Sentencia Civil Nº 368, A...re de 2000

Última revisión
18/09/2000

Sentencia Civil Nº 368, Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 1107 de 18 de Septiembre de 2000

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 8 min

Orden: Civil

Fecha: 18 de Septiembre de 2000

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 368

Resumen:
A incongruencia interna -denunciada polos recorrentes-, que é fácilmente observábel na sentencia impugnada. A terceira advertencia vén referida ao interese necesario de toda parte litigante para obter unha declaración xurisdiccional, ou dito doutra maneira, o xustizábel non pode acudir ante a Administración de Xustiza para obter declaracións xenéricas ou abstractas, é dicir, len que exista verdadeira controversia ou oposición por parte dos terceiros, aos quo demanda. A proba pericial -completada con recoñecemento xudicial- rexeita sen paliativos que a caseta se apoie no edificio dos demandantes. Mais aquela proba afirma que as vigas do teito e a parede máis próxima ao edificio dos actores tocan. Non existe proba bastante sobre os fumes, cheiros e humidades alegadas polos demandantes. E tampouco existe probanza sobre as humidades, sobre as que non se fai extensivo, incluso, o dictame pericial interesado polos demandantes, limitándose a informar, en contestación á correspondente aclaración da parte demandada (folio 99) sobre outras cousas alleas á construcción desta última. Pola contra, a existencia de ruídos e vibracións procedentes da caldeira resulta acreditada pola proba pericial, polo que a pretensión da parte actora neste punto ten que ser estimada, todo iso sen prexuízo de que, desaparecidas esas molestias, tal como parece deducirse da proba posteriormente realizada do recoñecemento xudicial, nada proceda realizar na fase de execución desta sentencia. Se estima el recurso.

Fundamentos

AUD. PROVINCIAL SECCION N. 1

PONTEVEDRA

 

SENTENCIA: 00368/2000

 

AUDIENCIA PROVINCIAL

 SECCIÓN PRIMEIRA

 PONTEVEDRA

 

Rolo civil: 1107/99

P. civil: 0535/95

Orixe: XDO. DE 1ª INSTANCIA DE REDONDELA-1

Tipo asunto: COGNICIÓN

 

 A SECCIÓN PRIMEIRA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA composta por D. LUCIANO VÁRELA CASTRO, presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. JULIO CÉSAR PICASTOSTE BOBILLO, maxistrados, pronunciou

 

NO NOME DO REI

 

a seguinte

 

SENTENCIA NÚM.368

 

Pontevedra, o dezaoito de setembro do año dous mil.

 

 O recurso de apelación interposto fronte á sentencia deitada nos actos do proceso civil núm. 535/95, vindo do Xulgado de 1ª Instancia de Redondela-1, foi movido entre as partes: dunha beira, como apelante e demandada, dona MARÍA

; doutra, como apelante e demandado, don JOSÉ; e, amais, dunha outra, como apelados e demandantes, dona JOSEFA e don MANUEL CESÁREO, en xuizo de cognición.

 

ANTECEDENTES DE FEITO

 

 PRIMEIRO. Nos actos a que este rolo atinxe, na data de 30 de decembro de 1998, o Sr maxistrado-xuíz do Xulgado de 1ª Instancia de Redondela-1 pronunciou sentencia, a resolución da cal, rigorosamente, di:

 

 DECISIÓN: "Que estimando las demandas formuladas por el procurador Álvarez Buceta, en nombre y representación de doña Josefina y don Manuel, contra doña María y don José, debo declarar y declaro que la casa propiedad de los actores no está obligada a soportar apoyo a arrimo de ninguna especie a favor de la casa de la demandada, que los actores no están obligados a soportar los humos, emanaciones malolientes, humedades, ruidos y vibraciones procedentes de la casa de la actora y que los actores tienen derecho de paso transitorio por la finca de la actora a fin de proceder al acondicionamiento o pintado de la. pared de referencia que en la actualidad es de hormigón visto; debo condenar y condeno a los demandados a retirar todos los apoyos o arrimos existentes contra la pared de los actores, a realizar cuantas obras sean necesarias con el fin de evitar los malos olores y emanaciones sobre la finca de los actores y permitir transitoriamente el paso para poder acondicionar y revestir convenientemente la pared norte de la casa de los actores, si bien los actores deben indemnizar a los demandados en la suma que se determine en ejecución de sentencia por los perjuicios que se le irroguen a los demandados por tal paso transitorio, todo ello con expresa imposición de costas a los demandados".

 

 E fronte á devandita sentencia, as partes demandadas interpuxeron recurso de apelación que foi admitido en ámbolos dous efectos. Tras térenselle elevadas as actuacións a este tribunal, sinalouse a data do doce de setembro do año que andamos para deliberaren e deitaren sentencia no presente recurso.

 

 SEGUNDO. Na tramitación desta instancia, cumpríronse as prescricións e termos legais.

 Foi relator o maxistrado don JUAN MANUEL, quen expresa o criterio da Sala.

 

FUNDAMENTOS XURÍDICOS

 

 PRIMEIRO. O tribunal acolle en esencia o recurso formulado, non compartindo en grande medida a sentencia pronunciada, e rexeita por todo iso, e nos termos que de seguido se pasan a expor, unha parte importante das pretensións da parte actora, e agora recorrida.

