Última revisión
17/09/2002
Sentencia Civil Nº 298/2002, Audiencia Provincial de Lugo, Rec 295 de 17 de Septiembre de 2002
Relacionados:
Tiempo de lectura: 7 min
Orden: Civil
Fecha: 17 de Septiembre de 2002
Tribunal: AP - Lugo
Ponente: FERNANDEZ CLOOS, EDGAR AMANDO
Nº de sentencia: 298/2002
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL LUGO
SECCIÓN SEGUNDA
ROLO DE APELACIÓN N° 295/2002
ILMOS. SRS. MAGISTRADOS/AS:
D. EDGAR AMANDO FERNÁNDEZ CLOOS, PRESIDENTE
D. LUIS GARCIA RODRÍGUEZ
Dª. ANA DIAZ PÉREZ, SUPLENTE
SENTENCIA N° 298
Lugo, a dezasete de setembro de dous mil dous.
A Iltma. Audiencia Provincial de Lugo, viu en grao de apelación o Rolo de Sala n° 295/2002, que xorde dos autos de Cognición n° 205/98 e 295/99 do Xulgado n° 3, tramitado polo Xulgado de Primeira Instancia n° Dous de Lugo, sobre reclamación de cantidade e outros extremos. É parte apelante-apelada, D. Manuel e outra, representados pola Procuradora Sra. Fernández Santos e defendidos polo Letrado Sr. Fernández Varela e tamén apelantes-apelados, D. Manuel e outros, representados polo Procurador Sr. López Mosquera e defendidos polo Letrado Sr. Villarino Graña. Actúa como relator e expresa o parecer da Sala o Presidente Iltmo. Sr. D. Edgar Amando Fernández Cloos.
ANTECEDENTES DE FEITO
PRIMEIRO: O Xulgado de Primeira Instancia Dous de Lugo en data sete de novembro de dous mil un, dictou sentencia e na parte dispositiva da mesma se establece: "FALLO Que estimando parcialmente la demanda formulada por la parte actora, debo declarar y declaro que los demandados vienen obligados a arrancar o a cortar por el pie todos aquellos árboles de sus fincas descritas en el hecho segundo de la demanda, a los que se refieren el hecho tercero de la misma, que se plantaran con posterioridad a la entrada en vigor del Decreto 2.661/1.967 de 19 de Octubre y que estuvieran situados a menor distancia de la establecida para cada una de las especies de que se trata en el antedicho Decreto sobre distancias entre plantaciones y fincas colidantes dedicadas a pradera e igualmente están obligados a talar las ramas que sobrevuelan las fincas del hecho primero, todo lo cual se determinará en ejecución de sentencia, condenando a los demandados a estar y pasar por tales pronunciamiento ya indemnizar a los actores y, en su caso, a la Comunidad en cuyo beneficio accionan en la suma que por daños y perjuicios se determinan en relación a cada una de las fincas en ejecución de sentencia y, finalmente, sin hacer expresa imposición de costas. "
TERCEIRO.- Na tramitación do presente recurso se teñen observado tódalas prescricións legais, acordándose pola Sala a celebración de vista que tivo lugar o día trece de setembro coas peticións que constan na acta levantada pola Sra. Secretaria.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
PRIMEIRO: Acéptanse e danse por reproducidos os da sentencia que é obxecto de recurso; e ademáis:
SEGUNDO.- Son varios os extremos, todos eles xurídicos, que deben de ser obxecto de pronunciamento nesta alzada e que podemos resumir no necesario pronunciamento acerca de si as situacións de distancias entre plantacións constitúen servidumes, si, en tal caso, son positivas e negativas coas consecuencias que ¡so ocasiona para a posibilidade de prescrición adquisitiva. A sentencia que se recorre determina que a partir da data do "Decreto 2661/1967, de 19 de octubre, por el que se aprueban las Ordenanzas a las que han de someterse las plantaciones forestales en cuanto a la distancia que han de respetar con las fincas colindantes" a realidade do plantado tense que suxeitar ás limitacións de tal Decreto.
