Sentencia Civil Nº 315, A...io de 2000

Última revisión
13/07/2000

Sentencia Civil Nº 315, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1082 de 13 de Julio de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 7 min

Orden: Civil

Fecha: 13 de Julio de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 315

Resumen:
Aínda que ese camiño puidese ser orixinariamente privado, isto non é incompatíbel coa súa posterior adquisición da condición de público, o que parece inferirse tanto das características do propio camiño (longura de tres metros, asfaltado, alumado público, etc..), Malia o recurso ser rexeitado, a complexidade da controversia leva a non facermos pronuncia especial ningunha no atinxente ás custas procesuais de ningunha das dúas instancias.    

Fundamentos

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00315/2000

 

AUDIENCIA PROVINCIAL

 SECCIÓN PRIMEIRA

  PONTEVEDRA

 

Rolo civil: 1082/99

P. civil: 694/98

Orixe: XDO. 1ª INST. VIGO 9

Tipo asunto: COGNICIÓN

 

      A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, composta por D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, presidente, D. LUCIANO VARELA CASTRO e D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM. 315

 

Pontevedra, o 13 de xullo do año 2000.

 

      O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 694/98, vindo do Xulgado de 1ª Inst. Vigo 9, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandado, D. BENITO EDUARDO Á ; e da outra, como apelado e demandante, D. MIGUEL L ; e, amais diso, dunha outra, como apelados-demandados, en situación procesual de rebeldía, DONA BUENAVENTURA E DONA MARTA C ; DONA CARMEN, DONA CONCEPCIÓN, DONA ANGELA A ; D. JOSÉ C ; D. ARTURO R ; D. TOMÁS F e DON CARLOS F , en xuízo de cognición.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

      Acéptanse os da sentencia de primeira instancia e, alén diso,

 

PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 23 de febreiro de 1999, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Inst. Vigo 9 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

 

DECISIÓN: "Que ESTIMANDO EN PARTE la demanda formulada por D. MIGUEL L representado por la procuradora doña Mercedes Pérez Crespo y defendido por la letrada doña Mónica Moreno Selvia, contra D. BUENAVENTURA Y Dª MARÍA C , Dª. CARMEN, Dª ANGELA Y Dª COCNCEPCIÓN A , D. JOSÉ C , D. ARTURO R , D. TOMÁS F , D. CARLOS FIDALGO -todos ellos en situación procesal de rebeldía-, y contra D. BENITO EDUARDO A , representado por el procurador D. Cesáreo Vázquez Ramos y defendido por el Letrado D. Carlos Quirós Cabral, debo declarar y declaro que la finca propiedad de la parte actora se halla enclavada y sin salida a camino público, constituyéndose servidumbre permanente de paso a favor de dicha finca sobre la finca propiedad de D. Benito Á de una anchura de 2,20 metros, que permita el paso a pies y con vehículos de forma permanente con el trazado señalado en el croquis obrante al folio 123 por el Oeste de la vivienda del demandado en línea recta desde la rúa Carrasqueira, fijándose como indemnización que deberá satisfacer el actor a D. Benito Eduardo A por el terreno ocupado la que resulte de multiplicar en núm de metros cuadrados ocupados por el acceso por el valor del metro cuadrado en la zona, importe que se determinará en ejecución de sentencia, absolviendo a los demandados, D. Buenaventura y doña María C , Dª. Carmen, Dª. Concepción y Dª. Ángela A , D. José C , D. Arturo R , D. Tomás F y D. Carlos Fidalgo de los pedimentos contra ellos deducidos en el suplico de la demanda y sin hacer expresa imposición de costas".

 

      E fronte á devandita sentencia, a parte demandada interpuxo recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos. Tras térenselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse a data do 16 de xuño do año que andamos para deliberaren e deitaren sentencia no presente recurso.

