simple suposición-, senón a unha falta ou insuficiencia de illamento térmico, que dan lugar á aparición de puntos frios, deficiencias especialmente observadas nos puntos de encontro do forxado da cuberta co cerramento da fachada (folios 46 e 67).

Os defectos, en quinto lugar, na carpinteiría exterior de aluminio non se atopan nunha falta ou insuficiencia de conservación. A natureza e multiplicidade dos mesmos ( numerosos puntos nos que o acabado do lacado sepárase do perfil base), revelan, contrariamente, una etioloxía distinta daquela, como serían a mala elección de materiais, o grosor insuficiente do lacado, a oxidación prematura do perfil, ou o proceso de manipulación e execución da portas e ventás, causas todas elas imputables á Promotora (folios 46 e 66).

E, en sexto e último lugar, os defectos observados na rede de saneamento non son achacables ao Concello, senón á Promotora, pola falta de protección necesaria da mesma para soportalo tránsito rodado sobre ela (folios 69 e 73).

Octavo.- Como o recurso se acolle moi mínimamente, tan só en 1.400 euros, dos 346.221,52 euros discutidos, as custas procesuais desta alzada se impoñen á demandada apelante ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitando esencialmente o recurso de apelación formulado por Inmobiliaria Areosa, S.L, representada polo procurador D.José Antonio Fandiño Carnero contra da sentenza dictada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Vigo o día 31/07/06, condenamos á demandada apelante a satisfacer á actora a suma de 344.821,52 euros, confirmándose a resolución recurrida en todalas suas demais pronuncias. Todo iso, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á demandada.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.