Sentencia Civil Nº 310/20...io de 2009

Última revisión
12/06/2009

Sentencia Civil Nº 310/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3457/2007 de 12 de Junio de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 11 min

Orden: Civil

Fecha: 12 de Junio de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 310/2009

Núm. Cendoj: 36057370062009100263

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00310/2009

CIVIL

Rolo: 3457/07

Procedemento de orixe: Ordinario 83/06

Órgano de procedencia: Instancia núm. 4 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 310/09

Vigo, doce de xuño de dous mil nove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo ordinario 83/06 procedentes do Xulgado de 1ª

Instancia Núm. 4 de Vigo ós que correspondeu o rolo 3457/07, nos que aparece como parte apelante- demandante D. Maximiliano

representada polo/a procurador/a D./D.ª Monserrat Barreras González e asistida do/da letrado/a D./D.ª Pedro Covelo Iñarrea e como parte contra da que se apela

e demandado Tecnologia Viguesa,S.A. representada polo/a procurador/a D./D.ª José Fernández González e asistida do/da letrado/a D./D.ª Francisco Javier Cabo

Cibeira. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 4 de Vigo de Vigo, con data do 28/9/07, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que desestimando íntegramente la demanda interpuesta por la procuradora Monserrat Barreras González, en nombre y representación de Maximiliano , debo absolver y absuelvo a Tecvisa Concesionario Peugeot representado por el Procurador José Fernández González, de las pretensiones planteadas frente a ella. Las costas se imponen a la parte actora."

Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Monserrat Barreras González, en representación de D./D.ª D. Maximiliano , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 12/5/09.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: Para unha correcta resolución desta controversia temos que partir loxicamente da pretensión formulada polo actor, e dos feitos nos que basea esa pretensión. Pois ben, por decilo de maneira resumida, e sen prexuizo do desenrolo que faremos de seguido, invoca o demandante como causa petendi a inhabilidade do obxeto vendido, e solicita, principalmente, a substitución do vehículo por outro de iguais características, e de xeito subsidiario, a rescisión do contrato, con devolución do prezo, a indemnización de danos e prexuizos, e xuros.

En efecto, e por unha banda, alega o actor como fundamento desas duas accións que o vehículo "comenza a mostrar diferentes fallos que impiden a sua correcta utilización, todo iso co risco para a integridade física que supón circular con un vehículo con graves deficiencias" (feito segundo da demanda); que "todalas reparacións foron realizadas no concesionario Tecvisa, sen que ao día de hoxe pódase garantir que unha nova reparacción garantice o bo funcionamento do coche" (feito terceiro); e xa cocretando o contido propiamente dito do defecto sinala que "o ruido enxordecedor que se produce no interior do habitáculo do vehículo, incluso a pesar de apagalo mesmo, en ningún momento pudo ser solucionado" (feito cuarto).

Por outra banda, e respetando loxica e necesariamente as acción desplegadas polo demandante, e hoxe recorrente, de substitución e rescisoria, por elementais postulados dispositivo e de congruencia da sentenza, temos que determinar cal sería a normativa aplicable a esas accións, debendo realizarse a este respecto as seguintes puntualizacións: A) Ainda que o demandante está invocala Lei 23/2.003, de 10 de xullo, de Garantía na Venda de Bens de Consumo -invocación equivocada, e disculpábel, dadolos continuados cambios lexislativos operados nesta materia nos últimos anos-, esa Norma non é de aplicación en canto posterior ao contrato de compravenda de lite, celebrado o día 14 de maio de 2.003. B) Tampouco é de aplicación, por igual postulado de irretroactividade das normas, o Real Decreto Lexislativo 1/2.007, de 16 de novembro , polo que apróbase o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios - e outras leis complementarias-. C) Temos que acodir entón a esta última Lei, de 19 de xullo de 1.984, antes da reforma operada nese ano 2.007 , e mais concretamente, ao seu artº 11. 3, que dispón que durante o periodo de vixencia da garantía o titular da mesma terá dereito: b) Nos supostos nos que a reparación efectuada non fora satisfactoria e o obxeto non revestira as condicións óptimas para cumprilo uso a que estivera destinado á substitución do obxeto adquirido por outro de idénticas características, ou á devolución do prezo pagado. CH) Funda igualmente o actor as suas pretensións na normativa do Código Civil, dos artº 1.484 e 1.486 , atinente aos vicios ocultos. Normativa esta última que se ben é certo que sería incompatíbel coa Lei de 2.003, de conformidade coa sua Disposición Adicional, así como con aquel Real Decreto Lexislativo, segundo disposición expresa do seu artº117, contrariamente non atopamos esa declaración de incompatibilidade na Lei de 1.984 .

