Sentencia Civil Nº 340/20...re de 2014

Última revisión
14/07/2015

Sentencia Civil Nº 340/2014, Audiencia Provincial de A Coruña, Sección 6, Rec 24/2013 de 30 de Diciembre de 2014

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 11 min

Orden: Civil

Fecha: 30 de Diciembre de 2014

Tribunal: AP - A Coruña

Ponente: TALLON GARCIA, LORENA

Nº de sentencia: 340/2014

Núm. Cendoj: 15078370062014100562

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 (DESPL)

A CORUÑA

SENTENCIA: 00340/2014

AUDIENCIA PROVINCIAL DE A CORUÑA

SECCIÓN SEXTA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Rollo: RECURSO DE APELACION (LECN) 24/2013

Ilmo/s. Sr/es. Magistrado/s:

Don ANGEL PANTIN REIGADA -PRESIDENTE-

Don JOSÉ GÓMEZ REY

Dona LORENA TALLÓN GARCÍA

SENTENZA

NÚM. 340/14

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2014.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña, con Sede en Santiago de Compostela, os autos do procedemento ordinario núm. 480/2011, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia núm. 5 de Santiago de Compostela, aos que correspondeu o rolo recurso de apelación núm. 24/2013, nos que aparece como parte apelante a entidade Servinor Prevención SL), representada pola procuradora dona Rita Gomil Martínez e asistida polo letrado don Francisco Javier Alnso González, e como parte apelada e impugnante dona Emilia , representada polo procurador don Óscar Pérez Gorís e asistida pola letrado dona María del Mar Fernández Romero, sendo Xuíz Relator dona LORENA TALLÓN GARCÍA, quen expresa o parecer da Sala, formulando os seguintes antecedentes de feito, fundamentos xurídicos e dispoño.

Antecedentes

PRIMEIRO.-Seguido o litixio en cuestión polos trámites legais ante o Xulgado de Primeira Instancia núm. 5 de Santiago de Compostela, ditouse Sentenza en cuxa parte dispositiva se establece: 'Desestimando la demanda interpuesta por la procuradora dona Rita Gomil Martínez en nombre y representación de la entidad Servinor Prevención SL contra doña Emilia debo absolver y absuelvo a la demandada de las pretensiones contenidas en el suplico de la demanda. Todo ello conexpresa imposición de costas a la parte demandante.

Estimando parcialmente la reconvención interpuesta por el procurador don Óscar Pérez Gorís en nombre y representación de doa Emilia contra la entidad Servinor Prevención SL debo condenar y condeno a la demandada a abonar a la actora la cantidad de seis mil ciento setenta y tres euros con setenta y seis céntimos (6.173,76€), más el interés legal desde la fecha de la presentación de la demanda reconvencional. Todo ello sin hacer expresa imposición de costas'.

SEGUNDO.-Notificada dita resolución ás partes, a representación procesual de Servinor Prevención SL interpuxo recurso de apelación. Admitido a trámite o devandito recurso e cumpridos os trámites correspondentes, eleváronse as actuacións a este Tribunal, sinalándose para a deliberación, votación e dispoño, o 13 de novembro de 2014, en que tivo lugar o acordado.

TERCEIRO.-Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais.


Fundamentos

Acéptanse os expostos na Sentenza apelada.

PRIMEIRO.-A parte recorrente impugnou en apelación, sometendo a consideración xudicial en alzada, a Sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 5 de Santiago de Compostela, en data 11 de novembro de 2012 . Concretamente, a apelante, invocando o erro na valoración da proba, interesou a revogación do pronunciamento polo que se estimou parcialmente a reclamación de cantidade deducida pola demandada en vía reconvencional, e a conseguinte desestimación íntegra de dita pretensión ou, no seu defecto un incremento do desconto a efectuar sobre a cantidade reclamada de contrario al menos a un 75%. Subsidiariamente para o suposto de que no se estimase a apelación interesou a corrección do erro material apreciado na parte dispositiva da resolución apelada xa que na mesma se condena a recorrente ao pago de 6.173,76€ cando a contía que correspondería fixar sería de 5.788,32€. Segundo a recorrente segundo se desprende do último parágrafo do fundamento xurídico terceiro a contía que debe abonar a recorrente sería o resultado de detraer da suma de 7.717,20€ o 25% de dita cantidade, isto é 1.929,44€ e non como se recolle na sentenza a suma de 1.543,44€.

