Sentencia Civil Nº 36/201...zo de 2015

Última revisión
14/07/2015

Sentencia Civil Nº 36/2015, Audiencia Provincial de A Coruña, Sección 6, Rec 403/2014 de 06 de Marzo de 2015

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 11 min

Orden: Civil

Fecha: 06 de Marzo de 2015

Tribunal: AP - A Coruña

Ponente: TALLON GARCIA, LORENA

Nº de sentencia: 36/2015

Núm. Cendoj: 15078370062015100101

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 (DESPL)

A CORUÑA

SENTENCIA: 00036/2015

ROLO: RECURSO DE APELACIÓN (LECN) 403/14

Ilmo/s. Sr/es. Maxistrado/s:

D. ÁNGEL PANTÍN REIGADA -PRESIDENTE-

Dª LORENA TALLÓN GARCÍA

Dª CARMEN VILARIÑO LÓPEZ

SENTENZA

NÚM. 36/15

Santiago de Compostela, 6 de marzal de 2015.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de A Coruña, con Sede en Santiago de Compostela, os autos do procedemento de modificación de medidas definitivas seguidos con núm. 175/2014 ante o Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela, aos que correspondeu o rolo recurso de apelación núm. 403/2014, nos que aparece como parte apelante don Elias , representado pola procuradora dona Beatriz Fernández Castelo, e como parte apelada dona Eva , representada pola procuradora dona Beatriz Cerviño Gómez, con intervención do Ministerio Fiscal, sendo Xuíz relator dona LORENA TALLÓN GARCÍA, quen expresa o parecer da Sala, formulando os seguintes antecedentes de feito, fundamentos xurídicos e dispoño.

Antecedentes

PRIMEIRO.-Seguido o litixio en cuestión polos trámites legais ante o Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela, ditouse Sentenza en cuxa parte dispositiva se estableceu: 'Que debo estimar y estimo la demanda deducida por la procuradora Sra. Cerviño Gómez en nombre y representación de doña Eva asistida del letrado Sr. Paz Esquete frente a don Elias representado por la procuradora Sra. Fernández Castelo y asistido de la letrada Sra. Arza Galán, con intervención de la representante del Ministerio Fiscal dada la concurrencia de hijas menores de edad y en consecuencia procede acordar respecto de lo establecido en sentencia de divorcio contencioso de fecha 28-9-2010 del Juzgado de Primera Instancia núm. 2 de Santiago de Compostela la supresión del régimen de estancias y comunicación del progenitor no custodio establecido en favor del demandado en sentencia de divorcio contencioso de fecha 16-3-2006 y modulado en previa sentencia de modificación de medidas definitivas aquella 25-5-2013 del Juzgado de Primera Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela .

Cada parte pagará las costas causadas a su instancia y las comunes por mitad'

SEGUNDO.-Notificada dita resolución ás partes, a representación procesual de don Elias interpuxo recurso de apelación polo que, admitido este e cumpridos os trámites correspondentes, eleváronse as actuacións a este Tribunal, sinalándose deliberación, votación e dispoño, o 26 de febreiro de 2015, en que tivo lugar o acordado.

TERCEIRO.-Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais.


Fundamentos

PRIMEIRO.-Acéptanse e compártense os fundamentos de dereito recollidos na sentenza apelada, que se dan por reproducidos, como parte integrante desta resolución, en aras a evitar inútiles reiteracións.

SEGUNDO.-O recorrente impugnou en apelación, sometendo a consideración xudicial en alzada, a Sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela, en data 15 de setembro de 2014, no procedemento de modificación de medidas seguido con núm. 175/2014 , pola que se acordou a supresión do réxime de estancia e comunicación establecido para o apelante, en tanto que proxenitor non custodio, respecto das dúas fillas menores de idade, na Sentenza de divorcio contencioso de data 16 de marzal de 2006, modulada por Sentenza de modificación de medidas definitivas de 24 de maio de 2013 .

A parte apelante, invocando erro na valoración da proba practicada, interesou en apelación a revogación da resolución impugnada co conseguinte mantemento do réxime de visitas establecido na Sentenza de divorcio contencioso de 2006. Segundo argumentou o recorrente nin resultou acreditada unha modificación substancial das circunstancias que permita atender a pretensión da agora apelada, nin o feito de que o proxenitor non custodio non abone a pensión de alimentos se pode considerar causa suficiente para acordar a supresión do réxime de estancia e comunicación.

