Última revisión
27/01/2000
Sentencia Civil Nº 33, Audiencia Provincial de Lugo, Rec 346 de 27 de Enero de 2000
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Civil
Fecha: 27 de Enero de 2000
Tribunal: AP - Lugo
Ponente: FERNANDEZ CLOOS, EDGAR AMANDO
Nº de sentencia: 33
Fundamentos
AUDIENCIA PROVINCIAL
LUGO
SENTENCIA NUMERO 33
ILMOS. SRES.
PRESIDENTE:
D. REMIGIO CONDE SALGADO
MAXISTRADOS:
D. EDGAR AMANDO FERNÁNDEZ CLOOS
D. XOÁN CARLOS MONTES SOMOZA (Spte.)
Lugo, vintesete de xaneiro do dous mil.
A Audiencia Provincial de Lugo viu, en grao de apelación, o rolo de sala nº. 346/99, dimanante dos autos de xuízo de menor contía nº. 65/98, seguido no Xulgado de Primeira Instancia nº. 2 de Viveiro, sobre declaración de nulidade e outros extremos. Foron partes no recurso, como apelante, o demandante don E, representado pola procuradora Sra. Raquel Sabariz García e baixo a dirección do letrado Sr. González López, e apelados os demandados, don J e dona E, representados polo procurador Sr. Cedrón López e asistidos da letrada Sra Gacio. Actúa como maxistrado-relator o Iltmo. Sr. D. Edgar Amando Fernández Cloos.
ANTECEDENTES DE FEITO
PRIMEIRO.- Con data nove de xullo de mil novecentos noventa e nove, o Xulgado de Primeria Instancia nº 2 de Viveiro dictou unha sentencia que na súa parte dispositiva di: "FALLO: Que estimando como estimo parcialmente la demanda presentada por el Procurador Sr. D/ña. MANUEL CUBA RODRÍGUEZ en nombre de E contra J y E, debo condenar y condeno a los demandados a abonar al actor la cantidad de 1.292.020 pesetas, todo ello sin efectuar especial pronunciamiento en costas lo. .
SEGUNDO.- A parte actora interpuxo un recurso de apelación contra a devandita sentencia que foi admitido en ámbolos dous efectos, polo que se elevaron as actuacións a esta Audiencia Provincial, previo emprazamento das partes para compareceren ante ela con fin de faceren uso dos seus dereitos, o que así fixeron, en tempo e forma, dita parte recorrente e os demandados como apelados, ós que se lles deu traslado para a súa instrucción e unha vez efectuado este trámite sinalouse data para a vista, a que tivo lugar o día vinteseis de xaneiro do dous mil ás dez trinta horas, na que os letrados das partes fixeron as correspondentes peticións que constan en autos.
TERCEIRO.- Na tramitación do presente recurso observáronse, en ámbalas dúas instancias, tódalas formalidades legais.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
PRIMEIRO.- O primeiro punto a determinar virá constituido no presente suposto pola concreción de cal haberá de se-la lexislación aplicable ó suposto co que nos estamos a enfrontar e así vemos que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na súa sentencia do 5/11/98, a nº 19, indica que ó presente caso no que se trata da constitución dun contrato de vitalicio formalizado en escritura pública de data 2/3/93 non lle pode ser aplicable a Lei 4/1995 de Dereito Civil de Galicia pois resulta obvio que no momento de se constitui-lo contrato tal lei non estaba vixente. Non obstante tamén nos ensinan as SSTSXG de 11/6/96; 2/12/97 e a xa citada de 5/11/98 que a institución estaba vixente con anterioridade a súa regulación pola Lei galega, sendo así que a doctrina xurisprudencial configurou o vitalicio coma un contrato atípico, aleatorio e bilateral o que lle resulta innata a facultade resolutoria establecida no art. 1124 CC para caso de incumprimento como podemos extraer das SSTS de 28 de maio de 1965, 12 de novembro de 1973, 6 de maio de 1980, 13 de xulio de 1985, 30 de novembro de 1987, entre as máis salientables.
O que fixo o lexislador galego en 1995 non foi máis que artellar sistemáticamente a institución que xa estaba perfilada xurisprudencialmente ata tal punto que na STSXG de 9/6/97 se chega a indicar que a aplicación ou non da Lei galega desde o punto de vista substantivo sería inocua. Polo tanto o que resulta posible é facer alusión, no eido interpretativo-normativo, á, Lei galega pero só como elemento interpretativo e nunca como fundamento esencial da resolución a adoptar (STSXG de 2/12/97).
