Sentencia Civil Nº 293, A...re de 2000

Última revisión
16/10/2000

Sentencia Civil Nº 293, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 189 de 16 de Octubre de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 22 min

Orden: Civil

Fecha: 16 de Octubre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: BARREIRO PRADO, JOSE JUAN RAMON

Nº de sentencia: 293

Resumen:
Nun principio cómpre aclarar que don Laureano formulou demanda contra a entidade aseguradora, así como fronte a "Escudería R", na persoa do seu presidente don Manuel, e o excelentísimo concello de Porriño. Este concello foi emprazado o 12 de decembro de 1997, e o 8 de xaneiro de 1998  contestou á demanda para frontalmente opoñerse á mesma. Sobre as 2130 horas, na rúa Pío XII, verificábase o remate da devandita proba. Incluso os autores das dúas periciais practicadas teñen admitido a relación de causalidade entre o accidente narrado e as lesións padecidas pola entón menor negando así toda posibilidade dun previo e anterior estado patolóxico alleo ó traumatismo. E ó respecto é mester comezar por sinalar que don Manuel debe ser absolto das pretensións na súa contra formuladas por canto que, toda a actuación do amentado demandado obedeceu sempre a súa condición de presidente da tamén demandada "Escudería R"; así abonda con estar ó contido dos convenios asinados para os dous anteriores rallys, ó certificado do interventor do concello de Porriño que daba conta da entrega á Sra. Raña da subvención como presidente daquela escudería, e á propia confesión xudicial deste último a instancias das outras partes. Pero é que incluso o propio actor don Laureano ó contestar á sétima das posicións recoñeceu que a "Escudería R", a través da súa compañía aseguradora, fixérase a única responsable dos gastos sufridos pola súa filla María Tania  

Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEGUNDA

PONTEVEDRA

 

Rolo: MENOR CUANTIA 189 /1999

 

Ilmos. Sres. Maxistrados:

Presidente:

D. JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO

Maxistrados:

Dª ANGELA-IRENE DOMINGUEZ-VIGUERA FERNANDEZ

D. JAIME ESAIN MANRESA

 

S E N T E N C I A N° 293

 

En Pontevedra, dezaseis de outubro do dous mil.

 

No recurso de apelación interposto fronte á sentencia dictada nos autos do proceso civil número 337/97, vindo do XDO. 1 INSTANCIA E INSTRUCCION O PORRIÑO 2, movido entre as partes, dunha banda como apelante e demandante LAUREANO, representado nesta instancia polo procurador dos Tribunais MARIA JOSE GIMENEZ CAMPOS, baixo a dirección do avogado APARICIO ABUNDANCIA PIA, e da outra como apelado e demandado CIA A S.A., representado nesta instancia polo procurador dos Tribunais JOSE PORTELA LEIROS, baixo a dirección do avogado CESAR A. OUTERELO GONZALEZ e como apelado e demandado adherido á apelación EXCMO. AYUNTAMIENTO DE O PORRIÑO, representado en esta instancia por el procurador LUIS VALDES ALBILLO e baixo a defensa do avogado RICARDO L. MARTINEZ BARROS, e como apelados e demandados MANUEL e a entidade "ESCUDERIA R", esta última en rebeldía procesual, no xuízo de menor contía, sobre reclamación de cantidade.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