TERCEIRO.-Tal e como sinalou esta Audiencia Provincial (Sección 3ª) en Sentenza 15/2015 de nove de xaneiro de 2015 'Conforme a la doctrina del Tribunal Constitucional, el derecho de visitas del progenitor no custodio se trata de un derecho tanto del progenitor como del hijo, al ser manifestación del vínculo filial que une a ambos y contribuir al desarrollo de la personalidad afectiva de cada uno de ellos. La comunicación y visitas del hijo menor de edad se configura por el artículo 94 del Código Civil como un derecho del que aquél podrá gozar en los términos que se señalen judicialmente pero sin que pueda sufrir limitación o suspensión salvo «graves circunstancias que así lo aconsejen o se incumplieren grave o reiteradamente los deberes impuestos por la resolución judicial» [ Sentencia del Tribunal Constitucional 176/2008 ].

Como recuerda la sentencia de la Sala Primera del Tribunal Supremo de 14 de octubre de 2014 (Roj: STS 4437/2014, recurso 1935/2013 ) (La referencia Roj es la numeración en la base de datos del Centro de Documentación Judicial, que puede ser consultada en la página web del Consejo General del Poder Judicial), los acuerdos y convenios internacionales sobre protección de menores contemplan el reconocimiento del derecho a la comunicación del progenitor con el hijo como un derecho básico de este último, salvo que en razón a su propio interés tuviera que acordarse otra cosa. Así se configura en el artículo 9.3 de la Convención sobre los Derechos del Niño: «Los Estados Partes respetarán el derecho del niño que esté separado de uno o de ambos padres a mantener relaciones personales y contacto directo con ambos padres de modo regular, salvo si ello es contrario al interés superior del niño» . Y en el artículo 14 de la Carta europea de los derechos del niño aprobada por el Parlamento Europeo en Resolución de 18 de julio de 1992: «En caso de separación de hecho, separación legal, divorcio de los padres o nulidad del matrimonio, el niño tiene derecho a mantener contacto directo y permanente con los dos padres, ambos con las mismas obligaciones, incluso si alguno de ellos viviese en otro país, salvo si el órgano competente de cada Estado miembro lo declarase incompatible con la salvaguardia de los intereses del niño» . O en el artículo 24.3 de la Carta de los derechos fundamentales de la Unión Europea: «Todo niño tiene derecho a mantener de forma periódica relaciones personales y contactos directos con su padre y con su madre, salvo si ello es contrario a sus intereses» . El derecho de visitas no debe ser objeto de interpretación restrictiva. Este derecho sólo cede en caso de darse peligro concreto y real para la salud física, psíquica o moral del menor. En este sentido se pronunció el Pleno del Parlamento Europeo el 17 de noviembre de 1992, con referencia a los casos de divorcio de las parejas europeas que no tuvieran la misma nacionalidad. Según la Cámara la suspensión del derecho de visitas sólo ha de aplicarse si se pone con elevada probabilidad, directa y seriamente en peligro la salud física o psíquica del hijo y también si existe una resolución incompatible ya ejecutable al respecto.

Las decisiones que hay que tomar acerca de la guarda y custodia han de tener como función prioritaria la protección del interés del menor. Esta regla está contemplada en el artículo 94 del Código Civil cuando, después de admitir el derecho de visita de los progenitores que no tengan consigo al hijo, añade que el juez lo «[...] podrá limitar o suspender si se dieren graves circunstancias que así lo aconsejen [...]» . Como recuerda la sentencia del Tribunal Supremo de 9 de julio de 2002 (RJ Aranzadi 5905), el artículo 160 del Código Civil establece el derecho del padre o de la madre a relacionarse con sus hijos; incluso aunque no ejerzan la patria potestad. Resulta precepto imperativo al declarar que no podrán impedirse las relaciones personales sin justa causa y, al tiempo, en caso de conflicto, se autoriza a los jueces a resolver lo más conveniente, atendiendo a las circunstancias. Y no es factor excluyente la falta de comunicación en el pasado, pues, al contrario, actuaría más bien con efectos recuperadores para restaurar una relación rota, propiciada por el contacto personal del padre con su hijo, y que resulta del todo oportuna atendiendo la edad de éste.'

