Sentencia Civil Nº 315/20...yo de 2008

Última revisión
30/05/2008

Sentencia Civil Nº 315/2008, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 5017/2007 de 30 de Mayo de 2008

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 30 de Mayo de 2008

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 315/2008

Núm. Cendoj: 36057370062008100357

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00315/2008

CIVIL

Rolo: 5017/07

Procedemento de orixe: Verbal 167/06

Órgano de procedencia: Instancia núm. 8 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, D. Julio Picatoste Bobillo e Dª Magdalena Fernández Soto pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 315/08

Vigo, trinta de maio de dous mil oito

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Verbal 167/06

procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 8 de Vigo ós que correspondeu o rolo 5017/07, nos que aparece como parte

apelante- demandante D. Franco representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª del Carmen López de

Castro e asistida do/da letrado/a D./D.ª Cesar Outerelo González e como parte contra da que se apela e demandado D.

Augusto e Viguesa de Transportes, S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª Victoria Soñora Alvarez

e asistida do/da letrado/a D./D.ª Jopsé E. Paz Fernández e la entidad Seguros Mercurio,S.A, representado polo procurador

D.Luis Cesar Torres Goberna e asistido del letrado D. Javier Alvarez-Blazquez. É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 8 de Vigo de Vigo, con data do 13/12/06, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

""Que desestimando la demanda formulada en autos de juicio verbal nº 167/2006 por la Procuradora Doña Carmen López de Castro, en nombre y representación de Don Franco contra Don Augusto , la entidad mercantil "Viguesa de Transportes, S.L." y la aseguradora "Seguros Mercurio,S.A.", sobre responsabilidad extracontractual, debo absolver y absuelvo a dichos demandados de las pretensiones contenidas en el suplico de la demanda, con imposición a la parte demandante de las costas procesales causadas."

Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Mª del Carmen López de Castro, en representación de D./D.ª D. Franco , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 8/5/08.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: A doctrina xurisprudencial ven salientando de maneira uniforme e reiterada que nos supostos de colisións recíprocas de vehículos a motor, con reclamacións mutuas entres as persoas que os conducen, non cabe estableer presuncións de culpa deses conductores. Neste senso, a s. do Tribunal Supremo de data 5-10-93 di que "la teoría de la creación del riesgo, acompañada de la inversión de la carga de la prueba, tampoco puede ser determinante de la estimación de la demanda por cuanto ambos conductores, o las personas que de ellos traen causa, pueden invocar que es la contraparte la obligada a probar en virtud de la inversión de la carga de la prueba, y por tanto se debe acudir a que es quien demanda quien debe probar que concurren los requisitos del artículo 1902 del Código Civil ". Igualmnte, a s. de 17-6-96 proclama que "sin embargo, es doctrina pacífica y constante derivada de la jurisprudencia de esta Sala, la que establece de una manera llana, que la inversión de la carga de la prueba no opera en los casos de accidentes de circulación por colisión de vehículos, al encontrarse los conductores en la misma situación y anularse las consecuencias de tal inversión probatoria.

Y así se destaca la sentencia de 28 de mayo de 1.990 , que tiene sus precedentes en las S.S. de 19 de febrero, y 10 de marzo de 1.987, así como en la de 10 de octubre de 1.988 , cuando dice que no es posible hacer aplicación, en beneficio del recurrente, del principio de inversión de la carga probatoria, ya que resulta incompatible con aquellos supuestos de mutua o recíproca colisión de vehículos de motor, con imposibilidad de determinar a cual de los conductores cabe atribuir la culpabilidad del accidente, como causa eficiente del mismo".

Partindo deste criterio xurisprudencial, debemos acollelo recurso e a demanda por entendermos, despois da revisión do material probatorio existente nos autos, que o demandante acreditou suficientemente a culpa do demandado, conductor do autobús urbán, ao colisionar este último contra o Peugeot pilotado polo actor, cando este vehículo se atopaba parado na confluencia entre as ruas Oporto e García Barbón desta cidade de Vigo.

