Última revisión
14/07/2015
Sentencia Civil Nº 35/2015, Audiencia Provincial de A Coruña, Sección 6, Rec 393/2014 de 06 de Marzo de 2015
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 14 min
Orden: Civil
Fecha: 06 de Marzo de 2015
Tribunal: AP - A Coruña
Ponente: TALLON GARCIA, LORENA
Nº de sentencia: 35/2015
Núm. Cendoj: 15078370062015100103
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 (DESPL)
A CORUÑA
SENTENCIA: 00035/2015
ROLO: RECURSO DE APELACIÓN (LECN) 393/14
Ilmo/s. Sr/es. Maxistrado/s:
D. ÁNGEL PANTÍN REIGADA -PRESIDENTE-
Dª LORENA TALLÓN GARCÍA
Dª CARMEN VILARIÑO LÓPEZ
SENTENZA
NÚM. 35/15
Santiago de Compostela, 6 de marzal de 2015.
Visto en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña, con Sede en Santiago de Compostela, os autos do procedemento de medidas definitivas, garda, custodia e alimentos núm. 460/2013, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción núm. 1 de Ribeira, aos que correspondeu o rolo recurso de apelación núm. 393/2014, nos que aparece como parte apelante dona Constanza , representada pola procuradora dona Susana Sánchez Barreiro, e como parte apelada don Urbano , representado pola procuradora dona Delfina Pariente Pouso, coa intervención do MINISTERIO FISCAL, sendo Xuíz Ponente dona LORENA TALLÓN GARCÍA, quen expresa o parecer da Sala, formulando os seguintes antecedentes de feito, fundamentos xurídicos e dispoño.
Antecedentes
PRIMEIRO.-Seguido o litixio en cuestión polos trámites legais ante o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción núm. 1 de Ribeira, ditouse Sentenza en cuxa parte dispositiva se estableceu: 'Que estimando parcialmente la demanda interpuesta por la demandante Dª Constanza contra el demandado D. Urbano se acuerdan las siguientes medidas reguladoras de los efectos de la ruptura de la unión de hecho integrada por los mismos respecto del hijo común:
1º.- Se atribuye la guarda y custodia del menor Jacinto a su madre Dª Constanza correspondiendo la patria potestad a ambos progenitores.
El régimen de visitas consistirá en fines de semana alternos desde las 20:00 h del viernes hasta las 20:00 h del domingo. En las vacaciones corresponderá la mitad de la Semana Santa y Navidad para ambos padres y en el verano el régimen será progresivo siendo una semana en el mes de junio, otra en el mes de julio y otra semana en el mes de agosto a elección del padre según su actividad laboral. En el año siguiente el régimen será el ordinario.
2º.- Don Urbano abonará en concepto de pensión por alimentos a favor de su hijo la cantidad de 150€ mensuales que serán abonados por meses anticipados y dentro de los cinco primeros días de cada mes en la cuenta corriente que se designe, cantidad que será actualizada anualmente según el índice que establezca el Instituto Nacional de Estadística, u organismo que los sustituya, más la mitad de los gastos extraordinarios, que sean necesarios, justificados, imprevisibles y no periódicos para la educación o salud de Jacinto y no se encuentren estos últimos cubiertos por la seguridad social o seguro médico'.
SEGUNDO.-Notificada dita resolución ás partes, a representación procesual de dona Constanza interpuxo recurso de apelación, tras cuxa admisión, cumpridos os trámites correspondentes, eleváronse as actuacións a este Tribunal, sinalándose deliberación, votación e dispoño, o 26 de febreiro de 2015, en que tivo lugar o acordado.
TERCEIRO.-Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais.
Fundamentos
PRIMEIRO.-A recorrente impugnou en apelación, sometendo a consideración xudicial en alzada, o pronunciamento contido na Sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ribeira, en data 31 de xullo de 2014 , no procedemento do procedemento de medidas definitivas, garda, custodia e alimentos núm. 460/2013, relativo á fixación da pensión de alimentos a favor do menor de idade Jacinto .