 

      SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

      Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

      PRIMEIRO. Procede rexeitármo-lo recurso e confirmármo-la sentencia recorrida, cabendo facérmo-las seguintes reflexións por maior abastanza e aínda a risco de sermos reiterativos: A) A excepción de litisconsorcio pasivo necesario invocada pola parte demandada, e agora recorrente, por non ser chamada, en síntese, ao proceso Margarita Doiro, propietaria do fundo existente ao leste do actor, non pode ser examinada de novo, pois xa foi formulada e resolta no procedemento precedente, pasando a ser cousa xulgada, e polo tanto a decisión tomada verbo dela -por certo rexeitadora- firme e irrevogábel. B) Que a inda que é certo que nun dos preitos anteriores, e concretamente no que se exercitou a acción negatoria de servidume de pasaxe, se acolleu esa acción (por iso hoxe pretende a súa constitución forzosa), non é menos certo que no año 1976, e a traverso do documento privado achegado aos actos, constituiuse, mediante compravenda, unha pasaxe sobre o fundo do demandado, José Comesaña, e a prol doutros fundos, entre eles os dos agora demandante e demandado, nunha operación conxunta que vén revelar sen lugar a ningunha dúbida que o primeiro pasaría a traverso do predio do segundo, quérese dicir, do demandado, Benito Álvarez, pois, senón, ningún senso tería a adquisición a prol do actor desa servidume, constituida nun acto único de consuno entre tódolos interesados, entre os que se achaban obviamente, repetimos, os contendentes no actual proceso.

C) A adquisición desa servidume con carácter permanente por parte do demandante, e coa finalidade Tóxica e razoábel de pasar de seguido polo fundo do demandado despréndese, non só dese feito da constitución do gravame a traverso do devandito documento privado, senón tamén das confesións dos demandados, Tomás F e José C , que vén corroborar o que se vén razoando (folios 131 a 148), e mesmo da propia confesión de Matilde Álvarez, causante do demandado, prestado no anterior proceso, na que recoñece que a pasaxe era para ela mesma e para o agora actor (folio 118). D) Aínda que ese camiño puidese ser orixinariamente privado, isto non é incompatíbel coa súa posterior adquisición da condición de público, o que parece inferirse tanto das características do propio camiño (longura de tres metros, asfaltado, alumado público, etc..), como da certificación e traza gráfica do Concello de Vigo (folios 191 a 192). E) Que o lugar polo que a sentencia sinala o camiño a constituir de xeito forzoso é o menos prexudicial para o fundo do demandado (o que xa non se discute por este no seu escrito do recurso de apelación), posto en relación co que se podería constituir polo vento oeste, e é igualmente indubidábel que a solución da sentencia é menos prexudicial que a que se puidese xerar a outros predios limítrofes, tendo en conta as distancias á vía pública, como é a rúa da Carrasqueira, e que nos predios existentes ao sur existe un tallón de un metro de altura. F) No último termo, a alegación defensiva da parte recorrente, no senso de que a situación de enclavamento do fundo foi provocada, non pode ser acollida, tanto por carecer da abonda actividade probatoria que a avale, como porque non parece racional, nin imputar esa suposta situación de enclavamento provocado a quen foi allea a este, nin, despois dun gran tempo decorrido, de varias décadas polo menos, perpetúa-la eficacia dese enclavamento intencional, que, como queda exposto, non se acreditou de abondo.

 

SEGUNDO. Malia o recurso ser rexeitado, a complexidade da controversia leva a non facermos pronuncia especial ningunha no atinxente ás custas procesuais de ningunha das dúas instancias.

 

      Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo a potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

 

DECIDIMOS

 

Que é mester nós rexeitarmos, e de feito rexeitámolo, o recurso de apelación formulado por D. BENITO EDUARDO Á , contra da sentencia pronunciada polo Xulgado de 1ª Inst. Vigo 9, na data de 23 de febreiro de 1999, sen facermos pronuncia especial ningunha no que fai ás custas procesuais de ningunha de ámbalas dúas instancias.

 

      Devólvanselle os actos orixinais ao xulgado de procedencia, con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.

 

      Deste xeito, por esta a nosa sentencia, cabeiramente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e, asemade, asinámolo.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.