Pola súa banda a parte apelada presentou escrito de oposición manifestando, en primeiro termo, a súa conformidade coas alegacións efectuadas de contrario en torno ao erro material apreciado na parte dispositiva da resolución apelada. En segundo termo a apelada opúxose as pretensións revogatorias deducidas de contrario e impugnou o pronunciamento polo se estimou parcialmente a pretensión reconvencional, ao entender que a cantidade reclamada pola demandante reconvencional non debe someterse a dedución ningunha ou, subsidiariamente, debe suxeitarse a unha dedución do 10%, dado que as deficiencias construtivas que se consideran acreditadas na sentenza recorrida son de moi escasa entidade.

SEGUNDO.-Esta Sala, tras unha nova análise e valoración das probas practicadas, ao abeiro dos escritos de alegacións das partes, chega as mesmas conclusións que o Xulgador de instancia, procedendo, polo tanto, a confirmación da resolución recorrida, cuxos pronunciamentos non se poden entender desvirtuados polas consideracións expostas nos referidos escritos.

Certamente como se recolle na Sentenza apelada á demandada procede imputarlle un incumprimento leve do contrato de execución de obra con aportación de materiais subscrito coa demandante en virtude do que a primeira asumiu a obriga de executar a fachada do NUM000 do edificio sito na AVENIDA000 núm. NUM001 , Bertamiráns, Ames, así como o subministro dos materiais necesarios para a realización de dita obra.

Unha análise comparativa dos tres informes periciais achegados as actuacións, tal e como razoa o Xulgador de instancia, debe levar a recoñecer unha maior precisión e un maior rigor ao informe pericial elaborado pola perito dona Luz .

Tal e como se recolle na resolución recorrida o informe pericial elaborado polo perito don Pedro Jesús , achegado pola demandante, efectuase sobre a base de dúas visitas ao inmoble, realizadas os días 8 e 10 de febreiro de 2011, o que supón que as consideracións que se recollen no mesmo reflicten un estado distinto ao que esta presentaba no momento da interposición da demandada toda vez que, entre os días 10 de febreiro e 28 do devandito mes, a demandada realizou, tal e como recoñeceron as partes, diferentes actuacións sobre a mesma. Consecuentemente debe concluírse que o devandito informe non traslada unha visión fidedigna da realidade da fachada no momento en que a demandada realizou a reclamación xudicial. De feito tal e como se constata na resolución recorrida a pericial elaborada polo sr. Pedro Jesús recolle unha serie de defectos xa subsanados pola demandada antes da reclamación xudicial ao non tomar en consideración o estado final da obra.

Pola súa banda o informe do perito sr. Ernesto , no que a demandante apoiou as súas pretensións, presenta unha serie de imprecisións e a adoece de cualificadas faltas de concreción que impiden a asunción das consideracións recollidas no mesmo. O informe conclúe que a fachada realizada pola demandada presentaba xuntas que non eran homoxéneas derivadas dun erro no replanteo dos rastreis empregados de guía para colocar as bandexas. Sen embargo, tal e como se sinala na resolución impugnada:

1º.- Pese a que o perito identifica como orixe do problema o defectuoso replanteo do paneis da fachada non efectuou medición ningunha dos mesmos que permitise corroborar a súa tese.

2º.- Non concreta nin a separación das xuntas indicando simplemente que estas oscilan nun marxe de 8 a 30 mm., nin o número de bandexas afectadas por esta circunstancia.

3º.- O perito recoñeceu que trala visita realizada á edificación o 28 de febreiro de 2011, unha vez que a demandada realizou as últimas actuacións sobre a fachada, a falta de homoxeneidade entre as xuntas se corrixira en parte. Todo elo sen chegar a concretar as zonas que segundo o seu criterio continuarían afectadas pola falta de homoxeneidade. Así mesmo recoñeceu que a rotura da liña recta que se apreciaba nalgúns puntos da fachada quedou subsanada trala última intervención da demandada.

Fronte ás dúas periciais referidas o informe emitido por dona Luz parte dunha análise das marxes de separación permitidos segundo o fabricante e as normas tecnolóxicas da edificación e, considerando estes extremos e as condicións que presentaba a fachada conclúe que non se superan ditas marxes, recoñecendo que catro ou cinco bandexas poderían ser reaxustadas. Así mesmo establece que os rastreis non presentaban problema ningún, precisando que so apreciou deformación nas bandexas situadas na zona onde se ubica o aire acondicionado, descoñecendo a causa de dita deformación. Tendo en conta o exposto a perito conclúe que non é necesario retirar todos os paneis senón so reaxustar catro ou cinco pranchas porque os elementos de anclaxe teñen tolerancias, podendo axustarse as bandexas xa que os perfís admiten ata un 2% de modificación.