Segundo.- Fronte á reclamación do actor, a parte demandada se opón impetrando a caducidade das accións polo transcurspo do prazo legal de seis meses, ex artº 1.490 do Código Civil ; negando, en segundo lugar, a importancia do defecto; e en terceiro e último lugar, que se ofreceu a reparalo, negándose a iso o demandante.

Pois ben, e polo que fai á primeira desas invocacións defensivas non son necesrias especiais reflexións para o se rexeitamento. En efecto, basta con lembrar a este respecto que manifestado o defecto sobre sete meses despois da compra, no propio contrato de compravenda, representado polo "pedido de cliente" (folio 9) se establece un periodo de garantía sen límite de kilómetros de dous anos -ademais doutras garantías por prazos maiores-. A propia actitude da demandada, reparando repetidamente o vehículo mais aló dos seis meses é un acto propio, claro, inequívoco e expresivo de que a garantía era polo termo superior ao predicado.

Terceiro.- A existencia -e subsistencia- do vicio non se discute en realidade pola parte demandada, senón tan só o seu alcance e importancia, que minimiza, calificándoo en definitiva de cativo, menor e non invalidante para o uso do vehículo. Pois ben, a Sala, despois de revisado todo o acervo de probas existente nas actuacións, non comparte en absoluto esa apreciación da parte demandada, considerando contrariamente que o defecto é esencial, e que determina a conducción do vehículo fora das condicións de funcionamento ordinario e de seguridade precisa, minimamente exixibles e acostumadas.

O vicio é moi concreto: o ruido agudo e forte que a xeito de pitido se produce aleatoriamente no interior do vehículo. A agudeza e ton elevado dese pitido é recoñecido - ainda qu con renuencias interesadas- pola testemuña, xefe de taller, calificándoo de sonoro e de alerta (quere decir alarma), e pola propia representante legal da demandada no seu interrogatorio, quen remata por admitir, ao igual que aquela primeira, que non se podería realizar unha viaxe (de moitos kilómetros, matiza eufemisticamente a demandada) nesas circunstancias. A inhabilidade do obxeto é entón incontestábel, carecendo de rigor xurídico e de seriedade comercial afirmalo contrario.

Non estamos, por outra banda, ante un defecto puntual e superado senón, pola contra, continuado ou persitente durante anos, e non solucionado. O historial de reparacións é elocuente. Efectivamente, a tal como coleximos do "listado histórico do vehículo" (folio 10), e da documentación complmentaria (folios 11 e seguintes), o vehículo foi atendido con seguridade ata en sete ocasións polo menos (ignoramos se a revisión en garantía do día 9 de decembro de 2.006 comprendeu igualmente a do vicio), substituíndoselle en duas delas o autoradio, cambiandoselle tamén e sucesivamente a pantalla multifunción, o indicador de cadro e a centraliña B. S.I., e se lle realizou unha telecarga, e comprobacións eléctricas, todo iso dentro dun periodo de arredor de dous anos. E sen solucionarse o grave e incapacitante problema, que se manifesta ainda co apagado do coche, obrigando insolitamente a desconectala batería, tal como ven recoñecela demandada no seu escrito de data 1 de febreiro de 2.006 (folio 15).