Efectivamente, e sen descoñecer que o material probatorio é escaso, pois da proba documental nada se extrae, e non hai, por outra banda, nin atestado policial, nin partes amigables do accidente, existe unha proba, constituida pola testemuña presencial do sinistro, que non contradita con outras probanzas, se considera bastante para acreditala tese inculpatoria sostida polo demandante, e agora recurrente.

Ante todo convén advertir que non ha dato obxetivo ningún - nin a parte demandada o invoca- que faga dubidar da credibilidade desa testemuña, do seu exacto coñecemento do sinistro, e, en definitiva, da veracidade da versión que sobre o mesmo ofrece. E efectuada esta advertencia, a testemuña é diáfana e contundente ao afirmar non só que presenciou a colisión propiamente dita - e non que enterouse simplemente dela despois de escoitalo golpe-, senón tamén que observou claramente como no intre inmediatamente anterior ao choque o turismo estaba parado na rúa Oporto, e nesa coxuntura, de parada do vehículo do demandante, o mesmo foi imbestido polo autobús, ao seguir o autobús unha traxectoria de aproximación hacia a dereita, onde estaba situada a correspondnte parada de autobuses urbáns.

A parte demandada, fronte a esas declaracións testemuñais, ao noso xuizo sinceras, espontáneas e con pleno coñecemento de causa, invoca, por unha banda, que o actor, lonxe de estar parado, irrumpiu na rúa García Barbón, chocando contra o autobús, e por outra, que carecería de sentido a tese do demandante, da invasión por parte do autobús na rúa Oporto. Mais, primeiramente, aquela afirmación, de circulación e irrupción do turismo naquela primeira vía, carece do mais mínimo refrendo probatorio, que non pode verse constituido, lóxicamente, polas declaracións, interesadas, do conductor demandado, prestadas no seu interrogatorio. E, en segundo termo, e inversamente ao sostido polos demandados, da carencia de xustificación da manobra do autobús, esta manobra atoparía o seu encaixe espacial na toponimia do lugar, e estaría motivada polo propósito do seu conductor, pois ao realizala operación de aproximación hacia a parada de autobuses se foi desviando a sua dereita, facéndoo de tal maneira descuidade, imperita e carecente de cálculo, que acabou por colisionar coa sua parte frontolateral dereita contra a frontolateral esquerda do turismo, cando este vehículo - insistimos- estaba parado, sendo, en último termo indiferente, causal e culpabilísticamente falando, que o turismo do demandante rebasara a liña separadora entre as duas ruas, pois esta úlima circunstancia tiña que ser advertida necesariamente polo demandado, de utilizala atención e dilixencia naturais e normalmente exixibles a todo conductor.

Derradeiramente, a postura mantida polo conductor accionado no seu interrogatorio, chea de inseguridades e ambigüidades sobre o relato do sinistro, non faría mais que confirmala versión da que sobre o mesmo parte o actor, e confirma a testemuña presencial.

Por todo o razoado, procede estimalo recurso e a demanda, dado que, en último lugar, e xa para rematar, non se discuten realmente as consecuencias danosas derivadas do accidente para o demandante.

Segundo.- As dúbidas de feito observadas sobre a maneira de ocurrilo suceso circulatorio danoso lévanos a non facermos unha especial declaración sobre as custas prcesuais de ningunha das duas instancias ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitucióne o pobo español,

Fallo

Que ao acollelo recurso de apelación formulado por D. Franco , representado pola procuradora María del Carmen López de Castro, contra da sentenza dictada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 8 de Vigo o día 8/5/08 , condenamos aos demandados Augusto , Viguesa de Transportes, S.L.,e Mercurio, S.A., a que de xeito conxunto e solidario satisfagan ao demandante a uma de 2.782,05 euros, cos xuros, para a compañía de seguros demandada, corerespondentes ao xuro legal d diñeiro incrementado nun cincuenta por cento dende a data do sinistro ata o completo pagamento, e cos xuros, para os outros demandados, correspondentes ao xuro legal do diñeiro dende a data da interpelación xudicial ata a data do completo pagamento. Todo iso, sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ordinario ningún.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.