A Sentenza apelada fixou a pensión de alimentos a cargo do proxenitor non custodio e a favor do menor Jacinto na contía de 150€ argumentando 'se considera razonable fijar la pensión que debe abonar el padre en 150€ que se considera que es el mínimo a establecer en una pensión de alimentos'e invocando acto seguido a doutrina sentada pola Audiencia Provincial de A Coruña en torno pensión de alimentos mínima.
A recorrente interesou en apelación a revogación do referido pronunciamento e a fixación, a cargo do proxenitor non custodio, dunha pensión de alimentos por importe de 300€ mensuais a abonar dende a data da presentación da demanda que deu orixe a estas actuacións. Segundo argumentou a recorrente a Sentenza procede a aplicar erroneamente o concepto de mínimo vital manexado pola xurisprudencia por canto da proba practicada non cabe inferir que o proxenitor non custodio conte cuns recursos económicos exiguos, presuposto que debe concorrer para a aplicación do mínimo vital.
Pola súa parte o recorrido opúxose á estimación de dita pretensión, interesando a confirmación do pronunciamento impugnado.
SEGUNDO.-A pensión alimenticia dos fillos menores de idade, como reiteradamente, dende hai décadas, veñen sinalando o Tribunal Supremo ( STS de 2 de decembro de 1987 ) e o Tribunal Constitucional (STC de 12 de de decembro de 1984) é una medida de ius cogens; o art. 93 do CC sinala de modo imperativo ao xulgador de instancia a obrigación de determinar a contribución dos proxenitores aos alimentos dos fillos menores de idade.
A mencionada obrigación alimenticia, respecto dos fillos menores, conforme ao disposto nos arts. 110 e 154 do CC , deriva da patria potestade, configurándose como una obrigación ex lege que existe incondicionalmente. Dita incondicionalidade implica, dunha parte, que será indiferente para o nacemento da obrigación alimenticia que o proxenitor obteña ou non algún tipo de ingresos, xa que os alimentos que un pai lle debe a o seu fillo é una obrigación que xorde dende o seu nacemento, sen que a mesma poida quedar valeira de contido pola alegación de que carece de bens. Doutra parte implica que, se ben a pensión alimenticia será proporcional ao caudal e medios do que os da e ás necesidades de quen os recibe, sempre debe ter un contido mínimo e indispensable para atender ás necesidades básicas de subsistencia do menor. Nesta liña o Tribunal Supremo ten sinalado que 'lo dispuesto en los arts. 146 y 147 del CC sólo es aplicable a alimentos debidos a consecuencia de la patria potestad con carácter indicativo y con las matizaciones necesarias'.
Precisamente para atender ao carácter incondicional da obrigación de prestar alimentos aos fillos menores de idade a doutrina e a xurisprudencia viñeron a fixar o concepto de mínimo vital; expresión coa que se invoca o mínimo imprescindible para el desenvolvemento da existencia do menor en condicións de suficiencia e dignidade aos efectos de garantir, cando menos, e na medida do posible, un mínimo desenvolvemento físico, intelectual e emocional ao que deben coadxuvar os seus proxenitores por razón das obrigacións asumidas polos mesmos pola súa condición de tal ( SAP Alacante de 10 xuño de 2010). Así entendido procede acudir a fixar como pensión de alimentos un mínimo vital nos supostos nos que o proxenitor obrigado a prestar dita pensión se atopa nunha situación económica precaria (supostos de percepción de subsidio de desemprego ou de pensión por incapacidade, cuxos importes se sitúan no entorno do salario mínimo interprofesional ou por debaixo, sen ingresos por outros conceptos nin patrimonio). Nesta liña se posicionou a Sentenza da AP de Soria de 3 de novembro de 2010 ao establecer, ante a situación de paro do proxenitor non custodio, '... la cantidad establecida de 120 euros mensuales para su hija es un mínimo vital...'; a Sentenza da AP de Pontevedra de 10 de setembro de 2010 na que se subliñou '...aunque el padre lleve cuatro años en el paro y no perciba ingresos, procede fijar una pensión de alimenticia a favor del hijo...'; ou a Sentenza da AP de Madrid de 16 de febreiro de 2006 ao indicar '...percibiendo el padre sólo 368,40€ por el subsidio de desempleo, procede fijar una pensión de aliemntos apra los hijos de 150€/mes...'