PRIMEIRO: Nos actos a que este rolo atinxe, na data 19 de maio de 1999, o Xdo. 1 Inst e Instr. O PORRIÑO N° 2 dictou sentencia que textualmente di: "Que estimando como estimo la excepción planteada por el Procurador D. Manuel Carlos Diz Guedes, en representación del Excmo. Ayuntamiento de Porriño, de falta de reclamación previa en vía administrativa, y sin entrar en el análisis del fondo del asunto, debo absolver y absuelvo a todos los demandados de los pedimentos de la actora Coa data 26 de maio de 1999 dictouse auto de aclaración, a resolución da cal textualmente di: "ACLARAR LA SENTENCIA DICTADA EN LA PRESENTE CAUSA de fecha 19 de mayo de 1999, en el sentido de añadir a la parte dispositiva de la misma "todo ello sin hacer expresa condena en costas", manteniéndose el resto de la resolución en su integridad". Fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación, e personadas, previo emprazamento, en tempo e forma as partes perante desta Audiencia e, dentro do prazo legalmente establecido, a parte demandante solicitou o recibimento do pleito a proba, que lle foi denegada por auto de 2 de novembro de 1999, e posteriormente recorrido en súplica por a devandita parte, recaendo resolución confirmando o auto de denegación de proba. E instruído dos autos o Maxistrado Relator do recuro, foi fixado día e hora para a celebración da vista.

A vista de apelación tivo lugar o día 10 de outubro do 2000, coa asistencia dos avogados defensores Sres. Abundancia Pia, Outerelo González y Saa Vieitez.

 

SEGUNDO: Na tramitación desta instancia cumpríronse as prescripcións e termos legais. Foi relator o Ilmo. Sr. Maxistrado DON JOSE JUAN RAMON BARREIRO PRADO, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURIDICOS

 

PRIMEIRO.- Nun principio cómpre aclarar que don Laureano (no seu propio nome e como representante legal da súa entón filla menor de idade dona María Tania) formulou demanda de xuízo declarativo de menor contía contra don Manuel e a entidade "A, S.A."; e que, máis tarde, e á vista da contestación dos devanditos demandados, formulou aquel actor nova demanda contra a mesma entidade aseguradora, así como fronte a "Escudería R", na persoa do seu presidente don Manuel, e o excelentísimo concello de Porriño. Ambas demandas foron acumuladas, tramitáronse de xeito conxunto, e remataron pola sentencia que agora perante esta alzada se ten apelado.

 

SEGUNDO.- Foi o concello de Porriño o que, na súa contestación á demanda e antes de opoñerse ó fondo do asunto, formulou as excepcións de (seguindo a súa mesma orde de alegación) falla de lexitimación pasiva, incompetencia de xurisdicción, falla de reclamación previa na vía gobernativa, e prescrición. De tódalas anteriores nomeadas excepcións a Xulgadora a quo ocupouse da análise da incompetencia de xurisdicción e da falla de reclamación previa na vía gobernativa, rexeitando a primeira e acollendo, sen embargo, a segunda, levándoa así a absterse de entrar no exame do fondo do asunto. Nesta alzada tense erixido en apelante a parte actora que propugna o rexeitamento daquela excepción, e reclama se entre no cerne do asunto, acolléndose a totalidade da súa pretensión; mentres que o concello de Porriño adheriuse á apelación ós sós efectos de interesar a parcial revogación da sentencia no relativo á imposición das custas, sobre as que a Xulgadora a quo non efectuou expresa condena, reclamándose así por aquel adherido á apelación a imposición das súas á parte actora.

 

