Última revisión
07/07/2000
Sentencia Civil Nº 305, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1097 de 07 de Julio de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Civil
Fecha: 07 de Julio de 2000
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 305
Fundamentos
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00305/2000
AUDIENCIA PROVINCIAL
SECCIÓN PRIMEIRA
PONTEVEDRA
Rolo civil: 1097/99
P. Civil: 269/98
Orixe: XDO. 1ª INST. PONTEVEDRA 5
Tipo asunto: COGNICIÓN
A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e DONA INMACULADA MARTÍN VELÁZQUEZ, maxistrados, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENCIA NÚM.305
Pontevedra, o 7 de xullo do año 2000.
O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 269/98, vindo do Xulgado de 1ª Inst. Pontevedra 5, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandante, D. RICARDO D ; e da outra, como apelado e demandado VE.., en xuízo de cognición.
ANTECEDENTES DE FEITO
Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso,
PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 30 de marzo de 1999, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Inst. Pontevedra 5 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:
DECISIÓN: "QUE DESESTIMANDO EN SU INTEGRIDAD LA DEMANDA PRESENTADA por D. RICARDO D , contra la entidad "VE..SA", debo ABSOLVER Y ABSUELVO a la demandada de todos los pedimentos recogidos en la demanda.
Y todo ello con expresa imposición a la actora de las costas del procedimiento."
E fronte á devandita sentencia, a parte demandante interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos. Tras térenselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse a data do 28 de xuño do año que andamos para deliberaren e deitaren sentencia no presente recurso.
SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.
Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
PRIMEIRO. A cronoloxía dos feitos é a seguinte: A) o día 28 de abril de 1997 o actor adquiríulle á sociedade demandada un vehículo de segunda man polo prezo de 175 000 pta, xa satisfeitas. B) O día 16 de maio dese año o vehículo sofre unha avaria pola causa da rotura da correa de distribución e do motor. C) A traverso da correspondente póliza pactouse entre as partes unha garantía por seis meses. D) O comprador do coche formula a presente demanda o día 8 de outubro de 1998, reclamando, amais das despesas de guindastre por importe de 11 020 pta, unha rebaixa do prezo satisfeito polo equivalente ao importe do arranxamento. E) Fronte a esa pretensión, a parte demandada alega, dunha beira, que a acción está caducada, e doutra beira, que estaba excluida da garantía a rotura da correa. F) A sentencia recorrida aprecia a caducidade, por entender que a demanda se presentou fóra do prazo de seis meses, establecido polo art. 1490 do Ccivil.
A primeira das cuestións que se ten que analizar e resolver é, por obvias razóns sistemáticas, a atinxente a se a acción non pode prosperar por se achar caducada, cuestión á que o tribunal, non compartindo a postura da sentencia apelada, lle dá unha resposta negativa, por estimar que non é aplicábel o devandito art. 1490, senón a regra xenérica, de prescrición de quince años, que para o exercicio das accións de natureza persoal establece o art. 1964 do Ccivil. Neste senso, o Tribunal Supremo, nun caso substancialmente coincidente co agora axuizado (trátabase do incendio dun vehículo que tiña a garantía de un año), veu declarar na sentencia de 23-5-91 que "el art. 1490 Ccivil establece, efectivamente, el plazo de seis meses -que es de caducidad, según doctrina de esta Sala más coincidente- para las reclamaciones por vicios ocultos de las cosas vendidas (arts. 1484 y 1485 Cc). Ahora bien, este precepto de carácter general, no contradice la concurrencia, como en el presente presupuesto, de vincular a las partes, del plazo pactado de un año, que no se puede reputar como de caducidad, para el ejercicio de posibles y futuras reclamaciones y en este periodo de tiempo, rigió, de manera evidenciada y sin dudas, los deberes garantizadores que asumió la sociedad vendedora, en forma general, salvo las excepciones puntuales que expresamente se relacionan en la garantía, conforme todo ello a los principios generales de contratación, que se recogen en los art. 1089, 1 255, 1 257, 1258 y sig. Cc, de tal manera que tal estipulación ha de reputarse obligatoria para la entidad comercial vendedora del turismo siniestrado y así, en progresiva legislación, lo recoge el art. 11 de la Ley de 19-7-84, General para la Defensa de los Consumidores y Usuarios, no presentando contradicción el citado art. 1490 -por erro a sentencia transcrita amenta o art. 1494-, pues la garantía de referencia ha de ser interpretada en forma no perjudicial a los derechos del comprador y la confianza que le inspiró, como motivo a tener en cuenta, para adquirir un vehículo de marca, tipo y fábrica determinada y esta flexibilidad es la más ajustada a las garantías debidas a los adquirentes de buena fe, y a la tradición de los códigos latinos, y así lo declaró esta Sala en sentencia de 5-2-85, al tener en cuenta el breve plazo a que están sujetas las acciones edilicias de los arts. 1484 a 1490 CC. E esta sentencia engade, no que aquí interesa, que "al haber ocurrido el accidente dentro del plazo de garantía del año... la infracción denunciada en el motivo no se ha producido y ello conlleva a su inevitable desestimación, pues en todo caso, ha de apreciarse, que se ha producido un efectivo incumplimiento contractual, según el art. 1214 CC, en cuanto a la efectividad de la garantía prestada por la sociedad vendedora sobre el normal funcionamiento del automóvil..." "Al no basarse, y por ello estimarse la acción reparadora, exclusivamente en el art. 1484 Cc (saneamiento por vicios ocultos), sino por accidente no imputable al reclamante en el proceso y que determinó la destrucción total de su automóvil, en el periodo de su garantía y consiguinte incumplimiento contractual, de la obligación que estaba vigente en el momento del siniestro, la alegación que se hace de los preceptos 1486 y 1487 Cc, resulta inadecuada y totalmente interesada, frente al criterio y soberana decisión de la Sala de apelación, que efectivamente apreció los perjuicios y accedió a su indemnización, pues así lo autorizan los arts. 1 100 y 1101 y de concordancia del código de leyes civiles y es consecuencia accesoria, que deviene del quebrantamiento contractual que cometió la parte recurrente".