. Na mesma liña xurisprudencial incardínanse con rotundidade os pronunciamentos desta Audiencia Provincial. Así a Sentenza da Sección 6 da AP de A Coruña de data 28 de mayo de 2014 veu a confirmar, invocando o concepto de mínimo vital a Sentenza de instancia que fixaba a pensión de alimentos a abonar polo proxenitor non custodio, en situación de desemprego e sen percepción de subsidio ningún en 120€ mensuais para os dous fillos menores. No mesmo senso a Sección 6 da AP de A Coruña en Sentenza de 30 de decembro de 2013 confirmou a Sentenza que fixa a pensión de alimentos a cargo da proxenitora non custodia en 75€ mensuais, para cada fillo, ao non constar que a mesma se atopase traballando ou percibise subsidio de desemprego. Máis recentemente a Sentenza da sección 3 da AP de A Coruña de data 9 de xaneiro de 2015 confirmou o pronunciamento de instancia polo que se fixaba a pensión de alimentos, a cargo do proxenitor custodio e en favor dos dous fillos menores de idade, en 200€ cando os ingresos mensuais do primeiro ascendían á suma de 426€ percibidos en concepto de subsidio de desemprego.
TERCEIRO.-No suposto que nos ocupa, un novo exame dos elementos de proba achegados a estas actuacións permite concluír, respecto da capacidade económica do proxenitor custodio, sra. Constanza , que percibe en concepto de pensión por incapacidade absoluta uns ingresos mensuais de 730€; que é propietaria dunha vivenda, sita en Ribeira, gravada cun préstamo hipotecario cuxa cota mensual ascende a contía de 268,55€; que asume os gastos de impostos da devandita vivenda así como os consumos de auga, lixo e electricidade mensuais cuxo importe se sitúa en torno aos 100€ mensuais, segundo recibos que constan nas actuacións.
Pola súa parte, o proxenitor non custodio, segundo el mesmo recoñeceu, percibe un salario mensual de 1.162€ e ten uns gastos mensuais de 640,54€ (250€ por aluguer de vivenda; 210,54€ cota de amortización dun préstamo; 180€ pensión de alimentos de dous fillos dun matrimonio anterior de 16 e 21 anos de idade).
Xunto ao anterior, en defecto de proba concreta, hai que presupoñer que o menor, Jacinto , nacido o NUM000 de 2007, ten os gastos de alimentación, vestido e educación propios dun neno da súa idade, que acude a un centro de educación público e no que non concorre ningunha circunstancia ou enfermidade que xere gastos cualificados.
Sentado canto antecede esta Sala non pode senón discrepar do criterio acollido na resolución impugnada rexeitando, conforme a doutrina xurisprudencial exposta a aplicación do concepto de mínimo vital ao suposto que nos ocupa por canto consta que o proxenitor non custodio percibe un salario de 1.162€ mensuais. Consecuentemente, ponderando as capacidades económicas de ambos proxenitores anteriormente descritas e as necesidades do menor Jacinto , procede fixar a pensión de alimentos a cargo do proxenitor non custodio na contía de 225€ mensuais.
A devandita pensión de alimentos abonarase dende a data da presentación da demanda asumindo a doutrina fixada polo TS en Sentenza de 14 de xuño de 2011 ao indicar: 'Los alimentos debidos a los hijos menores de edad en casos de separación de sus progenitores participan de la naturaleza de los que deben prestarse como consecuencia de la patria potestad y de los alimentos entre parientes en general, aunque tienen características propias, como consecuencia de las circunstancias en que se declara la obligación de prestarlos.