Trasladada a doutrina exposta ao caso que nos ocupa, considerando a proba achegada as actuacións, debe terse por acreditado, tal e como se recolle na resolución impugnada, que concorren circunstancias que xustifican a modificación interesada pola agora apelada ao ser a mesma axustada a dereito e resultado dunha axeitada e ponderada valoración da proba, así como dunha correcta aplicación ao suposto axuizado dos preceptos legais pertinentes. A referida conclusión imponse tomando en consideración:

1º.- A sentenza de separación contenciosa de data 5 de xuño de 2003 non estableceu réxime de visitas a favor de don Elias , proxenitor no custodio, ao considerar que este desatendeu de xeito reiterado todas as obrigas para coas súas fillas.

2º.- A Sentenza de divorcio contencioso de 16 de marzal 2006 atribuíu a garda e custodia das fillas menores de idade a mai e fixou un réxime de comunicación mínimo co proxenitor non custodio de sábados alternos, o primeiro e terceiro de cada mes, de 11h a 13h, coas seguintes cautelas: a)realización íntegra das visitas no Punto de encontro de Santiago de Compostela; b) supervisión persoal e directa do desenvolvemento das mesmas polo equipo psicolóxico adscrito ao Punto de encontro...

A referida resolución deixa constancia da existencia de denuncias de Eva fronte a don Elias por violencia doméstica e da Sentenza de condena deste último ditada polo Xulgado do Penal.

3º.- A sentenza de 24 de maio de 2013 confirmou o réxime de medidas recollido na Sentenza de 2006 coa única modificación de que as visitas se realizarían no Punto de encontro da cidade de A Coruña.

4º.- A exploración xudicial das menores que permite concluír a ausencia de contacto, case total e radical, entre o proxenitor non custodio e as fillas cuxas relacións familiares e afectivas, se circunscriben á nai e ao círculo familiar de esta, non existindo ditas relacións dende hai máis de dez anos co pai e o seu entorno, salvo cunha tía paterna. As menores de 17 e 15 anos de idade efectúan valoracións negativas e de rexeitamento explícito cara o proxenitor non custodio, expresando abertamente a percepción de falta de interese do seu pai por elas e o desexo de non saber nin estar con el.

5º.- As declaracións das partes e a documental permite ter por acreditado a falta de abono da pensión de alimentos fixada ao proxenitor non custodio.

Polo exposto esta Sala non encontra razón algunha para modificar o acertado criterio establecido na Sentenza apelada dada a falta de relación, comunicación e incluso interese por parte de quen agora recorre en manter a relación paterno-filial.

CUARTO.-Non procede a imposición das custas desta instancia, atendida a natureza da materia obxecto de controversia.

Por todo o exposto, vistos os preceptos legais citados, os seus concordantes e demais de xeral e pertinente aplicación

Fallo

A Sala acorda desestimar o recurso de apelación interposto pola procuradora dona Beatriz Fernández Castelo, en representación de don Elias , e, en consecuencia, confirma a Sentenza de data 15 de setembro de 2014, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia núm. 6 de Santiago de Compostela no procedemento de modificación de medidas núm. 175/2014 .

Todo elo sen imposición das custas procesuais xeradas nesta instancia.

Notifíquese esta resolución, en legal forma, ás partes e fágaselles saber que, conforme preceptúa o artigo 248-4º da Lei Orgánica do Poder Xudicial , contra ela cabe recurso de casación por interese casacional que deberá ser interposto ante esta Sección, no prazo de 20 días a contar dende o seguinte a notificación da mesma.

Dentro do prazo legal, devólvanse as actuacións orixinais con testemuño desta resolución ao Xulgado de procedencia, para a súa execución e cumprimento.

Así por esta resolución da que se porá certificación literal no Rolo de Sala da súa razón, incluíndose o orixinal no Libro correspondente, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACIÓN.- Dada, lida e publicada foi a anterior Sentenza pola Xuíz que a ditou, estando celebrando audiencia pública nomesmo día da súa data, do que eu, o Secretario Xudicial, dou fe.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.