TERCEIRO.- Deixouse xa dito que polo concello de Porriño se tiña alegado a incompetencia de xurisdicción que, pola Xuíz da instancia, fora rexeitada. Fronte a isto, tal concreta excepción non foi reproducida pola parte que a propuxera no transcurso dos alegados formulados ó longo da súa adhesión á apelación (concretada ó particular xa referido) para que por este Tribunal se puidese coñecer da mesma, debéndose así ter por abandonada. Con todo, ainda podería ser aquela examinada de oficio, mais cómpre lembrar, por todas, a Sentencia do Tribunal Supremo do 24 febreiro de 1999, que ben a sintetizar que resulta xurisprudencia da devandita Sala a declaración de competencia da xurisdicción civil para coñecer do litixio cando, ademais da administración, se demanda a un terceiro. Consideración a parte merece o tratamento da excepción de falla de reclamación previa na vía administrativa formulada ó abeiro do artigo 533.7 da Lei  de Axuizamento Civil. Certamente que a Lei  30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións  Pública; e do Procedemento Administrativo Común (artigos 120 e 121) precisan que a reclamación na vía administrativa é requisito previo ó exercicio de accións fundadas no dereito privado ou laboral contra calquera Administración Pública, agás os supostos exceptuados legalmente; e que se planteada unha reclamación antes as Administracións Públicas, aquela non foi resolta e non transcorreu ainda o prazo no que se debe entender desestimada, non poderá deducirse a mesma pretensión perante a xurisdicción correspondente (no mesmo sentido o artigo 212 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais). Agora ben, tampouco cómpre esquecerse da interpretación xurisprudencial recaída ó efecto verbo da cumprimentación do previo requisito da formulación da reclamación gobernativa. Así, e dentro das máis recentes, a STS do 23 de xullo de 1999 proclama que "como se dice en la sentencia de esta Sala de 27 de marzo de 1.992, que recoge doctrina sentada en las sentencias, entre otras de 20 de marzo de 1.975, 27 de febrero de 1..987 y 26 de mayo de 1.988; "nada ha de objetarse a la vigencia del artículo 138 de la Ley de Procedimiento Administrativo que, en efecto, no ha sido expresamente derogado y, menos aún, al principio constitucional de sometimiento de los Tribunales al imperio de la ley, pero ello no impide, obviamente, que aquel precepto deba ser interpretado conforme a los criterios contenidos en el artículo 3-1 del Código Civil y, en esta línea, se tiene que: a) La asimilación, en cuanto a su finalidad, entre el acto de conciliación y la reclamación previa a la vía judicial tiene muy antiguo origen y ya la Real Orden de 9 de junio de 1847 se refirió a que "la instrucción de expedientes gubernativos puede suplir en los negocios en que es parte el Estado, las ventajas que en los privados producen los juicios de conciliación", lo que se reitera en la Ley de Bases de 11 de abril de 1868, sobre la unificación de fueros, y en el Decreto de 9 de julio de 1869, jugando entonces la similitud con el acto de conciliación para argumentar la conveniencia de exigir la reclamación previa, no obstante su carácter de privilegio de la Administración y, en alguna medida, contrario al libre ejercicio de la Jurisdicción; b) La jurisprudencia ha venido declarando que, aún reconociendo las diferencias entre la reclamación previa y el acto de conciliación, pueden asimilarse desde el momento que aquélla viene a sustituir a éste identificándose su finalidad y, consecuentemente, sus efectos (sentencias de 20 de junio de 1.989, 20 de mayo de 1.941, 23 de marzo de 1.961, 17 de febrero de 1.972, 20 de marzo de 1.975, 27 de febrero de 1.987 y 26 de mayo de 1.988, entre otras), de donde se infiere que la falta de reclamación previa es un defecto subsanable; c) Suprimida en 1.984 la obligatoriedad, en algunos casos, del acto de conciliación, se ha debilitado todavía más cualquier interpretación radical de los efectos de la reclamación previa como requisito necesario para el ejercicio de determinadas aciones frente a la Administración; y d) Puede concluirse que, en definitiva, no existe en nuestro Ordenamiento Jurídico actual base alguna para que la exigencia del artículo 138 opere como condicionante absoluto del ejercicio de la acción -su inutilidad práctica es, además, evidente, tanto más cuando la Administración, que se beneficia también de la suspensión del procedimiento para consulta a la Dirección General del Servicio Jurídico del Estado, tiene más que suficientemente garantizados sus derechos de defensa- y, lejos de ello, ha devenido un requisito puramente formalista sin fundamentación procesal alguna, que debe ser obviado en aras de la efectividad de la tutela judicial consagrada constitucionalmente (artículo 24-1)". A maior abastanza e por se algunha dúbida aínda coubese a STS do 20 maio 1999 teima en que "la exigencia de reclamación previa en la vía administrativa tiene como finalidad esencial evitar que la Administración se vea envuelta en un proceso sin haber tenido posibilidad de evitarlo, por lo que debe atribuirse a dicha reclamación previa administrativa, una naturaleza semejante a la conciliación. Tal se dice por esta Sala en las sentencias de 27 de marzo de 1992, 29 de octubre de 1992, 31 de diciembre de 1992, 28 de enero de 1993, 31 de diciembre de 1993, 12 de mayo de 1994, 20 de diciembre de 1995, 24 de junio de 1996, etc. Entre todas las sentencias citadas destaca la de 29 de octubre de 1992, que contiene un estudio histórico de la reclamación previa desde la vieja Real Orden de 9 de junio de 1847, en la que se hablaba de suplir por este cauce en los negocios en que es parte el Estado a los juicios de conciliación. Sigue la misma sentencia estudiando las leyes y decretos de Unificación de Fueros (11. de abril de 1868, Ley de Bases y 9 de julio de 1869, Decreto). De todas estas sentencias, así como de las de 27 de febrero de 1987, 20 de mayo de 1988 y 20 de marzo de 1975, y otras más, se infiere que el Tribunal Supremo ha dado, como a la conciliación, el carácter de defecto subsanable y que la exigencia legal de la previa reclamación contenida en los artículos 138 de la Ley de 17 de julio de 1958 y 16 de la Ley de 5 de julio de 1980, no permiten alterar la calificación de defecto subsanable. Los argumentos anteriores los reproduce la sentencia de 27 de enero de 1997, y además recuerda la de 15 de marzo de 1996, cuando aconseja criterios de flexibilidad para aplicar las leyes, interpretándolas según el sentido propio de sus palabras, en relación con el contexto, los antecedentes históricos y legislativos y la realidad social (artículo 3.1 del Código Civil), así como el artículo 24 de la Constitución, en aras de la efectiva tutela judicial. La sentencia del Tribunal Constitucional de 14 de febrero de 1986, no afecta a la cuestión, pues se limita a proclamar la constitucionalidad de los preceptos legales reguladores de la previa reclamación administrativa, pero no se manifiesta sobre el carácter de requisito inexcusable". Concretando, e cinguíndonos ó caso que nós ocupa, a parte actora se que formulou reclamación previa na vía gobernativa. Consta a mesma efectuada na data 28 de novembro de 1997 (folios 84, 134, 143 e 144); é dicir que se formulou a devandita reclamación previa o mesmo día que se presentou a segunda das acumuladas demandas na que, por primeira vez, se demandaba ó concello de Porriño. Mais, este concello foi emprazado o 12 de decembro de 1997 (folio 64), e o 8 de xaneiro de 1998 (folios 65 e seguintes) contestou á demanda para frontalmente opoñerse á mesma. E quérese con todo isto expresar que cando nesta última data o concello contestou aínda non tiñan transcorrido os tres meses que posuía para resolver a reclamación previa, ó antes opoñerse á demanda, abofé que este acto eauivalía á  resolución daquela, pois, do contrario chegariase a admitir a absurda posibilidade de que negando os feitos da demanda logo se fosen a admitir acollendo a reclamación previa. En tal sentido tamén cómpre citar, amais da xa referida STS do 23 de xullo de 1999 que xusto se contraía a un suposto no que se formulara a demanda sen deixar transcorre-los tres meses sinalados no artigo 141 da antiga Lei  de Procedemento Administrativo, a STS do 11 de decembro de 1997, segundo a cal, "al oponerse la Administración al fondo, ya no había posibilidad de acuerdo y el trámite, que ciertamente no fue reparado, devino inútil". En consecuencia, e sen necesidade de incidir xa máis no tema, a alegación da excepción baseada fundamentalmente no artigo 533.7 da Lei  de Axuizamento Civil debera ser frontalmente rexeitada xa na instancia.