SEGUNDO - No caso que agora estudiamos trátase concretamente dun contrato otorgado, según xa dixemos, en data 2/3/93 polo que o agora demandante, D. E, cede a D. J e Dª E os sete predios que se describen na escritura e a cambio ou como contraprestación estés se obrigan a abonar unha renda vitalicia; prestar sustento, habitación, vestido e asistencia médica, segundo a súa posición social téndoo na súa compaña a Dª. E. . lectura do pacto pódenos xurdi-la teima de si se trata dunha figuara mixta de renda vitalicia e vitalicio ou si so é este tipo de contrato, a xurisprudencia sinala, nas SSTS de 1-7-1982 e 8-5-1992 entre outras, que o vitalicio trátase dunha categoría de contratos autónomos, és que non lle son aplicable-las regras da renda vitalicia, pois baixo, a denominación de "contrato vitalicio» a título oneroso inclúense distintas formas concretas, según os diversos tipos de prestación, que neste caso consistiu en cantidades de diñeiro e asistencia, coidados, servicios, etc., aínda tratándose dunha renda vitalicia o dereito á, renda que lle corresponde ó cedente non ten carácter real senosn que sé produce efectos obrigatorios persoais, que consisten na obriga dos debedores de realizaren prestacións periódicas duradeiras (SS. 19-11-1927, 11-4-1930 y 23-11-1936).
Así xa temos perfectamente perfilada á, institución da que estamos a tratar, un vitalicio gue dentro da autonomía da vontade dos contratantes inclúe unha renda vitalicia pero sin que de aí se poida tirar, como indican as SSTS de 28-5-1965; 21- 10-1992, a aplicabilidade ó contrato atípico de vitalicio dos preceptos da renda vitalicia.
TERCEIRO.- A STS de 12/11/73 ensínanos que a institución do vitalicio en todo caso comprende, ademáis de vestido, asistencia médica e todo tipo de axudas e coidados materiais, os coidados afectivos, sen que estas últimas sexan obrigas complementarias ou secundarias senón que son de análogo ou similar rango que as demáis, e aquí reside unha das diferencias respecto da renda vitalicia.
CUARTO.- A cuestión que agora estamos a dilucidar debemos derivala dos seguintes feitos: 1.- Entre cedente e cesionarios se constituíu o contrato de vitalicio de data 2/3/93 que temos xa indicado. 2.- No curso da convivencia entre as partes houbo boa disposición mutua nun principio e así chegóuse a un acordo polo que, dentro da partida primeira das cedidas, se levou a cabo a rehabilitación ou reconstrucción da "casa de labranza en mal estado de conservación", de xeito tal que na mesma e sobre un presuposto total de máis de catorce millóns de pesetas de obra o cedente, D. E, contribuiu cos seus aforros, algo máis de cinco millóns de pesetas, sufragando o resto do importe da obra os cesionarios. Así levouse a convivencia xa na casa remozada ata que D.E no mes de outubro de 1997 decidiu que, por consecuencia dos malos tratos de que era obxecto dentro de tal convivencia, abandonaba isa morada para trasladarse a vivir ó asilo de Viveiro.
O punto neurálxico desta resolución ten que vir determinado pola concreción de si temos ou non por acreditado que se ten dado proba de que isa decisión de D. E, de abandonar o que era o seu domicilio, tiña como motivo o incumprimento das obrigas por parte dos cesionarios. En tal sentido será preciso sinalar que o contrato de vitalicio responde o desexo de seguridade, protección e coidado na vellez na que o cedente coa pretensión de verse amparado, non só material senón tamén afectivamente, cede os seus bens a cambio de garantirse isas dúas, asistencias -a material e a afectiva--.