Lonxe do argumentado pola apelante a testemuña don Romulo veu a referendar o criterio sostido pola perito dona Luz ao indicar que, no seu criterio, os problemas que presentaba a fachada se poderían subsanar substituíndo algunhas das bandexas por outras tendo en conta que os perfís se poderían axustar, aplomar e refacer algunhas bandexas, non sendo necesario substituír a fachada enteira.

Sentado que a execución da obra contratada presentaba deficiencias que afectan a catro ou cinco bandexas, requirindo a súa substitución e que esta é posible sen alterar os demais elementos que conforman a fachada a Sala considera ponderado e axustado ao alcance das devanditas deficiencias o criterio do Xulgador a quo conforme ao que as mesmas se deben traducir nunha redución da contía reclamada pola demandada reconvinte do 25% da mesma.

TERCEIRO.-Conforme ao disposto nos arts. 267.1 da LOPX e 214.1 da LAC, os tribunais non poderán varias as resolución que pronuncien despois de asinadas. O principio de intanxibilidade ou invariabilidade das resolucións xudiciais, que sancionan os referidos artigos, segundo ven sinalando de maneira reiterada o Tribunal Constitucional encontra fundamento tanto no principio de seguridade xurídica ( art. 9.3 da CE ) como, e sobre todo, no dereito á tutela xudicial efectiva sen indefensión ( art. 24.1 de la CE ) ( SSTC, entre outras 159/2000 de 12-06 , 111/2000 de 5-5 ). No obstante, tanto a xurisprudencia como o lexislador modulan a denominada intanxibilidade das resolución xudiciais mediante o recoñecemento dunha serie de excepcións ao devandito principio, que se canalizan a través dos institutos da aclaración, a rectificación, a subsanación e o complemento das resolucións xudiciais (previstos nos arts. 214 e 215 da LAC). Ditas figuras responden á necesidade de conciliar a seguridade xurídica coa efectividade da tutela que, como é notorio, non alcanza a integrar un suposto dereito a beneficiarse de erros materiais ou de evidentes omisións na redacción ou transcrición do dispoño que poidan deducirse, con toda certeza, do propio texto da sentenza ( STC 162/2006 de 22-5 ). En concreto a posibilidade da rectificación de erros materiais ou aritméticos recóllese expresamente no art. 214.3 da LAC conforme ao que 'os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións dos Tribunais e Secretarios Xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento'.

Tendo en conta o exposto polo que atinxe ao erro aritmético invocado pola apelante, verificado o mesmo trala consideración conxunta do fundamento xurídico terceiro da resolución apelada e a súa parte dispositiva procede a súa corrección fixando a suma a abonar pola apelante en 5.787,90€; contía que resulta de deducir da suma reclamada pola demandada en vía reconvencional (7.717,20€) o 25% da mesma (1.929,30€).

CUARTO.-A desestimación do recurso de apelación formulado pola representación procesual de Servinor Prevención SL e a desestimación da impugnación formulada por dona Emilia comportará a imposición a cada parte das custas causadas nesta alzada polos seus recursos , (conforme aos artigos 398.1 e 394 da LAC); á primeira pola apelación e á segunda pola impugnación.

Por todo o exposto, vistos os preceptos legais citados, os seus concordantes e demais de xeral e pertinente aplicación

Fallo

A Sala acorda desestimar o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Servinor Prevención SL así como a impugnación promovida pola representación procesual de dona Emilia e, en consecuencia confirma a Sentenza apelada ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 5 de Santiago de Compostela, con expresa imposición das custas desta alzada aos recorrentes.

Así mesmo a Sala acorda a rectificación do erro aritmético apreciado na Sentenza apelada e, en consecuencia, a cantidade a cuxo pago procede condenar á demandante reconvida fíxase na suma de 5.787,90€.

Notifíquese esta resolución, en legal forma, ás partes e fágaselles saber que, conforme preceptúa o artigo 248-4º da Lei Orgánica do Poder Xudicial , contra ela cabe recurso de casación por interese casacional que deberá interpoñerse, ante esta Sección, no prazo de 20 días a contar dende o seguinte a notificación da mesma.

Dentro do prazo legal, devólvanse as actuacións orixinais con testemuño desta resolución ao Xulgado de procedencia, para a súa execución e cumprimento.

Así por esta resolución da que se porá certificación literal no Rolo de Sala da súa razón, incluíndose o orixinal no Libro correspondente, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION.-Dada y pronunciada fué la anterior Sentencia por los Ilmos. Sres. Magistrados que la firman y leída por el/la Ilmo. Magistrado Ponente en el mismo día de su fecha, de lo que yo el/la Secretario certifico.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.