A prescrición invocada tanto polo concello de Porriño como pola aseguradora "A" con ocasión da segunda demanda, a parte de non ser reiterada na vista do recurso de apelación e resultar así de imposible estimación de oficio (unha das circunstancias que sirve para distinguir este instituto da caducidade) tampouco nunca podería ser acollida por canto que, o accidente ocorreu o 7 de setembro de 1996 e a primeira das demandas presentouse o 1 de setembro 1997 e, por enriba, consta en autos como a daquela menor Tania non cursou alta do tratamento rehabilitador abonado pola propia demandada "A" ata o 21 de febreiro de 1997 polo que, á data de presentación da segunda das demandas (28 de novembro de 1997) tampouco se atoparía prescrita a acción (artigos 1902, 1968.2, 1973 e 1974 todos eles do Código Civil). E a excepción de falla de litisconsorcio pasivo necesario que tiñan argüido os demandados don Manuel e "A, S.A.", a parte de resultar inatendible polo carácter solidario da responsabilidades que se esixían, mesmo quedaría subsanada coa formulación da segunda das nomeadas demandas e, tampouco verbo da mesma nada se suscitou na presente alzada. Por último e en canto á falla de lexitimación pasiva alegada por tódolos demandados por aparecela mesma notoriamente relacionada co fondo do asunto, despexados os óbices procesuais que pretendían impedir o seu análise, de seguido será analizada co cerne mesmo da contenda.