Por último, non pode ter ningunha eficacia exonerativa de responsabilidade, nin que a demandadada efectuara esas reparacións gratuitamente, pois non era mais que unha obriga comprendida na garantía, nin a solución proposta in extremis ao actor, de substituila rede CAM ou o cableado do sistema electrónico do vehículo, abundando nos sobre esta última cuestión.

Mantén, en definitiva, a accionada que controuxo o compromiso expreso de reparalo vehículo, mediante a substitución do cableado, sen cargo ningún para o actor, negándose este último a esa reparación.

Pois ben, esta argumentación última da parte demandada carece de toda consistencia pois non se acredita por este litigante -como lle incumbía e sería preciso dada a sua alegación defensiva, e a peregrinaxe de reparacións frustradas a que se veu sometido o sufrido demandante- que a solución proposta sería satisfactoria, ademais de viable.

En efecto, e dunha parte, non temos proba cumprida de que fora factíbel - e ata rendible- a substitución do cableado do vehículo, especialmente na sua totalidade. E facemos esta afirmación, tanto porque a testemuña, xefe de taller, semella reducilo a algún treito soamente, e non temos constancia certa de que neste caso se solucionaría o problema, como porque non atopamos explicación razoable a que se prescindira desa substitución do cableado durante as operacións reparadoras anteriores, optándose por outras, moitas e moi variadas, comprensivas incluso da substitución de elementos importantes, como o autoradio en duas ocasións, a pantalla multifunción, o indicador do cadro e a centraliña B.S.I..

Pero ainda que admitamos a afectos polémicos a posibilidade do cambio do cableado, non hai en todo caso proba cabal, inequívoca e cumprida de que esa operación puxera, por fin, couto ao defecto. A propia parte demandada no seu interrogatorio manifesta ignorala solución ao problema baixo a desculpa de no ser técnica, desculpa, que ademais de inaceptábel pois dispón dos dependentes que lle proporcionarían o asesoramento preciso, se contradí coa sua outra aseveración -non menos perita- que co cambio da rede CAM solucionaríase o defecto. E o xefe de taller recoñece que como o fallo non é permanente, senón intermitente e aleatorio, non é posíbel reproducila aavaría experimentalmente. Conseguintemente, a substitutción do cablaeado non pode defenderse como solución segura, e menos ainda a cargo dun taller, que deixa de ofrecer fiabilidade ante tantas intervencións que remataron todas elas en fracaso.

A xeito de recapitulación, atopámonos con un moi grave defecto do vehículo, do pitido agudo e insoportable, ao impedir ao seu conductor utilizalo, pois non se lle pode obrigar a circular nesas condicións, que afectarían, natural e negativamente, ao seu estado, con repercusión innegábel entón na seguridade, propia, e allea ou dos demais usuarios da vía. E como, en fin, a derradeira solución reparadora proposta pola demandada non garantiza en absoluto e certamente "as condicións óptimas para cumprilo uso a que estaba destinado" o vehículo - artº 11.3, letra b), da Lei de 19 de xullo de 1.984, para a Defensa dos Cosumidores e Usuarios -, debemos acollela pretensión formulada pola parte demandante, da substitución do vehículo por outro de idénticas característaicas -con devolución loxicamente do litixioso á demandada.

Cuarto.- A acollida do recurso e da demanda lévanos a impoñer á parte demandada as custas procesuais da primiera instancia, pois non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxetivo, disposto polo artº 394 da L. A. C.. E a non facermos unha especial declaración sobre as custas desta alzada (artº 398 ).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con acollida do recurso de pelación e da demanda formulados por D. Maximiliano , representado polo procurador Dña Monserrat Barreras González, condenamos á demandada á substitución do vehículo marca Peugeot, modelo 206 1.4, obxeto do contrato de compravenda de lite por outro de iguais características. Impoñemos á demandada as custas procesuai da primeira instancia, e non facemos unha especial declaración sobre as desta alzada.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.