Resulta evidente, que a proba do incumprimento das obrigas asumidas polos cesionarios presenta, obxectivamente, serios problemas pois os coidaddos persoais e afectivos se moven, necesariamente, no ámbito das relacións cuasi-familiares que se desenvolven dentro da convivencia no fogar e que, por iso mesmo, non adoitan ser observadas nen presenciadas por terceiras persoas alleas a propia convivencia. A.. deberemos de movemos no ámbito das presuncións e como tales no presente suposto temos as seguintes: que por parte do cedente se dá no curso da relación unha boa vontade palmaria da que son mostras inequivocas que malia a existencia dunha obriga de pago dunha renda anual de duascentas mil pesetas e aínda que a mesma foi incumprida en todo momento o cedente nunca fixo reclamación desa cantidade; que posibilitou que os cesionarios fixeran uso de, prácticamente, todo o seu diñeiro ata producire o esgotamento da súas contas bancarias, desembolsando así máis de cinco millóns de pesetas que foron investidos nas obras de rehabilitación da casa. Así para se produciren a modificación de xeito de vida, -pas ar de vivir nun fogar-familiar (ou cando menos cuasifamiliar) que, sen dúbida, era a pretensión e a xustificación do contrato, a residir nun asilo- é evidente que se tivo que producir unha situación de incomodidade por parte de D. E e aquí é onde entendemos que entra a proba testemuñal que, nas persoas de Dª M e Dª E, nos esclarecen cal é a causa desa decisión, sen dúbida traumática para D. E, de cambiar a vida na casa e no propio pobo pola vida nun asilo en Viveiro, é ambalasdúas testemuñan que D. E reiteraba, tódolos días dí Dª M (cuarta pregunta), que non estaba conforme co trato que lle daban, que non o trataban ben e que o maltrataban. Como, según dixemos, a boa vontade de D. E resulta palmaria desde un inicio tamén parece plenamente verosímil que a súa decisión de abandona-la casa para irse ó asilo veu, determinada por esa ausencia de trato afectivo dentro da casa e como, "ex abundantia", está acreditado que D. E fixo, fronte a pagos de asistencia sanitaria, que de certo, recibí u con independencia de que tamén tivera dereito a que lle foran proporcionados pola seguridade social, durante os años 1995, 1996 e 1997, polo tanto antes de abandona-la casa, parece, a xuízo en conciencia desta Sala, que se produciu o incumprimento dos deberes de asistencia, así material como afectiva, por parte dos cesionarios e que, polo tanto, entrará en vixencia a previsión do artigo 1124 para os supostos de incumprimento dos contratos bilaterais ou sinalagináticos.
QUINTO - Así entendemos que se está no caso de que, en execución de sentencia se dea lugar á previsión do art. 99.2 da Lei de Dereito Civil de Galicia, que sinalamos a efectos só interpretativos, é dicir que se produce a rescisión, menor sería dicir resolución, do contrato e así o cedente recobrará a titularidade dominical dos bens cedidos no contrato de 2/3/1993 pero tamén virá na obriga de indemnizar ós cesionarios tanto no importe do por estes investido na reparación da casa 9.700.193 pts. (14.820.000 - 5.119.807), como nas cantidades que se acrediten en execución de sentencia coma correspondentes ós gastos ocasionados polo cedente durante o tempo da súa, convivencia.
Tamén os cesionarios veñen na obriga de abonar ó cedente as cantidades adeudadas polo concepto de renda anual, sinalándose como "dies ad quem" a mensualidade de setembro de mil novecentos noventa e sete, pois en outubro D. E deixou a casa, é dicir pagarán as anualidades correspondentes ata marzo de 1997 e logo ata setembro o cálculo prorrateado que corresponda a eses meses.
Asimesmo os demandados deberán de pagar ó demandante a cantidade de trinta e dúas mil pesetas por asistencia sanitaria recibida por D. E antes do citado mes de setembro de 1997.
SEXTO.- A propia esencia da discusión que xorde neste litixio xustifica que non se faga especial pronunciamento no que se refira ó pago das custas en ningunha das dúas instancias pois as reclamacións son alternativas e unha se estiman e outras non na súa totalidade.
Visto-los artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación ó caso.
DECIDIMOS
Que, revogando a sentencia dictada, en data 9/7/99, pola Sra. Xuíza de Primeira Instancia nº Dous de Viveiro, debemos de estimar e estimamo-la demanda interposta en representación de D. E contra D. J e Dª E, e así declaramos resolto o contrato de data dous de marzo de mil novecentos noventa e tres celebrado entre demandante e demandados, decretando a cancelación das inscripcións que haxa no Rexistro da Propiedade derivadas de tal contrato. En execución de sentencia se determinará cal sexa a cantidade indemnizatoria que o actor deba de satisfacer ós demandados, segundo as bases dispostas no fundamento quinto desta resolución. Así por esta a nosa sentencia pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
PUBLICACION.- A anterior sentencia foi lida e publicada polo Maxistrado Ilmo. Sr. D. Edgar Amando Fernández audiencia pública celebrada polo Tribunal no mesmo día da súa data diante de min Secretario do que dou fe.