 

CUARTO.- O día 7 de setembro de 1996 estábase a levar a cabo en Porriño o III Rally que leva o nome da mesma vila. Sobre as 2130 horas, na rúa Pío XII, verificábase o remate da devandita proba. E nun momento determinado, por un movemento das persoas alí congregadas, abaneouse unha das barreiras ou valos de protección, indo a impactar na perna dereita da entón menor de idade dona María Tania. Proba de que os feitos tiveron lugar do xeito que se deixa descrito constitúea tanto o informe do xefe da policía local de Porriño (don Álvaro, que logo declarou como testemuña ós folios 225, 395 e 396), como o igualmente declarado polas tamén testemuñas dona Nery Josefina , don Telmo, e dona Guadalupe (folios 226, 227, 228, 255 e 256), de abondo demostrativo todo o anterior tanto da existencia real do percance, como da lesión padecida pola nena, o seu traslado primeiro no colo dunha persoa e, despois, nun automóbil ata un centro sanitario. Incluso os autores das dúas periciais practicadas (don Vicente e dona Paula, folios 230 á 236, e 317 á 319, respectivamente) teñen admitido a relación de causalidade entre o accidente narrado e as lesións padecidas pola entón menor negando así toda posibilidade dun previo e anterior estado patolóxico alleo ó traumatismo. Velaí polo que, a deficiente configuración do sistema de peche ou delimitación do evento, a xeito de sinxelas barreiras ou valos de protección colocadas intermitentemente en certos treitos con meras cintas plásticas como recoñecen os propios demandados sr e a aseguradora, e a súa insegura estabilidade por mor de todo isto, determinou e contribuíu a que o máis mínimo roce das persoas tirase ó chan as amentadas barreiras, podendo así acadar a outras situadas pola outra cara do valado, tal cal así aconteceu na persoa de Tania.