 

 Por riba de todo, e antes de entrarmos no fondo do asunto, parece obrigado facermos tres advertencias. A primeira, que a situación, tanto de orde fáctica, como xurídica, a que ten que atenderse é necesariamente á existente ao tempo de presentación da demanda, de xeito tal que, se algunha modificación tivo lugar ao longo do procedemento, esa nova situación -como parece tivo lugar neste caso, ao variar a parte demandada as circunstancias da caseta e caldeira- non pode ser tomada en consideración para o sentido da decisión, len prexuízo -claro é- das repercusións que poida ter á hora da execución desta. A segunda, referida á incongruencia interna -denunciada polos recorrentes-, que é fácilmente observábel na sentencia impugnada. En efecto, unha simple lectura da fundamentación xurídica desta, por unha banda, e da lúa parte dispositiva, por outra, revela esa falta de correspondencia, pois, sen necesidade de entrar en detalles, nos fundamentos de dereito danse por improbados certos feitos, nos que os actores balean algunha das súas correspondentes pretensións, e, pola contra, a decisión da sentencia acolle esas pretensións. A terceira advertencia vén referida ao interese necesario de toda parte litigante para obter unha declaración xurisdiccional, ou dito doutra maneira, o xustizábel non pode acudir ante a Administración de Xustiza para obter declaracións xenéricas ou abstractas, é dicir, len que exista verdadeira controversia ou oposición por parte dos terceiros, aos quo demanda.

 

Feitas as anteriores puntualizacións, pásase a analizar cada un dos pedimentos dos demandantes á luz das probas practicadas das que adquire especial, e case que único relevo, ademais do recoñecemento xudicial, coas limitacións derivadas do tempo no que foi levado a cabo, a proba pericial (folios 97 e seguintes), dada a inutilidade de resultados das confesións dos litigantes, e a inhabilidade da proba testemuñal.

 

 SEGUNDO. A proba pericial -completada con recoñecemento xudicial- rexeita sen paliativos que a caseta se apoie no edificio dos demandantes. Mais aquela proba afirma que as vigas do teito e a parede máis próxima ao edificio dos actores tocan. ese edificio, sen a necesaria xunta de separación. Este feito ten que levar a acolle-lo pedimento dos demandantes, tendo a parte demandada que efectuar esa separación, sen prexuízo de que na fase de execución desta sentencia nada proceda efectuar, dado que, segundo se infire de proba de recoñecemento, no intre de practicalo xa había a devandita separación (f. 253 volto).

 

 TERCEIRO. Non existe proba bastante sobre os fumes, cheiros e humidades alegadas polos demandantes. O perito rexeita categóricamente -e ademais, engade, que non hai razón que a xustifique- os cheiros e os fumes. E tampouco existe probanza sobre as humidades, sobre as que non se fai extensivo, incluso, o dictame pericial interesado polos demandantes, limitándose a informar, en contestación á correspondente aclaración da parte demandada (folio 99) sobre outras cousas alleas á construcción desta última.

 

Pola contra, a existencia de ruídos e vibracións procedentes da caldeira resulta acreditada pola proba pericial, polo que a pretensión da parte actora neste punto ten que ser estimada, todo iso sen prexuízo de que, desaparecidas esas molestias, tal como parece deducirse da proba posteriormente realizada do recoñecemento xudicial, nada proceda realizar na fase de execución desta sentencia.

 

 CUARTO. non existe proba suficiente que veña acreditar de xeito palmario e cabal que as fendas na parede do inmóbel dos actores teña a súa orixe na obra realizada pola parte demandada.

 

 Por unha banda, o perito móvese sempre no terreo puramente hipotético ou das conxecturas. Así fala de que "os indicios apuntan...", "provocado probabelmente pola excavación...", "a causa máis probábel...", "a cimentación ou peso da caseta puido producir ou contribuír", que "as fendas puideran ter causa na construcción da caseta" ou que "poden contribuír en cativa contía..." (folios 98, letra C), 100, letras i) e j), 107, e 108. En definitiva, en ningún intre do dictame se afirma coa certeza mínimamente necesaria, que as causas das fendas se atopen na excavación para facer a caseta, nin na propia caseta.

 

 Mais e que, por outra banda, non parece que poida establecerse esa relación de causalidade se se teñen en conta as características dunha e outra construcción. Ou dito noutros termos, non parece razoábel que a pequeneza da caseta, e da precedente excavación para facela, fose suficiente para provoca-las fendas na parede dun edificio dotado de gran robustez, e apoiado nas correspondentes zapatas, tal como dictamina o informe pericial.

 

 QUINTO. O aquietamento dos actores, tanto respecto do seu pedimento relativo á cheminea, como á indemnización dos danos é perdas que reclamaba, leva á Sala a non pronunciarse sobre este puntos.

 

 SEXTO. Derradeiramente, a parte actora ten dereito a acondicionar e pinta-la súa parede limítrofe co fundo dos demandados, establecéndose entón a servidume temporal a eses fins só, coa oportuna indemnización a prol dos demandados.

 

SÉPTIMO. A acollida parcial do recurso e da demanda leva a non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais del ningunha das dúas instancias (arts. 523 e 896 da L.A.C.).

 

 Cómpre atérmonos a todo o que levamos dito e, desenvolvendo potestade xurisdiccional que a Constitución española nos outorga,

 

DECIDIMOS

 

 Que, acollendo parcialmente o recurso movido por dona María e don José contra da sentenció pronunciada polo Xulgado de 1ª Instancia de Redondela-1, no xuízo de cognición núm. 535/95, o día 30 de decembro de 1998, mester nós revogarmos esta resolución nos termos que sé concretan nos fundamentos de dereito segundo ao cuarto, e de feito revogámola, sen facermos unha especial declaración sobre, as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.

 

 

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.