Para concluírmos, a base da reclamación da parte actora, e agora recorrente, áchase nunha garantía pactada contractualmente, polo prazo de seis meses, e como a avaría ou sinistro tivo lugar dentro dese prazo, a obriga da parte vendedora de arranxa-la devandita avaría era esixibel, dispoñendo a parte compradora para o exercicio da correspondente acción persoal, como derivada da propia estipulación desa garantía no contrato, do prazo xenérico de quince años, prazo aquel, de seis meses que, reiterando o dito, non é nin de prescrición, nin tampouco de caducidade, a diferencia do fixado no art. 1490, senón de garantía, análogo -aínda que salvando as diferencias pola súa orixe legal- ao do art. 1591 do devandito código, consonte coa doutrina xurisprudencial que o interpreta e aplica (ss de 25-11-88, 29-9-93 e 7-2-95, entre outras). Se a avaría se produce fóra do prazo de garantía, a acción de arranxamento non seria exercitábel; mais, se ten lugar dentro dese prazo pactado contractualmente, poderiase exercita-la correspondente acción indemnizatoria, sempre que se formule dentro daquel prazo xenérico.
SEGUNDO. O segundo problema vén xa referido ao fondo do asunto, consonte co cal, en tese da vendedora demandada, a garantía de arranxamento non cubría as avarías na correa de distribución, por esa exclusión estar expresamente pactada no propio clausulado do contrato (punto 2.2, no folio 41 volto). Velaí, nese capítulo sinálase que se exclúen da cobertura de garantía as pezas de desgaste normal do vehículo, entre elas, as correas. Mais esta exclusión non pode ter eficacia respecto do comprador, pois o documento achegado pola demandada ao acto non aparece asinado polo demandante comprador. A parte demandada achega aos actos, tanto un boletín referido ás "Normas de utilización de las garantías de V.O." (folios 33 e seguintes), como un impreso rotulado "Vehículos de Ocasión" -garantía de vehículos- (folio 46), carecentes de toda sinatura, tanto do representante legal da empresa demandada, como, e o que é máis importante, do actor, comprador do vehículo usado. E aínda máis, se se examina este último documento, claramente se tira que é un impreso xenérico, e non específico para non garanti-lo vehículo do demandante, como se colixe da absoluta falta de mención dos datos identificadores dese vehículo nos correspondentes apartados do impreso, reservados para isto, e que se achan en branco. Cabendo, par todo isto, deducirmos só da actividade probatoria desenvolvida nos actos, xa para rematarmos, que o único que houbo foi unha comunicación verbal por parte da vendedora do vehículo ao comprador da existencia dunha garantía, sen que resulte acreditado que se lle fixese sabe-las exclusións que agora se proclaman, e que, polo tanto, non poden ser tomadas en consideración en prexuízo dun consumidor que, por conseguinte as descoñecía.
TERCEIRO. A acollida do recurso e da demanda leva a impórmoslle as custas procesuais da primeira instancia á parte demandada, e a non facermos unha especial declaración vebo das desta alzada. (arts. 523 e 896 da LAC).
Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,
DECIDIMOS
Que, acollendo o recurso e a demanda formulados por D. RICARDO D , contra da sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Inst. Pontevedra 5, na data de 30 de marzo de 1999, é mester nós condenármo-la demandada a que lle satisfaga ao actor a suma de 11 020 pta, mailo importe do arranxamento do vehículo pola avaría sufrida dentro do período de garantía, sen que a cantidade total poida exceder do prezo do vehículo. Todo isto con expresa imposición das custas procesuais da primeira instancia á demandada e a non facermos pronuncia especial ningunha no atinxente ás desta alzada.
Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia, con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.
Deste xeito, por esta a nosa sentencia, cabeiramente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.