A acción por esta deducida baseábase no artigo 1902 do Código Civil e, sabido é que a responsabilidade extracontractual naquel prevista non consiste na omisión de normas inescusables ou aconselladas pola máis vulgar ou elemental experiencia, senón no actuar non axustado á dilixencia esixible segundo as circunstancias do caso concreto, das persoas, tempo e lugar. SÓ sumariamente é mester lembrar ó respecto os requisitos imprescindibles para o éxito da devandita acción para poder decatármonos de todos e cada un concorren no presente caso: a)Un elemento subxectivo representado por un facer ou omitir algo que se atopa fóra das normas de cautela e previsión establecidas polo ordenamento e socialmente aceptadas, sendo de sinalar a estes efectos que a interpretación que hoxe en día prima para a aplicación destas normas, téñense en conta os principios da previsión do risco que pode derivar do emprego do medio productor do evento; b)A producción dun resultado danoso ou prexudicial para algo ou alguén; e c)O adecuado e necesario nexo causal entre a referida actuación e o resultado. Cousa ben diferente é quen deba responder do resultado. E ó respecto é mester comezar por sinalar que don Manuel debe ser absolto das pretensións na súa contra formuladas por canto que, toda a actuación do amentado demandado obedeceu sempre a súa condición de presidente da tamén demandada "Escudería R"; así abonda con estar ó contido dos convenios asinados para os dous anteriores rallys (folios 244 á 248), ó certificado do interventor do concello de Porriño (folio 249) que daba conta da entrega á Sra. Raña González da subvención como presidente daquela escudería, e á propia confesión xudicial deste último a instancias das outras partes (folios 278 e 279). Pero é que incluso o propio actor don Laureano ó contestar á sétima das posicións recoñeceu que a "Escudería R", a través da súa compañía aseguradora, fixérase a única responsable dos gastos sufridos pola súa filla María Tania (folio 392). En canto ó concello de Porriño tíñase el mesmo defendido no sentido de que nin organizara nin explotara o rally, así como que as barreiras ou valados, un dos cales ó caer lle causara as lesións a María Tania, non foran colocados polo seu persoal, citando ó efecto o contido dos artigos 50.1, 51 e o anexo II do Real Decreto 2816/1982, do 27 de agosto, polo que se aprobou o Regulamento Xeral de Policía, espectáculos públicos e actividades recreativas. E certamente que nisto leva razón o devandito demandado, pois, de entrada, resulta ser certa a súa aseveración de que nin organizou nin explotou o rally segundo así de xeito ben doado se pode comprobar coa lectura dos convenios que obran ós folios 244 á 249 das presentes actuacións; e sinaladamente as súas cláusulas 1ª ("A "Escudería R" obrígase a organizar, controlar, dirixir e levar a cabo a proba deportiva"), 2ª("A "Escudería R" farase cargo do seguro correspondente que cubra suficientemente os riscos da proba, así como de obte-los permisos ou autorizacións necesarios para o desenvolvemento de dito evento deportivo"), 3ª ("De calquera feito que ocorra e da súas consecuencias relacionado coa referida proba será responsable directo única e exclusivamente a entidade organizadora "Escudería R"), e 7ª ("O Concello de Porriño queda totalmente exento de todo tipo de responsabilidades derivadas, antes, durante e despois do evento deportivo a que se contrae este acordo, incluso das que puideran existir entre a Escudería Rutómetro e o persoal o seu cargo"); e aínda cando o accidente de litis desenrolouse no transcurso do III rally, o propio demandado-presidente da "Escudería R" recoñeceu que para el tamén rexían as mesmas cláusula que as transcritas anteriormente (folio 278). Mentres que no atínxente á propiedade e quen colocou as barreiras ou valos de protección, dada a contradicción no dicir das testemuñas existen serias dúbidas verbo de a quen pertencían e, sen embargo, todo apunta a que actividade da colocación das mesmas situouse por fóra de toda actuación municipal tal e como así o testemuñan sobre todo don Álvaro e don Augusto Jorge (folios 393 á 396) e se colixe da documental achegada polo concello coa súa contestación á demanda (folio 85 recoñecido en confesión xudicial polo sr. Manuel ó folio 278). Se o anterior estado de cousas non abondase para á marxe da litis deixar ó concello de Porriño, e por se algunha dúbida ainda coubese verbo de que, en realidade, coa súa colaboración-subvención en certo xeito estaría a participar e beneficiarse da realización do rally, sen que se vise así exonerado en virtude duns convenios asinados coa outra demandada e que non tiñan porque prexudicar a terceiros (á parte actora), o certo é que nin esta mesma parte foi quen de explicar en base a que tamén trabou a litis co referido concello, constituindo boa proba disto a sinxela lectura da segunda das demandas que obra ós folios 49 e 50. Por todo isto, o concello de Porriño tamén deberá ser absolto. Deste xeito, preséntanse como os dous únicos responsables do evento a "Escudería R" e a aseguradora "A, S.A." por mor de todo o anteriormente xa explicitado e porque, sobre todo, o contido dos amentados convenios, e a confesión xudicial do presidente da primeira entidade así de xeito ben nidio deixan sentado que a esta última organizou, e aquela segunda asegurou os eventos que no transcurso do III Rally de Porriño puidesen acaecer. Boa proba disto constitúea un auténtico acto propio da aseguradora: o abono do tratamento rehabilitador da nena ó doutor don Asdrúbal.