Es cierto también que la regla general en los temas de disolución del matrimonio por divorcio es que la sentencia produce efectos desde la firmeza, porque se trata de constituir una situación nueva y por ello, el Art. 89 CC establece que la sentencia en que se declare el divorcio 'producirá efectos a partir de su firmeza', lo que se confirma en el Art. 95 CC , en relación al momento en que tiene lugar la liquidación del régimen económico matrimonial.
Sin embargo, en materia de alimentos, el Art. 148 CC contiene una norma distinta, que si bien evita los efectos retroactivos de la obligación de prestar alimentos al momento en que se produce la necesidad, establece que los alimentos 'no se abonarán sino desde la fecha en que se interponga la demanda'. Esta regla se refiere únicamente a la petición de los alimentos, puesto que como afirma la STS 328/1995, de 8 abril , una cosa es que se haya reconocido la relación jurídica de que derivan los alimentos y otra que estos se soliciten en tiempo y forma con fijación de la pensión, los plazos de abono de los mismos y la forma de hacerlos efectivos.
La cuestión que se plantea en este recurso es si existe una diferencia total y absoluta entre los alimentos debidos en casos de procedimientos por causa de la crisis familiar y los debidos de acuerdo con los arts. 142 y ss CC . La citada STS 328/1995 de 5 octubre dijo ya que 'no es sostenible absolutamente que la totalidad de lo dispuesto en el Título VI del Libro I del Código civil, sobre alimentos entre parientes, no es aplicable a los debidos a los hijos menores como un deber comprendido en la patria potestad' , doctrina repetida en la STS 917/2008, de 3 octubre , que declara aplicable el art. 148.1 CC , cuyo contenido ha sido ya reproducido.
Por ello debe declararse la siguiente doctrina: Debe aplicarse a la reclamación de alimentos por hijos menores de edad en situaciones de crisis del matrimonio o de la pareja no casada la regla contenida en el Art. 148.1 CC , de modo que, en caso de reclamación judicial, dichos alimentos deben prestarse por el progenitor deudor desde el momento de la interposición de la demanda.'
CUARTO.-Non procede a imposición das custas desta instancia atendida a natureza da materia obxecto de controversia.
Por todo o exposto, vistos os preceptos legais citados, os seus concordantes e demais de xeral e pertinente aplicación
Fallo
A Sala acorda estimar o recurso de apelación interposto pola procuradora dona Susana Sánchez Barreiro, en representación de dona Constanza , e, en consecuencia revoga parcialmente a Sentenza de data 31 de xullo de 2014, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ribeira no procedemento de medidas definitivas,garda, custodia e alimentos núm.460/2013 , de maneira que, manténdose os demais pronunciamentos a pensión de alimentos a cargo do proxenitor non custodio debe fixarse na contía de 225€ mensuais, debendo abonarse dita pensión dende a data da interposición da demanda que deu orixe a estas actuacións.
Todo elo sen imposición das custas xeradas na segunda instancia.
Notifíquese esta resolución, en legal forma, ás partes e fágaselles saber que, conforme preceptúa o artigo 248-4º da Lei Orgánica do Poder Xudicial , contra ela cabe recurso de casación por interese casacional que deberá ser interposto ante esta Sección, no prazo de 20 días a contar dende o seguinte a notificación da mesma.
Dentro do prazo legal, devólvanse as actuacións orixinais con testemuño desta resolución ao Xulgado de procedencia, para a súa execución e cumprimento.
Así por esta resolución da que se porá certificación literal no Rolo de Sala da súa razón, incluíndose o orixinal no Libro correspondente, o pronunciamos, mandamos e asinamos.
PUBLICACIÓN.- Dada, lida e publicada foi a anterior Sentenza pola Xuíz que a ditou, estando celebrando audiencia pública nomesmo día da súa data, do que eu, o Secretario Xudicial, dou fe.