Na parte inicial expositiva de tal Decreto xa se afirma que "pode levar consigo prexuizos ós propietarios dos predios colindantes, quen non terían outra defensa que a contida no art. 591 Cc, o cal, a falta de Ordenanzas ou de costumes do lugar establece como distancia de plantación a de 2 metros, que en certos casos pode resultar insuficiente ".
Así teremos que ver o que ocorre no momento precedente ó da aplicación do sinalado Decreto e así, coa dicción da sentencia de instancia, deberemos de considerar que do actuado neste procedemento ven acreditado coa plenitude precisa que existe, ou por mellor dicilo existía, no noso país un costume consistente en que o arboredo que xurdía de xeito espontáneo fora respectado sen ningún tipo de sometemento a distancias. Tal costume ven acreditado pola manifestación que realizou o perito xudicial, técnico que a esta Sala merécelle singular aceptación polo seu acreditado coñecemento do mundo agrícola. Tal perito indica que na actualidade se respectan as normas legais de distancias pero que outra cousa son as árbores que tradicionalmente se plantaban ou se toleraban os nacidos de maneira espontánea sobre a linde (contestación sétima á demandante). Tamén o técnico da por certo que é costume que se planten árbores a menor distancia da legal e que así se aprecia na zona en que están os predios litixiosos (extremo k/ da demandada).
Na proba pericial continuase determinando que algunhas das árbores, as que se concretan no informe, teñen unha antigüidade superior a do Decreto de 1967 tantas veces citado e, polo tanto, a esas plantacións elle directamente aplicable ese costume, que segundo xa indicamos, existiu aínda que agora -na actualidade dice o peritonon perviva.
Conseguintemente a Sala considera que acerta a sentencia no canto que establece que, seguindo o tenor do art. 591 Cc. Haberá que estar primeiro ás Ordenanzas, só vixentes no que aquí nos interesa a partir de 1967, e cando non haxa Ordenanzas, esto é no tempo anterior a tal data, ó costume do lugar que, segundo o xa dito, era o da permisividade do nacemento espontáneo ata os lindes, indicando o perito, ó respostar ó extremo a/ da demandada, que, excepto na Chousa de F., que é unha plantación de pinos, as demais non parecen corresponder ó que se entende por unha plantación.
TERCEIRO..- Certo é, non podemos negalo, que son moitas as discrepancias existentes entre os diferentes pronunciamentos das sentencias "das Audiencias ó respecto de cal sexa o carácter que se lle deba atribuír á limitación establecida no art. 591 Cc, e conseguintemente se estamos a falar dunha verdadeira servidume e, de aceptada tal tese, se a mesma é positiva ou negativa. Esta Sala xa se ten pronunciado, na sentencia do 28-11-2000, núm. 86/2000, no sentido de que tal servidume segundo autorizada doutrina (Manresa, nos seus Comentarios, Díez Picazo e Gullón no seu Sistema) ten natureza negativa xa que prohibe plantar a menos distancia da legal, comezando, conseguintemente, o prazo de prescrición a correr desde que houbo un acto obstativo. E á mesma conclusión chegaremos se estimamos que o disposto no artigo 591 C.Civil non é servidume senón limitación do dominio interna e reciproca, na que non ha¡ predios dominante nin servinte, afectando por igual a todas as propiedades colindantes, sen que sexa posible aplicar polo tanto o réxime das servidumes nin da prescrición.
Pensemos no perigoso que podería ser o estimar a aplicación da usucapión nunha servidume positiva se o dono do predio servinte, por estar pechada a propiedade do dominante, descoñece o que ocorre no interior e cando xa se da conta da realidade da plantación inmediata teñen pasado varios anos sen que o cómputo adquisitivo dos vinte anos se poda apreciar na súa totalidade.
CUARTO.- Se ben é certo que procede a confirmación da sentencia que agora é obxecto de recurso, non o ha de ser menos que non procede a imposición de custas pois neste tema non existe, desde logo pronunciamiento unívoco dos tribunais.
Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación ó caso.
DECIDIMOS
Que confirmamos a sentencia dictada, en data 7/11/01, polo Sr. Maxistrado-Xuíz de Primeira Instancia n° Dous de Lugo. Sen facer especial pronunciamiento no que atinxe ó pago das custas.