 

QUINTO.- Segundo o perito don Vicente, María Tania padeceu un período de incapacidade de seis meses; mentres que segundo a tamén perito dona Paula o período de curación cifrariase en 167 días. Para o primeiro dos nomeados peritos a curación cursou sen secuelas; mentres que para a segunda, restarían unha condropatía rotuliana e un prexuízo estético lixeiro. Dadas as diferencias de ambas periciais, este Tribunal opta pola segunda, por canto que, en canto ós días de curacións fixa un prazo inferior e amais nun todo coincidente cos propios alegados da parte actora; e en canto ás secuelas porque a existencia das mesmas considérase totalmente probada a teor da propia documental achegada a autos pola parte actora (oficio do hospital onde por urxencias entrou a daquela menor e onde foi cirúrxicamente operada, e os informes do doutor que lle practicou a rehabilitación). Consonte o anterior, e téndose sobre todo en conta ó respecto a natureza das lesións, o tempo que tardaron en curar, as secuelas que restan, a idade da lesionada cando o accidente (catorce años), a mera orientación que se pode atopar no baremo da Lei  30/1995, do 8 de novembro, ó non estarmos en presencia dun accidente de tráfico, e as cantidades que se solicitaban en demanda (1.500.000 pts.) e a que como moito chegaba a considerar a demandada aseguradora (500.000 pts.), de xeito prudencial e ponderado considérase que a suma que en xustiza corresponde recoñecerlle á parte actora por tódolos conceptos é a de un millón trescentas mil pesetas (1.300.000 pts.).

 

SEXTO.- En materia de custas e dada a parcial estimación da demanda, as da primeira instancia non serán obxecto de especial pronunciamento, nin tampouco verbo das que se puidesen ter ocasionado pola chamada a litis dos restantes demandados absoltos (don Manuel, e o Concello de Porriño) rexeitándose así a adhesión á apelación que este último tiña formulado para que se lle impuxeran as súas custas á actora por canto que, inicialmente, a súa chamada a litis veu determinada pola contestación dada á primeira das demandas e pola, como na presente, difícil identificación a priori das persoas e entidades que realmente sexan civilmente culpables nos casos das responsabilidades solidarias. Mentres que, no atínxente ás custas ocasionadas na presente alzada tampouco cómpre efectuar especial pronunciamento, todo isto a teor do disposto nos artigos 523 e 710 da Lei  de Axuizamento Civil.

 

VISTOS os artigos citados e de xeral aplicación

 

D E C I D I M O S

 

Que en parte debiamos estimar e estimamos o recurso de apelación formulado por don LAUREANO, na representación que ostentaba, fronte á sentencia dictada o 19 de maio de 1999 pola Sra. Xuíz do Xulgado de Primeira Instancia n° 2 dos de Porriño, nos autos de xuízo de menor contía 337/97, e con revogación da amentada resolución xudicial, previa desestimación da totalidade das excepcións opostas, debemos parcialmente estimar e estimamos a demanda formulada polo referido apelante contra "Escudería R" e "A, S.A.", condenándoos a que de xeito solidario indemnicen á parte actora na suma de un millón trescentas mil pesetas (1.300.000 pts.), mailos xuros legais correspondentes, con expresa absolución dos outros demandados don Manuel e o Excmo. Concello de Porriño, e sen imposición de custas en ni nunha das dúas instancias.

 

 

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.